Dictamen de Consello Cons...yo de 2021

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 130 de 12 de mayo de 2021

Tiempo de lectura: 46 min

Tiempo de lectura: 46 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 12/05/2021

Num. Resolución: 130


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por R., en nome e representación de U., polos danos sufridos como consecuencia dun accidente coa súa motocicleta ao bater cunha árbore caída na marxe dereita da calzada do p.q. 2+300 da VG 4-8, no termo municipal de Pontevedra.

Organismo: Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Quintana Acebo

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Desfavorable

Relator: Souto Souto

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 7.3.2016, R., en nome e representación de U., presentou unha reclamación de responsabilidade patrimonial ante a

Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

No escrito refire:

?El pasado 19.12.2015, don U. circulaba ?a una velocidad adecuada a las circunstancias de la vía y a las condiciones climatológicas-

con la motocicleta de su propiedad por la carretera (VG-4.8) de San Xoán de Poio (Po.308) a Campañó (PO-531).

Tal y como consta en el atestado de la Guardia Civil de Tráfico de Pontevedra y adjuntado, sobre las 14:50 horas y a la altura del km. 2.300 de la carretera antes indicada, ?sufre la caída de un árbol (desde

el margen derecho) sobre su vehículo, desprendimiento que sorprende al conductor y aplastan la parte delantera de su motocicleta,

afectando a sus mandos, quedando éstos inoperativos, por lo que Raúl intenta evitar la caída sobre el asfalto??.

O Sr. U. recibiu un golpe sobre a perna e sufriu múltiples contusións. Xunto co escrito da reclamación achega un parte de asistencia

sanitaria e fotografías do lugar. Solicita unha suma de 10.276,00 ?.

2.- Con data 22.3.2016 notificouse ao interesado a instrución deste expediente, e solicitóuselle unha serie de documentación,

ao tempo de que se lle comunicaba que, de non posuír a alta definitiva, procederíase á suspensión do procedemento.

O día 7.4.2016, o interesado indicou que non ten a alta definitiva ao tempo que achega unha serie de documentación.

Con data 29.12.2016, o Sr. U. sinala que xa posúe a alta definitiva e solicita unha suma total de 39.184,17 ?. Achega un informe médico de valoración.

3.- Instruído o procedemento conforme á Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do

procedemento administrativo común, consta nel a seguinte documentación:

- Informe do servizo da Delegación da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra, de data 28.3.2017,

- Informe da Garda Civil de Tráfico de data 30.3.201.

- Informe da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, (sen datar).

- Informe do Concello de Pontevedra de data 7.4.2017.

- Documentación remitida polo Hospital Nuestra Señora de Fátima no que achegan un informe e documentación.

- Curso clínico remitido polo Complexo Hospitalario de Pontevedra.

- Informe médico remitido polo Servizo de Riscos.

4.- O Sr. U, achegou un escrito con data 18.5.2017, no que indica que o importe total solicitado ascende a 50.390,24 ?.

5.- Logo do trámite de audiencia aos interesados, con data 13.4.2021, a persoa instrutora emitiu unha proposta de resolución

en senso desestimatorio da reclamación presentada.

6.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, pola señora conselleira

de Mobilidade e Infraestruturas tendo entrada neste organismo con data 29.4.2021.

7.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do presente ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española.

Ademais, o réxime xurídico da reclamación de responsabilidade patrimonial contense nos artigos 139 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e

do procedemento administrativo común (en diante, LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, polo que se aproba o

Regulamento dos procedementos das administracións públicas en materia de responsabilidade patrimonial, -disposicións aplicables

ao procedemento que nos ocupa, de acordo co previsto na disposición transitoria terceira, letra a), da Lei 39/2015, do 1 de

outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, LPAC- (en diante RPAPRP).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias do procedemento legal, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

No entanto, debe censurarse a excesiva dilación na tramitación deste procedemento de responsabilidade patrimonial, especialmente se considerarmos que desde a presentación da reclamación transcorreu

un ano ata a solicitude de emisión de informes do servizo (o 8.3.2017), de novo transcorre outro ano para a práctica da proba

(en maio e xuño de 2018) e finalmente case tres anos despois (en marzo de 2021) é cando se completa o trámite de audiencia

ao interesado, sen que tampouco consten no expediente razóns obxectivas que xustifiquen tal atraso na tramitación nin as suspensións

acordadas no seo do procedemento puideran escusar a demora na tramitación. Este proceder é manifestamente contrario ao principio

de eficacia que debe presidir a actuación da Administración pública de acordo co previsto no artigo 103.1 da Constitución

española, e ao principio de celeridade na tramitación do procedemento recollido no artigo 74.1 da LRXPAC.

Terceira.

No que atinxe aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden

salientarse catro acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 139.1 da LRXPAC).

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 141.1, inciso 1º, da LRXPAC).

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 141.1, inciso 2º, LRXPAC), e

d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002, recurso 4012/1998).

Cuarta.

Sen perder de referencia todos e cada un dos elementos anteriores, o pronunciamento deste órgano consultivo ten que centrarse, singular e fundamentalmente, na verificación da existencia ou non

da relación de causalidade, e os demais extremos sinalados no artigo 12 do RPAPRP.

Neste sentido cómpre sinalar que, independentemente do quantum que, chegado o caso, proceda recoñecer, resultan demostrados os danos persoais segundo os informes médicos do Sr. U.; e, por

outra parte, quedan tamén demostrados os danos materiais na motocicleta polo informe pericial por el achegado. Asemade, consta

acreditada a causa do sinistro, que non foi outra que a caída dunha árbore sobre a calzada, o que obrigou ao condutor a realizar

unha manobra evasiva. Como refire o informe ARENA da Garda Civil:

?[?] a las 14:50 horas circulaba por la carretera VG-4.8 el conductor de la motocicleta Honda 1000rr, matrícula X, sentido Poio,

a la altura del p.k. 2,300 de día, con condiciones climatológicas desfavorables, fuerte viento y lluvia, plano recto cambio

de rasante, sufre la caída de un árbol (desde el margen derecho), sobre su vehículo, el desprendimiento de los árboles, sorprenden

al conductor, y aplastan la parte delantera de su motocicleta afectando a sus mandos quedando estos inoperativos (frenos,

alumbrado, dirección? ), por lo que D. U. intenta evitar la caída sobre el asfalto, no pudiendo evitar deslizarse sobre la

calzada varios metros, golpéanse fuertemente contra el asfalto, y recibir un golpe en su pierna derecha así como múltiples

contusiones, resultando como consecuencia del mismo, herido leve (conductor) y daños de consideración en el vehículo implicado.

El equipo instructor observa que varios árboles que se encuentran sobre el talud derecho, sentido Poio (lugar del siniestro) están a punto de desprenderse por lo que se avisa al equipo de mantenimiento

de carreteras?. (sic)

Cómpre referir que as condicións meteorolóxicas que sinala a proposta de resolución ??forte choiva e vento?? como causa do accidente que sufriu o Sr. U., non revisten caracteres excepcionais nin poden cualificarse dunha intensidade

anormal ou desmedida, tal e coma así sinala o informe do Servizo de Meteoroloxía e Cambio Climático (30.3.2017), polo que

non poden estimarse coma un suposto de forza maior que liberaría de responsabilidade á Administración polo defectuoso funcionamento

do servizo. Así o informe destaca que:

?No caso concreto do día 19 de decembro de 2015, houbo unha alerta amarela por refachos superiores ós 80 km/h no litoral de Pontevedra. Efectivamente estes ventos si que se rexistraron en zoas expostas

na costa, como por exemplo o refacho rexistrado ás 14:50 horas na estación meteorolóxica situada nas Illas Ons que foi de

94 km/h. O concello de Pontevedra está dentro da Ría, moito máis protexido destes ventos do sur, polo que o refacho máximo

acadado foi moito menor?.

A este respecto procede considerar o disposto no Real decreto 300/2004, do 20 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento do seguro de riscos extraordinarios, que inclúe nesa categoría ?e exclúe, polo

tanto, de indemnización aos danos por eles causados? aos ventos extraordinarios, definidos no seu artigo 4 como ?aquellos que presenten rachas que superen los 120 km por hora. Se entenderá por racha el mayor valor de la velocidad del viento,

sostenida durante un intervalo de tres segundos?.

Doutra banda, tampouco pode apreciarse, á vista do informe da Garda Civil, un incumprimento das normas de circulación e/ou neglixencia na condución que puidese coadxuvar na produción do dano.

Este órgano consultivo vén reiterando en numerosos ditames, recollendo ademais unha doutrina maioritariamente acollida, que a Administración ten o deber ineludible de manter as estradas abertas á circulación

pública en condicións tales que a seguranza dos que as utilicen quede normalmente garantida. En efecto, ao servizo público

de estradas de titularidade autonómica, de conformidade coas prescricións legais da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas

de Galicia, incúmbelle a actividade da conservación e mantemento das vías da súa titularidade, o que leva de seu a obriga

de mantelas nas mellores condicións de seguridade; dun lado, inicialmente, velando porque as condicións construtivas sexan

as idóneas para proporcionar a devandita seguridade; e, doutro, chegado o caso, eliminando aquelas deficiencias que impliquen

un potencial perigo susceptible de provocar resultados danosos.

No suposto que arestora se analiza, segundo consta no expediente, a árbore causante do accidente atopábase enraizada e dentro da zona de dominio público da estrada, sendo, por tanto, de titularidade

pública. Tal e coma sinala o informe da Garda Civil (30.3.2017), e como refire a persoa instrutora na proposta de resolución.

A este respecto, este Consello Consultivo (vide ditames CCG 30/2007 e CCG 48/2007) xa ten manifestado que a caída dunha árbore nunha zona de especial vixilancia como é a

zona de dominio público, ha de imputarse a un anormal funcionamento do servizo viario, sendo procedente a declaración de responsabilidade

e o deber indemnizatorio da Administración.

Ademais, neste punto cómpre pór de manifesto que a Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, estableceu unha serie de actuacións para xestionar a biomasa

existente nos terreos forestais e zonas de influencia coa finalidade do seu control polo elevado potencial combustible que

presenta. Así o artigo 20, bis a) ?introducido pola disposición adicional 1 da Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes, e na

redacción vixente na data dos feitos? sinala que: ?Ao largo da rede de autopistas, autovías, corredores, vías rápidas, e estradas convencionais, haberá que xestionar a biomasa

vexetal, de acordo cos criterios estipulados na presente lei, nos terreos incluídos na zoa de dominio publico. Ademais, en

ditos terreos non poderá haber árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira?.

Precisamente a árbore causante do accidente corresponde a unha das especies prohibidas que figuran na referida disposición, en concreto á especie Eucalyptus spp, eucalipto común, tal e coma se identifica nas fotografías xuntadas ao atestado da Garda Civil.

Á vista do sinalado, pódese concluír que hai elementos dabondo para construír, sobre a base da acreditada caída da árbore arraigada no dominio público sobre a motocicleta, a necesaria relación de causalidade

entre o funcionamento do servizo público e o dano xerado ao Sr. U., pois conforme ás prescricións legais antes referidas a

Administración incumpriu as súas obrigas de especial vixilancia na zona de dominio público e de xestión da biomasa vexetal

en terreo de titularidade pública.

E, deste modo, así mesmo, pódese adoptar coma criterio decisorio o de que a responsabilidade derivada dos danos xerados no accidente sufrido debe ser imputada á Administración pública titular da estrada

en función das circunstancias e elementos que se veñen de analizar.

Quinta.

Resta, para dar cabo, facer un expreso pronunciamento sobre a avaliación económica dos danos producidos e, conseguintemente, sobre o quantum indemnizatorio a satisfacer á parte reclamante.

A este respecto abordamos, en primeiro lugar, o que se refire aos danos materiais. De acordo co informe pericial que se xunta á reclamación, o valor venal da motocicleta cuantifícase en 7.340,00

?; e, o valor dos restos con comprador na contía de 1.050,00 ?; polo que fixa o importe do sinistro na suma de 6.290,00 ?

(o valor venal menos o valor dos restos). Deste xeito semella procedente incrementar aquel valor do sinistro da motocicleta

nun 20%, polo que a cantidade total a indemnizar por estes danos materiais sería de 7.548,00 ?.

Este órgano consultivo, en supostos similares, vide CCG 236/2001, ten sinalado que para os casos nos que a reparación do vehículo resulte antieconómica haberá de indemnizarse

o valor venal do turismo incrementado nunha porcentaxe en concepto de prezo de afección; criterio que sigue o Consejo de Estado en supostos similares; entre outros, no seu ditame núm. 2661/2001, do 11.10.2001.

Refire así o ditame que ?[?] en los casos en los que no se justifique mediante factura el haber realizado efectivamente la reparación que se reclama y

por tanto incurrido en el coste concreto de la misma, procede entregar el valor venal del vehículo, sin que resulte exigible

a la Administración pagar el sobreprecio que derivaría de una reparación cuyo importe sería superior al de la sustitución

en términos equivalentes, también de antigüedad, del bien siniestrado?.

En canto á contía indemnizatoria a satisfacer polos danos físicos este órgano consultivo considera pertinente remitir ás partes a un ulterior expediente contraditorio, para os efectos de cuantificar a

indemnización, no que se acredite debidamente os danos sufridos, así coma o alcance das posibles secuelas do Sr. U., coa achega

do seu historial clínico amais informes médicos actualizados do seu estado.

Finalmente, cómpre advertir que, conforme ao disposto no artigo 141.3 da LRXPAC o importe resultante deberá de ser actualizado á data de finalización do procedemento, e que naquel expediente contraditorio

non será preciso recadar novo ditame deste Consello Consultivo.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa desfavorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire procedendo indemnizar ao Sr. U. do xeito sinalado na consideración quinta deste ditame?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Delitos al volante. Paso a paso
Disponible

Delitos al volante. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

16.15€

15.34€

+ Información

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Las 100 preguntas más habituales en las comunidades de propietarios
Disponible

Las 100 preguntas más habituales en las comunidades de propietarios

Pablo García Mosquera

8.50€

8.07€

+ Información

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso
Disponible

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información