Dictamen de Consello Cons...io de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 161 de 13 de junio de 2018

Tiempo de lectura: 35 min

Tiempo de lectura: 35 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 13/06/2018

Num. Resolución: 161


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por C., polos danos físicos e morais sufridos como consecuencia dunha caída polo mal estado dunhas lousas nunha beirarrúa fronte ao núm. 62 da Avda. Porteliña na vila de Muros.

Organismo: Concello de Muros (A Coruña)

Letrado: López Paz

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Blanco Serrano

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 31.7.2017, C. presenta un escrito de reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Concello de Muros no que solicita unha indemnización

polos danos que alega ter padecido como consecuencia dunha caída que di sufrida na beirarrúa da avenida Porteliña da devandita

vila.

2.- Instruído o correspondente expediente de responsabilidade patrimonial, formulouse unha proposta de resolución (7.5.2018) en

sentido desestimatorio da reclamación.

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor alcalde do Concello

de Muros, e tivo entrada neste organismo con data 14.5.2018.

4.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu

Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación

de responsabilidade patrimonial interposta contra a Administración local por contía superior a 15.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, e as previsións específicas contidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo

común das administracións públicas (en adiante, LPAC), respecto dos aspectos adxectivos; e, na Lei 40/2015, do 1 de outubro,

do réxime xurídico do sector público (en adiante, LRXSP), no tocante aos aspectos substantivos ou cuestións de réxime xurídico.

A teoría da responsabilidade patrimonial das administracións públicas, como suxeitos pasivos das indemnizacións de danos e perdas,

vénse artellando, en canto á responsabilidade obxectiva destas polo funcionamento, que se lles poida imputar, dos servizos

públicos, sobre a existencia, ou non, dunha relación de causalidade directa e inmediata entre o funcionamento do servizo público

e a lesión antixurídica producida.

Por outra parte para que a lesión poida ser resarcible, ten que demostrarse a efectiva realización dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación cunha persoa ou grupo

de persoas. En definitiva, para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba dunha causa concreta que determine

o dano e a conexión entre a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

O abandono do criterio subxectivista de responsabilidade non supón, non obstante, a inexistencia de límites fronte a unha eventual aplicación automática do principio resarcitorio sobre a base dunha

vinculación máis ou menos ampla entre o funcionamento do servizo e o dano padecido; e, así, como máis significados lindes

daquel principio xeral poden destacarse tres acoutacións de formulación legal: a forza maior (artigo 32.1 da LRXSP), a obriga

xurídica de soportar o dano (artigo 34.1 da LRXSP), e a non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias

que non se puideran evitar ou prever segundo o estado da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1

inciso 2º da mesma LRXSP).

Terceira.

En canto aos extremos propios da reclamación que se analiza, hai que indicar que, dende o punto de vista da causalidade do dano, a viabilidade da reclamación require a xustificación de que o dano se

produciu, efectivamente, nas circunstancias indicadas pola interesada, que relata que tropezou nunha irregularidade da beirarrúa

que modificaba a súa rasante; e, ademais, se debe acreditar que tal extremo configura a existencia dun vínculo causal entre

o dano e o funcionamento do servizo asumido pola Administración á que aquel se imputa, o que constitúe, de xustificarse o

primeiro aspecto, o segundo presuposto esencial a analizar por este Consello Consultivo.

Nesta tesitura, o exame do presuposto que se analiza radica inicialmente nunha cuestión probatoria a dilucidar a partir daquela regra xeral, recollida en numerosos ditames deste Consello Consultivo, por

todos eles o CCG 697/2004, segundo o que a carga da proba da existencia dun dano avaliable economicamente e singularizado

e a súa conexión causal co funcionamento dalgún servizo público corresponde certamente ao reclamante; e, a dos feitos impeditivos

da pretensión (forza maior, culpa do prexudicado etc) á Administración (antigo 1.214 do Código civil e actual 217 da Lei 1/2000,

do 7 de xaneiro, de axuizamento civil). En idéntico sentido se reafirma a xurisprudencia do Tribunal Supremo, que, con carácter

xeral, acolle o principio de que a carga da proba da existencia dos danos e da relación de causalidade co servizo público

corresponde á parte reclamante (entre outras, sentenzas do 4.11.1997 e 30.10.1999).

Examinando a actividade probatoria, constátase a existencia dunha testemuña que confirma o relato de feitos realizado pola reclamante en canto ao lugar da caída, aspecto que é cuestionado pola entidade

local a partir da declaración dunha terceira persoa, empregada dun supermercado sito nas inmediacións, e de cuxo relato resultaría

que a caída non aconteceu no punto exacto indicado pola interesada, senón nun rebaixe existente a poucos metros.

Alén das dificultades concorrentes en tales circunstancias para formar convicción sobre a realidade dos feitos, hai que lembrar que é criterio xeral acollido por este Consello Consultivo noutros ditames (por todos o CCG 30/2000), o de que é esixible aos viandantes

o autocontrol da súa propia deambulación, obriga esta que exclúe toda responsabilidade da Administración cando é crebada,

por introducirse, neste caso, un elemento estraño na relación xurídica controvertida, cal é o da culpa da vítima.

Neste sentido, hai que subliñar o reforzamento do rigor co que a esixencia de proba da vinculación causal referida é demandada na xurisprudencia en relación con reclamacións próximas á que nos ocupa,

que teñen o seu alicerce nunha suposta omisión por parte da Administración nas funcións de conservación das vías da súa titularidade

(sentenza do Tribunal Supremo do 17.6.2014), 1?[?] es necesario que nos detengamos en una peculiaridad que la jurisprudencia ha venido admitiendo en orden a la configuración

del nexo causal en el ámbito de la responsabilidad patrimonial de las Administraciones. En efecto, vincular el daño al funcionamiento

normal o anormal de los servicios públicos, sobre el fundamento de que los daños ocasionados con esa prestación a determinados

ciudadanos comporta una discriminación en relación con la generalidad de los ciudadanos, que se ven beneficiados con el servicio

prestado; no ofrece grandes complicaciones cuando ciertamente el daño surge en una acción positiva en dicha prestación. Cuando

así sucede, como se razona en nuestra sentencia de 1 de junio de 2012 (recurso de casación 2419/2010), para que proceda determinar la responsabilidad basta con que la lesión sea lógica consecuencia de aquel funcionamiento;

no ofrecen esos supuestos de una acción positiva grandes problemas de configuración del nexo causal, incluso no es difícil

la determinación de la existencia de una concausa de un tercero, o del mismo lesionado, que pudiera moderar la indemnización

por su cooperación al resultado lesivo, porque la relación aparece vinculada a ese actuar administrativo.

Sin embargo, cuando la imputación de la lesión al funcionamiento del servicio público se vincula a una omisión de la Administración en dicha prestación, y de eso se trata en el presente supuesto, la determinación

del nexo causal se complica, porque, como se declara en la sentencia mencionada, que sigue lo ya declarado en la de 21 de febrero de 2012 (recurso de casación 3036/2010), no es ya suficiente

con que la lesión sea esa consecuencia lógica de la actividad prestacional pública, porque siempre se dará dicha conexión,

es decir, siempre existirá una vinculación entre la prestación del servicio, en su modalidad omisiva, y la lesión.

Lo razonado se demuestra en supuestos como el que ahora nos ocupa, porque si se vincula un accidente de circulación ocasionado en una carretera y el reproche que a la Administración se hace, como en el

caso presente, es a una omisión, deberá concluirse que siempre existirá vinculación entre el resultado y el servicio. Por

ello, o se exige algún otro presupuesto del nexo causal o la responsabilidad adquiere una extensión que no es la que se corresponde

con esta institución indemnizatoria; porque siempre será la prestación del servicio de carretera el generador de la lesión.

Sin embargo, en tales supuestos de omisión, para evitar esa extensión desmesurada de la institución que el Legislador no ha querido, la relación de causalidad se integra de un elemento añadido

al de esa conexión lógica; es decir, la necesidad de un deber -no solo una obligación- de la Administración de actuar en un

determinado sentido; en palabras de las sentencias mencionadas ?es necesario que haya algún otro dato en virtud del cual quepa

objetivamente imputar la lesión a dicho comportamiento omisivo de la Administración; y ese dato que permite hacer la imputación

objetiva sólo puede ser la existencia de un deber jurídico de actuar [?]?. Porque si bien es cierto que la Administración está obligada a garantizar que las condiciones de la prestación de los servicios

sean acordes a la evitación de daños a los usuarios o minimizar sus efectos cuando fueran previsibles, es lo cierto que también

los usuarios deben utilizar los servicios con la diligencia necesaria para evitar esos daños, sin que pueda imponerse a las

Administraciones una responsabilidad ajena a aquella diligencia".

E, ao respecto da inexistencia dunha creba do estándar de seguridade na beirarrúa onde se produciu a caída, abonda con combinar o feito de que non constan outras caídas

ou incidencias no lugar dos feitos, coa realidade de que non constan reclamacións de usuarios e coa circunstancia de que a

reclamante non achegou ningún medio de proba que permita defender que o espazo público non reúne as condicións mínimas de

seguridade esixibles, de onde resulta que non é apreciable ese plus de singularización cando se pretende unha indemnización

por accidente en vía pública, de modo que o resarcimento en tales supostos obedecería a unha concepción desnaturalizada e

desaforada do instituto da responsabilidade patrimonial.

En efecto, a solidariedade nos riscos que fundamenta a institución da responsabilidade patrimonial como instrumento de resarcimento

das vítimas de danos producidos polo funcionamento dos servizos públicos cara á xusta distribución das súas cargas e beneficios

?velaí o seu carácter obxectivo? non pode confundirse cunha cobertura providencialista de todas as incidencias públicas que

acontezan en lugares de titularidade pública, sendo precisa a concorrencia dos presupostos legalmente esixidos (sentenza do

Tribunal Supremo do 30.9.2009), ?[?] la prestación por la Administración de un determinado servicio público y la titularidad por parte de aquélla de la infraestructura

material para su prestación no implica que el vigente sistema de responsabilidad patrimonial objetivo de las Administraciones

Públicas convierta a éstas en aseguradoras universales de todos los riesgos con el fin de prevenir cualquier eventualidad

desfavorable o dañosa para los administrados que pueda producirse con independencia del actuar administrativo, porque de lo

contrario se transformaría aquél en un sistema providencialista no contemplado en nuestro Ordenamiento Jurídico (SSTS de 30.09.2003

y las que cita), sino que es necesario que el riesgo inherente a su utilización haya rebasado los límites impuestos por los

estándares de seguridad exigibles conforme a la conciencia social (SSTS de 15.12.1997)?.

No caso analizado, aínda aceptando que a caída se producirá no lugar indicado pola interesada, non existe o plus de antixuridicidade vinculado a elementos previos á caída que demandasen unha determinada

actuación preventiva por parte da Administración, e as irregularidades do firme se describen como menores e non decisivas

para provocar unha caída a un peón que deambule coa debida atención e dilixencia; e, aínda que a accidentada era unha persoa

de idade avanzada, non consta discapacidade ningunha que minguase o seu autocontrol da deambulación, sendo así que ademais

transitaba sen necesidade de asistencia.

Por todo isto, enténdese aplicable a doutrina deste Consello Consultivo recollida en numerosos ditames (CCG 420/2007, 177/2012, 498/2012, 431/2013 ou 649/2014, entre outros) sobre a necesidade de

autocontrol da propia deambulación que é esixible das persoas que utilizan as vías públicas de xeito que corresponde a estas

avaliar os riscos que pode ter un actuar pouco atento ás circunstancias (sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

núm. 496/2003, do 3 de abril), ?[?] el daño que se produce como consecuencia de los riesgos generales de la vida inherentes al comportamiento humano, debiendo

soportar los riesgos de una eventual falta de atención o cuidado en la deambulación por lugares de paso, como indican las

SSTS de 17.07.2003 y 22.02.2007?.

En efecto, conforme co disposto en tales sentenzas do Tribunal Supremo (e nas que nelas se citan) necesariamente o comportamento humano, na xeneralidade dos casos, segundo a regra id quod plerumque accidit (as cousas que ocorren con frecuencia), implica soportar os pequenos riscos que unha eventual falta de coidado e atención

leva aparellados na deambulación polas vías públicas.

En definitiva, no caso que nos ocupa da inexistencia dun vínculo causal entre o funcionamento do servizo público e o dano que motiva a reclamación, debe extraerse a procedencia da desestimación desta.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros presentes, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial
Disponible

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial

María Jesús Gallardo Castillo

22.05€

20.95€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos
Disponible

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Sobre Derecho sanitario
Disponible

Sobre Derecho sanitario

Eugenio Moure González

17.00€

16.15€

+ Información