Dictamen de Consello Cons...io de 2021

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 154 de 09 de junio de 2021

Tiempo de lectura: 35 min

Tiempo de lectura: 35 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 09/06/2021

Num. Resolución: 154


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por L. por mor dos danos sufridos como consecuencia do tratamento dunha artrose primaria unilateral na cadeira dereita no Hospital Público do Salnés.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Quintana Acebo

Propuesta: Arquivo

Conclusion: Desfavorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 1.3.2021 L. presentou reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Servizo Galego de Saúde, polas complicacións

derivadas de intervención á que foi sometido no Hospital do Salnés o día 21.10.2019 con ocasión da colocación dunha prótese

de cadeira dereita.

Solicita unha indemnización de 76.656,98 euros.

2.- Na instrución do expediente, suscitouse polo órgano instrutor a posibilidade de que a acción para reclamar tivese prescrito,

dándolle traslado de tal cuestión á parte reclamante para os efectos de que puidese formular alegacións.

O señor L., con data 23.4.2021, presentou un escrito de alegacións en contra da prescrición do dereito a reclamar.

Examinadas logo polo instrutor, este, con data 19.5.2021, formulou unha proposta co seguinte teor literal: ?Inadmitir por extemporánea a súa solicitude e proceder ao arquivo do expediente de reclamación patrimonial coa referencia

X?.

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 25.5.2021.

4.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en diante, LPAC) (aspectos procedementais) e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do

sector público (en diante, LRXSP).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Precisamente, o último presuposto aludido merece unha especial consideración no presente caso, pois o fundamento da proposta de resolución para propugnar a inadmisión da reclamación é o da extemporaneidade

desta.

O artigo 67.1 da LPAC indica que:

?Os interesados soamente poderán solicitar o inicio dun procedemento de responsabilidade patrimonial cando non prescribise

o seu dereito a reclamar. O dereito a reclamar prescribirá ao ano de producido o feito ou o acto que motive a indemnización

ou se manifeste o seu efecto lesivo. En caso de danos de carácter físico ou psíquico ás persoas, o prazo comezarase a computar

desde a curación ou a determinación do alcance das secuelas?.

En relación co dies a quo para o cómputo do prazo, o Tribunal Supremo ten establecido que aquel dá comezo desde que se establezan os efectos lesivos

no patrimonio da parte reclamante, que é cando hai coñecemento suficiente para avaliar a súa extensión e alcance, tendo en

conta que o Código Civil segue o principio da actio nata e dispón que o tempo para a prescrición de toda clase de accións, cando non hai disposición especial que outra cousa determine,

se contará desde o día en que puideron exercitarse as respectivas accións; o que para os efectos dunha posible esixencia de

responsabilidade implica o cómputo do termo para a prescrición a partir do intre no que o prexudicado tivo coñecemento do

dano que sufriu. Así, Sentenza do 27.5.2016 do Tribunal Supremo, recurso de casación 3483/2014.

?La determinación del ?dies a quo? para el cómputo del plazo de prescripción parte de la teoría de la ?actio nata?, que tal

y como ha sido formulada por nuestra jurisprudencia se basa en el completo conocimiento de las consecuencias dañosas, y, que

en el caso de lesiones y secuelas se sitúa en el momento en el que el lesionado conoció el alcance de las mismas, tal y como

expresamente dispone el art. 142.5 de la Ley 30/1992 (RCL 1992, 2512, 2775 y RCL 1993, 246). Y este conocimiento dependerá

de los datos existentes y de que éstos sirvan para determinar que la lesión o secuela se ha consolidado y sea posible conocer

el alcance real del daño que se reclama. La determinación de cuándo se produce esta circunstancia y, por lo tanto, cuando

es posible ejercitar la acción, comenzando el computo del plazo de prescripción, depende de las circunstancias de cada caso,

y de las pruebas practicadas (por todas, sentencias de esta Sección Sexta de 28 de febrero de 2007 (RJ 2007, 3678), casación

5536/03; de 24 de febrero de 2009 (RJ 2009, 1098), casación 8524/09; de la Sección Cuarta de esta Sala Tercera de 20 de diciembre

de 2013 (RJ 2013, 8231), casación 4606/12)?.

Para o inicio do cómputo do prazo de prescrición abondaría, pois, con que o dano fose ?previsible en su evolución y en su determinación, y por tanto, cuantificable? (STS 6.5.2015, recurso de casación 2099/2013).

Os perfís da institución da prescrición apuntan, de acordo cunha doutrina e xurisprudencia consolidadas, a un criterio razoablemente flexible na apreciación do cómputo do prazo, máis que ao formal e

abstracto, ao fuxir, así, de aplicacións contra cives ou contrarias ao criterio pro actione, pero non pode ter esta interpretación unhas contornas tan difusas que fagan impracticable o referido instituto.

Cuarta.

No presente caso, a comunicación de trámite de audiencia emitida polo xefe do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios sinala:

?[...] Don L. foi sometido a unha intervención cirúrxica o 21 de octubre de 2019 no Hospital Público do Salnés, pola que se implanta

unha prótese total de cadeira non cementada nun paciente diagnosticado de coxoartrosis dereita. No posoperatorio inmediato

aparecen complicacións que motivan que o paciente sexa derivado ao Servizo de Rehabilitación en data 22 de outubro e se lle

realice un TAC en data 24 de octubre. O día 30 de octubre de 2019 emítese o informe de alta de hospitalización do servizo

de Traumatoloxía onde o paciente é diagnosticado de paresia de ciático poplíteo externo (CPE) no membro inferior dereito.

Posteriormente o asegurado continúa a realizar tratamento rehabilitador ata o día 18 de marzo do 2020, é tratado pola Unidade de Dor e realiza diversas probas diagnósticas de seguimento.

Enténdese que o dies a quo para o exercicio da acción de responsabilidade patrimonial, é aquel no que se conocen definitivamente os efectos do quebrantamento. Neste caso, no informe de alta do servizo

de Traumatoloxía de data 30 de outubro do ano 2019 indícase: ?En evolución posoperatoria se observa sintomatología compatible

con paresia del CPE de dicho miembro, implantándose tto médico/fisioterápico y ortopédico (rancho amigos)?. Nesta data o paciente

xa é informado da lesión sofrida e das medidas a tomar para o tratamento da súa patoloxía, tendentes a mellorar a súa calidade

de vida: remítese á Unidade de Dor para o manexo das súas alxias, precríbese unha órtese antiequina e instaurase tratamento

rehabilitador. Por todo isto, considérase que neste momento o asegurado coñece o alcance do resultado lesivo producido?.

Entende por tanto, que o dies a quo é a data de alta de hospitalización do Servizo de Traumatoloxía do Hospital do Salnés logo da intervención á que foi sometido

o señor L.

Pola súa banda, o interesado no trámite de audiencia -con data 23.4.2021- sinalou:

?[...] Al tratarse de una operación de cadera que derivó en una ?paresia del ciático poplíteo externo (CPE) en el miembro inferior

derecho?, resulta absolutamente claro que no se han producido daños materiales sino físicos, por lo que el plazo empezará

a computarse desde la curación o la determinación del alcance de las secuelas. En consecuencia, si la baja médica continuó

significa que todavía no había existido curación.

[...] El informe pericial aportado en la reclamación inicial (página 13) fija la estabilización médico legal [...] en seis meses como período necesario de evolución para valorar el estado secuelar definitivo. Esto quiere decir que existen

secuelas por daños físicos y que el plazo para la interposición de la reclamación se computa a partir de la curación o la

determinación del alcance de las secuelas. Además, desde el momento en que los propios facultativos prescriben la necesidad

de rehabilitación, es evidente que no se ha producido la curación ni se puede determinar el alcance de las secuelas.

[...]

En el caso que nos ocupa, se trata de daños continuados y no pueden medirse ab initio, las consecuencias para la salud, por lo que hay que esperar a conocer su entidad o, como dice el repetido precepto

legal ?el alcance de las secuelas? [...] ?.

Quinta.

Como consta nos antecedentes, sométese a ditame unha proposta de resolución na que se prevé o arquivo das actuacións por apreciar a prescrición do dereito a reclamar do interesado. Este órgano consultivo

non pode compartir o criterio seguido pola Administración polas razóns que deseguido se refiren.

O artigo 67.1 da LPAC sinala que no caso de danos de carácter físico ou psíquico ás persoas, o prazo de prescrición comezarase a computar desde a curación ou a determinación do alcance das secuelas.

Cómpre referir a importancia de diferenciar a noción de secuela (efecto) da noción de lesión (causa); así as secuelas poderanse

determinar cando a evolución da lesión finalizou ou non se esperen cambios substanciais.

Da documentación obrante no expediente non constan datos sobre o alcance e evolución da situación clínica do paciente, polo que non pode coincidirse co parecer manifestado polo instrutor sobre a proposta

de arquivo da reclamación por apreciar a prescrición do dereito a reclamar.

Neste caso, a determinación e o alcance das secuelas do señor L., e o seu carácter definitivo ou non constitúe un pronunciamento de fondo que debe ser realizado

logo da íntegra tramitación do procedemento, coa solicitude do informe de servizo esixido polo artigo 81 da LPAC e a apertura

dun período probatorio para o caso de que a Administración non teña por certos os feitos alegados pola parte reclamante, segundo

dispón o artigo 77.2 da LPAC.

Con base en todo o anterior, e vista a discrepancia entre a administración e a parte reclamante, este órgano consultivo non comparte a proposta de arquivo da reclamación, e por tanto infórmaa desfavorablemente,

razón pola que considera que polo órgano instrutor debería procederse á instrución do procedemento e redacción da súa proposta

de resolución, pronunciándose sobre o fondo da cuestión e, de ser o caso, a remisión para o correspondente ditame por este

Consello Consultivo de ser a contía reclamada superior á fixada legalmente.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa desfavorablemente a proposta de resolución de arquivo das actuacións á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Delitos al volante. Paso a paso
Disponible

Delitos al volante. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

16.15€

15.34€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

La prueba pericial en el proceso civil
Disponible

La prueba pericial en el proceso civil

Belhadj Ben Gómez, Celia

21.25€

20.19€

+ Información

Responsabilidad civil derivada del uso de vehículos a motor. Paso a paso
Disponible

Responsabilidad civil derivada del uso de vehículos a motor. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

17.00€

16.15€

+ Información

Derecho medioambiental. Paso a paso
Disponible

Derecho medioambiental. Paso a paso

V.V.A.A

12.70€

12.06€

+ Información