Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 150 de 08 de noviembre de 2017

Tiempo de lectura: 71 min

Tiempo de lectura: 71 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 08/11/2017

Num. Resolución: 150


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por don C. en nome e representación de dona F., don J. e don P., polo falecemento do seu esposo e pai don A.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Corral

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data do 08.07.2015, don C., actuando en representación de dona F., don J. e don P., presenta unha reclamación de responsabilidade

patrimonial polo falecemento seu esposo e pai respectivamente, don A., no Complexo Hospitalario de Pontevedra o 27.09.2014.

De acordo co relato de feitos contido no escrito de reclamación:

?[?]

SEGUNDO.- En fecha 31.08.2014 don A. sufrió un episodio sincopal con pérdida de conocimiento tras descarga mientras estaba comiendo con su familia,

por lo que se avisó a las 14:39 horas a los servicios del 061 que lo trasladaron al Servicio de Urgencias del Hospital de

Montecelo del Complejo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) en el que entró a las 15:38 hora, no siendo atendido hasta las 16

horas.

En la hoja de asistencia en el servicio de Urgencias se señala ya que el paciente había sufrido varios episodios de descarga de DAI en los últimos tres días, y ?ayer episodio de traumatismo craneal

temporal derecho tras descarga?.

[?]

No se realizó al paciente ninguna prueba de imagen para la valoración del traumatismo craneal temporal derecho en el servicio de Urgencias.

TERCERO.- El paciente fue derivado a la Unidad de Coronarias del CHOP.

En las anotaciones de enfermería del 31.08.2014 se establece que ?refiere la enfermera de urgencias que le acompaña que cayó en el servicio de urgencias,

tiene una contusión con hematoma sobre zona orbital derecha?, y que ?Hoy al mediodía, ?sensación de que se va? la familia

refiere pérdida de conocimiento) y dolor torácico y posteriormente descarga de DAI por lo que avisaron al 061 y se deriva

a urgencias. Ayer síncope por la tarde, a las dos horas de la descarga, al levantarse para ir al baño (no percibió descarga

en ese momento) con rápida recuperación y traumatismo en el ojo D. a su llegada a urgencias presenta al menos dos nuevos episodios

de descarga presenciados por médico de urgencias (en monitor ?TQ muy rápida? de QRS ancho que no dio tiempo a registrar)?.

Sin embargo, tampoco en este servicio se pautó la realización de ninguna prueba de imagen para valorar el traumatismo craneal.

El 01.09.2014 se anota que el paciente ?refiere dolor de cabeza por el traumatismo?. En el curso clínico de ese día consta ?Febrícula,

con tto. pautado paracetamol y nolotil para cefalea postraumática?. Sin embargo tampoco el 01.09.2014 se pautó ninguna prueba

de imagen para la debida valoración del traumatismo.

El 02.09.2014 se anota ?Paciente obnubilado? y ?A lo largo de la mañana su situación neurológica empeora?, ?Mala situación clínica

con somnolencia?. Es entonces cuando, a los tres días del ingreso, finalmente se realiza una TAC Cerebral urgente en el que

se aprecia hemorragia cerebral a distintos niveles.

[?]

CUARTO.- Ese día, 02.09.2015, el paciente fue trasladado al Servicio de Neurocirugía del Hospital Xeral de Vigo, donde fue intervenido quirúrgicamente

con carácter urgente, practicándose craneotomía y evacuación del hematoma frontal.

El paciente ya no recuperó la conciencia en ningún momento, siendo preciso realizar traqueostomía por intubación prolongada, y siendo exitus por parada cardiorrespiratoria el 27.09.2014 a las 01:00

horas en la habitación 411 de la 4ª planta del Complejo Xeral-Cies de Vigo.

En el Informe de alta por exitus de 27.09.2014 se establece como diagnóstico:

?TCE. CONTUSIONES FRONTALES y TEMPORALES HEMORRÁGICAS. CRANEOTOMÍA.

COMA

PARADA CARDIORESPIRATORIA

EXITUS?.

QUINTO.- No existió consentimiento informado válido para ninguna de las actuaciones sanitarias realizadas al paciente.

[?]?.

Do anterior relato fáctico os reclamantes deducen que ?? en el presente caso se produjo un déficit asistencial consistente, entre otros, y sin perjuicio de lo que se derive de la

instrucción del expediente, en la minusvaloración de signos y síntomas que presentaba el paciente, ausencia de pruebas diagnósticas

en tiempo adecuado y consecuente retraso de diagnóstico y de tratamiento de las lesiones cerebrales, que condujo al exitus

del paciente el 27/09/2014 a todo lo cual ha de añadirse que no existió consentimiento informado válido para ninguna de las

actuaciones sanitarias practicadas al paciente?.

Os reclamantes non concretan a indemnización que pretenden, alegando que a súa contía se determinará posteriormente, dado que ?no es posible conocer en este momento previo a la instrucción del procedimiento, la medida concreta en que la asistencia médica

incidió en los daños y perjuicios causados?, e engadindo que ?? a efectos de la necesidad de emisión de Dictamen del Consello Consultivo de Galicia, de conformidad con el art. 12.j) de

la Ley 3/2014 de 24 de abril del Consello Consultivo de Galicia, que en todo caso la suma indemnizatoria superará los 30.000 euros dado que estamos ante un caso de resultado de fallecimiento

del paciente?.

2.- Na instrución do expediente incorporouse:

- Historia clínica do señor A.,

- Informe do Servizo de Urxencias, e

- Informe do Servizo de Cardioloxía

3.- Instruído o procedemento, no que se observou o trámite de audiencia, os interesados en datas do 15.01.2016, do 27.05.2016,

do 11.10.2016 e do 18.11.2016 presentaron alegacións. En data do 20.12.2016 o instrutor elaborou proposta de resolución na

que propugna a desestimación da reclamación de que se trata.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, e tivo entrada neste organismo con data do 24.04.2017.

5.- En data do 16.05.17 a Sección de Ditames deste Consello acordou ampliar o período de emisión do preceptivo ditame polo prazo dun mes.

6.- En data do 14.06.2017 a Sección de Ditames acordou a devolución do expediente para que pola instrución se verifiquen as actuacións sinaladas. A documentación complementaria tivo entrada no rexistro deste organismo

o día 16.10.2017.

7.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12, j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a administración autonómica por contía superior a 30.000 ?.

Segunda.-

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, polos artigos 139 a 144 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común (no sucesivo, LRXPAC), e polo Regulamento dos procedementos das administracións

públicas en materia de responsabilidade patrimonial, aprobado polo Real decreto 429/1993, do 26 de marzo (disposicións aplicables

ao procedemento que nos ocupa, de acordo co previsto na letra a) da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1

de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.-

É reiterada a doutrina e a xurisprudencia que, partindo de que os artigos 139 e seguintes da LRXPAC se inspiran no principio de responsabilidade obxectiva, considera como elemento esencial, que non único,

para que a reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración prospere, a existencia dun nexo causal directo e

inmediato entre a actuación da Administración e a lesión producida. O dito nexo debe ser exclusivo sen interferencias estrañas

de terceiros ou do lesionado. Por outra parte para que a lesión poida ser resarcible, ten que demostrarse a efectiva realización

dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación cunha persoa ou grupo de persoas. En definitiva,

para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba dunha causa concreta que determine o dano e a conexión entre

a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, por este Consello Consultivo con ocasión de diferentes pronunciamentos (entre outros o ditame CCG

218/99), concretáronse as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral de responsabilidade noutras esferas

de actuación pública, bastando recordar neste momento, que con respecto a este existen certas variacións en canto aos requisitos

precisos para poder esixila, fundados en postulados tales como o que determina que a asistencia sanitaria é unha prestación

de medios e non de resultado, o que predica a necesidade e correlativa esixencia de que a actuación médica se desenvolva conforme

coa denominada lex artis ad hoc, ou aqueloutra que sinala o dereito dos pacientes a obter cumprida información sobre o seu proceso curativo e, en relación

con esta, a necesidade do consentimento que deben prestar con ocasión do acto cirúrxico.

Cuarta.-

Analizado o anterior e tendo en conta os elementos técnicos da institución a que nos referimos expostos nas consideracións precedentes, pasamos a examinar o fondo da reclamación presentada, debéndose

sinalar que, de acordo coas previsións do artigo 12.2 do Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, resulta preciso determinar

neste ditame se existe, no caso que se nos presenta a exame, relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a

lesión aducida.

Deste modo, na análise da cuestión esencial suscitada polo presente expediente, a controvertida existencia ou ausencia do dito nexo de causalidade, cómpre partir da postura mantida polos interesados no

seu escrito de reclamación, no que, en síntese, mantense que o paciente presentaba unha sintomatoloxía que debería ter alertado

aos facultativos e conducido a un máis precoz diagnóstico do seu estado.

O déficit asistencial tería consistido ?... en la minusvaloración de signos y síntomas que presentaba el paciente, ausencia de pruebas diagnósticas en tiempo adecuado

y consecuente retraso diagnóstico y de tratamiento de las lesiones cerebrales que condujo al éxitus del paciente?; imputacións ás que se engade a inexistencia de consentimento informado válido para ningunha das actuacións sanitarias que

lle foron practicadas.

A verificación destas imputacións esixe en todo caso unha análise da historia clínica e informes incorporados ao expediente, por canto, como ten sinalado este Consello Consultivo en numerosos ditames (entre

outros, o CCG 368/05), son estes informes os que achegan as valoracións técnicas, debendo este órgano limitarse á súa subsunción

en categorías xurídicas.

En suma, a cuestión relativa á corrección da asistencia sanitaria prestada ao paciente, convértese nun thema probandi, polo que a carga da proba da existencia do dano, así como a súa conexión causal co funcionamento do servizo público, corresponderá

á parte reclamante, en tanto que a dos feitos impeditivos da pretensión recaerá sobre a Administración (artigo 217 da Lei

de axuizamento civil, artigos 5.3 e 6.1 do RPAPRP).

Debe matizarse, non obstante, que aínda que a proba incumbe a quen reclama, e posto que a actividade que desenvolve a Administración está presidida polo interese xeral, e suxeita a esixencias de obxectividade

e imparcialidade, esta debe orientarse ao esclarecemento da verdade material, o que supón desprenderse de calquera actitude

pasiva que impida o cabal coñecemento dos feitos que poidan sustentar a atención ou rexeitamento, nun acto debidamente motivado,

das pretensións dos particulares.

Pois ben, a análise da proba practicada, dende a óptica dos criterios de reparto da súa carga expostos na consideración precedente, permite constatar, ante todo, que en ningún momento ao longo da

tramitación do expediente, a representación dos reclamantes fixo achega, ou instou a práctica, de calquera proba, particularmente

de carácter pericial, que permita cuestionar eficazmente a adecuación á lex artis da asistencia prestada ao paciente.

En suma, por tanto, os únicos elementos dos que dispomos para abordar a pretensión que nos ocupa, son os informes emitidos polos diferentes facultativos que o atenderon ao longo do proceso cuestionado,

ben sexan os que figuran na historia clínica, ben os emitidos no curso da tramitación do procedemento, a instancias do instrutor.

A historia clínica pon de manifesto a seguinte secuencia de feitos:

O señor A. foi trasladado o 31.08.2014 polo 061 ao Servizo de Urxencias do CHOP por un episodio sincopal. Referiu ter varios episodios

de descargas do DAI nas últimas 48 horas e un síncope con traumatismo no ollo o día anterior. Foi ingresado na Unidade de

Coronarias para estabilización con infusión endovenosa dun antiarrítmico cos seguinte diagnósticos:

- Descargas de DAI en paciente con insuficiencia cardíaca estadio D AHA/ACC en relación con cardiopatía isquémica crónica e

valvular con severa depresión da FEVI.

- Semioloxía de derrame pleural dereito (pendente de Rx).

O mesmo día do ingreso compróbase adecuación das descargas do desfibrilador que resultan apropiadas, polo que se mantén a programación que estaba a ser efectiva.

O 01.09.2014, a dor de cabeza polo traumatismo, cede co paracetamol pautado.

O 02.09.2014, a partir das 7 da mañá, o paciente presenta tres episodios de taquicardia ventricular con perda de consciencia. O primeiro revértese con puñopercusión; os outros dous reverten coa descarga

do desfibrilador implantado. A visita médica decide reprogramar o DAI. Ao longo desa mesma mañá, a situación neurolóxica do

paciente empeora polo que se lle realiza un TC urxente que ás 12 da mañá lle detecta a hemorraxia cerebral.

Por tal motivo o paciente foi derivado de urxencia ao Servizo de Neurocirurxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, onde foi intervido, practicándoselle craneotomía e evacuación de hematoma

frontal. No curso do postoperatorio foi éxitus por parada cardiorespitratoria o 27.09.2014.

Dos informes que figuran no expediente debe facerse referencia, en primeiro termo, ao emitido polo coordinador do Servizo de Urxencias do CHOP, de data do 30.10.2015, no que consta:

?[?]

Don A. acude al Servicio de Urgencias (SU) del Complejo Hospitalario de Pontevedra a las 15:38, medicalizado por el 061 y siendo

establecida una prioridad de triaje amarilla (según el sistema Manchester de Triaje, sistema validado para todo el Servcio

Galego de Saúde).

En dicho informe del 061 (de asistencia) se específica: ?desde hace 3 días presenta descargas del DAI (al menos 4-5 episodios), la última hace unos minutos que le provocó pérdida

de conciencia, recuperado y asintomático a nuestra llegada. Se traslada para estudio y observación?. Presenta unas constantes

de TAS: 80, TAD: 50, FC: 69, Sat02: 97% y FR: 16.

Es importante señalar los antecedentes personal es y la situación basal del paciente tal y como refleja el informe médico de urgencias:

?Sigue controles en la Unidad de Insuficiencia Cardiaca Avanzada de nuestro centro por un cuadro de IC crónica de etiología isquémica de larga evolución. Se implantó DAI en prevención primaria de MS

en 2010. Posteriormente, fue tratado quirúrgicamente mediante cirugía de restauración ventricular + reparación mitral + revascularización

coronaria en mayo de 2012, precisando una primera reintervención quirúrgica en abril de 2013 por dehiscencia de anillo protésico

mitral. Durante el postoperatorio de esta intervención presentó shock hemorrágico y taponamiento cardiaco por sangrado quirúrgico,

precisando una nueva reintervención quirúrgica, y desarrollando en este contexto un cuadro de IR aguda que precisó HDVVC.

Posteriormente, ha recuperado diuresis pero continúa con JRC residual en grado severo (GFR 27 ml/min) y con anemia nefrogénica

secundaria (Hb 9. 7).

Actualmente se encuentra en grado funcional NYHA III y sin angina. En los estudios ecocardiográficos persiste disfunción sistólica severa de VI y normofunción del anillo protésico mitral.

[?]

En la primera valoración médica realizada en el SU en la anamnesis se señala: ?Varón de 65 años, refiere varios episodios de descarga de DAI en los último tres días. Hoy un episodio sincopal con pérdida

de conocimiento tras descarga mientras estaba comiendo con la familia con convulsiones tónico clónicas presenciadas. No incontinencia

esfinteriana. No mordedura lingual ni salivación. Ayer episodio de traumatismo craneal temporal derecho tras descarga. El

paciente comenta que lleva una semana tomando levofloxacino+flumil+flutox por un cuadro catarral de tos que no expectora.

Refiere dolor centro torácico no irradiado previo a la descarga. No náuseas ni vómitos. Niega episodios similares previos

tras implantación de DAI?. En la exploración física se indica: ?afectado, hipotenso, consciente orientado colaborador, a mi

llegada al BOX-3 tras comenzar a historiar este presenta dos descargas por un TV a 230 no registradas?.

La decisión del médico de urgencias, con buen criterio, es administrar tratamiento con amiodarona (para evitar nueva taquicardia ventricular que genera una descarga por parte del DAI y suero fisiológico

para remontar tensión arterial. Decide así mismo avisar de manera inmediata a cardiología, que procede al ingreso del paciente

en la unidad de coronarias.

Una vez descrito el caso, desde la perspectiva del SU debemos destacar varios hechos clave:

- El motivo de asistencia es la descarga repetida de un DAI tras episodios de TV (que es la causa del síncope que presenta el

paciente) y que así se refleja tanto en la historia clínica del 061 como en la del SU.

- Es bien conocido en la literatura médica, las crisis comiciales secundarias a baja perfusión cerebral (síndrome de Stokes-Adams).

La disminución de la presión de perfusión cerebral como consecuencia de un problema cardíaco de base (en este caso una taquicardia

ventricular) produce este cuadro clínico. Característicamente, una vez recuperado el flujo cerebral (porque se resuelve el

problema primario cardíaco, en este caso porque finaliza la taquicardia ventricular como consecuencia de la descarga apropiada

del DAI) la recuperación del paciente es completa sin habitualmente periodo postcrítico (como aconteció en este paciente).

- El paciente se recupera completamente (dentro de su situación basal) tal y como se refleja también en los informes del 061

como del SU.

En la situación basal del paciente destacar su grado funcional III de la NYHA con disfunción severa del ventrículo izquierdo (fracción de eyección

- El paciente toma medicación hipotensora habitualmente que justifica sus cifras bajas en la primera atención del 061 y en la

posterior en el SU.

- El paciente se encuentra ?asintomático? en la primera atención del 061, y se encuentra ?consciente, orientado y colaborador?

en la primera valoración realizada en el SU. En ningún caso se hace referencia a ninguna manifestación de focalidad neurológica,

ni tampoco a un deterioro de su nivel de conciencia, una vez recuperado del síncope.

Desde la perspectiva de nuestro servicio creemos que la actuación prestada fue la adecuada. Un paciente acude como consecuencia de descargas repetidas de su DAI. A su llegada al SU presenta nueva descarga

del DAI como consecuencia de una taquicardia ventricular a 230. Se decide administración de tratamiento e ingreso inmediato

en la Unidad de Coronarias.

A su ingreso en la Unidad Coronaria presenta las siguientes constantes TA 101/67, FC 65, 37.3ºC. Según la exploración física el paciente está eupneico, con buena perfusión periférica y buena tolerancia

al decúbito.

Lamentamos el desenlace fatal acontecido, pero consideramos adecuada la atención prestada al paciente en nuestro SU en todo momento?.

Pola súa banda, o informe do doutor Óscar Díaz Castro, xefe do Servizo de Cardioloxía, de data do 04.11.2015, comeza por recoller os antecedentes da historia cardiolóxica previa do paciente e, xa

con relación aos feitos que dan orixe á reclamación, sinala:

?El paciente que acude a urgencias el domingo 31 de agosto de 2014 por presentar en las últimas 48 horas varios episodios de

descarga de DAI. El primero la noche del viernes 29 de agosto y el último el día de su asistencia a urgencias al mediodía.

En las últimas 48 horas, además de las descargas del DAI presentó dos síncopes (uno el día del ingreso, segundos antes de

una descarga y otro el día anterior a las 2 horas de una descarga tras incorporarse tras haber estado acostado, con traumatismo

en el ojo derecho). Además refiere empeoramiento de su clínica de insuficiencia cardíaca con disnea paroxística nocturna.

A su llegada a Urgencias el paciente es valorado por los facultativos de guardia en dicho servicio sin que se describan datos exploratorios o sintomáticos sugerentes de afectación neurológica. Estando

en Urgencias presenta dos nuevos episodios de taquiarritmias ventriculares con mala tolerancia hemodinámica (hipotensión)

seguidos de descarga del DAI presenciados por médico de urgencias por lo que se administra de forma urgente medicación antiarritmica

y se solicita valoración por el Cardiólogo de Guardia.

A la vista de la situación y con el diagnóstico de tormenta arrítmica con descargas apropiadas de DAI (11 episodios registrados en el DAI) e insuficiencia cardíaca secundaria el paciente ingresa de

manera urgente en la Unidad de Coronaria de Cardiología para estabilización hemodinámica y eléctrica indicándose reposo absoluto,

sedación ligera con benzodiacepinas y antiarrítmico (amiodarona) en perfusión endovenosa continua sin que se describa en la

evolución inicial déficits neurológicos. En esta situación dada la inestabilidad cardiológica y la ausencia de datos iniciales

de complicaciones intracraneales los facultativos que atendieron al paciente consideraron prioritario la estabilización de

la patología cardiológica evitando desplazamientos y movilización del paciente.

De hecho durante el ingreso, a pesar del tratamiento el paciente presenta un nuevo episodio de taquicardia ventricular sostenida que requiere maniobras de reanimación cardiopulmonar con éxito.

Posteriormente estando en la Unidad Coronaria, bajo vigilancia y monitorización estricta, presenta a las 44 horas de su llegada a nuestro centro disminución del nivel de conciencia por lo que se solicita

TAC craneoencefálico urgente el que se informa de hemorragia intracraneal con hematomas parenquimatosos, discreta hemorragia

subaracnoidea, pequeño sangrado intraventricular, edema perilesional y un desplazamiento de 5 mm de la línea media por lo

que a la vista de los hallazgos del TAC se contacta con el servicio de Neurocirugía del Complejo Hospitalario de Vigo realizándose

traslado urgente en ambulancia medicalizada a dicho servicio para las medidas terapéuticas oportunas?.

No informe de alta do Servizo de Neurocirurxía Xeral, apartado ?Evolución?, recóllese que o paciente foi intervido con carácter urxente, practicándose craniotomía e evacuación do hematoma frontal,

que a evolución foi desfavorable, sen recuperar en ningún momento a conciencia, e que foi preciso realizar traqueostomía por

intubación prolongada, sendo éxitus, por parada cardiorrespiratoria, o día 27.09.2014.

Quinta.-

Como vai dito, os reclamantes non fixeron achega de elementos de proba que permitan acadar outra conclusión. Tampouco logo de que, en virtude do acordo de devolución consignado nos antecedentes, e

atendendo á pretensión formulada pola representación daqueles con ocasión do trámite de audiencia, se incorporasen ao expediente

en formato dixital, e non só en soporte papel, as probas de imaxe realizadas no curso do proceso de atención cuestionado,

e particularmente a relativa ao TAC realizado no CHOP o 02.09.2014.

Por outra banda, como resulta da historia clínica, as principais asistencias que recibiu o doente foron sempre de carácter urxente e derivadas do seu delicado estado de saúde; o traslado polo 061 dun

paciente portador dun DAI con cadro sincopal asociado a descargas, posteriormente na urxencia a administración de tratamento

antiarrítimico ante taquiarritmias con inestabilidade hemodinámica, algunha manobra de resucitación cardiopulmonar ante a

taquicardia ventricular sostida e finalmente a derivación urxente ao Servizo de Neurocirurxía ante o sangrado cerebral, de

xeito que en ningunha das referidas circunstancias era pertinente recabar o consentimento informado.

Evidentemente, o lamentable resultado producido, non abonda para sustentar a pretensión indemnizatoria esgrimida. Como é sabido, a sanitaria é unha prestación de medios, xenerosamente entendida en canto

á posta a disposición dos dispoñibles, pero suxeita sempre ás limitacións derivadas do coñecemento científico, así como do

curso dos procesos de saúde nos diferentes pacientes.

A proposta de resolución recolle axeitadamente estes argumentos e propón desestimar a pretensión analizada, con criterio sobre o que este Consello Consultivo amosa súa conformidade, por canto non

existe no expediente dato científico ningún que poña de manifesto a infracción dos protocolos médicos na atención prestada

a don A. no curso do proceso asistencial ao que se contrae a reclamación.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
Disponible

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente

Marta Joanna Gesinska

21.25€

20.19€

+ Información

El consentimiento informado en el ámbito médico (un enfoque comparado: España y Colombia)
Novedad

El consentimiento informado en el ámbito médico (un enfoque comparado: España y Colombia)

Ortiz Arciniegas, Emma Elvira

34.00€

32.30€

+ Información

Sobre Derecho sanitario
Disponible

Sobre Derecho sanitario

Eugenio Moure González

17.00€

16.15€

+ Información

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial
Disponible

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial

María Jesús Gallardo Castillo

22.05€

20.95€

+ Información

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información