Dictamen de Consello Cons...yo de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 151 de 03 de mayo de 2017

Tiempo de lectura: 30 min

Tiempo de lectura: 30 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 03/05/2017

Num. Resolución: 151


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona R., polos danos físicos e morais por perda de visión nos dous ollos tras intervención cirúrxica de cadeira

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Oreiro Romar

Propuesta: Arquivo

Conclusion: Favorable

Relator: Sánchez Tato

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data do 13.07.2016 presentase reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona R. polos danos físicos

e morais por perda de visión nos dous ollos tras intervención cirúrxica de cadeira no Hospital Policlínico Vigo S.A. POVISA.

A contía fixada como indemnización reparatoria ascende a 150.000 euros.

2.- Instruído o procedemento e auditado o interesado, por parte da instrutora dítase proposta de resolución no sentido de considerar

prescrita a acción exercitada.

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo Sr. conselleiro de Sanidade,

e tivo entrada neste organismo con data vinte e catro de abril de dous mil dezasete.

4.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, en virtude do disposto no artigo 12, j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.-

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, polos artigos 139 a 144 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común (no sucesivo, LRXPAC), e polo Regulamento dos procedementos das administracións

públicas en materia de responsabilidade patrimonial, aprobado polo Real decreto 429/1993, do 26 de marzo (normativa aplicable

ao procedemento que nos ocupa, de acordo co previsto na letra a) da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1

de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.-

É reiterada a doutrina e a xurisprudencia que, partindo de que os artigos 139 e seguintes da LRXPAC se inspiran no principio de responsabilidade obxectiva, considera como elemento esencial, que non único,

para que a reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración prospere, a existencia dun nexo causal directo e

inmediato entre a actuación da Administración e a lesión producida. O devandito nexo debe ser exclusivo sen interferencias

estrañas de terceiros ou do lesionado. Por outra parte para que a lesión poida ser resarcible, ten que demostrarse a efectiva

realización dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación cunha persoa ou grupo de persoas.

En definitiva, para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba dunha causa concreta que determine o dano e a

conexión entre a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, por este Consello Consultivo con ocasión de diferentes pronunciamentos (entre outros o ditame CCG

218/99), concretáronse as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral de responsabilidade noutras esferas

de actuación pública, bastando recordar neste momento, que con respecto a este existen certas variacións en canto aos requisitos

precisos para poder esixila, fundados en postulados tales como o que determina que a asistencia sanitaria é unha prestación

de medios e non de resultado, o que predica a necesidade e correlativa esixencia de que a actuación médica se desenvolva conforme

á denominada lex artis ad hoc, ou aqueloutra que sinala o dereito dos pacientes a obter cumprida información sobre o seu proceso curativo e, en relación

con esta, a necesidade do consentimento que deben prestar con ocasión do acto cirúrxico.

Cuarta.-

Tendo en conta os elementos técnicos da institución á que vimos de referirnos nas consideracións precedentes, cómpre analizar con carácter previo a posible prescrición da acción de responsabilidade exercitada

polo interesado, prescrición apreciada pola instrutora na proposta de resolución remitida.

Neste punto cómpre lembrar que, como é sabido, o artigo 142.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, indica que o dereito a reclamar prescribe ao ano de producido o feito ou o acto que motive a indemnización

ou de manifestarse o seu efecto lesivo; se ben, para o caso de danos de carácter físico ou psíquico ás persoas, o precepto

prevé que o prazo empezará a computarse dende a curación ou a determinación do alcance das secuelas.

O precepto que vén de citarse ten sido reiteradamente interpretado polo Tribunal Supremo, podendo citarse como resumo da súa xurisprudencia a Sentenza da Audiencia Nacional do 26.09.2012:

??Interpretando este precepto, y en concreto en lo relativo al momento en que se inicia el cómputo del plazo para el ejercicio

de la acción, podemos sintetizar la jurisprudencia del Tribunal Supremo, en los siguientes términos:

1.- Este precepto expresa, cuando de daños personales se trata, el principio de la actio nata (nacimiento de la acción), que impide iniciar el cómputo del plazo para ejercitar la acción de responsabilidad

antes de que se tenga un cabal conocimiento de su alcance, principio asumido por la jurisprudencia hace ya tiempo [véanse

las sentencias de 19 de septiembre de 1989, 4 de julio de 1990 y 21 de enero de 1991].

2.- De acuerdo con el mismo, el dies a quo (día inicial) para realizar el cómputo es aquel en el que se estabilizan los efectos lesivos y se conoce definitivamente el quebranto de la salud. Esta merma

puede ser permanente, producirse en un momento determinado y quedar inalterada, o continuada, manifestándose día a día. En

el primer caso, el periodo de prescripción se inicia cuando acaece el evento, pues en ese instante cabe evaluar los daños,

mientras que en el segundo, como no pueden medirse ab initio las consecuencias para la salud, hay que esperar a conocer su

entidad o, como dice el citado precepto legal, el ?alcance de las secuelas? sentencia de 15 de septiembre de 2008 (casación

para la unificación de doctrina 238/07, FJ 4º) y Sentencia de 1 de diciembre de 2008 (rec. cas. 6961/2004) .

3.- En este sentido, se viene distinguiendo (por todas, STS de 24 de septiembre de 2010 (rec. nº 3466/2006) entre los daños continuados, que como tales no permiten conocer aún los efectos definitivos de

una lesión y en los que, por tanto, el ?dies a quo? será aquél en que ese conocimiento se alcance; y daños permanentes, que

aluden a lesiones irreversibles e incurables aunque no intratables.

4.- El daño permanente no es sinónimo de intratable; ese concepto jurídico indeterminado alude a una lesión irreversible e incurable, cuyas secuelas quedan perfectamente determinadas desde la fecha

en que tiene lugar el alta médica (sentencia de 1 de diciembre de 2008, ya citada) o se efectúa el diagnóstico (sentencia

de 24 de septiembre de 2010), que no pueden confundirse con los padecimientos que derivan de la enfermedad, susceptibles de

evolucionar en el tiempo (sentencias de 18 de enero de 2008 y 1 de diciembre de 2008, ya citadas) y frente a los que cabe

reaccionar adoptando las decisiones que aconseja la ciencia médica. Existe un daño permanente aún cuando en el momento de

su producción no se haya recuperado íntegramente la salud, si las consecuencias resultan previsibles en su evolución y en

su determinación, siendo, por tanto, cuantificables. Por ello, los tratamientos paliativos ulteriores o encaminados a obtener

una mejor calidad de vida, a evitar complicaciones en la salud o a obstaculizar la progresión de la enfermedad no enervan

la realidad incontestable de que el daño ya se ha manifestado con todo su alcance (sentencias de 28 de febrero y 21 de junio

de 2007 y 1 de diciembre de 2008)?.

Pois ben, as lesións que describe o reclamante no seu escrito de data 13.07.2016, merecen, á vista dos informes clínicos que figuran no expediente, a cualificación de permanentes,

estando aquelas perfectamente determinadas con moita anterioridade á presentación da reclamación que dá orixe ao presente

expediente.

En concreto, e tal e como manifesta a propia reclamante (escrito de alegacións de 13.1.2017) ?en la actualidad la reclamante padece ceguera irreversible en su ojo derecho y dificultades de visión en su ojo izquierdo

que apenas le permite distinguir sombras?. Así as cousas, da documentación xudicial obrante no expediente, e, en concreto,

da denuncia penal presentada en 16.12.2004 (feito 5º), a reclamante sinalaba que ?en la actualidad y según los médicos que

la atienden, la madre de mi mandante padece una ceguera irreversible en su ojo derecho y dificultades de visión en su ojo

izquierdo, que apenas le permiten distinguir sombras. Según informes médicos de neurólogos y oftalmóloga, su recuperación

es imposible?. Idéntica e literal dicción á que emprega na consideración terceira da reclamación de 15.07.2016.

Do mesmo xeito, no informe de alta do Servizo de Medicina Interna de POVISA, de 15.10.2004, establece que hai unha ?pérdida de visión casi total en derecho y parcial en ojo izquierdo?.

A reclamante, no escrito de alegacións de 13.01.2017, sinala que ?ningún médico me ha dictaminado que mis secuelas son irreversiles por lo cual el día del alta definitiva o el día definitivo

de las secuelas aún se desconoce? pero tal afirmación é profundamente contraditoria, non só coa historia clínica, senón coa propia determinación da contía da

indemnización que realiza a reclamante.

Pero tal e como manifestou este CCG no ditame 335/16 ?De acordo coa historia clínica, e a falta de criterio técnico que indique o contrario, temos que tomar como dies a quo do

prazo de prescrición a data da última alta reflexada no ?Informe de Alta? do 17.06.2011 (pax. 67 do expediente), xa que esta

sería, en principio, e, insistimos, a falta dun criterio técnico ? a data na que se produce a ?curación o la determinación

del alcance de las secuelas?.

Quinta.-

Finalmente, e en relación coas actuacións penais, a última da que se ten constancia é o Auto do 25.09.2009, polo que se acorda o sobreseimento provisional e arquivo da causa, sen que consten actuacións

posteriores.

En tales circunstancias debe terse por plenamente acreditada a extemporaneidade do exercicio da acción, que procede desestimar por este motivo, sen efectuar unha análise do fondo da pretensión.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Delitos al volante. Paso a paso
Disponible

Delitos al volante. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

16.15€

15.34€

+ Información

Otras Indemnizaciones relacionadas con el despido
Disponible

Otras Indemnizaciones relacionadas con el despido

6.83€

6.49€

+ Información

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos
Disponible

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información