Dictamen de Consello Cons...to de 2023

Última revisión
05/10/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 148 de 30 de agosto de 2023

Tiempo de lectura: 82 min

Tiempo de lectura: 82 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 30/08/2023

Num. Resolución: 148


Cuestión

Resolución de contratos

Resumen

Resolución do contrato administrativo de servizos ?redacción do Plan Especial de Protección do Casco Histórico (PEPCH) de Betanzos? subscrito entre a empresa E., S.L. e o Concello de Betanzos.

Organismo:

Concello de Betanzos (A Coruña)

Letrado:

Quintana Acebo

Propuesta:

Estimatoria

Conclusion:

Desfavorable

Relator:

Souto Souto

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 23.3.2023, a Xunta de Goberno Local do Concello de Betanzos, actuando como órgano de contratación en virtude de delegación outorgada

pola alcaldía, deu inicio ao expediente de resolución do contrato de servizos de ?redacción do Plan Especial de Protección do Casco Histórico (PEPCH) de Betanzos? adxudicado pola propia Xunta de Goberno Local á mercantil E., S.L. (4.12.2019) e formalizado un día despois.

No acordo de incoación invócanse como causas de resolución o incumprimento imputable ao contratista da obriga principal do

contrato, por non redactar un documento válido para a aprobación inicial, así como o incumprimento doutras obrigas esenciais

do contrato, en concreto o compromiso de adscrición de medios persoais e materiais (como a falta de creación da páxina web,

comprometida para canalizar a participación cidadá, e a oficina en Santiago de Compostela) e a adscrición de medios persoais

e presenza no Concello, fundamentalmente para a celebración de reunións entre o equipo redactor achegado pola contratista

e os técnicos municipais.

O acordo de inicio do expediente de resolución ten apoio principal en dous informes previos asinados polo arquitecto municipal

e a arquitecta da Oficina de Rehabilitación o de carácter técnico (7.2.2023), e polo secretario municipal ou de carácter xurídico (8.2.2023), ámbolos dous a requirimento do concelleiro delegado de área.

2.- No acordo que dá inicio ao expediente resólvese dar traslado da incoación do procedemento á empresa contratista e á entidade

avalista, para que no prazo de dez días hábiles puidesen formular as alegacións e presentar os documentos e xustificacións

que considerasen oportunos.

3.- Con data 31.3.2023, a mercantil adxudicataria presenta escrito de alegacións instando a declaración de caducidade do expediente, e subsidiariamente,

formulando oposición á resolución por incumprimento, con base nas argumentacións que desenvolve no referido escrito.

4.- Logo da emisión do informe de resposta ás alegacións asinado polo arquitecto municipal e a arquitecta da Oficina de Rehabilitación

(19.4.2023) e do informe do secretario municipal (20.4.2023), con data 25.4.2023 o alcalde do concello asina proposta de resolución no sentido de desestimar as alegacións presentadas pola contratista e

proceder á resolución do contrato por apreciar a existencia de incumprimento da obriga esencial do contrato.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, pola alcaldesa do concello

de Betanzos, tendo entrada neste organismo con data 26.4.2023.

6.- O 24.5.2023 a Sección de Ditames acordou, de conformidade co previsto no artigo 39.1 do noso Regulamento de organización e funcionamento

(Decreto 91/2015, do 18 de xuño, publicado no DOG núm. 124, do 3.7.2015), ampliar o período de emisión do preceptivo ditame

polo prazo de 15 días.

7.- Con data 31.5.2023 a Sección de Ditames acordou, ao abeiro do previsto no artigo 34.4 do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba

o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, devolver o expediente baseándose en determinados

fundamentos.

8.- O expediente de razón foi novamente remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, pola señora alcaldesa

do Concello de Betanzos, tendo entrada neste organismo con data 31.7.2023.

9.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

Sométese a ditame deste órgano consultivo unha proposta de resolución do contrato administrativo formalizado entre o Concello

de Betanzos e o E., S.L., para a redacción do Plan Especial de Protección do Casco Histórico.

O Consello Consultivo de Galicia resulta competente para a emisión do ditame a teor do establecido no artigo 12.g) da Lei

3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e no artigo 17.a) do seu Regulamento de organización e funcionamento,

aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por atinxir o expediente á resolución dun contrato administrativo no que se

formulou oposición por parte do contratista.

En efecto, no presente caso o ditame ten carácter preceptivo en aplicación do artigo 191.3.a) da Lei 9/2017, do 8 de novembro,

de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo

e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26.2.2014 (en diante, LCSP), de aplicación ao presente caso, que dispón que será

preceptivo o ditame do Consello de Estado ou órgano consultivo equivalente da Comunidade Autónoma respectiva nos supostos

de resolución de contratos, cando formule oposición o contratista. No mesmo sentido compre citar o artigo 321.3.a) da Lei

5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, de aplicación ao presente caso ao atoparnos ante un procedemento

de resolución dun contrato administrativo tramitado por unha entidade local.

Segunda.

Con carácter previo a un exame de fondo é necesario analizar o cumprimento dos requisitos procedementais esixibles para o

exercicio da prerrogativa de resolución contractual. Neste sentido cómpre lembrar, como faciamos en ditames precedentes como

o CCG 243/2020, CCG 19/2021, CCG 241/2021 que, conforme reiterada doutrina xurisprudencial, para o exercicio desta prerrogativa

debe tramitarse un procedemento autónomo dotado de substantividade propia, e non un mero incidente de execución do contrato

(por todas, a sentenza do Tribunal Supremo do 22.3.2012, rec. 6034/2009).

Respecto do prazo para resolver o dito procedemento, o artigo 212.8 da LCSP dispón que este tipo de expedientes deberán estar

instruídos e resoltos nun prazo máximo de 8 meses.

Con todo, no Boletín Oficial do Estado (en diante, BOE) número 97, do 23 de abril, publicouse a sentenza do Tribunal Constitucional

68/2021 do 18.3.2021, que resolve o recurso de inconstitucionalidade número 4261-2018, interposto polo Goberno de Aragón en

relación con diversos preceptos da LCSP, entre os que se atopa o citado artigo 212.8, que a dita sentenza declara non ser

conforme coa orde constitucional de competencias nos termos do fundamento xurídico 7.C).c), a teor do cal:

?[?] En cuanto a la extinción de los contratos, el art. 212.8 LCSP dispone que los expedientes de resolución contractual deberán

ser instruidos y resueltos en el plazo máximo de ocho meses. El tribunal considera fundada la pretensión del recurrente, por

cuanto se trata de una norma de naturaleza auxiliar y procedimental que no puede ser considerada básica. La regulación relativa

a la duración de la tramitación de los expedientes de resolución contractual podría ser sustituida por otra elaborada por

las comunidades autónomas con competencia para ello, sin merma de la eficacia de los principios básicos en materia de contratación

pública (STC 141/1993, FJ 5).

Por tanto, procede declarar contrario al orden constitucional de competencias al art. 212.8 LCSP. No se precisa pronunciar

su nulidad, dado que la consecuencia de aquella declaración es solamente la de que no será aplicable a los contratos suscritos

por las administraciones de las comunidades autónomas, las corporaciones locales y las entidades vinculadas a unas y otras

[SSTC 50/1999, FFJJ 7 y 8, y 55/2018, FFJJ 7 b) y c)] [?]?.

A mesma sentenza declara que o primeiro parágrafo do número 3 da disposición derradeira primeira da LCSP (relativo aos preceptos

da dita lei que revisten carácter básico) é conforme coa orde constitucional de competencias sempre que se interprete nos

termos do fundamento xurídico 10 da sentenza, conforme co cal:

?[...] Finalizado el examen y enjuiciamiento de los preceptos objeto de este proceso, se puede concluir que el párrafo primero

del apartado 3 de la disposición final primera es conforme con el orden constitucional de competencias, siempre que se entiendan

excluidos los artículos o partes de ellos que esta sentencia ha considerado normas no básicas. Esto es, no comprende aquellos

preceptos que, conforme a lo expuesto en los fundamentos jurídicos precedentes, son contrarios al orden constitucional de

competencias, por no tener carácter básico, y que, en consecuencia, no son aplicables a los contratos suscritos por las Administraciones

de las comunidades autónomas, las corporaciones locales y las entidades vinculadas a unas y otras [...]?.

En consecuencia, unha vez publicada a dita sentenza no BOE e, polo tanto, tendo a dita sentenza desde esa data efectos xerais

(artigo 38.1 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional), actualmente o artigo 212.8 da LCSP non

é un precepto básico e, polo tanto, non é aplicable aos expedientes de resolución contractual das entidades locais, como o

que nos ocupa, como así foi xa considerado por este Consello Consultivo en anteriores ditames, así os CCG 19/2021, CCG 241/2021.

Sendo así que ante a falta de carácter básico dese precepto e a ausencia dunha previsión autonómica reguladora do prazo para

resolver os procedementos de resolución de contratos, procede entender aplicable o prazo de tres meses previsto no artigo

21.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC),

tendo en conta a remisión á dita lei que contén a disposición derradeira cuarta da LCSP.

Deste xeito, aquel pronunciamento do Tribunal Constitucional leva consigo, polo tanto, unha volta á aplicación da doutrina

xurisprudencial previa favorable á aplicación do prazo supletorio de tres meses previsto na normativa estatal en materia de

procedemento administrativo común ante a falta de previsión dun prazo específico (por todas, as sentenzas do Tribunal Supremo

do 2.10.2007, rec. 7736/200; do 10.10.2007, rec. 7736/2004; do 9.9.2009, rec. 327/2008; ou do 22.3.2012, rec. 6034/2009);

doutrina seguida por este Consello Consultivo en numerosos ditames como, por exemplo, CCG 281/2009, CCG 218/2010, CCG 123/2013,

CCG 662/2013, CCG 294/2014 ou CCG 37/2016.

A maior abastanza, en virtude da mesma remisión á LPAC contida na disposición derradeira cuarta da LCSP e conforme coa mesma

doutrina xurisprudencial exposta, a consecuencia do transcurso do prazo máximo de tres meses sen ditar e notificar a resolución

nos procedementos iniciados de oficio será a caducidade do procedemento, conforme co actual artigo 25.1.b) da LPAC:

?Artigo 25. Falta de resolución expresa en procedementos iniciados de oficio.

1. Nos procedementos iniciados de oficio, o vencemento do prazo máximo establecido sen que se ditase e notificase resolución

expresa non exime a Administración do cumprimento da obriga legal de resolver, e producirá os seguintes efectos:

[...].

b) Nos procedementos en que a Administración exerza potestades sancionadoras ou, en xeral, de intervención, susceptibles de

producir efectos desfavorables ou de gravame, producirase a caducidade. Nestes casos, a resolución que declare a caducidade

ordenará o arquivamento das actuacións, cos efectos previstos no artigo 95.

[...]?.

Terceira.

Pois ben, no suposto que agora nos ocupa, o procedemento de resolución contractual que nos ocupa iniciouse o día 23.3.2023. Con ocasión da primeira remisión do expediente a este órgano consultivo, a proposta de resolución de data 25.4.2023 indicaba: ?de conformidade co artigo 22.1.d da Lei 39/2015, de 1 de octubre, de procedemento Administrativo Común das Administracións

Públicas, o prazo co que conta a Administración de tres meses desde o acordo de iniciación de resolución contractual para

resolver e notificar o procedemento suspendese pola solicitude do informe preceptivo ao Consello Consultivo de Galicia polo

tempo que medie entre a solicitude de petición que será comunicado ao contratista e avalista) e a recepción do informe por

parte da Administración?.

Segundo este precepto -artigo 22.1 da LPAC-, o transcurso do prazo máximo legal para resolver o procedemento e notificar a

resolución se poderá suspender, entre outros, no seguinte suposto:

?[?]

d) Cando se soliciten informes preceptivos a un órgano da mesma ou distinta Administración, polo tempo que medie entre a petición,

que deberá ser comunicada aos interesados, e a recepción do informe, que igualmente deberá ser comunicada a aqueles. Este

prazo de suspensión non poderá exceder en ningún caso de tres meses. No caso de non recibirse o informe no prazo indicado,

proseguirá o procedemento.

[?]?.

Dentro deste suposto contemplado na dita letra d) do artigo 22.1 da LPAC pode incluírse a solicitude de ditame ao Consello

Consultivo de Galicia se ben, como se ten advertido, entre outros, no CCG 206/2012, a previsión contida no dito precepto non

opera de xeito automático senón que é unha facultade do órgano de instrución que en todo caso require a adopción dun acordo

expreso ao respecto así como a comunicación ao interesado. Neste senso, tráese a colación a sentenza do Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia, de 20.9.2018, recurso 4073/2017, que refire no seu fundamento cuarto:

?La literalidad del precepto no determina una suspensión automática por el mero hecho de solicitar un informe preceptivo y

determinante del contenido de la resolución, sino que establece una mera posibilidad asociada a dicho supuesto, y además menciona

la exigencia de comunicar a los interesados la petición y la recepción del informe, para que el plazo de tramitación se pueda

considerar suspendido por el tiempo que medie entre la petición de informe y su recepción.

En concreto, la jurisprudencia ha venido exigiendo que se dicte un acto por el que se acuerde de forma específica y expresa

la suspensión del procedimiento. En este sentido Sentencia de la Sala Tercera del Tribunal Supremo de 19 de febrero de 2016

(casación 3371/2013 . Ponente: Excmo Sr. José Manuel Bandrés Sánchez-Cruzat) rechaza que la mera petición del informe tenga

eficacia interruptiva del plazo para resolver, añadiéndose en la Sentencia del Tribunal Superior de Justicia de Cataluña de

12 de julio de 2013 (RRCCA 378/2011 y acumulado 329/2012) que esta Sentencia del Tribunal Supremo confirma que " ... hay que

entender necesaria una decisión específica de suspensión. No es suficiente la mera petición del informe determinante en cuestión.

(...) La Administración debe resolver por lo tanto si en efecto el estado de tramitación permite obtener el informe sin necesidad

de suspensión, o bien la misma es necesaria; situación ésta en la que debe determinar el tiempo de suspensión. Finalmente

hay que considerar que la suspensión es una excepción al plazo máximo para resolver; aspecto éste que tiene su sentido en

tanto que garantía del interesado. Por lo tanto, considerando la cuestión desde la perspectiva subjetiva del interesado, el

principio de seguridad jurídica impone una decisión específica sobre la suspensión del plazo y las circunstancias de la misma,

así como la comunicación de esta situación al afectado a efectos de mantenerlo informado en lo que le afecta. Dicho en otras

palabras, si la Administración está formalmente obligada a comunicar inicialmente al afectado el plazo máximo de duración

del procedimiento - artículo 42.4 de la Ley 30/1992-, también lo está cuando modifique tal plazo. En definitiva, la incorporación

de informes preceptivos y determinantes al procedimiento permite la suspensión del plazo, aunque esa suspensión no es imprescindible

o consustancial a la citada eventualidad procedimental, de forma que la suspensión no puede considerarse producida eo ipso

por la mera solicitud del informe".

Xunto ao anterior, e polo que respecta ao cómputo do prazo de suspensión, debe terse en conta que o dies a quo ou día inicial do cómputo vén constituído pola data do rexistro de saída da petición de ditame, non pola data na que se acorda

a suspensión. Cómpre recordar, neste punto, o indicado ao respecto no CCG 139/2015 e CCG 179/2015, verbo da previsión similar

contida no artigo 42.5, letra c), da derrogada Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas

e do procedemento administrativo común* .

* Neste último ditame razoábase do seguinte xeito:

?A suspensión prevista no artigo 42.5 c) da LRXPAC prevese para os supostos nos que ?[?] deban solicitase informes que sean

preceptivos y determinantes del contenido de la resolución a órgano de la misma o distinta Administración, por el tiempo que

medie entre la petición, que deberá comunicarse a los interesados, y la recepción del informe, que igualmente deberá ser comunicada

a los mismos. Este plazo de suspensión no podrá exceder en ningún caso de tres meses?.

Á marxe da obriga de comunicación aos interesados desta suspensión (que si se produciu no caso que agora nos ocupa), o precepto

é claro ao establecer o intre no que se produce a suspensión. ?[?] por el tiempo que medie entre la petición? y la recepción

del informe [?]?.

Neste sentido se ten pronunciado o Consejo de Estado, entre outros, no seu ditame 318/2012, do 19 de abril: ?[?] interesa resaltar que el artículo 42.5.c) de la Ley 30/1992, de 26 de noviembre, de régimen jurídico de las administraciones

públicas y del procedimiento administrativo común, en el que se ha fundado la referida suspensión, prevé que esta se produzca

por el tiempo que medie entre la petición y la recepción del informe. Por consiguiente, el efecto suspensivo ha de entenderse

producido, no en la fecha en la que fue decretada la suspensión, sino en la de la orden de remisión del expediente al Consejo

de Estado?.

Nesta mesma liña se pronuncian tamén outros consellos consultivos; baste citar o ditame 9/2012, do 20 de febreiro, do Consejo

Consultivo de La Rioja ou o ditame 66/2014, do 5 de marzo, do Consejo Consultivo de Castilla-La Mancha.

Tamén a xurisprudencia referenda esta interpretación literal do precepto legal; baste destacar a sentenza do Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia do 18 de abril de 2013 ou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña do 12 de xullo de 2013.

Sinala a primeira destas sentenzas como ?Estas alegaciones no pueden ser acogidas porque el precepto últimamente citado prevé que el plazo se suspenda por el tiempo

que medie entre la petición de informe y la recepción por la Administración instructora del emitido, y para nada se refiere

a la notificación a los interesados para determinar el tiempo de suspensión. [?] La suspensión del plazo de tramitación del

procedimiento tuvo lugar el 22.03.2010, fecha en que se remitió la solicitud del informe al Consejo de Estado?.

E polo que respecta ao dies ad quem ou día final do cómputo, este vén constituído, como prescribe o propio artigo 22.1, letra d, da LPAC, pola data da recepción

do informe.

Ademais hai que ter en conta que para o caso concreto de solicitude de ditame ao Consello Consultivo de Galicia, como xa se

sinalou no CCG 139/2015, tal ditame insírese no procedemento administrativo inmediatamente antes da fase resolutoria ou de

decisión, tras a completa instrución do expediente e a audiencia ás persoas interesadas e logo da formulación da proposta

de resolución, debendo remitirse, xunto coa solicitude de ditame, toda a documentación necesaria para a súa emisión (como

prescribe o artigo 34, números 1 e 2, do Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, aprobado

polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño).

Como lóxica consecuencia do anterior, no caso de ausencia de documentación esencial para pronunciarse o Consello ou defectos

relevantes na instrución do procedemento, o artigo 34.4 do dito regulamento prevé a devolución do expediente ao organismo

de procedencia, interrompéndose o prazo para a emisión de ditame. Polo tanto, o precepto citado non prevé a formulación dun

requirimento de emenda nin de mellora, permanecendo entre tanto o expediente no Consello Consultivo de Galicia, senón a devolución

do expediente ao organismo de procedencia, ante a imposibilidade de que, á vista da documentación inicialmente remitida, o

Consello Consultivo poida formular un pronunciamento de fondo.

Pois ben, o feito de que esteamos neste caso ante un acordo de devolución reviste transcendencia desde a perspectiva da suspensión

do prazo para resolver xa que, unha vez recibido polo órgano de procedencia o correspondente acordo de devolución, debe entenderse

finalizada a suspensión que se puidese ter acordado con motivo da petición de ditame, e reiniciado o cómputo do prazo para

resolver. E iso porque, do contrario, isto é, de entenderse que a suspensión acordada con motivo da petición de ditame continúa

con posterioridade á emisión polo Consello Consultivo do acordo de devolución, estaría a abrirse paso a posibilidade de emprego

da suspensión contida no artigo 22.1.d) da LPAC para fins diferentes dos previstos no dito precepto (como, por exemplo, para

a realización de trámites de instrución cuxa omisión se poña de manifesto no acordo de devolución e que, per se, non poderían motivar a suspensión do prazo para resolver ao non ter cabida en ningún dos supostos taxados do artigo 22 da

LPAC). En consecuencia, trala recepción do acordo de devolución debe entenderse que se reinicia o cómputo do prazo para resolver

sen prexuízo da posibilidade de que, efectuada unha nova remisión ao Consello Consultivo aos efectos de emisión por este do

preceptivo ditame, poida acordarse a suspensión do prazo para resolver. En prol desta tese relativa a que o acordo de suspensión

do prazo para resolver pode acordarse con motivo da petición inicial de ditame e tamén con ocasión da petición posterior que

se efectúe tralo cumprimento do indicado nun acordo de devolución (o que implica, xa que logo, entender que tralo acordo de

devolución volve a correr o prazo para resolver) poden citarse os ditames do Consejo de Estado núm. 563/2013* e 960/2007*

.

*?[?] En el caso presente, el procedimiento de revisión de oficio se inició por acuerdo de 24 de septiembre de 2012 (punto quinto

de antecedentes). Por una nueva resolución de 20 de diciembre de 2012 se decidió ampliar el plazo durante tres meses más y

suspender su cómputo desde la consulta al Consejo de Estado, esto último en aplicación del artículo 42.5, letra c), de la

citada Ley 30/1992, de 26 de noviembre, que establece:

El transcurso del plazo máximo legal para resolver un procedimiento y notificar la resolución se podrá suspender en los siguientes

casos: [?] c) Cuando deban solicitarse informes que sean preceptivos y determinantes del contenido de la resolución a órganos de la misma

o distinta Administración, por el tiempo que medie entre la petición, que deberá comunicarse a los interesados, y la recepción

del informe, que igualmente deberá ser comunicada a los mismos. Este plazo de suspensión no podrá exceder en ningún caso de

tres meses.

Tras la ampliación del plazo para resolver hasta los seis meses, el procedimiento caducaba el 24 de marzo de 2013. Sin embargo,

el cómputo fue suspendido desde la petición de dictamen, que entró en el Consejo de Estado el 28 de enero de 2013, hasta la

solicitud de antecedentes de este Alto Cuerpo Consultivo, que entró en el Ministerio del Interior el 15 de febrero de 2013

(punto octavo de antecedentes), un total de dieciocho días. Si se suman estos días al 24 de marzo de 2013, parece evidente

que cuando se acordó la nueva suspensión del cómputo, el 24 de abril de 2013, el procedimiento ya había caducado [?]?.

*?[?]Vigésimo cuarto.- Remitido el expediente al Consejo de Estado, por oficio de su Presidente de 21 de febrero de 2007 se solicitó

que se completara con el trámite de audiencia a todos los propietarios de parcelas del sector, que se hallaban identificados

en el expediente, pues reunían la condición de interesados a tenor del artículo 31.1 de la Ley 30/1992, de 26 de noviembre,

ya citada [?].

[?] Vigésimo octavo.- La Alcaldesa-Presidenta del Ayuntamiento de Torrelavega reiteró su propuesta de resolución.

Y, en tal estado de tramitación, V.E. dispuso que se remitiera de nuevo el expediente al Consejo de Estado para dictamen,

haciendo constar la urgencia de la consulta. Tuvo entrada en este Alto Cuerpo Consultivo el 30 de abril de 2007.

[?] Establece el artículo 42.5 de la Ley 30/1992, de 26 de noviembre, tantas veces citada: "El transcurso del plazo máximo legal

para resolver un procedimiento y notificar la resolución se podrá suspender en los siguientes casos: [?] c) Cuando deban solicitarse informes que sean preceptivos y determinantes del contenido de la resolución a órganos de la

misma o distinta Administración, por el tiempo que medie entre la petición, que deberá comunicarse a los interesados, y la

recepción del informe, que igualmente deberá ser comunicada a los mismos. Este plazo de suspensión no podrá exceder en ningún

caso de tres meses".

De la propia lectura del precepto se infiere que la suspensión del plazo del procedimiento no se verifica de modo automático

ni necesario. Se trata de una potestad de la Administración que instruye el procedimiento, que puede hacerlo o no al amparo

de la ley. En el asunto consultado no ha existido ningún acuerdo de suspensión del procedimiento de revisión de oficio, ni

con ocasión de la primera consulta al Consejo de Estado ni con ocasión de la presente. En consecuencia, no puede considerarse

suspendido el plazo del procedimiento. Ha de entenderse, pues, incurso en caducidad [?]?.

No mesmo sentido tamén pode citarse a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid núm. 238/2014, do 29 de decembro,

recurso núm. 996/2013.

Cuarta.

Trasladando as consideracións que preceden ao presente caso, tal e como se desprende dos antecedentes deste ditame, o acordo

de inicio do procedemento de resolución contractual data do 23.3.2023. Agora ben, o devandito prazo foi obxecto de suspensión con obxecto da primeira solicitude de ditame a este órgano consultivo.

Esta suspensión foi expresamente acordada pola Alcaldía do Concello de Betanzos, a petición de ditame formulouse mediante

o oficio da Alcaldía, sendo a data do rexistro de saída da dita petición o 26.4.2023. E, polo que respecta ao dies ad quem do prazo da suspensión, este está constituído pola data da recepción polo concello do acordo de devolución do 31.5.3023.

Con posterioridade ao dito acordo de devolución, completáronse as actuacións e ditouse unha nova proposta de resolución, sen

que conste no expediente que, con ocasión da nova remisión do expediente a este órgano consultivo, se adoptase un acordo de

suspensión do prazo para resolver ao abeiro do artigo 22.1.d) da LPAC.

Deste xeito, no momento en que tivo entrada neste Consello, o 31.7.2023, o presente expediente xa estaba caducado por ter transcorrido o prazo máximo de tres meses desde o acordo de incoación.

E iso aínda que se considera suspendido o prazo para resolver en virtude do disposto na primeira proposta de resolución do

25.4.2023, pois tal suspensión estenderíase só desde a data do rexistro de saída do expediente para a súa remisión a este órgano consultivo,

que tivo lugar o 26.4.2023, ata a recepción do acordo de devolución do 31.5.2023; recepción da que non hai constancia no expediente pero que de acordo coa documentación presentada se sitúa nesa data (sobre

as regras do cómputo do prazo de suspensión, entre outros, vid. CCG 139/2015 e CCG 179/2015).

Procede, en consecuencia, que por parte do concello se proceda á declaración de caducidade do procedemento, sen prexuízo de

que, unha vez producida a dita declaración expresa (como sinala a sentenza do Tribunal Supremo do 3.12.2020, Rec. 8332/2019)

poida iniciarse un novo procedemento ao que poderán incorporarse os actos e trámites cuxo contido se mantería igual de non

terse producido a caducidade, debendo en todo caso cumprirse nese novo procedemento coas garantías de contradición, tal e

como prescribe o artigo 95.3 LPAC.

Dispón a dita sentencia, no seu fundamento segundo que:

?(?) En suma, de lo expuesto, en tanto no se haya dictado la resolución expresa declarando la terminación del procedimiento

por caducidad, el procedimiento en que se ejerciten potestades de gravamen, ha de considerarse vigente, por más que hubiese

transcurrido el plazo de caducidad, porque no es el mero transcurso del plazo el que genera la terminación del procedimiento

--será su presupuesto--, sino la resolución que así lo ordena (?)?.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ditamina:

?Que informa desfavorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Ley de Contratos del Sector Público - Código comentado (DESCATALOGADO)
Disponible

Ley de Contratos del Sector Público - Código comentado (DESCATALOGADO)

José Luis Gil Ibáñez

59.45€

14.86€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Contratos del sector público
Disponible

Contratos del sector público

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información