Dictamen de Consello Cons...yo de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 139 de 16 de mayo de 2017

Tiempo de lectura: 44 min

Tiempo de lectura: 44 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 16/05/2017

Num. Resolución: 139


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona S., polos danos e perdas por mor das infiltracións recibidas

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Corral

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Blanco Serrano

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 12.04.2016 dona S. interpón unha reclamación de responsabilidade patrimonial contra o Servizo Galego de Saúde por

mor das dores que padeceu logo das infiltracións recibidas os días 9 de marzo e 13 de abril do ano 2015 no Complexo Hospitalario

de Pontevedra.

A accionante dá conta dos seguintes feitos no seu escrito de reclamación:

?[?]

Cuando acudo a la primera de las citas (9 de marzo), me hacen varias punciones, me dolió muchísimo, tuvieron que parar varias veces. Como consecuencia de ello estuve una semana completa en casa, sin poder

moverme. Como efecto, además, empecé a hincharme de forma considerable, cara incluida.

En la segunda de las citas para infiltración epidural (13 de abril) la cosa no sólo no mejoró sino que empeoró considerablemente: nada más pincharme la primera de las veces noté un dolor muy fuerte y agudo

en toda la pierna. Me mareé y me desmayé. Tuvieron que ponerme incluso oxígeno. Yo les decía que parasen y lo que me decía

la médico (que no sé si era titular o residente), era que el problema es que estaba nerviosa. Estaba nerviosa, claro, pero

el problema no era ése sino el dolor tan agudo que sentía, ya directamente en las piernas. Cada vez que me pinchaba -mal pinchada-

el dolor era insoportable. Por eso me mareé y me desmayé. Entré en quirófano a las 10 am, aproximadamente, y a las 11 ya me

había desmayado dos veces.

Finalmente vino otra médico (que supongo que sería la titular), y me pinchó ella. Y con ese pinchazo no hubo problema.

Desde esta segunda sesión ya no he vuelto a recuperarme. He perdido prácticamente toda la movilidad. Estoy coja y me muevo sólo con muletas. No he podido volver a hacer mi labor de cuidadora de

ancianos a domicilio, ya que ni tan siquiera puedo hacer cosas tan elementales como barrer, tender la ropa, agacharme en absoluto

[?] Tanto así que, de hecho, la tercera de las sesiones de punción no me la pudieron hacer. El médico dijo que así como estaba

no se podía. Que previsiblemente me pincharon el nervio ciático y que por eso estaba tan hinchada y dolorida.

[?]?.

A reclamante non fai unha avaliación económica da súa pretensión indemnizatoria, invocando a súa carencia de medios económicos para pagar un informe médico que recolla e valore as secuelas

que invoca, malia o que, tendo en conta que, segundo manifesta, a entidade destas a incapacitaría mesmo para atender ao coidado

da súa casa e da súa filla menor de idade, cabe entender que a responsabilidade reclamada excedería da contía de 30.000,00

? que determina o carácter preceptivo do noso ditame.

2.- Instruído o procedemento conforme o Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, e logo da súa posta de manifesto en trámite de

audiencia, sen que pola reclamante se formulasen novas alegacións, con data 02.02.2017 a instrutora do procedemento elaborou

unha proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, e tivo entrada neste organismo con data 19 de abril de 2017.

4.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do presente ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do Decreto

91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o seu Regulamento de organización e funcionamento, por tratarse dunha reclamación

de responsabilidade patrimonial interposta contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.-

O dereito dos particulares a seren indemnizados pola Administración de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que aquela lesión sexa consecuencia

do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, responde a un principio de responsabilidade obxectiva recollido

no artigo 106 da Constitución española. Ademais o réxime xurídico da reclamación de responsabilidade patrimonial, contense

nos artigos 139 e seguintes da Lei de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común

(en adiante, LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, que regula o procedemento das reclamacións de responsabilidade patrimonial

(normativa aplicable segundo o disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Con todo, non se cumpriu o prazo de notificación da resolución administrativa por ditar, por canto a reclamación foi interposta na data do 30.03.2016, circunstancia esta que deberá ser evitada na tramitación

de futuros expedientes.

Terceira.-

Como se sabe é reiterada a doutrina e a xurisprudencia que, partindo de que os artigos 139 e seguintes da LRXPAC, se inspiran no principio de responsabilidade obxectiva, considera como elemento esencial,

que non único, para que a reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración prospere, a existencia dun nexo causal

directo e inmediato entre a actuación da Administración e a lesión producida. Por outra parte para que a lesión poida ser

resarcible, ten que demostrarse a efectiva realización dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado

en relación cunha persoa ou grupo de persoas. En definitiva, para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba

dunha causa concreta que determine o dano e a conexión entre a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría a

responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo

de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde o na vida do enfermo xa

que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente. Así pois,

só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os devanditos prexuízos non son imputables á Administración

e non terían a consideración de antixurídicos polo que deberán ser soportados polo prexudicado.

A existencia deste criterio da lex artis baséase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados, é dicir,

a obriga se concreta en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo. Estamos ante

un criterio de normalidade dos profesionais sanitarios que permite valorar a corrección dos actos médicos e que impón ao profesional

o deber de actuar conforme coa dilixencia debida; criterio que é fundamental pois permite delimitar os supostos nos que verdadeiramente

pode haber lugar a responsabilidade esixindo que non só exista o elemento da lesión senón tamén a infracción do repetido criterio;

prescindir do mesmo levaría consigo unha excesiva obxectivización da responsabilidade que podería declararse coa única esixencia

de existir unha lesión efectiva, sen necesidade de demostración da infracción do criterio de normalidade.

Cuarta.-

Tendo en conta os elementos que se acaban de describir e pasando a examinar o fondo da reclamación presentada, resulta preciso determinar de acordo coas previsións do artigo 12.2 do Real decreto 429/1993,

do 26 de marzo, se no caso que se nos presenta a exame, existe relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e

a lesión aducida, por ser este o primeiro presuposto para a imputación, en réxime obxectivo, da responsabilidade por normal

ou anormal funcionamento do servizo público.

Isto esixe, en todo caso, unha análise da historia clínica e informes incorporados ao expediente, por canto, como ten sinalado este Consello Consultivo en numerosos ditames (entre outros, o CCG

368/05), son estes informes os que achegan as valoracións técnicas, debendo este órgano limitarse á súa subsunción en categorías

xurídicas.

En suma, a cuestión relativa á corrección da asistencia sanitaria prestada á paciente, convértese nun thema probandi, polo que a carga da proba da existencia do dano, así como a súa conexión causal co funcionamento do servizo público, corresponderá

á parte reclamante, en tanto que a dos feitos impeditivos da pretensión recaerá sobre a Administración (artigos 217 da Lei

de axuizamento civil, e 5.3 e 6.1 do RPAPRP).

Debe matizarse, non obstante, que aínda que a proba incumbe a quen reclama, e posto que a actividade que desenvolve a Administración está presidida polo interese xeral, e suxeita a esixencias de obxectividade

e imparcialidade, esta debe orientarse ao esclarecemento da verdade material, o que supón desprenderse de calquera actitude

pasiva que impida o cabal coñecemento dos feitos que poidan sustentar a atención ou rexeitamento, nun acto debidamente motivado,

das pretensións dos particulares.

Pois ben, a análise da proba practicada, dende a óptica dos criterios de reparto da súa carga expostos na consideración precedente, permite constatar, ante todo, que en ningún momento ao longo da

tramitación do expediente, a reclamante fixo achega, ou instou a práctica, de calquera proba, particularmente de carácter

pericial, que permita cuestionar eficazmente a adecuación á lex artis da asistencia que lle foi prestada, sendo os únicos

elementos de xuízo dos que dispomos para abordar esta cuestión, a historia clínica e os informes emitidos polos facultativos

que a atenderon ao longo do proceso cuestionado.

Particular interese presenta, neste sentido, o informe do xefe do Servizo de Anestesia, emitido con data 30.11.2016, a instancias da instrutora, que comeza sinalando:

?Paciente de 47 años, seguida en la Unidad de Dolor desde 25.11.2011 por cervicalgia, dorsalgia y lumbalgia con irradiación a MMII. Refería dolor irruptivo

varias veces al día.

Los estudios neurofisiológicos de extremidades inferiores muestran datos de una afectación radicular L4 izquierdo y LS bilateral crónica leve-moderada.

En esta unidad se han pautado distintos tratamientos medicamentosos según la escala de la OMS, sin conseguir una mejoría global significativa.

Igualmente hemos realizado infiltraciones epidurales, obteniéndose mejoría del dolor lumbar, pero no del dorsal y cervical.

En una segunda tanda de bloqueos epidurales, los resultados fueran insatisfactorios por lo que deberá continuar con los tratamientos medicamentosos?.

Deseguido, o informe da conta do resultado dos seguintes estudos complementarios:

?- RMN 2011:

Estudio RM de columna lumbar realizando secuencias habituales.

Conservación morfológica de la curvatura de la columna/ángulo lumbosacro en un paciente con preservación de los espacios intervertebrales.

Desecación discal L4-L5 y LS-51.

Abombamientos discales subligamentarios de los discos intervertebrales L3-L4 y L4-L5 con una discreta limitación de los diámetros

del canal medular.

Pequeño abombamiento posterior central subligamentario con una fisura anular en L5-S1. Macizos interapofisarios de disposición

simétrica sin signos degenerativos.

Desecación discal/abombamientos discales subligamentarios de los discos intervertebrales L3-L4 y L4-L5 así como pequeño abombamiento posterior central con pequeña fisura anular en L5-S1.

No hernias discales extruidas de forma aislada.

- TAC 29.09.2015

Cuerpos vertebrales correctamente alineados y de altura conservada. No se observan imágenes de hernia discal. Canal medular

de diámetro conservado. Forámenes libres.

- EMG 16.03.2016

Los estudios de conducción nerviosa de extremidades superiores se encuentran en la actualidad dentro de la normalidad. No se objetivan datos sugestivos de Síndrome del Túnel Carpiano.

- EMG 11.02.2016

Los estudios neurofisiológicos de extremidades inferiores muestran datos de una afectación radicular L4 izquierdo y L5 bilateral crónica leve-moderada.

- RMN 31.08.2016 (VIGO)

Correcta alineación de los cuerpos vertebrales con lordosis lumbar conservada. En L3-L4 se identifica una pequeña protrusión discal central de base amplia que impronta sobre saco tecal sin signos afectación

radicular.

En L5-S1 se identifica una pequeña protrusión discal central de base amplia con una fisura anular asociada. En el momento actual esta protrusión discal no parece contactar con las raíces S1. Agujeros de

conjunción conservados.

El cono medular y las raíces la cola de caballo presenta una morfología y disposición dentro de la normalidad?.

Exposto o que antecede, o informe da resposta ás imputacións en que a doente pretende fundamentar a pretensión indemnizatoria, nos seguintes e inequívocos termos:

?La paciente mantiene la sintomatología propia de sus dolencias, compatible con los resultados obtenidos en los exámenes complementarios que nada tiene que ver con los bloqueos epidurales realizados y que

no fueran efectivos de todo, por lo que se mantiene con medicación oral.

Además las quejas que refiere la paciente, durante el proceso de bloqueo epidural, están completamente justificadas por su estado ansioso, paciente en tratamiento psiquiátrico, lo que es frecuente

originar un sincope vasovagal, tal como está reflejado en el consentimiento informado y en las explicaciones que se proporciona

a los pacientes previo bloqueo.

Aún más, anatómicamente no es posible lesionar el nervio ciático con una punción en el espacio epidural. En el supuesto caso de lesión de una de las raíces, la paciente manifestaría un cuadro agudo neurológico

con pie pendiente, que no es el caso?.

A historia clínica pon de manifesto, dende o ano 2008, de antecedentes de depresión e problemas de columna, dos que era tratada polo seu médico de cabeceira, ademais de varios especialistas, aínda

que con frecuencia incumpría as recomendacións e non tomaba o tratamento indicado.

No ano 2012 aplicáronlle na Unidade da Dor tres infiltracións lumbares con bos resultados.

Durante os anos 2013 e 2014 a reclamante seguiu queixándose de dor de columna lumbar e outras moitas patoloxías, e en marzo e abril de 2015 se lle administran novas infiltracións, sendo a partir destas

que a reclamante manifesta que, como consecuencia, non pode andar nin exercer ningún traballo.

No entanto, o seu estado é o que xa presentaba antes das infiltracións, pois as súas limitacións veñen dadas pola súa patoloxía locomotora e psiquiátrica de longa evolución.

Consta que en todos os casos as infiltracións se levaron a cabo previa sinatura pola paciente dos correspondentes documentos de consentimento informado.

Quinta.-

As conclusións a que orientan os referidos antecedentes non foron cuestionadas pola reclamante mediante a necesaria argumentación fundada en criterios médico-científicos, non comparecendo no trámite de

audiencia que lle foi ofrecido.

Xa que logo, no estado probatorio que presenta o expediente, non cabe ter por acreditada, de ningún xeito, a invocada vinculación causal entre o tratamento dispensado e o estado de saúde que presenta

a reclamante, de xeito que, ao decaer un dos presupostos esenciais da responsabilidade patrimonial que se demanda, non procede

estimar a reclamación presentada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
Disponible

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente

Marta Joanna Gesinska

21.25€

20.19€

+ Información

Administración inteligente y automática
Disponible

Administración inteligente y automática

Daniel Terrón Santos

12.75€

12.11€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información