Dictamen de Consello Cons...yo de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 152 de 31 de mayo de 2017

Tiempo de lectura: 35 min

Tiempo de lectura: 35 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 31/05/2017

Num. Resolución: 152


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona C., polo falecemento de seu pai don C. por un retraso no diagnóstico da súa enfermidade

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Paz

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 5.10.2015, dona C. presenta reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos derivados do falecemento de seu pai don C. que entende provocado por unha deficiente asistencia sanitaria prestada

no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña.

2.- Instruído o correspondente expediente de responsabilidade patrimonial e concedidas sucesivas audiencias á reclamante, que

presentou alegacións, formulouse proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación.

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo o día vinte e catro de abril de dous mil dezasete.

4.- Na Sección de Ditames que tivo lugar o día 16 de maio de 2017 acordouse prorrogar o prazo de emisión do ditame por un mes.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12, j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000 ?.

Segunda.-

O dereito dos particulares a seren indemnizados pola Administración de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que aquela lesión sexa consecuencia

do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, responde a un principio de responsabilidade obxectiva recollido

no artigo 106 da Constitución española. Ademais o réxime xurídico da reclamación de responsabilidade patrimonial, contense

nos artigos 139 e seguintes da Lei de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común

(en adiante LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, que regula o procedemento das reclamacións de responsabilidade patrimonial

(normativa aplicable segundo o disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Con todo, unha vez mais en expedientes tramitados por ese departamento se excederá moi considerablemente o prazo para notificar a resolución do procedemento, pois a reclamación foi presentada o 5.10.2015.

Estas demoras deben ser corrixidas urxentemente porque a resolución en prazo debe ser a regra e non a excepción nunha Administración

eficiente, evitando así as disfuncións que, noutro caso, se producen na xestión das reclamacións de responsabilidade patrimonial

por asistencia sanitaria, con efectos sumamente desfavorables como a xudicialización das reclamacións ante a ausencia de resposta

por parte das Administracións.

Terceira.-

Os principios que rexen a responsabilidade extracontractual das Administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e a xurisprudencia, que reiteradamente foron expostos por este Consello

Consultivo en numerosos ditames, citándose, por todos, o CCG 547/08.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, por este Consello Consultivo con ocasión de diferentes pronunciamentos (entre outros o ditame CCG

218/99), concretáronse as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral de responsabilidade noutras esferas

de actuación pública, bastando recordar neste momento que, con relación ao dito sistema existen certas variantes en canto

aos requisitos precisos para poder esixila, fundados en postulados tales como o que determina que a asistencia sanitaria é

unha prestación de medios e non de resultado, o que predica a necesidade e correlativa esixencia de que a actuación médica

se desenvolva conforme a denominada lex artis ad hoc, ou aquela outra que sinala o dereito dos pacientes a obter cumprida información sobre o seu proceso curativo e, en relación

con esta, a necesidade do consentimento que aqueles deben prestar con ocasión do acto cirúrxico.

Cuarta.-

Tendo en conta os elementos técnicos que se acaban de describir e pasando a examinar o fondo da reclamación presentada, hai que sinalar que, de acordo coas previsións do artigo 12.2 do Real decreto

429/1993, do 26 de marzo, resulta preciso determinar neste ditame se existe, no caso que se nos presenta a exame, relación

de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida.

Para centrar os termos da cuestión controvertida, procede partir das argumentacións realizadas pola parte actora que, no escrito reitor da reclamación, aduce como fundamentos esenciais da súa acción, o

padecemento dunha infección por parte do señor C., seguida dun retraso no diagnóstico que iría acompañado de decisións terapéuticas

improcedentes e lesivas, circunstancias estas que conducirían ao pasamento do paciente.

Consta na historia clínica que o señor C., diagnosticado de cancro de lóbulo inferior esquerdo en estadio IV e metástase cerebral acude a urxencias do CHUAC o

14.3.2015 por dolor intenso en extremidade inferior dereita e febre. Tras a realización de determinadas probas se establece

o diagnóstico de probable infección respiratoria e se inicia tratamento antibiótico de amplo espectro. O día 15.3.2015 se

diagnostica unha fascite necrotizante na perna dereita que no seu proceso expansivo remata causando o falecemento do paciente

o 16.3.2015, previa decisión consensuada coa familia de non realizar amputación da extremidade dada a situación clínica do

paciente, con moi severa afectación debida á súa doenza canceríxena.

Alega a reclamante que ?a pesar de la insistencia de la familia en el dolor que continuamente refería el paciente en la extremidad inferior derecha,

se considera que no se llevaron a cabo las probas médicas oportunas y consecuentemente no se otorgó el tratamiento adecuado?.

Por outra parte, aínda que non se afirma de forma expresa e terminante o carácter nosocomial da infección, si se realizan determinadas consideracións xerais de dogmática xurídica sobre as infeccións

nosocomiais no punto sétimo da reclamación, o que conduciría a apreciar que, sequera tacitamente, se está dando a entender

a posible concorrencia dunha infección nosocomial.

Pola súa parte, a Administración sanitaria, de contrario, basea a súa proposta de resolución desestimatoria da reclamación nunha serie de consideracións

que, en esencia, se fundamentan na apreciación de que a atención sanitaria prestada foi axeitada ás condicións do caso.

Quinta.-

Enunciada a contraposición de posturas que se constata nas actuacións remitidas, e ante a disparidade da lectura dos feitos que realizan reclamantes e Administración, á hora de realizar o pronunciamento

que nos demanda o artigo 12 do Real decreto 429/1993 (aplicable ao caso, como vai dito) é preciso realizar unha serie de consideracións

sobre a carga da proba nos expedientes de responsabilidade patrimonial por asistencia sanitaria.

Así, con carácter xeral, existe unha primeira regra de aplicación reiterada por este Consello Consultivo en numerosos ditames -por todos, cítase o CCG 148/06-, segundo a cal, como condición de principio,

a proba da vinculación do dano co funcionamento do servizo público corresponde ao reclamante. Tal criterio, extraído tradicionalmente

no noso dereito do agora derrogado artigo 1.214 do Código Civil, obtense na actualidade do disposto no artigo 217.2 da Lei

1/2000, de axuizamento civil, que grava ao actor coa carga de probar a certeza dos feitos dos que ordinariamente se desprenda,

segundo as normas xurídicas a eles aplicables, o efecto xurídico correspondente ás pretensións da acción exercitada.

Con todo, a dita regra non é trasladable de xeito incondicionado e absoluto ao procedemento administrativo, por ser preciso dar acollida neste ámbito ás matizacións e mesmo rectificacións que se derivan

das previsións do artigo 78 da LRXPAC (que impón ao órgano que tramite o procedemento a realización de oficio dos actos de

instrución necesarios para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos necesarios para ditar resolución), interpretadas

de conformidade cos principios de obxectividade e satisfacción do interese xeral contidos no artigo 103 da Constitución.

E na interpretación das regras da carga probatoria na súa vertente subxectiva, cobran especial relevancia, a modo de criterios que igualmente alivian a posición procedemental do reclamante, os principios

de facilidade e dispoñibilidade probatoria contidos no artigo 217.6 da Lei de axuizamento civil, de singular alcance no tipo

de procedementos como o que agora se analiza, dado o presuposto fáctico común a todos eles en forma de actuación material

previa por parte dos servizos sanitarios públicos, de xenuíno carácter técnico.

Igualmente no eido das reclamacións por asistencia sanitaria, a Administración pode estar gravada, xa de inicio, coa carga de probar os feitos excluíntes de responsabilidade patrimonial (a ausencia de

antixuridicidade do dano) e iso para o caso de que resulte acreditada a existencia de causalidade vinculante entre a asistencia

sanitaria e a lesión materializada, como ocorre nos supostos de dano iatroxénico (cítase, por todos, o ditame CCG 311/2016)

ou infeccións nosocomiais (ver ditame CCG 622/2012, entre outros) cando a realidade de tal vínculo non é discutida.

Sexta.-

Analizando os feitos contidos no expediente á luz dos criterios precedentes, poden establecerse varias premisas sobre as que asentar o pronunciamento demandado deste Consello Consultivo.

Así, en primeiro lugar, non existe constancia do carácter nosocomial da infección, que dende logo non é considerado nos informes médicos obrantes na historia clínica nin nos emitidos no curso da instrución

do presente expediente. A inversión da carga da proba que se produce no caso de infeccións nosocomiais ten como presuposto

ineludible a apreciación da etioloxía hospitalaria da sepse, e esta circunstancia, cando non é recoñecida pola Administración,

debe ser probada pola parte actora.

No presente caso, non existen datos científicos nos que se poida asentar o carácter nosocomial da infección, non abondando a tales efectos co feito de que o diagnóstico de aquela sexa intrahospitalario.

Antes ben, o feito de que o paciente ingresase con dor na perna na que se declarou a fascite necrotizante horas mais tarde,

unido a presenza de febre nun paciente inmunodeprimido, introducirían criterios topográficos, cronolóxicos e clínicos que

apuntarían a que a orixe da infección non é hospitalaria, extremo este que, en todo caso, e polo seu carácter técnico, non

é competencia deste Consello Consultivo que, ante a ausencia de exame sobre o particular nos informes médicos, debe pararse

en apreciar que non está probado pola reclamante o carácter nosocomial da infección.

E polo que toca ao retraso no diagnóstico que se alega pola actora, sendo este un extremo para cuxa apreciación se precisan coñecementos de carácter técnico en medicina, que non son aportados pola parte

actora, malia que sobre ela grava a carga probatoria no sentido que vai exposto, resulta que as alegacións en tal sentido,

desprovistas de todo aval técnico, se reducen a teses argumentais carentes de solvencia para asentar sobre elas un pronunciamento

xurídico, sendo improcedente facelas valer fronte ás apreciacións técnicas obrantes no expediente que, con procedencia nos

informes de servizo, e en cumprimento do principio de oficialidade, exclúen a existencia de retraso de diagnóstico sen ser

contraditas por proba algunha que permita facer cuestión das conclusións científicas alí expostas.

Así, como conclusión do razoado nos informes médicos, e en particular do considerado no informe do xefe de sección de medicina interna, de 12.9.2016, pode sentarse que non existiu retraso diagnóstico

pois este se estableceu tan pronto como a fascite necrotizante ofreceu a súa sintomatoloxía propia, pois, como se argumenta

no dito informe ?La fascitis necrotizante es una forma de infección de tejidos blandos que se caracteriza clínicamente por destrucción tisular

fulminante, signos de toxicidad sistémica y alta mortalidad. En el momento en que el paciente llega al hospital no existía

ningún signo de infección local en MID y cuando se detectaron los primeros signos de probable infección cutánea no presentaba

flictenas, necrosis ni crepitación que sugiriera complicación o gravedad?.

Igualmente as medidas terapéuticas foron as axeitadas ás circunstancias de presenza pois xa no ingreso, e baixo a sospeita de infección, se pautou antibioterapia de amplo espectro, que fracasou polo

estado de inmunodepresión no que se atopaba o paciente, como proceso característico dos pacientes oncolóxicos na situación

clínica do señor C., sometido a quimio e radioterapia, e cun cancro nun estadio moi avanzado de evolución, de xeito que cando

se diagnostica a fascite necrotizante os cirurxáns, de acordo coa familia, optan por non realizar o tratamento propio da doenza

(amputación) nin outras medidas agresivas ?atendidos los antecedentes del paciente y la situación clínica en aquel momento?, como se afirma no informe de constante cita.

En definitiva, non sendo apreciable a existencia dun dano antixurídico vinculado coa asistencia sanitaria, procede desestimar a reclamación presentada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos membros presentes, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS