Dictamen de Consello Cons...yo de 2021

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 129 de 26 de mayo de 2021

Tiempo de lectura: 55 min

Tiempo de lectura: 55 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 26/05/2021

Num. Resolución: 129


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por C., polos danos sufridos como consecuencia dunha caída ao escorregarse por mor dunhas follas e pólas duns plataneiros na beiravía esquerda do lugar do Pinto no Concello de Esgos na provincia de Ourense.

Organismo: Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Blanco Serrano

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Desfavorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 24.7.2018 C. presenta reclamación de responsabilidade patrimonial diante da Xunta de Galicia (Consellería de Infraestruturas

e Vivenda) polos danos sufridos tras unha caída na estrada Ou-536.

Na reclamación relata:

?Quien suscribe, reside en Vilar de Ordelles, O Pinto, n° X, 32720-ESGOS­OURENSE, en una vivienda unifamiliar que linda en

su frente con la Carretera OU-536, titularidad de la Xunta de Galicia, según documento emitido por la Consellería de Infraestructura

e Vivenda de la Xunta de Galicia, Servicio provincial de Ourense, en fecha 03.10.2017.

En dicha vía, en los márgenes de los mismos, existen una serie de árboles de gran tamaño, que delimitan la vía, y que han sido motivo de queja por parte de los vecinos de la localidad. exigiendo su poda

y adecuado mantenimiento, ya que de manera reiterada, la caída de ramas y hojas, hacen intransitable el arcén de la carretera,

siendo el único modo de paso para los peatones del pueblo.

La Consellería de Infraestructura e Vivenda de la Xunta de Galicia no se ha preocupado de ese adecuado mantenimiento, presentando un evidente riesgo la situación, debido únicamente a una dejación de

sus funciones por parte de esa administración.

Ello derivó incluso que en fecha 28.05.2016, se presentase una denuncia ante la Guardia Civil, Comandancia de Ourense, Puesto de Esgos, en la que una serie de vecinos, entre ellos quien suscribe, se denunciaba

esta situación.

[?]

El 26.10.2016, quien suscribe, al circular por el arcén de la vía arriba identificada, al existir una gran acumulación de ramas y hojas en la misma, SUFRlÓ UNA CAÍDA QUE LE HA OCASlONADO GRAVÍSIMAS

LESIONES.

La ÚNICA CAUSA DE ESA CAÍDA FUE EL MAL ESTADO EN QUE SE ENCONTRABA LA VÍA POR LA FALTA DE MANTENIMIENTO DE LA MISMA POR PARTE DE ESA ADMINISTRACION.

[?]?.

Remata a reclamación solicitando unha indemnización de 144.968,10 euros.

2.- Instruído o correspondente procedemento, achegáronse informes da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Infraestruturas

e Mobilidade e do Concello de Esgos, así como documentación médica da reclamante. Así mesmo, practicouse proba de testemuñas.

3.- Tras dar trámite de audiencia ás partes interesadas formulouse o 21.4.2021 proposta de resolución en sentido desestimatorio

da reclamación presentada.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, pola señora conselleira de

Infraestruturas e Mobilidade tendo entrada neste organismo con data 29.4.2021.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, e as previsións específicas contidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo

común das administracións públicas (en diante, LPAC), respecto dos aspectos adxectivos; e, na Lei 40/2015, do 1 de outubro,

do réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP), no tocante aos aspectos substantivos ou cuestións de réxime xurídico.

Terceira.

A teoría da responsabilidade patrimonial das administracións públicas, como suxeitos pasivos das indemnizacións de danos e perdas,

vénse artellando, en canto á responsabilidade obxectiva destas polo funcionamento, que se lles poida imputar, dos servizos

públicos, sobre a existencia, ou non, dunha relación de causalidade directa e inmediata entre o funcionamento do servizo público

e a lesión antixurídica producida.

Por outra parte para que a lesión poida ser resarcible, ten que demostrarse a efectiva realización dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación cunha persoa ou grupo

de persoas. En definitiva, para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba dunha causa concreta que determine

o dano e a conexión entre a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

O abandono do criterio subxectivista de responsabilidade non supón, non obstante, a inexistencia de límites fronte a unha eventual aplicación automática do principio resarcitorio sobre a base dunha

vinculación máis ou menos ampla entre o funcionamento do servizo e o dano padecido; e, así, como máis significados lindes

daquel principio xeral poden destacarse tres acoutacións de formulación legal: a forza maior (artigo 32.1 da LRXSP), a obriga

xurídica de soportar o dano (artigos 32.1 e 34.1 da LRXSP), e a non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias

que non se puideran evitar ou prever segundo o estado da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1

inciso 2º da mesma LRXSP).

Cuarta.

En canto aos extremos propios da reclamación que se analiza, hai que indicar que, dende o punto de vista da causalidade do dano, a viabilidade da reclamación require a xustificación de que a lesión se

produciu, efectivamente, nas circunstancias indicadas pola interesada, que relata que escorregou cando circulaba pola beiravía

dunha estrada autonómica ao existir unha gran acumulación de pólas e follas nela e, ademais, se debe acreditar que tal extremo

configura a existencia dun vínculo causal entre o dano e o funcionamento do servizo asumido pola Administración á que aquel

se imputa, o que constitúe, de xustificarse o primeiro aspecto, o segundo presuposto esencial a analizar por este Consello

Consultivo.

No presente caso a Administración non acepta a realidade do relato da reclamante aceptando unicamente que a señora C. sufriu unhas lesións por unha caída o 26.10.2016, pero non así respecto do

lugar e circunstancias do accidente, indicando que non existen dilixencias, atestados ou informe dalgunha autoridade pública,

e que non pode terse en conta o relatado polas testemuñas presenciais, pois unha delas é o home da reclamante e a outra manifesta

ter relación de parentesco, non de amizade, coa reclamante, ?polo que a idoneidade como testemuñas vese afectada por poder ter interese directo no asunto?.

Pois ben, a este respecto cómpre lembrar que non pode erixirse unha proba directa e concluínte de difícil consecución pola parte reclamante, e que o relato das testemuñas, que deron prioridade á atención

médica da reclamante fronte ao aviso ás autoridades resulta lóxico e coherente.

Así se suscita a cuestión de como valorar a proba de testemuñas practicada, para os efectos de comprobar se resulta acreditada a realidade do accidente tal e como relata a interesada; e si ben é certo

que unha das testemuñas é seu o home e a outra un veciño quen, á pregunta da instrución sobre relación coa reclamante, declara

?parentesco non amizade si porque somos veciños?, polo que neste punto a proposta de resolución semella incorrecta, o certo é que nun ámbito rural sería moi difícil que

os feitos fosen presenciados por persoas distintas dos residentes da zona, familiares ou veciños da accidentada, polo que,

a xuízo deste Consello Consultivo non pode negarse o valor probatorio do declarado polas testemuñas presenciais da caída.

Polo demais, o relato das testemuñas resulta coherente coas lesións que padeceu a interesada e a máis que probable presenza na beiravía de elementos vexetais, pólas e follas, dada a existencia de varias

árbores de folla caduca e grandes dimensións e ocorreren os feitos en outono.

Así as cousas, existen elementos suficientes para formar convicción sobre a realidade da caída no lugar que sinala a reclamación e a presenza de restos vexetais na beiravía como elemento de risco que

favoreceu a caída.

Quinta.

Así centrados estes principios básicos, pasamos a abordar o obxecto do presente expediente, é dicir, se á parte reclamante lle asiste ou non o dereito a ser indemnizada como consecuencia dos feitos referenciados

nos antecedentes.

Procede así, en primeiro lugar, verificar a efectividade e realidade do dano para, de seguido, comprobar se este foi consecuencia do funcionamento normal ou anormal do servizo público de estradas, dato

este que configura en última instancia un eventual dereito do particular lesionado a ser indemnizado pola Administración.

Neste sentido hai que dicir que, independentemente do quantum que, chegado o caso, proceda recoñecer, queda acreditado no expediente a produción do accidente no lugar, hora e data sinalados

no escrito de reclamación, así como a existencia de diversas lesións que resultan da documentación médica e ditames periciais

achegados ao expediente.

E, sentado o anterior, cómpre xa pasar á análise da existencia ou non dun nexo de causalidade entre o funcionamento dun servicio público e o dano producido, xa que entre os servicios públicos que o ordenamento

encomenda á Administración figura o mantemento da rede de estradas. A este respecto este órgano consultivo vén reiterando

en numerosos ditames, recollendo ademais unha doutrina maioritariamente acollida, que a Administración ten o deber ineludible

de manter as estradas e, por ende, o restante dominio público viario, en condicións tales que a seguranza dos que o utilicen

quede normalmente garantida, o que implica un recoñecemento a favor dos cidadáns dun principio de confianza sobre as condicións

obxectivamente aptas dos viais. En efecto, ao servizo público de estradas de titularidade autonómica, de conformidade coas

prescricións legais da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, incúmbelle a actividade da conservación e mantemento

do dominio público viario da súa titularidade, o que leva de seu a obriga de mantelo nas mellores condicións de seguridade;

dun lado, inicialmente, velando porque as condicións construtivas sexan as idóneas para proporcionar a devandita seguridade;

e, doutro, chegado o caso, eliminando aquelas deficiencias que impliquen un potencial perigo susceptible de provocar resultados

danosos.

Este accidente prodúcese nunha estrada autonómica, segundo informa o Servizo da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade 2019, que engade que as árbores están en dominio

público.

Mais neste caso a eventual responsabilidade da Administración no acaecemento do sinistro resulta da situación da falta de limpeza da beiravía

e da poda das árbores.

Polo demais constan no expediente distintos informes do Concello de Esgos e da Garda Civil que recollen as denuncias sobre

o risco derivado das árbores situadas na beiravía da estrada OU-536, ao seu paso polo Concello de Esgos, punto quilométrico

12 a 16.

En concreto, o informe do concello do 2.1.2019 fala de continuos escritos dirixidos á Xunta de Galicia desde o 31.10.2013 nos que denunciaba o perigo existente e a necesidade de adoptar medidas urxentes

sobre as árbores.

Asemade indica:

?Se ben este Concello non ten constancia certa da procedencia das follas, é lóxico pensar que, dada a situación das árbores e o estado de abandono da zona de afección da estrada Ou-536 denunciada ata

en cinco ocasións por este concello, que a procedencia das mesmas sexan das árbores da beiravía?.

Remata o informe indicando que, malia os requirimentos do concello a tala de árbores non se produciu ata outubro de 2018 ?considerando que de haberse actuado no seu momento pola Consellería non houbera que lamentar ningunha desgraza persoal ou

material?.

Así as cousas, apréciase un deficiente funcionamento do servizo público de estradas na limpeza da beiravía e coidado das árbores situadas en dominio público que provocaban a acumulación de follas e

pólas na beiravía o que determina a existencia dunha conexión causa-efecto entre esta situación e o accidente acaecido.

No senso anterior non pode estarse de acordo co indicado na proposta de resolución sometida a ditame cando afirma que as beiravías non son lugares destinados para camiñar, pois o artigo 121 do Regulamento

xeral de circulación, aprobado polo Real decreto 1428/2003, do 21 de novembro, permite a súa utilización polos peóns cando

non exista zona peonil ou esta non sexa practicable, como ocorre no presente caso, onde, ademais non existe outra alternativa

de vía ou camiño de conexión co núcleo do Pinto.

Agora ben, o propio artigo 122 do mesmo regulamento dispón que cando os peóns circulan pola beiravía o farán con prudencia, e é o certo que no procedemento non consta acreditado que a reclamante adaptase

a súa deambulación ás adversas circunstancias da beiravía, das que, polo demais, era coñecedora ao tratarse dun lugar de paso

habitual para ela, constando, así mesmo, como asinante dos escritos de queixas elevados pola veciñanza ao respecto, sen que

con anterioridade se teña coñecemento doutras caídas semellantes a pesar de que a situación se prolongou durante un tempo

de varios anos.

Estas circunstancias levan a concluír que na produción do accidente concorreu, ademais do deficiente estado da beiravía, unha falta de control da propia deambulación por parte da lesionada, que non consta

que adoptase as medidas de precaución esixibles para circular por este espazo.

E neste sentido hai que considerar que o Tribunal Supremo, entre outras, en sentenza do 17.6.2014 (recurso de casación 3978/2011) considera que ?si bien es cierto que la Administración está obligada a garantizar que las condiciones de la prestación de los servicios sean

acordes a la evitación de daños a los usuarios o minimizar sus efectos cuando fueran previsibles, es lo cierto que también

los usuarios deben utilizar los servicios con la diligencia necesaria para evitar esos daños, sin que pueda imponerse a las

Administraciones una responsabilidad ajena a aquella diligencia?.

En tales circunstancias entendemos que procede establecer unha compensación de responsabilidades entre a Administración e a propia vítima; e, cara ao reparto das porcentaxes, acollemos o criterio establecido

polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ?nun caso próximo? resolto por sentenza 472/2016, do 6 de xullo (recurso de apelación

94/2016), na que logo de ser apreciado que ?la acera presentaba un estado mejorable, evidenciando con ello que la Administración omitió las labores de conservación de

la misma, lo que sin duda provocó la caída de la recurrente con las graves consecuencias padecidas?, se establece igualmente que:

?[...] si atendemos a la propia mecánica de la caída que describió en el curso del procedimiento la peligrosidad de la acera no debió

pasarle inadvertida (...) lo que nos lleva a concluir que en el presente caso existe una concurrencia de culpas que merece

ser apreciada a la hora de rebajar la indemnización reclamada por la apelante, en razón de atribuir a la propia perjudicada

un 60% en la incidencia causal de sus propios perjuicios?.

No caso analizado no presente ditame enténdese que os dous factores causais merecen igual peso na ponderación da orixe do dano, e que, a responsabilidade debe ser repartida nun 50% a cargo da Administración

e un 50% a cargo da propia vítima.

Sexta.

En canto á valoración económica do dano padecido pola reclamante, a proposta de resolución, malia non ter por acreditado o nexo causal entre a caída e o funcionamento do servizo público de estradas, entra

a valorar esta indicando:

?SEXTO.- En canto á valoración económica das ditas lesións. A reclamante solicita unha indemnización de 144.968,10 euros polas lesións sufridas como consecuencia deste accidente (lesións temporais

22.469,00 euros; prexuízo persoal moderado, dano moral en grao moderado 25.000,00 euros; prexuízo patrimonial. Dano emerxente:

axuda de terceira persoa e lucro cesante 23.496,82 euros; secuelas psicofísicas e estéticas 71.505,28 euros; gastos - dano

emerxente, fisioterapia 2.500,00 euros). Porén, a indemnización acreditada no suposto de que a súa vez resultara acreditado

o nexo causal ascende a 42.537,96 euros tendo en conta as seguintes consideracións:

En primeiro lugar, a reclamante, lesionada de 63 anos de idade na data do accidente, indica que como consecuencia deste accidente sufriu lesións temporais 429 días (desde o 26/10/2016 ao 29/12/2017),

dos que 7 días foron prexuízo grave (hospitalización) e os restantes 422 días foron prexuízo moderado e que lle quedaron secuelas

psicofísicas que valora en 40 puntos e estéticas que valora en 12 puntos. Presenta documentación médica, entre a que se atopa

o informe médico emitido o 01/03/2018 polo Dr. F. (Med&Tax).

Na instrución do expediente solicitáronse informes e documentación médica á Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; á médica de cabeceira da reclamante (T.) do Centro

Médico de Esgos; ao Dr. F.; e un informe médico pericial contraditorio ao Servizo de Riscos.

O Servizo de Riscos achega un ditame médico pericial que se emitiu tendo en conta a documentación médica achegada pola reclamante así como os informes e historial médico solicitados na instrución do

expediente. Consonte co dito informe, a data proposta como de estabilización lesional é o 07/08/2017. As consultas e revisións

posteriores non modificaron nin melloraron o curso evolutivo das lesións. Tiñan transcorrido 287 días.

Consonte coa Lei 35/2015, do 22 de setembro, de reforma do sistema para a valoración dos danos e perdas causados ás persoas en accidentes de circulación, resultan 7 días de prexuízo persoal particular

grave (Táboa 3.B) do 26/10/2017 ao 02/11/2016 e 280 días de prexuízo persoal particular moderado. Secuelas: consonte coa táboa

2.A.1. de clasificación e valoración de secuelas psico-físicas propoñen 20 puntos de prexuízo fisiolóxico (abolición de mobilidade

de ombreiro (75%) 15 puntos e ombreiro doloroso 5 puntos.

7 días p.p.p.g. x 75,00 euros/ día = 525,00 euros. 280 días p.p.p.m. x 52,00 euros/día = 14.560,00 euros. A suma total do prexuízo persoal (lesións temporais) ascende a 15.085,00 euros.

20 puntos de secuelas (prexuízo psicofísico) ascenden a 21.452,96 euros.

A reclamante solicita 25.000,00 euros de prexuízo persoal moderado, dano moral en grao moderado. No ditame pericial contraditorio proponse como acreditada unha contía de 3.500,00 euros polo concepto de

?prexuízo moral por perda de calidade de vida leve?, xa que as ditas secuelas se ben limitan algunhas das actividades de desenvolvemento

persoal da lesionada, son compatibles con unha perda de calidade de vida leve?.

Certamente o informe emitido a petición do Servizo de Riscos merece un maior grao de credibilidade ao estar subscrito por tres profesionais médicos expertos en avaliación do dano corporal e facer un

exame razoado das lesións padecidas pola interesada e a súa valoración polo miúdo, concluíndo en considerar unha indemnización

de 15.085,00 euros polas lesións temporais e 24.952,96 euros polas secuelas, o que fai un total de 40.037,95 euros.

A esta cantidade deben engadirse os gastos acreditados en rehabilitación e que ascenden a 2.500 euros.

Do total, 42.537,96 euros, a Administración debe indemnizar a parte reclamante no 50% deste importe, é dicir, 21.268,98 euros, contía que se entende actualizada por todos os conceptos á data de emisión

deste ditame.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa desfavorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire debendo indemnizarse a reclamante na contía indicada na consideración sexta?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Accidentes de trabajo. Paso a paso
Disponible

Accidentes de trabajo. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

13.60€

12.92€

+ Información

Administración inteligente y automática
Disponible

Administración inteligente y automática

Daniel Terrón Santos

12.75€

12.11€

+ Información

Delito de conducción temeraria y delito de fuga
Disponible

Delito de conducción temeraria y delito de fuga

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información