Dictamen de Consello Cons...yo de 2021

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 131 de 12 de mayo de 2021

Tiempo de lectura: 54 min

Tiempo de lectura: 54 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 12/05/2021

Num. Resolución: 131


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por B., por mor dos danos sufridos como consecuencia do tratamento dun infarto cerebral debido a trombose de arteria vertebral no Hospital Universitario Arquitecto Marcide de Ferrol.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Oreiro Romar

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 8.1.2020 formúlase reclamación de responsabilidade patrimonial por B. por mor dos danos sufridos como consecuencia

do tratamento dun infarto cerebral debido a trombose de arteria vertebral no Hospital Universitario Arquitecto Marcide de

Ferrol (en diante, CHUF).

En esencia, considera que o día 4.1.2019, cando acudiu ao Servizo de Urxencias do CHUF cun cadro clínico de cefalea occipital, perda de forza, náuseas, mareos e inestabilidade, sendo diagnosticado de ?posible vértigo periférico vs cervicogénico?, os facultativos encargados da asistencia sanitaria minusvaloraron a súa sintomatoloxía xa que en realidade estaba a a sufrir

un accidente isquémico transitorio (AIT).

A contía fixada como indemnización reparatoria ascende a 553.605,92 euros.

2.- Na instrución do expediente incorporouse:

- Copia da historia clínica.

- Informe do Servizo de Urxencias do 3.7.2020.

- Informe do Servizo de Neuroloxía do 17.7.2020.

- Informe pericial de parte, elaborado por médico especialista de valoración do dano corporal, do 30.12.2020

3.- Con datas 15.5.2020, 1.10.2020, e 25.11.2020 o interesado presenta escritos de alegacións ratificándose na súa reclamación.

4.- Con data 22.4.2021 ditouse unha proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 30.4.2021.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en diante, LPAC) (aspectos procedementais) e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do

sector público (en diante, LRXSP).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden

destacarse catro acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002, rec. 4012/1998).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría a

responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida

do enfermo xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

Así pois, só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os ditos prexuízos non son imputables á Administración e

non terían a consideración de antixurídicos polo que deberán ser soportados polo prexudicado.

A existencia deste criterio da lex artis baséase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados, é dicir,

a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo. Estamos ante

un criterio de normalidade dos profesionais sanitarios que permite valorar a corrección dos actos médicos e que impón ao profesional

o deber de actuar conforme coa dilixencia debida; criterio que é fundamental pois permite delimitar os supostos nos que verdadeiramente

pode haber lugar a responsabilidade ao esixirse non só que exista o elemento da lesión senón tamén a infracción do repetido

criterio; prescindir del levaría consigo unha excesiva obxectivización da responsabilidade que podería declararse coa única

esixencia de existir unha lesión efectiva, sen necesidade de demostración da infracción do criterio de normalidade.

Cuarta.

Polo que se refire ás cuestións materiais ou de fondo que suscita o expediente examinado, de acordo coas previsións do artigo 81.2 da LPAC, resulta preciso determinar neste ditame se existe, no caso que

se nos presenta a exame, unha relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida e, eventualmente,

haberá de recollerse un pronunciamento sobre a oportuna valoración do prexuízo, a contía da indemnización e o modo de facela

efectiva.

Tal e como expuxemos nos antecedentes do presente ditame, a neglixencia imputada no curso da asistencia sanitaria consiste na minusvaloración da sintomatoloxía do doente o día 4.1.2019,

cando acudiu ao Servizo de Urxencias do CHUF cun cadro clínico de cefalea occipital, perda de forza, náuseas, mareos e inestabilidade,

sendo diagnosticado de xeito erróneo dun ?posible vértigo periférico vs cervicogénico? cando en realidade estaba a a sufrir un accidente isquémico transitorio (AIT).

Esta imputación vén concretada no escrito de alegacións do 15.5.2020, no que manifesta que ?Si un paciente con sintomatología compatible con AIT llega al servicio de urgencias se le realiza la primera valoración urgente

que incluye, además de una adecuada anamnesis y exploración física, una extracción analítica, electrocardiograma y tomografía

computarizada (TC) craneal. Estos pacientes deben ser evaluados por el neurólogo, realizándose en ese momento un Eco-doppler

de troncos supraaórticos y un dúplex transcraneal. Después de este primer estudio urgente, se toma la decisión de continuar

el estudio de forma ambulatoria en un período de unas 2 semanas o se decide ingreso hospitalario ? Entre los criterios de

ingreso, y siempre según la decisión final del neurólogo, se encuentran los AIT de repetición, la demostración de estenosis

severa de gran vaso, extracraneal o intracraneal, la necesidad de iniciar anticoagulación de forma inmediata o cualquier otro

factor que dificulte la realización de un estudio ambulatorio?.

Pois ben, o exame destes concretos reproches da parte reclamante esixe unha análise da historia clínica e informes médicos que figuran no expediente, dado o cualificado valor probatorio das consideracións

técnicas que neles se conteñen.

E comezando coa historia clínica, consta que si foron realizadas as probas que o interesado considera perentorias segundo as guías e protocolos médicos aplicables aos seus padecementos. O informe de triaxe

do 4.1.2019, sinala que ?Traído por 061 medicalizada por cefalea, pérdida de fuerza. El paciente no presenta alergias. Paciente hipertenso. Tras realizar

estudios complementarios (RX de tórax y TAC cerebral) se emite hipótesis diagnostica de posible vértigo periférico vs cervicogenico,

siendo alta ese mismo día 4.1.2019 con tratamiento antivertiginoso (Betahistina) y control evolutivo por su médico?. Consta, así mesmo, na historia clínica, a realización de exploración física e analítica sanguínea.

Posteriormente a alta, o día 17.1.2019, o doente tivo que ser novamente trasladado ao Servizo de Urxencias do CHUF, quedando ingresado en Neuroloxía, e sendo practicadas novas probas complementarias

(TAC cerebral e RMN con Angio-RMN), que evidenciaron, agora si, o ictus isquémico en territorio vertebrobasilar.

O resultado das probas practicadas o día 4.1.2019, día no que se imputa unha neglixencia consistente na ?minusvaloración da sintomatoloxía?, estaba dentro dos parámetros da normalidade e así é descrito no informe, da coordinadora do Servizo de Urxencias do CHUF,

do 3.7.2020:

?O paciente, de 67 anos, acudiu a Urxencias o día 4 de xaneiro de 2019, ás 14:02 h por mareo e cefalea, sendo atendido nada máis chegar pola Dra. D. (adxunta do Servizo de Urxencias). En base á anamnese

(HTA previa, cefalea, mareo) aínda cunha exploración neurolóxica normal, solicitoulle unha TAC Cranial que non evidenciou

alteracións intracraniais agudas. O paciente foi tratado de xeito empírico pensando nun síndrome vertixinoso periférico, en

función da sintomatoloxía que presentaba. Reavaliado ás 18:15 h, ante a melloría clínica evidente e continuando con ausencia

de focalidade neurolóxica, informouse ao doente e familiar e acordouse a alta a domicilio (18:30 h) advertindo de posibles

signos de alarma para acudir a Urxencias e axustándose a medicación, con control polo médico de AP.

O día 17 de xaneiro ás 18: 07 h acude de novo D. Aquilino por vómitos dunhas horas de evolución, mareo con xiro de obxectos, e cefalea frontal. Na exploración neurolóxica apreciábase un nistagmus horizontal.

Solicitouse novo TAC cranial, sen contraste IV, observándose unha hipodensidade parcheada no cerebelo que non existía na TAC

previa, o que suxería un trastorno de orixe vascular. Decidiuse ingreso en neuroloxía para completar estudo e ver posibilidades

de tratamento. Finalmente, confirmouse con RNM cerebral a existencia dunha afectación isquémica extensa en ambos hemisferios

cerebelosos e occipitais, con afectación do sistema de drenaxe do LCR. O servizo de neuroloxía·contactou, con posterioridade,

co seu homónimo do CHUAC e decidiron trasladalo a este hospital para intentar, de ser posible, intervencionismo cirúrxico.

Á vista dos feitos, non observo que se minimizasen os síntomas de D. B. Pola contra, en base a estes, pedíronse as probas complementarias pertinentes, que non evidenciaron na atención inicial alteracións.

Asemade, observouse no paciente melloría clínica co tratamento pautado, polo que se diagnosticou de síndrome vertixinoso periférico,

advertíndolle a alta da aparición de posibles signos de alarma para acudir de novo a Urxencias?.

Pola súa banda, o informe do 17.7.2020, do xefe do Servizo de Neuroloxía, no que respecta á asistencia discutida -a que tivo lugar o día 4.1.2019- manifesta o seguinte:

?En el Servicio de Urgencias se realizó una exploración general y un examen neurológico que no mostró anomalía alguna tal como queda referenciado en el informe y que a continuación se transcribe: ?PICNR,

PC, normales; no meningeos, Glasgow 15, no focalidades motoras ni sensitivas, reflejos normales, No dismetría?.

Se realiza un TAC craneal urgente en el que no se evidencia anomalía estructural de ningún tipo y se inicia tratamiento sintomático, con Paracetamol, y Sulpirida y se realiza, posteriormente,

una nueva valoración clínica: ?no focalidad neurológica; otoscopia normal. Refiere mejoría del cuadro de mareo, persistiendo

molestia retro-orbitaria?.

Se administra Dexketoprofeno y unas horas más tarde se constata la mejoría clínica del paciente de manera que se decide alta hospitalaria, con impresión diagnóstica de vértigo periférico y se recomienda

tratamiento adaptado a esa entidad, según práctica habitual, así como seguimiento por parte de su Médico de Atención Primaria

[...]

Con respecto a todo lo referido previamente podemos concluir que la historia clínica que refiere el paciente cuando acude al Servicio de Urgencias el día 4 de enero de 2019 es compatible con un vértigo

cuyas características clínicas así como la ausencia de alteraciones exploratorias sugestivas de afectación encefálica y tomodensitométricas

craneales y la aparente adecuada respuesta sintomática al tratamiento pautado en el Servicio de Urgencias hacen altamente

sugestivo de origen periférico. La sospecha de vértigo ?central?, secundario a patología encefálica (de naturaleza vascular

o de otra etiología), ha de fundamentarse en historia clínica, sintomatología, hallazgos exploratorios (dismetría, alteraciones

oculomotrices, ataxia) -que en este caso no se evidenciaron en ningún momento- y correlato en neuroimagen (TAC craneal, en

el caso que nos ocupa, sin hallazgos relevantes) de forma que el proceder se ha realizado de manera correcta haciéndose constar,

no obstante, en el informe de alta, que habría de procederse a seguimiento evolutivo por parte del médico de atención primaria

y también que en caso de aparecer algunos síntomas ?de alarma?, que se les indicaron y explicaron tal como consta en el informe

de alta, habrían de ponerse nuevamente en contacto con las asistencias sanitarias oportunas.[...]. Por lo tanto, la atención prestada por parte de la Sección de Neurología del CHUF, desde el momento que intervino en la asistencia

clínica al paciente, ha de considerarse impecable en todo momento y adaptada al proceder clínico rutinario?.

Para enervar estas conclusións médico científicas, a parte reclamante achega un informe pericial elaborado por médico especialista de valoración do dano corporal e neuroloxía, do 30.12.2019. Este informe relata dun xeito

extenso e detallado, o proceso asistencial, os danos sufridos polo doente, as secuelas e a súa valoración. Pero, tal e como

expuxemos nas consideración precedentes, nas reclamacións derivadas da actuación médica non resulta suficiente acreditar a

existencia dunha lesión, senón que o interesado ten a carga de probar inequivocamente un nexo causal; en caso contrario, os

eventuais danos non teñen a consideración de antixurídicos e deben ser soportados polo prexudicado.

Pois ben, ao respecto do nexo causal, o informe limítase a reiterar dun xeito apodíptico unha serie de afirmacións orfas da motivación imprescindible para cumprir coa aludida carga de acreditar a neglixencia

da Administración sanitaria. En concreto:

?Relación de causalidad:

?La existencia e intensidad del hecho dañoso es cierta y queda probada en la documentación aportada, con respecto a este criterio

señalar que tras las lesiones referidas pueden resultar molestias que se consideran habitualmente como secuelas .

?Criterio de certeza y verosimilitud del diagnóstico etiológico: evento desencadenante cierto y verosímil como causante de

las lesiones.

?Criterio topográfico: Las lesiones se corresponden con la localización del evento dañoso y las molestias secuelares corresponden

a la localización de la lesión.

?Criterio cronológico: Comienzo agudo de la clínica inmediatamente después del hecho lesivo.

?Criterio cuantitativo o de proporcionalidad: Las variables fisiopatológicas del evento son suficientes para provocar los daños.

?Criterio de continuidad sintomática: Igual que el criterio cronológico. La aparición de dichas lesiones y continuidad evolutiva

de los síntomas sigue una lógica médica.

?Criterio de exclusión: El estudio de la historia clínica desde un enfoque pericial no permite demostrar otro origen del cuadro.

?Criterio de integridad anterior: no se puede demostrar un ?estado anterior?.

?Grados de relación etiológica y modalidad de la relación concausal:

* El análisis de causalidad correspondería a una relación probable: Grado IV b.

Fuerza de relación intensa.

* La modalidad de relación concausal es un tipo I: Un efecto totalmente imputable a la causa.

Se concluye:

Que existe relación de causalidad entre el hecho dañoso, las lesiones originadas y el estado secuelar del informado?.

Así as cousas, reiteramos, bótase a faltar no devandito informe, centrado nos danos, secuelas e valoración, un relato consistente sobre o nexo causal, que en esencia consiste en probar que a lex artis aplicable ao caso segundo protocolos ou bibliografía, médica non foi respectada. En concreto, debería ter sinalado porque

as conclusións técnicas e médicas adoptadas como consecuencia das probas practicadas non foron as correctas, ou que outras

probas, á parte das realizadas, deberían terse feito. Do mesmo xeito, as imputacións realizadas no antes mencionado escrito

de alegacións do 15.5.2020, non veñen corroboradas tecnicamente polo informe pericial, de xeito que, como ten sinalado este

órgano en reiteradísimas ocasións, carecen do sustento técnico preciso para enervar os informes técnicos que este Consello

non pode entrar a discutir, debendo limitarse á súa inclusión en categorías xurídicas (neste sentido, entre outros, o CCG

71/2016 e CCG 159/2020). En todo caso, e como dixemos anteriormente, da análise da historia clínica resulta que as probas

que o interesado consideraba procedentes si foron practicadas cun resultado dentro dos parámetros da normalidade.

Quinta.

En definitiva, o que non pode admitirse, en prol de sustentar a pretensión indemnizatoria da parte reclamante, é pretender examinar a asistencia sanitaria prestada nun determinado intre en función

da evolución posterior do paciente, e non dos datos existentes en cada momento, e isto é precisamente o que fai o informe

pericial de parte na análise do nexo causal. Como ten sinalado este Consello Consultivo (por todos, o CCG 82/2020), é a situación

existente ao tempo de efectuar o diagnóstico a que determina a corrección da decisión médica adoptada, debendo ponderarse

para chegar a unha valoración positiva se se puxeron á súa disposición as exploracións diagnósticas indicadas conforme cos

síntomas que presentaba o paciente, sendo numerosas as sentenzas Tribunal Supremo no ámbito da xurisdición civil que, en materia

de responsabilidade civil por asistencia sanitaria, aluden á prohibición de regreso desde feitos posteriores cuxo coñecemento

non puido acadarse no momento do diagnóstico (por todas, a sentenza do Tribunal Supremo do 1.6.2011, recurso número 791/2008).

Neste mesmo sentido, e xa no ámbito da xurisdición contencioso-administrativa poden citarse, por todas, a sentenza do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia do 21.10.2015 (recurso número 7871/2011), a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Baleares

do 24.7.2018 (recurso número 186/2017), a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid do 11.12.2020 (recurso número

689/2018) ou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco do 11.12.2020 (recurso número 902/2019).

En conclusión, atendendo aos elementos técnico-médicos recollidos no informe dos servizos implicados na asistencia sanitaria -Servizo de Urxencias e Servizo de Neuroloxía-,

non desvirtuados polo informe pericial achegado pola parte reclamante, debe concluírse na corrección da asistencia sanitaria

prestada ao interesado.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS