Dictamen de Consello Cons...de de de

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 148 de de de

Tiempo de lectura: 59 min

Tiempo de lectura: 59 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 01/01/1970

Num. Resolución: 148


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por G. polos danos sufridos como consecuencia dunha caída por mor dunhas lastras soltas e fora do seu sitio na rúa Méndez Núñez no Concello de As Pontes de García Rodríguez.

Organismo: As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

Letrado: López Guizán

Propuesta: Parcialmente estimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Costa Pillado

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- O 18.11.2020 G. interpón ante o Concello das Pontes de García Rodríguez unha reclamación de responsabilidade patrimonial

por mor da caída por el sufrida o 3.3.2018 na rúa Méndez Núñez.

Segundo o escrito reitor da reclamación, ? ... en fecha 3 de marzo de 2018 sufrí una caída en la calle Méndez Núñez de este Ayuntamiento, como consecuencia del mal estado

en que se encontraba la acera en ese sitio, estando varios adoquines sueltos y fuera de lugar?.

A indemnización solicitada polos danos e secuelas sufridas ascende a 106.252 ?.

2.- O 24.11.2020 o interesado foi requirido pola instrución para a achega da documentación médica acreditativa das lesións sufridas

e do seu alcance, para a xustificación do cálculo da indemnización solicitada e para a proposición da proba da que pretendese

valerse, con identificación das persoas que puidesen ter presenciado os feitos.

3.- O 9.12.2020 o reclamante achegou diversa documentación clínica relativa ás lesións sufridas e a resolución do 25.11.2019 da

Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social pola que se lle declarou en situación de incapacidade permanente

total para a súa profesión habitual.

Así mesmo solicitou a práctica de proba testemuñal a P. e elevou a súa pretensión indemnizatoria a 114.789 ?.

4.- Na instrución do procedemento incorporouse ao mesmo:

- Alegacións realizadas pola entidade aseguradora do Concello, M., S.A., o 13.1.2021.

- Informe xurídico do 2.2.2021.

- Certificación da Secretaría do concello do 2.2.2021, relativa ao informe da Dirección da obra ?Reposición de saneamento na rúa Antonio Machado e reposición de abastecemento nas rúas Monte Caxado e Méndez Núñez?.

- Informe da Policía Local do 4.2.2021.

- Informe do técnico municipal de Vías e Obras do 4.2.2021.

- Práctica da proba testemuñal a P. do 12.2.2021.

- Avaliación económica dos danos e secuelas realizada polos servizos médicos da entidade aseguradora M., S.A. o 15.2.2021.

5.- O 19.2.2021 deuse trámite de audiencia ao reclamante.

Este, o 12.3.2021, formulou alegacións nas que elevou a súa pretensión indemnizatoria a 180.318 ? con base nun informe médico - pericial de avaliación do dano corporal asinado polo doutor S. o

10.3.2021.

6- Previo requirimento do Concello, a entidade aseguradora M., S.A. achegou o 16.3.2021 un informe médico - pericial de avaliación

de danos asinado polo doutor T. o 12.2.2021.

7- Ante a diferenza existente entre a avaliación dos danos e secuelas do informe pericial achegado polo reclamante e do informe

pericial da aseguradora M., S.A., o 23.3.2021 o concello solicitou do doutor O. a emisión dun ditame médico ? pericial relativo

aos danos e secuelas derivados da caída do reclamante.

O dito informe foi emitido o 20.4.2021.

8.- O 28.4.2021 deuse un novo trámite de audiencia ao reclamante.

Este, o 7.5.2021, formulou alegacións nas que solicitou unha indemnización de 180.318 ? ou, subsidiariamente, de 146.707,75 ?.

9.- O 13.5.2021 ditouse unha proposta de resolución no sentido de estimar parcialmente a reclamación presentada na contía de 115.977,85

?.

10.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor alcalde das Pontes

de García Rodríguez, tendo entrada neste organismo o 20.5.2021.

Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial presentada ante un Concello por contía superior a 15.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española (en diante, CE), pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións

públicas (en diante, LPAC), aspectos procedementais; e, polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico

do sector público (en diante, LRXSP).

Tratándose neste caso da eventual responsabilidade patrimonial dunha entidade local, debe traerse a colación o artigo 54 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (en diante,

LBRL), a teor do cal: ?As entidades locais responderán directamente dos danos e prexuízos causados aos particulares nos seus bens e dereitos como

consecuencia do funcionamento dos servizos públicos ou da actuación das súas autoridades, funcionarios ou axentes, nos termos

establecidos na lexislación xeral sobre responsabilidade administrativa?.

En sentido similar pronúnciase o artigo 223 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.

O Concello das Pontes de García Rodríguez tramitou correctamente o procedemento de responsabilidade patrimonial, quedando constancia no expediente remitido da realización dos actos de instrución necesarios,

da práctica das probas que se consideraron pertinentes, da concesión do trámite de audiencia, tanto ao reclamante coma á aseguradora

municipal, e da formulación da correspondente proposta de resolución.

Terceira.

No que atinxe aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e que veñen sendo reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden

salientarse catro acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP).

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 LRXSP).

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002, recurso núm. 4012/1998).

Cuarta.

Entrando no exame do fondo do asunto, cómpre, por mandato legal ? artigo 81.2 da LPAC - e polo que ao presente ditame se refire, a verificación da existencia, ou non, dunha relación de causalidade

entre o funcionamento do servizo e a lesión producida, para o que é preciso partir da previa constatación dun dano, como ocorre

no presente caso, no que se xuntan ao expediente informes da asistencia sanitaria prestada ao señor G., nos que se recollen

as lesións sufridas polo interesado, sinaladamente unha fractura conminuta do terzo distal do úmero dereito.

Con todo, a constatación deste dato non é suficiente para apreciar a existencia de responsabilidade administrativa, sendo necesario xustificar a presenza dun vínculo causal que enlace o dano padecido co

funcionamento dun servizo público, o que esixe, por principio, a demostración de que a caída se produciu, efectivamente, nas

circunstancias indicadas polo reclamante, e que estas determinan a existencia dun vínculo causal entre o dano e o funcionamento

do servizo asumido pola administración á que aquel se imputa, cal é o servizo público viario recollido nos artigos 25 da LBRL

e 81 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia. A este respecto cómpre sinalar que a Administración

ten o deber ineludible de manter as vías que estean abertas á circulación pública de xeito tal que estea garantida en calquera

momento a seguridade persoal daqueles que as utilicen, o que implica o recoñecemento en favor destes dun principio de confianza

sobre as condicións obxectivamente aptas da vía para estes fins; e este deber obriga á Administración a reparar as consecuencias

danosas dos eventos fortuítos que signifiquen unha creba das condicións de seguridade que aquela está obrigada a garantir

(neste sentido, por todos, o CCG 1/2021).

Nesta tesitura, o exame do presuposto relativo á conexión causal do dano cun deficiente funcionamento do servizo público radica nunha cuestión probatoria a dilucidar a partir daquela regra xeral, recollida

en numerosos ditames deste Consello Consultivo (por todos eles, vide o CCG 429/2018 e 140/2021), segundo a que a carga da

proba da existencia dun dano avaliable economicamente e singularizado e a súa conexión causal co funcionamento dalgún servizo

público corresponde certamente á parte reclamante, e a dos feitos impeditivos da pretensión (forza maior, culpa do prexudicado,

etc...) á Administración (artigo 217 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, en diante, LAC). En idéntico sentido

se pronuncia a xurisprudencia do Tribunal Supremo, que, con carácter xeral, acolle o principio de que a carga da proba da

existencia dos danos e da relación de causalidade co servizo público corresponde á parte reclamante (entre outras, as sentenzas

do Tribunal Supremo do 4.11.1997, recurso núm. 3594/1993, e do 30.10.1999, recurso núm. 5696/1995).

Pois ben, no suposto que agora nos ocupa, o reclamante, en apoio da súa pretensión indemnizatoria, solicitou a práctica de proba testemuñal á persoa que o acompañaba no intre da súa caída, debendo salientarse

que a testemuña referiu na súa declaración como o estado da beirarrúa da rúa Méndez Núñez pola que ían paseando, arredor das

19:30 horas, ?era malo y había adoquines o baldosas sueltas o fuera de lugar?, sendo esta a causa da caída do Sr. G. (?por la existencia de un desnivel en la acera y el acusado deterioro de la misma?).

Estas afirmacións da testemuña proposta polo reclamante, como sinala a proposta de resolución do 13.5.2021, non poden verse desvirtuadas polo feito de que aquela refira coñecer ao reclamante pois, como

ten sinalado este Consello Consultivo (por todos, o CCG 204/2020), isto comportaría situar ao reclamante no transo de demostrar

que o evento que trata de probar foi presenciado por terceiras persoas descoñecidas, ou aínda máis, esixir que o evento se

produza en presenza daquel tipo de persoas.

Ademais, estas afirmacións da testemuña non chegaron a ser rebatidas pola Administración actuante, que non puido acreditar o correcto funcionamento do servizo público viario, sendo así que, en virtude

do principio de facilidade probatoria consagrado no artigo 217.7 da LAC, é á Administración á que lle corresponde acreditar

o axeitado mantemento das beirarrúas en canto espazos destinados ao tránsito peonil. Neste sentido pode citarse, entre outras,

a sentenza do Tribunal Supremo do 11.2.2013, recurso núm. 5518/2010.

Refire a precitada sentenza como ?En el presente caso ha de tenerse en cuenta que la Administración recurrente no ha intentado ni siquiera acreditar los hechos relativos al funcionamiento estándar o normal

del servicio público de vigilancia, mantenimiento y conservación de la carretera de su titularidad, y la forma concreta en

que se prestó tal servicio en el tiempo inmediatamente anterior a que se produjera el accidente, a fin de conocer si las circunstancias

de organización y funcionamiento del servicio de vigilancia y de mantenimiento fueron conformes o no a los estándares razonablemente

exigibles. Como decíamos en un asunto relativamente similar al presente, en la sentencia de 3 de diciembre de 2002 (recurso

38/2000), sobre caída de una motocicleta por la presencia de líquido deslizante en la calzada, de acuerdo con los principios

que reparten entre las partes la carga de la prueba, corresponde a la Administración acreditar "aquellas circunstancias de

hecho que definen el standard de rendimiento ofrecido por el servicio público para evitar las situaciones de riesgo de lesión

patrimonial a los usuarios del servicio derivadas de la acción de terceros y para reparar los efectos dañosos producidos por

los mismos, sin que conste siquiera que la función de mantenimiento de la carretera se haya realizado, en la zona en que se

produjo el accidente, en la forma habitual y correcta, prueba cuya carga no puede trasladarse al recurrente, siendo así que

en el presente caso ha de aplicarse el principio de facilidad probatoria y, en definitiva, a la Administración le correspondía

acreditar que, con los medios que disponía resultaba imposible evitar hechos como el producido y, en definitiva, proceder

a la limpieza de la vía pública o a la colocación de señales que indicarán la peligrosidad del pavimento?.

Deste xeito, dos distintos informes recadados pola instrución non resulta acreditado, como admite a proposta de resolución do 13.5.2021, aquel axeitado funcionamento do servizo público viario, recoñecendo

o técnico municipal no seu informe do 10.2.2021 que os lastros que existían no intre dos feitos na beirarrúa ?é un material que se desprende con facilidade, podendo ocorrer que non se informara ao concello de tal anomalía na beirarrúa,

tendo en conta, ademais, que é unha vía escasamente transitada?. Ademais, o técnico informante tamén refire no seu informe que non se realiza unha inspección periódica do estado das beirarrúas,

o que, unido ao escaso tránsito peonil do lugar que vén de apuntarse, fai plausible a realidade dun mal estado do lugar, que

non foi advertido, nin polo tanto reparado, ou cando menos sinalizado, polos servizos do Concello, ata o intre da caída do

agora reclamante:

?... este departamento de Obras e Servicios non efectúa a inspección sistemática e programada do estado dos viais e das beirarrúas

como sería desexable, ao non ter asignado persoal para este labor. O servizo actúa ?ex post facto?, ao ter coñecemento, normalmente

por informar os veciños da ocorrencia do sinistro?.

Esta circunstancia relativa á falta dunha inspección das beirarrúas polo Concello malia tratarse dun espazo destinado á deambulación dos peóns, unida ás afirmacións da testemuña, quen refire a existencia

de lastros soltos no lugar e sen sinalizar como causa da caída do reclamante, obriga, xa que logo, a concluír na existencia

dun deficiente funcionamento do servizo, coa conseguinte declaración de responsabilidade do Concello polos danos e secuelas

ocasionados ao señor G.

Quinta.

Resta, por último, facer un expreso pronunciamento sobre a avaliación económica dos danos producidos e, conseguintemente, sobre o quantum indemnizatorio a satisfacer ao reclamante.

A este respecto cómpre sinalar que no expediente remitido constan tres informes periciais de avaliación dos danos de carácter persoal: o informe médico ? pericial asinado polo doutor S. e achegado polo

reclamante, o informe médico - pericial realizado polo doutor T. a solicitude da entidade aseguradora do Concello, e o informe

médico - pericial asinado polo doutor O. e solicitado polo Concello ante a enorme diferencia que existe na avaliación dos

danos e secuelas que realizan os informes achegados polo reclamante e pola entidade aseguradora.

Ante a diverxencia da valoración dos tres informes periciais que figuran no expediente hai que lembrar que, de conformidade co artigo 77.1 da LPAC, a valoración das probas no procedemento administrativo

se realizará de acordo cos criterios establecidos na LAC. ). E o artigo 348 desta norma establece a valoración de ?los dictámenes periciales según las reglas de la sana crítica?. Este principio de valoración da proba conforme ás regras da sa crítica significa que non existen regras preestablecidas

para a ponderación das probas, polo que o aplicador do dereito ten unha maior liberdade valorativa, o que non comporta unha

apreciación arbitraria ou contraria ás regras da lóxica ou á común experiencia (neste sentido, o CCG 290/2020). Así, o Tribunal

Supremo, na súa sentenza do 12.2.2018, rec. 2386/2016, sinalou que ?a la hora de valorar los dictámenes periciales debe prestarse una atenta consideración a elementos tales como la cualificación

profesional o técnica de los peritos, la magnitud cuantitativa, la clase e importancia o dimensión cualitativa de los datos

recabados y observados por el perito, las operaciones realizadas y medios técnicos empleados, y en particular, el detalle,

la exactitud, la conexión y resolución de los argumentos que soporten la exposición, así como la solidez de las declaraciones?.

Pois ben, logo do exame destes tres informes e da documentación clínica do Sr. G., o primeiro que debe sinalarse é que, contra

o sinalado no informe pericial da aseguradora, non existe ningún dato que avale a hipótese de que a intervención realizada

o 18.10.2019, para o tratamento cirúrxico dunha fractura periimplante de úmero distal, non responde ao tratamento dunha complicación

da fractura de úmero inicial sufrida polo reclamante por mor da súa caída do 3.3.2018. Neste sentido, da mera circunstancia

indicada no informe do doutor T. relativa a que ?el lesionado estuvo varios meses en centro para deshabituación etanol? non pode tirarse sen máis a consecuencia da ruptura do nexo de causalidade daquela segunda intervención cirúrxica coa lesión

derivada da caída. Verbo da valoración destas dúas intervencións, o informe pericial do doutor S. e o informe pericial do

doutor O. coinciden en configuralas como cirurxías do grupo V no Nomenclator da Organización Médica Colexial, correspondéndolles,

a xuízo do doutor O., un 50% do valor máximo da indemnización por este concepto.

Por outra banda, da documentación clínica achegada tamén se desprende como, logo da primeira intervención do 4.3.2018, o Sr. G. seguiu en revisión no Servizo de Traumatoloxía do Complexo Hospitalario

Universitario de Ferrol (CHUF) e a tratamento rehabilitador ata o 31.1.2019 (non ata o 27.3.2019, como sinala o interesado

no seu escrito do 7.5.2021). Dende esta data do 31.1.2019 non hai constancia de ningún tratamento médico ou farmacolóxico

ata o 10.10.2019, cando se lle diagnosticou unha fractura periimplante de úmero. De aí a procedencia de rebaixar os 817 días

de prexuízo persoal que reclama o interesado con base no informe pericial do doutor G., cinguindo aqueles a 423 días, correspondentes

aos períodos comprendidos entre o 4.3.2018 e o 31.1.2019 e entre o 10.10.2019 e o 5.2.2020, data esta última na que o Servizo

de Traumatoloxía do CHUF entende as secuelas estabilizadas. Destes 423 días, como considera o informe do doutor O., 15 días

poden cualificarse como de prexuízo persoal grave (do 4.3.2018 ao 15.3.2018 e do 17.10.2019 ao 21.10.2019, días correspondentes

á estancia hospitalaria das dúas intervencións) e 408 de prexuízo persoal moderado.

Xa polo que atinxe á valoración das secuelas que lle restan ao reclamante, a xuízo deste órgano consultivo resulta máis axustada a avaliación contida no informe pericial do doutor O., avaliación realizada

logo da exploración clínica do paciente e que cifra aquelas secuelas na presenza de material de osteosíntese (4 puntos), unha

limitación de flexión e extensión do cóbado (13 puntos), unha lesión incompleta do nervio radial (3 puntos), unha lesión incompleta

do nervio cubital (10 puntos, logo de corrixido o erro no informe pericial tralo escrito de alegacións do interesado do 7.5.2021)

e un prexuízo persoal básico estético moderado (10 puntos). Verbo desta última secuela debe notarse que unha cicatriz, aínda

que extensa, no brazo e fóra, xa que logo, da zona facial, non xustifica a súa configuración como un prexuízo estético medio

cunha valoración de 17 puntos, como sostén o informe pericial achegado polo reclamante.

Noutra orde de cousas, polo que atinxe ao prexuízo persoal particular por perda da calidade de vida, debe notarse que a incapacidade laboral do Sr. G., como resulta do ditame proposta do Instituto Nacional

da Seguridade Social do 21.11.2019, non se debe exclusivamente ás lesións derivadas da caída. Ademais, segundo pon de manifesto

o informe pericial do doutor O., o reclamante non ten limitacións para as actividades básicas da vida diaria, o que obriga

a cualificar aquela perda de calidade de vida como leve ? moderada, e non como moderada, como a cualifica o perito do reclamante.

Para rematar, e polo que atinxe ao lucro cesante, o reclamante solicitou nos seus escritos de alegacións do 12.3.2021 e do 7.5.2021 un importe de 8.319 ? por este concepto. No entanto, a proposta de

resolución do 13.5.2021 recoñece un importe de 9.114 ? ao sinalar que a contía solicitada polo interesado ?trátase dun erro, xa que esa contía é a establecida para unha idade de 51 anos para o ingreso neto de até 15.000 ?/ano?. Ao respecto procede sinalar que, dado que a contía fixada polo interesado debe operar en todo caso como límite máximo en

virtude do principio de congruencia (neste sentido, o CCG 243/2014 e 246/2014), a indemnización correspondente a este concepto

haberá de reducirse ao solicitado polo reclamante nos seus escritos do 12.3.2021 e do 7.5.2021.

Atendendo, xa que logo, á determinación e avaliación dos danos e perdas que vén de referirse, e empregando analoxicamente o baremo contido no anexo do Real decreto lexislativo 8/2004, do 29 de outubro,

polo que se aproba o Texto refundido da Lei sobre responsabilidade civil e seguro na circulación de vehículos a motor, modificado

pola Lei 35/2015, do 22 de setembro (neste sentido, por todas, a sentenza do Tribunal Supremo do 3.12.2012, rec. 815/2012),

procede recoñecer ao reclamante unha indemnización de 115.182,85 ?. Esta contía haberá de ser actualizada nos termos previstos

no artigo 34.3 da LRXSP.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución estimatoria parcial á que o presente expediente se refire, se ben a contía na que debe ser indemnizado o reclamante é a sinalada na consideración quinta

deste ditame?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Delitos al volante. Paso a paso
Disponible

Delitos al volante. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

16.15€

15.34€

+ Información

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso
Disponible

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

La prueba pericial en el proceso civil
Disponible

La prueba pericial en el proceso civil

Belhadj Ben Gómez, Celia

21.25€

20.19€

+ Información

El contrato de seguro. Elementos, forma y obligaciones de las partes
Disponible

El contrato de seguro. Elementos, forma y obligaciones de las partes

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Responsabilidad civil derivada del uso de vehículos a motor. Paso a paso
Disponible

Responsabilidad civil derivada del uso de vehículos a motor. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

17.00€

16.15€

+ Información