Dictamen de Consello Cons...io de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 159 de 06 de junio de 2018

Tiempo de lectura: 48 min

Tiempo de lectura: 48 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 06/06/2018

Num. Resolución: 159


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por C. en nome e representación de P. polos danos e perdas tras intervención cirúrxica de apendicectomía laparoscópica, con esquecemento de material cirúrxico na cavidade abdominal, realizada no Complexo Hospitalario Xeral-Calde.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Corral

Propuesta: Parcialmente estimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 11.7.2016, C., actuando en representación de P., interpuxo reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos

e perdas que lle foron ocasionados na intervención de apendicectomía laparoscópica que lle foi practicada de urxencia o 1.6.2014

no Complexo Hospitalario Xeral Calde de Lugo.

A reclamante reprocha aos profesionais sanitarios un grave déficit asistencial en tanto que no transcurso da intervención produciuse a retención dun corpo estraño, unha agulla de vicryl 3/0, na cavidade

abdominal; circunstancia esta da que non foi informada a doente, e da que foi coñecedora seis meses despois, como resultado

das probas de imaxe realizadas cando ela mesma acudiu ao complexo hospitalario por fortes e persistentes dores abdominais.

Fronte ao anunciado no escrito de interposición, non chegou a concretarse, no curso do procedemento, a cantidade reclamada en concepto de indemnización, se ben no aludido escrito sinálase que esta será

superior aos 30.000,00 euros.

2.- No curso da instrución incorporáronse ao expediente, entre outros documentos, copia da historia clínica no Hospital Universitario

Lucus Augusti de Lugo (HULA); informe médico-forense e auto de sobresemento provisorio e arquivo das dilixencias previas procedemento

abreviado incoadas como consecuencia destes feitos, núm. 175/2015 do Xulgado de Instrución n.º 2 de Lugo, e informe dos servizos

de Cirurxía Xeral e de Psiquiatría do HULA.

3.- Rematada a instrución, e concedida audiencia á representación da interesada, sen que se achegasen novas alegacións no referido

trámite, o órgano instrutor emitiu proposta de resolución con data 8.2.2018. Nela proponse a estimación parcial da reclamación,

mediante o recoñecemento dunha indemnización a favor da prexudicada, en concepto de dano moral, por importe de 9.378,30 euros.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 8.5.2018.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española.

Ademais o réxime xurídico da reclamación de responsabilidade patrimonial, contense nos artigos 139 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e

do procedemento administrativo común (en adiante, LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, que regula o procedemento

das reclamacións de responsabilidade patrimonial, disposicións aplicables ao procedemento que nos ocupa, de acordo co previsto

na letra a) da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das

administracións públicas (LPAC).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias do procedemento legal, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a configuración da responsabilidade patrimonial da Administración como unha responsabilidade obxectiva non supón, non obstante, a inexistencia de límites fronte

a unha eventual aplicación automática do principio resarcitorio sobre a base dunha vinculación máis ou menos ampla entre o

funcionamento do servizo e o dano padecido. Así, como máis significados lindes daquel principio xeral poden destacarse catro

acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 139.1 da LRXPAC)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 141.1, inciso 1º da LRXPAC)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 141.1, inciso 2º LRXPAC), e

d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría a

responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida

do enfermo xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

Así pois, só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os ditos prexuízos non son imputables á Administración e

non terían a consideración de antixurídicos polo que deberán ser soportados polo prexudicado.

A existencia deste criterio da lex artis baséase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados, é dicir,

a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo.

Estamos ante un criterio de normalidade dos profesionais sanitarios que permite valorar a corrección dos actos médicos e que impón ao profesional o deber de actuar conforme coa dilixencia debida; criterio

que é fundamental pois permite delimitar os supostos nos que verdadeiramente pode haber lugar a responsabilidade ao esixirse

non só que exista o elemento da lesión senón tamén a infracción do repetido criterio; prescindir del levaría consigo unha

excesiva obxectivización da responsabilidade que podería declararse coa única esixencia de existir unha lesión efectiva, sen

necesidade de demostración da infracción do criterio de normalidade.

Cuarta.

Establecido o anterior, procede entrar nas cuestións propias que suscita o expediente. Para tal efecto, e como fundamento da súa pretensión indemnizatoria, a reclamante aduce que a atención prestada

pola sanidade pública non foi axeitada. Entende que houbo unha mala praxe na execución da cirurxía, posta de manifesto pola

permanencia dunha agulla de sutura no interior da cavidade abdominal, logo da intervención, así como polo feito de que non

se lle informara desa circunstancia, da que tivo coñecemento seis meses máis tarde, o 7.12.2014, cando acudiu a Urxencias,

por dor abdominal inespecífico, episodios de meteorismo e flatulencia e, na ecografía de abdome que lle foi practicada, apreciouse

?aguja de sutura en región abdominal a la altura de las vértebras sacras?.

Tal parecer é compartido pola Administración na proposta de resolución, na que, con base en análogas consideracións, se propugna a estimación da reclamación, ben que en cantidade inferior á de 30.000,00

?, sinalada como límite mínimo no escrito de interposición, pero cuxo importe non chegou a concretarse pola reclamante.

Así as cousas, o exame das cuestións esenciais suscitadas pola parte reclamante debe partir da aceptación, como feito non controvertido no expediente, da circunstancia de que a interesada padeceu unha serie

de complicacións subsecuentes á práctica da devandita intervención.

A este respecto é de ter en conta, en particular, o informe medico forense de data 28.10.2015, que recolle as seguintes consideracións:

?La historia clínica aportada a las diligencias no deja lugar a dudas sobre la retención de material quirúrgico en el organismo (aguja de vicryl 3/0) durante la intervención de apendicectomía realizada

a la informada el pasado día 01/06/2014. En las hojas de quirófano de personal de enfermería y en la de la cirujana encargada

se hace referencia a la falta de una aguja y se revisa el campo operatorio y las inmediaciones del mismo siendo imposible

su recuperación.

Existen factores de riesgo asociados a la retención de cuerpos extraños durante una intervención quirúrgica tales como cirugía de urgencia, cambio inesperado del plan quirúrgico, imposibilidad de recuento

por urgencia extrema o riesgo vital del paciente, excesiva pérdida de sangre, complicaciones intraoperatorias? situaciones

que no nos consta se hayan presentado en este caso.

Como circunstancias que pudieran explicar lo sucedido está el hecho de que se trata de una paciente con un elevado índice de masa corporal, lo que supone una mayor dificultad a la hora de enfrentarse

a una intervención quirúrgica y mayor propensión a complicaciones intra y extra operatorias.

Una vez los facultativos tuvieron conocimiento de que faltaba una aguja se desconoce si las condiciones de la paciente en ese momento permitían o no hacer una búsqueda más exhaustiva del cuerpo extraño,

como por ejemplo un control radiológico intraoperatorio.

En los registros de IANUS se recoge que en una revisión en consultas externas de cirugía general en fecha 11/12/14, la cirujana encargada del caso explica a la paciente porqué no se hicieron más maniobras

de localización en el momento de la intervención quirúrgica y ella entiende la explicación.

Respecto al daño presentado por la informada a raíz de este suceso, si existe daño puesto que hay un cuerpo extraño retenido en el organismo. En los meses siguientes a la intervención la informada presentó

sintomatología abdominal inespecífica (dolor, flatulencia, meteorismo asociado a las comidas) que, a la luz de los resultados

de las exploraciones y pruebas complementarias realizadas, parece estar más en relación con efectos de una cirugía abdominal

convencional, como adherencias postquirúrgicas, que con la presencia de la aguja en su cuerpo.

Coincidiendo con el resultado de la intervención y retención del cuerpo extraño, la informada presentó sintomatología en la esfera emocional compatible con ?Trastorno Adaptativo (reacción mixta de ansiedad

y depresión) F43.22 CIE-10?.

Na valoración médico legal do caso, o informe afirma que tanto a retención do corpo estraño como a referida sintomatoloxía gardan relación de causalidade coa intervención de apendicectomía realizada o

1.6.2014, e precisa:

?Para la reparación del daño sería necesaria la extracción del cuerpo extraño (tratamiento quirúrgico), lo que también conseguiría

mejoría en la esfera emocional de la informada. Según los registros de las consultas externas de cirugía general la localización

actual del cuerpo extraño y condiciones de la paciente desaconsejan la intervención por lo que se decidió conducta expectante?.

Nun segundo informe médico forense de data 19.2.2016, complementario do anterior, recóllese:

?Está descrito que cuerpos extraños retenidos en el organismo pueden ser causa o no de complicaciones entre otros en función de su tamaño, composición y lugar en el que están alojados.

En este caso las características del cuerpo extraño (aguja) alojado en el cuerpo de la informada no hacen previsible la presencia de complicaciones futuras en su organismo al tratarse de una aguja

de pequeño tamaño, por su composición y localización intraparietal en el abdomen.

Tal y como se recoge en el informe anterior, la sintomatología abdominal inespecífica referida en los meses siguientes a la intervención no está relacionada con la retención del cuerpo extraño en su organismo.

Respecto al Trastorno Adaptativo presentado por la informada es una reacción emocional ante una situación que ella percibe como estresante, en este caso el tener alojado un cuerpo extraño en su organismo,

si bien no nos consta que haya necesitado tratamiento farmacológico ni atención facultativa especial por este motivo?.

Tamén debe facerse alusión ao informe do xefe do servizo de Cirurxía Xeral e Aparato Dixestivo do HULA:, de data 22.5.2017, que da resposta ás preguntas formuladas pola instrución, en relación coa atención

prestada á paciente, do que cabe subliñar:

- Que non se informou da perda da agulla porque:

?al equipo quirúrgico no le pareció un dato relevante y pensó en un primer momento que podía ser causa de posterior angustia

ya que la paciente no posee los conocimientos suficientes para entender que la perdida de una aguja de sutura no tiene complicaciones

a largo plazo. Posteriormente en la consulta de externa de Cirugía se le informó, ante el hallazgo radiológico en una radiografía

de abdomen realizada en Urgencias, y se lo explicó una cirujana por que no se realizan maniobras de localización en el momento

de la intervención, figurando en la historia clínica que la paciente entiende la explicación?.

- Que considera adecuada a actitude conservadora de non intervención cirúrxica para extraer a agulla intraabdominal que se lle explicou á paciente, se ben precisa que ?...sabiendo como sabemos hoy donde puede estar la aguja, si la paciente quiere se puede perfectamente extraer?.

Pola súa banda, o informe do xefe do servicio de Psiquiatría do HULA, do 18.8.2017, sinala a este respecto sinala que:

?Si consideramos que las molestias que presenta la paciente son debidas a la presencia de la aguja quirúrgica en su abdomen

o a la vivencia que ella tiene sobre este hecho, la retirada de la misma en principio debería mejorar su cuadro psíquico,

si es que no hay otro tipo de factores que estén influyendo en el mismo. (...)

Al tener conocimiento del caso me puse en contacto con el Dr. C., Jefe de Servicio de Cirugía, quien la cita para el mes de septiembre para valorar con ella si quiere retirar dicha aguja. Contacto

con ella tanto telefónicamente como por escrito para comunicarle dicha cita?.

Logo das lecturas destes informes, evidénciase a existencia dun nexo de causalidade entre a asistencia sanitaria e o dano padecido, que debe cualificarse de antixurídico por canto non se aprecia

ao longo do actuado xustificación ningunha da circunstancia que dera lugar á permanencia do referido corpo estraño tras a

práctica da intervención cirúrxica.

En efecto, non é apreciable que as consecuencias lesivas que se derivaron para a interesada sexan un risco típico da intervención que deba ser soportado pola paciente, polo que procede recoñecerlle o dereito

a ser indemnizada das lesións padecidas.

Quinta.

En relación coa cantidade da indemnización, obxectívase unha discrepancia entre a suma indicada como mínima pola reclamante (30.000,00 ?), e a proposta pola instrutora (9.378,30 ?).

A este respecto, a pretensión referida carece da menor desagregación xustificativa, e mesmo da concreción final da indemnización que se reclama.

Tendo en conta, por tanto, que a agulla non ocasionou ningún dano físico na paciente, que, como sinala o informe medico forense, non son previsibles complicacións futuras, ao tratarse dunha agulla de

pequeno tamaño, así como pola súa composición e localización intraparietal no abdome; así como que o servizo de Cirurxía manifestou

a posibilidade e disposición de extraer o referido corpo estraño, se a paciente acepta, a proposta de resolución refire a

indemnización proposta ao dano moral provocado pola situación postcirurxica, consistente no trastorno adaptativo polo que

vén precisando de tratamento farmacolóxico.

A este respecto, tomando como referencia o Texto Refundido da Lei sobre responsabilidade civil e seguro na circulación de vehículos a motor, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 8/2004 do 29 de

outubro, e tendo en conta a táboa IV (clasificación e valoración das secuelas) do seu anexo, cuxo capitulo 1, dentro dos síndromes

psiquiátricos, outorga ao ?trastorno depresivo reactivo? unha puntuación de entre 5-10 puntos, e aplicando as contías das indemnizacións correspondentes ao año 2014, a avaliación

económica estimada na proposta de resolución é de 9.378,3 ?, resultante de multiplicar 937,83 ? (valor do punto en euros)

polos 10 puntos previstos como máximo, no anexo referido, para o trastorno descrito. Esta cantidade deberá entenderse actualizada,

por todos os conceptos, á data de emisión deste ditame.

Este Consello Consultivo, atendidas as circunstancias concorrentes, e en ausencia doutra avaliación por parte da interesada que conduza a outra conclusión, considera correcta a indemnización referida.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade de todos os seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución parcialmente estimatoria á que o presente expediente se refire, debendo ser indemnizada a reclamante na suma de 9.378,30 euros, de acordo co sinalado

na consideración quinta do presente ditame?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Responsabilidad extracontractual derivada de accidente dentro de una iglesia católica
Disponible

Responsabilidad extracontractual derivada de accidente dentro de una iglesia católica

Amado Quintana Afonso

12.75€

12.11€

+ Información

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos
Disponible

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información

Baremo para calcular el valor de los daños provocados en accidentes de tráfico
Disponible

Baremo para calcular el valor de los daños provocados en accidentes de tráfico

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información