Dictamen de Consello Cons...io de 2021

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 161 de 09 de junio de 2021

Tiempo de lectura: 34 min

Tiempo de lectura: 34 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 09/06/2021

Num. Resolución: 161


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por L., polos danos sufridos como consecuencia dunha caída na rúa Azorín no Concello de Ponteareas.

Organismo: Concello de Ponteareas (Pontevedra)

Letrado: Quintana Acebo

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 14.11.2017, L. presentou reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Concello de Ponteareas.

No escrito sinala:

?O pasado día 18 de novembro de 2016, a comparecente resbalou nunha rexilla situada na rúa Azorín, situada ao lado da porta de Correos, Ponteareas.

A caída produciuse como consecuencia da propia rexilla instalada na mesma rúa, que non tiña elementos de agarre, o que fixo que o contacto do calzado coa mesma fixera que se producirá o resbalón, provocando

unha grave lesión?.

Achega fotografías do lugar e parte de asistencia sanitaria.

O día 9.5.2019, presentou escrito no que cuantifica os danos na suma total de 32.320,1 euros.

2.- Na instrución do expediente incorporáronse declaracións xuradas de testemuñas, ademais de informe da oficina técnica municipal

(27.11.2020).

3.- Concedéuselle trámite de audiencia á interesada quen reiterou a súa petición inicial.

Consta escrito presentado pola entidade de C. Seguros, S.A.

4.- O órgano instrutor emitiu proposta de resolución en senso desestimatorio da reclamación presentada (7.5.2021).

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, pola señora alcaldesa do

Concello de Ponteareas tendo entrada neste organismo con data 28.5.2021.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial presentada diante dun Concello por contía superior a 15.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en diante, LPAC), nos seus aspectos procedementais; e, polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico

do sector público (en diante, LRXSP).

Tratándose neste caso da eventual responsabilidade patrimonial dunha entidade local, debe sacarse a colación o artigo 54 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a teor do

cal: ?as entidades locais responderán directamente dos danos e prexuízos causados aos particulares nos seus bens e dereitos como

consecuencia do funcionamento dos servizos públicos ou da actuación das súas autoridades, funcionarios ou axentes, nos termos

establecidos na lexislación xeral sobre responsabilidade administrativa?. En sentido similar pronúnciase o artigo 223 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento

de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.

No presente caso, cómpre salientar que o Concello de Ponteareas, en esencia, tramitou correctamente o procedemento, quedando constancia no expediente remitido tanto da realización dos actos de instrución

necesarios, coma da concesión do trámite de audiencia á parte reclamante, así como a práctica das probas que se consideraron

pertinentes, e, para rematar, a formulación da correspondente proposta de resolución. Agora ben hai que referir a un aspecto

formal deste, que non é merecedor dunha valoración positiva, particularmente no tocante á duración da súa tramitación, por

canto se empregou un excesivo tempo para a cumprimentación dos sucesivos trámites dilatando inxustificadamente a resolución

da reclamación.

Estas dilacións traducíronse nunha desproporcionada demora na instrución do expediente (a reclamación presentouse o 14.11.2017 e o expediente foi remitido a este Consello Consultivo con data 28.5.2021), sendo este atraso incompatible, dende logo, co

mandato constitucional da observancia do principio de eficacia que vincula a actuación da Administración pública por disposición

do artigo 103.1 da Constitución española.

Deste xeito, tal actuar administrativo, contrario aos principios de eficacia e celeridade que deben rexer no procedemento administrativo, debe ser corrixido para futuras ocasións.

Terceira.

No que atinxe aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e que veñen sendo reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden

salientarse catro acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP).

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 LRXSP).

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002, recurso 4012/1998).

Cuarta.

Analizado o anterior e tendo en conta os elementos técnicos da institución a que nos referimos expostos nas consideracións precedentes, pasamos a examinar o fondo da reclamación presentada.

Procede así, primeiramente, verificar a efectividade e realidade do dano para, de seguido, centrar a análise de se o dano foi ou non consecuencia do funcionamento normal ou anormal dun servizo público,

dato determinante e que configura en última instancia un eventual dereito do particular lesionado a ser indemnizado pola Administración.

Neste sentido hai que dicir que, independentemente do quantum que, chegado o caso, proceda recoñecer, resultan demostradas as lesións sufridas pola señora L. tal e como se desprende dos

informes médicos por ela achegados.

Corresponde agora analizar a cuestión relativa ao nexo de causalidade. Sobre isto hai que indicar que a parte reclamante sinala que ?a caída produciuse como consecuencia da propia rexilla instalada na mesma rúa, que non tiña elementos de agarre, o que fixo

que o contacto do calzado coa mesma fixera que se producira o resbalón, provocando unha grave lesión?.

Para os efectos de determinar a eventual vinculación causal deses feitos co funcionamento do servizo público local, hai que partir da regra xeral, acollida xa por este Consello noutros ditames segundo

a cal é esixible aos viandantes o autocontrol da súa propia deambulación, obrigación esta que exclúe toda responsabilidade

da Administración cando é crebada, por introducirse, neste caso, un elemento estraño na relación xurídica controvertida, cal

é o da culpa da vítima.

Este Consello Consultivo entende que ese control da deambulación esixe aos viandantes a aplicación da dilixencia necesaria para apreciar e sortear os riscos que en moi diversas formas -xa sexa pola

propia conformación estrutural (bolardos, irregularidades nos empedrados, tapas de rexistros) ou por defectos de conservación-

se presentan ineludiblemente nos espazos públicos abertos ao tránsito, de modo que cando estes se exteriorizan e son apreciables,

a non detección por parte dos peóns obedece necesariamente a unha desatención agás que se demostre a existencia de circunstancias

(como as condicións físicas do peón) que enerven a súa responsabilidade na detección daqueles riscos.

No expediente remitido achéganse varias fotografías do lugar onde aconteceu o suceso que poñen de manifesto que se trata dunha beirarrúa larga onde se visualiza unha tapa do rexistro de ventilación en

bo estado que se atopa no lado máis preto dunha finca lindeira deixando un amplo espazo para o paso de peóns. Considérase

que neste caso que agora se ditamina, a existencia do rexistro non constituía unha trampa oculta senón que era perceptible

por calquera usuario minimamente atento ás circunstancias que rodean a marcha, e podería ser salvado por calquera peón que

prestase o grao de atención suficiente que é necesario para a circulación viaria, xa que ao tratarse precisamente dunha tapa

de rexistro é inevitable a falta de continuidade co pavimento. Por outra parte o suceso foi a primeira hora da mañá e non

consta que a reclamante padecera defectos físicos ou outra circunstancia impedinte.

En consecuencia, logo da análise do conxunto do expediente, cabe concluír que a hipótese máis plausible é a de que o factor determinante do accidente foi a conduta da propia vítima, pola súa distracción

e/ou descoido que lle impediu advertir a existencia da deficiencia no pavimento.

Enténdese, daquela, aplicable a doutrina deste Consello Consultivo, recollida en numerosos ditames (CCG 420/2007, CCG 177/2012, CCG 498/2012, CCG 431/2013 ou CCG 649/2014, CCG 423/2017, CCG 50/2020 entre

outros), sobre a necesidade de autocontrol da propia deambulación que é esixible das persoas que utilizan as vías públicas

de xeito que corresponde a estas avaliar os riscos que pode ter un actuar pouco atento ás circunstancias. Neste sentido vén

a colación a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia núm. 496/2013, do 3 de abril, recurso de apelación núm. 7002/2013, ?[?] estando a cargo de quien lo sufre el daño que se produce como consecuencia de los riesgos generales de la vida inherentes

al comportamiento humano, debiendo soportar los riesgos de una eventual falta de atención o cuidado en la deambulación por

lugares de paso, como indican las ss. del T.S. de 17-7-03 y 22-2-07, toda vez que la vía pública no está exenta de peligros

para el peatón y si cualquier bache, desconchado, humedad, pendiente... se entiende causa eficiente para la producción del

daño se estaría convirtiendo a la Administración (normalmente la Local) en aseguradora universal de todo evento dañoso producido

en su término municipal, el obstáculo que se dice originador de la caída no parece susceptible de originarla sin el actuar

desatento de la víctima, tropiezo fortuito, condiciones psicofísicas de la accidentada..., y, aún con deficiente conservación

de la acera o calzada por la Administración, el necesario autocontrol en la deambulación excluye la responsabilidad de la

Administración en los casos en que el desperfecto u obstáculo fuera fácilmente aplicable o conocido por el peatón por ser

persona con vinculación en la zona o de mínima entidad que impida apreciar su capacidad para ocasionar daños en condiciones

normales. [?]?.

En efecto, conforme co disposto na referida sentenza -e nas que nela se citan- necesariamente o comportamento humano, na xeneralidade dos casos, e segundo

a regra id quod plerumque accidit (as cousas que ocorren con frecuencia), implica soportar os pequenos riscos que unha eventual falta de coidado e/ou atención

leva de seu a deambulación por vías públicas.

Deste xeito, e para dar cabo, no caso que nos ocupa, dada a inexistencia dun vínculo causal entre o funcionamento do servizo público e o dano que motiva a reclamación, debe concluírse na procedencia da

desestimación como propón a proposta de reclamación sometida a ditame.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso
Disponible

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos
Disponible

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información