Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 129 de 10 de mayo de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...yo de 2023

Última revisión
21/07/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 129 de 10 de mayo de 2023

Tiempo de lectura: 104 min

Tiempo de lectura: 104 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 10/05/2023

Num. Resolución: 129


Cuestión

Resolución de contratos

Resumen

Resolución do contrato de subministración e colocación de sete escaleiras de aluminio de acceso aos nichos no cemiterio municipal de San Amaro na cidade da Coruña subscrito coa empresa G., S.L.

Organismo:

Concello da Coruña

Letrado:

Salgueiro Moreira

Propuesta:

Estimatoria

Conclusion:

Favorable

Relator:

Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Por resolución do 5.10.2022, ditada pola concelleira delegada da Área de Medio Ambiente e Sostibilidade do Concello da Coruña, por delegación da Xunta

de Goberno Local, adxudicouse á empresa G. S.L. o contrato de subministración e colocación de sete escaleiras de aluminio de acceso aos nichos

no cemiterio municipal de San Amaro, por importe de 27.934,06 ? (IVE incluído) e un prazo de execución de tres meses.

O procedemento de adxudicación foi o aberto simplificado ordinario. O contrato formalizouse o mesmo día 5.10.2022 (conforme co sinalado nas cláusulas 23 e 27 do anexo do Prego tipo de cláusulas administrativas particulares e na cláusula

31 deste prego tipo).

2.- Nun escrito do 21.10.2022, o contratista solicitou que ?Se resuelva el contrato por desistimiento del adjudicatario, antes de iniciar el suministro, por causas ajenas o no imputables

a G., S.L.?. No mesmo escrito o contratista refírese á imposibilidade de executar a prestación nos termos inicialmente pactados debido

a ?cuestiones técnicas? xurdidas logo da formalización do contrato.

O 16.11.2022 o responsable do contrato emitiu un informe sobre este escrito do contratista no que indica que as escaleiras que o contratista

pretende subministrar non se axustan ao prego técnico.

3.- O 27.2.2023, a concelleira delegada da Área de Medio Ambiente e Sostibilidade do Concello da Coruña, por delegación da Xunta de Goberno

Local, acordou iniciar un expediente de resolución do contrato citado no antecedente 1 deste ditame por incumprimento da obriga

principal do contrato, de conformidade co artigo 211.1.f) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público,

pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE,

do 26.2.2014 (en diante, LCSP).

4.- No seo do expediente o contratista presentou alegacións, opoñéndose á resolución do contrato pola causa invocada pola Administración.

5.- O 13.3.2023 formulouse a proposta de resolución, en sentido favorable á resolución do contrato pola causa prevista no artigo 211.1.f)

da LCSP.

6.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, tendo entrada neste organismo

o 13.4.2023.

7.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia resulta competente para a emisión do ditame a teor do establecido no artigo 12.g) da Lei

3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e no artigo 17.a) do seu Regulamento de organización e funcionamento,

aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por atinxir o expediente á resolución dun contrato administrativo no que se

formulou oposición por parte do contratista.

En efecto, no presente caso o ditame ten carácter preceptivo en aplicación do artigo 191.3.a) da LCSP, de aplicación ao presente

caso (atendida a data de adxudicación do contrato), que dispón que será preceptivo o ditame do Consejo de Estado ou órgano

consultivo equivalente da Comunidade Autónoma respectiva nos supostos de resolución de contratos, cando formule oposición

o contratista. No mesmo sentido cabe citar o artigo 321.3.a) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia,

de aplicación neste caso ao atopármonos ante un procedemento de resolución dun contrato administrativo tramitado por unha

entidade local.

Segunda.

Comezando polos aspectos procedementais, a prerrogativa legal de resolución dos contratos administrativos corresponde ao órgano

de contratación (artigos 190 e 212.1 da LCSP). Respecto desta cuestión, cabe indicar que no presente caso existe unha delegación

de competencias da Xunta de Goberno Local en virtude do acordo do 28.6.2019 (publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña núm. 124, do 3.7.2019).

E, no que atinxe á tramitación seguida, os requisitos formais que resultan esixibles en expedientes desta natureza foron suficientemente

observados, en especial a audiencia da empresa contratista (non existindo neste caso nin avalista nin asegurador, ao non constituírse

garantía), os informes da Asesoría Xurídica e da Intervención así como a formulación da proposta de resolución (artigo 191

e disposición adicional terceira, punto 8 da LCSP, artigo 109 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións

públicas, aprobado polo Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro -en diante, RXLCAP-, e artigo 321 da Lei 5/1997, do 22 de

xullo, de Administración local de Galicia). Cómpre engadir que, se ben os informes recadados na instrución do procedemento

son posteriores ao trámite de audiencia ao contratista, neles non se introducen elementos dos que este non tivera coñecemento,

polo que a falta de traslado de tales informes ao contratista non pode estimarse xeradora dunha indefensión que motive a devolución

do expediente por tal causa (por todos, ditames CCG 166/2022 e CCG 250/2022).

Procede, finalmente, sinalar que o procedemento que nos ocupa iniciouse o 27.2.2023, sen que conste a suspensión nin a ampliación do prazo para resolver. E, se ben na data de emisión deste ditame non tería

transcorrido o prazo para ditar e notificar a resolución, cómpre salientar que na actualidade este prazo é de tres meses,

logo de que a STC 68/2021, do 18 de marzo, declarara contrario á orde constitucional de competencias o artigo 212.8 da LCSP.

En efecto, ao non ser o número 8 do artigo 212 da LCSP un precepto básico, non é aplicable aos expedientes de resolución contractual

das entidades locais e, ante a ausencia dunha previsión autonómica galega reguladora do prazo para resolver os procedementos

de resolución de contratos das entidades locais, procede entender aplicable o prazo de tres meses previsto no artigo 21.3

da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas (en diante, LPAC), tendo

en conta a remisión á dita lei que contén á disposición derradeira cuarta da LCSP (doutrina seguida por este Consello Consultivo

en ditames como CCG 19/2021, CCG 240/2021, CCG 358/2021, CCG 408/2021, CCG 88/2022, CCG 177/2022, CCG 195/2022, CCG 223/2022 ou CCG 250/2022).

O anterior debe terse especialmente en conta neste caso, toda vez que, de transcorrer o prazo de tres meses sen que se dite

e notifique a resolución do procedemento, producirase a caducidade, como causa finalizadora deste (artigos 21.1 e 25.1.b)

da LPAC).

Terceira.

No que atinxe ao fondo, convén comezar recordando que a potestade resolutoria conferida á Administración en relación cos contratos

administrativos se enmarca dentro do ámbito das denominadas prerrogativas previstas no artigo 190 da LCSP, concibidas pola

doutrina como privilexios ou facultades exorbitantes, cuxo exercicio non se produce de xeito automático senón só cando o esixa

o interese público implícito en cada relación contractual. En efecto, conforme co principio de mantemento do contrato, a resolución

contractual configúrase pola xurisprudencia como ultima ratio cuxa aplicación queda sempre supeditada ás concretas esixencias do interese público. E iso porque, ordenada sempre a contratación

pública á satisfacción do interese xeral, resulta obvio que a finalización das relacións a que dá lugar aquela contratación

debe estar tamén presidida pola mesma causa. Deste modo, o emprego dilixente da prerrogativa de resolución contractual impón

a súa utilización cando o esixa a salvagarda do interese público implícito en cada relación contractual, atendendo á vocación

de servir con obxectividade os intereses xerais que o artigo 103 da Constitución española impón a toda actuación administrativa.

Neste caso, a causa de resolución invocada pola Administración é a prevista no artigo 211.1.f) da LCSP consistente en ?O incumprimento da obrigación principal do contrato?.

Pois ben, para o caso concreto de resolución do contrato por incumprimento por parte do contratista das súas obrigas contractuais,

ten sinalado este Consello Consultivo, en ditames como CCG 176/2020, CCG 13/2021 ou CCG 250/2022, que o mecanismo da extinción anticipada do contrato, por medio da súa resolución, constitúe, como reiteradamente ten sinalado

o Consejo de Estado, ?un medio de defensa de la parte cumplidora frente al incumplimiento de la otra parte, o frente a las alteraciones no justificadas

de los términos en que fuera concebido el equilibrio contractual en el momento de la conclusión del pacto? (ditames do Consejo de Estado núm. 820/2012, 1336/2005, 3007/2003, 2205/2000 ou 2853/1997).

Ademais, como manifestación do principio de mantemento do contrato ao que antes se aludiu, conforme unha reiterada doutrina

xurisprudencial (entre outras, STS do 10.3.1999, rec. 991/1993; STS do 29.4.2000, rec. 5639/1994, ou a máis recente STS do

22.1.2014, rec. 3644/2012), seguida por este Consello Consultivo, non abonda calquera incumprimento contractual para que se

produza o efecto resolutivo, senón que ha de traducirse nunha valoración do incumprimento grave e de natureza substancial

do contrato, ao ser a resolución a consecuencia máis grave que pode derivarse desta circunstancia. Nesta liña, por exemplo,

a STS do 22.1.2006, rec. 192/2003, con cita de sentencias previas, recorda que:

?[?] no todo incumplimiento puede generar la resolución contractual, sino que ello debe contemplarse en cada caso, atendidas las

circunstancias de toda índole que concurran para dilucidar en qué supuestos se trata de verdadero y efectivo incumplimiento

de las obligaciones contractuales, revelador de una voluntad deliberada y clara de no atender, dolosa o culposamente, los

compromisos contraídos, haciendo imposible la realización de la prestación por parte del contratista [?]?.

E engade o mesmo tribunal na posterior sentenza do 21.12.2007, rec. 10262/2004, respecto do elemento da culpa, que:

?La conclusión acerca de la culpa se obtiene contraponiendo el comportamiento del contratista con un patrón de diligencia

común al estándar ordinario de las obligaciones impuestas en el contrato. Son, por tanto, esenciales las condiciones que han

concurrido en el desarrollo del contrato a fin de valorar si hubo ausencia de previsión de acuerdo con la naturaleza de las

obligaciones y las circunstancias concretas de tiempo y lugar.

Por ello, la administración que acuerda resolver un contrato debe probar la existencia de una situación objetiva de incumplimiento

por parte del contratista. Por su parte el contratista deberá acreditar la existencia de una causa exoneradora de su responsabilidad?.

Cuarta.

Logo destas consideracións xerais e centrándonos xa no concreto suposto sometido a ditame, cómpre partir dos seguintes datos

que resultan do expediente.

O obxecto do contrato que nos ocupa vén constituído pola subministración de sete escaleiras de aluminio con guías no chan

e cun sistema de freado que impida o seu esvaramento destinadas ao uso polos usuarios e traballadores para acceder aos nichos

do cemiterio para a colocación de flores, limpeza, etc (cláusula 2 do anexo do Prego tipo de cláusulas administrativas particulares

e cláusula 2 do Prego de prescricións técnicas -en diante PPT-).

Na mesma cláusula 2 do anexo do Prego tipo de cláusulas administrativas particulares, así como na cláusula 1 do PPT, precísase

expresamente que ?La configuración del Cementerio Municipal de San Amaro determina que, en los departamentos 2º y 3º y sus respectivas ampliaciones,

se encuentren el 80% de los nichos del cementerio, la totalidad de las calles en pendiente, y los nichos de más altura llegan

a los 5,5 m de altura?.

E no que atinxe, en particular, ás características das escaleiras, estas deben estar fabricadas de conformidade coas normativas de tipo UNE e a restante normativa que se cita na cláusula 3 do PPT. Ademais, conforme coa cláusula 4 do PPT:

?Las características de las escaleras serán las que se describen a continuación:

Estructura base perfil tubular estructural

Largueros de apoyo de gradas estructural

Escalera fabricada en aluminio y con uniones soldadas

Altura de 4 m desde el suelo al rellano de la escalera (último peldaño)

El rellano será antideslizante y estará rodeado de una barandilla, salvo en el acceso, de 950 mm de altura

Las medidas del rellano serán 600x550 mm

Peldaños antideslizantes de 170 mm abocardados con desagüe para el agua

Pasamanos de seguridad a ambos lados los peldaños para subida al rellano

Frenos estabilizadores de usillo manual de 25 mm de diámetro, antioxidantes con topes de caucho

Ruedas de caucho o goma elástica

Barandillas en tubo de 25 mms

Carril guía de 80x40x2 de acero galvanizado en caliente y pintado con pintura epoxi al horno de 60 micras, con abertura central

para rueda metálica de 70 mms con rodamientos blindados autolubricados. Con piezas de amarre para hormigón y topes, de 34

m de largo por cada escalera

Carga máxima 150 kg

Marcado CE?.

As escaleiras debían ser subministradas e instaladas polo adxudicatario no prazo de tres meses a contar desde o día hábil

seguinte ao de acceso á notificación da resolución de adxudicación (cláusulas 14 e 27 do anexo do Prego tipo de cláusulas

administrativas particulares e cláusula 6 do PPT); acceso á notificación que tivo lugar o 5.10.2022.

Con posterioridade, o contratista presentou un escrito, do 21.10.2022, do seguinte teor:

?[?] a) Que G., S.L., DESISTE, antes de iniciar el suministro respectivo de la contratación referenciada, a tenor de lo regulado por el art. 306 de la

Ley 9/2017 de 8 de noviembre de Contratos del Sector Público.

b) Que el producto ofertado por nuestra mercantil, cumple fielmente las normativas aplicables y características técnicas,

que prescriben los Pliegos de Características Técnicas de la respectiva licitación.

c) Que una vez que el Órgano de Contratación ha nombrado al responsable del contrato, momento posterior a la formalización

del contrato, han surgido cuestiones técnicas (Carril guía) que implican que el producto requerido para cubrir la necesidad

del contrato es tipo ?Ad hoc? y no un producto fabricado-comercializado en serie; por consiguiente surge la imposibilidad

de ejecutar el suministro por parte de G., S.L. en los términos inicialmente pactados.

Por todo lo expuesto y en su virtud,

SOLICITA

1) Se resuelva el contrato por desistimiento del adjudicatario, antes de iniciar el suministro, por causas ajenas o no imputables

a G., S.L.?

En relación con esta solicitude, o responsable do contrato emitiu un informe, o 16.11.2022, no que sinala:

?[?] Que la mencionada empresa una vez adjudicado el contrato se puso en contacto con este departamento, enviándonos un correo

en el que se nos comunica que las escaleras que nos van a enviar son las que figuran en el archivo anexo pero que les gustaría

aclarar bien el tema del carril guía con el interlocutor municipal de la sección de cementerios.

Que en el citado archivo nos envían un catálogo de escaleras de almacén fabricadas en serie y para ser utilizadas en interiores

y con suelos totalmente planos, y que no van sujetas a ningún carril guía, por lo que no se ajustan de ninguna manera a lo

que se expone en el pliego técnico, y que además tienen todas las uniones atornilladas, con unas medidas que no coincidente

con las indicadas en el pliego y con una carga máxima muy inferior a lo establecido en el pliego.

Que en el pliego de prescripciones técnicas en su punto número 1, se determina con claridad que los nichos están situados

en calles en pendiente, y que se hace necesario un sistema seguro, y que cuente con la debida homologación CE.

Que en el punto número 2 se establece que el objeto del contrato es el suministro de 7 escaleras de aluminio con guías en

el suelo y con un sistema de frenado que impida su deslizamiento.

Que en el punto número 4, ?características del suministro?, se indica que deberán de tener estructura base perfil tubular

estructural, largueros de apoyo de gradas estructural, y que deberán estar fabricadas en aluminio y con uniones soldadas [?]?.

E, logo da incoación do expediente de resolución do contrato que nos ocupa, o contratista volveu insistir nas súas alegacións,

formuladas con ocasión do trámite de audiencia, en que:

?[?] a) Que el producto ofertado por nuestra mercantil, cumple fielmente las normativas aplicables y características técnicas,

que prescriben los Pliegos de Características Técnicas de la respectiva licitación, así como marcado CEE, y normativas de

tipo UNE-EN; son escaleras que se comercializa y usan en Cementerios municipales actualmente; independientemente que hubiese

que adaptarle un ?carril guía? y ?ruedas? para el uso en cuestión.

b) Que la descripción de este ?carril guía?, medidas, dimensiones, planos, desniveles, etc, no están suficientemente descritas

en los Pliegos de Características Técnicas, dado que ?la pendiente? que normalmente se expresa en % de desnivel no se recoge

en ninguna parte, ni existen plano, orientaciones, croquis, etc. Por los cuales determinar que se trata de unas escaleras

fabricadas a medida.

c) Que una vez que el Órgano de Contratación ha nombrado al responsable del contrato, momento posterior a la formalización

del contrato, han surgido cuestiones técnicas (Carril guía) que implican que el producto requerido para cubrir la necesidad

del contrato es tipo ?Ad hoc? y no un producto fabricado-comercializado en serie; por consiguiente surge la imposibilidad

de ejecutar el suministro por parte de G., S.L., en los términos inicialmente pactados.

Por todo lo expuesto y en su virtud,

SOLICITA

1) Se resuelva el contrato por desistimiento del adjudicatario, antes de iniciar el suministro, por causas ajenas o no imputables

a G., S.L. [?]?.

Quinta.

Do exposto na consideración precedente resulta que no expediente queda acreditado (sen que sexa un extremo controvertido polas

partes) que, transcorrido en exceso o prazo de execución do contrato, este non tivo lugar.

Agora ben, non pode ignorarse que, tanto no escrito do 21.10.2022 como nas alegacións que formulou en trámite de audiencia no seo do procedemento de resolución contractual que nos ocupa,

o contratista instou expresamente a resolución do contrato por desestimento e tamén aludiu á imposibilidade de executar a

prestación nos termos inicialmente pactados.

Polo tanto, tanto a Administración como o contratista teñen vontade de resolver o contrato pero difiren na causa invocada.

Chegados a este punto é necesario traer a colación a previsión contida no artigo 211.2 da LCSP (recollida tamén na cláusula

51 do Prego tipo de cláusulas administrativas particulares), conforme coa cal:

?2. Nos casos en que concorran diversas causas de resolución do contrato con diferentes efectos en canto ás consecuencias

económicas da extinción, deberase atender á que aparecese con prioridade no tempo?.

Conforme con este precepto, e en palabras da STS do 9.1.2012, rec. 1523/2009, debe ?aplicarse de manera preferente la causa que se hubiera producido primero desde el punto de vista cronológico?. Polo tanto, é a causa de resolución que concorre en primeiro lugar a que pode ter virtualidade resolutoria pois ?la resolución de un contrato procede al acaecer el evento previsto por la Ley, de modo que si posteriormente sobrevienen otras

causas, estas son ya irrelevantes? (ditame do Consejo de Estado 347/2017).

En consecuencia, neste caso é necesario analizar se concorren as causas de resolución invocadas polo contratista pois, de

ser efectivamente así, serían previas e impedirían a operatividade (e, polo tanto, excluirían o exame) da causa de resolución

relativa ao incumprimento da obriga principal do contrato invocada pola Administración (por todos, ditames CCG 63/2020 e CCG

250/2022).

Nesta análise debemos partir de que nos atopamos ante un contrato administrativo de subministración, cuxa extinción pode ter

lugar, ademais de polas causas xerais do artigo 211 de la LCSP, polas específicas que para esta categoría de contratos recolle

a LCSP no seu artigo 306. Os ditos preceptos (aos que remite expresamente a cláusula 26 do anexo do Prego tipo de cláusulas

administrativas particulares) contemplan un numerus clausus de causas de resolución contractual sen que, polo tanto, o contrato poida resolverse por causas distintas das legalmente

previstas.

No que aquí interesa, entre as causas legais de resolución dun contrato administrativo de subministración atópase o desestimento.

En concreto, dispón o artigo 306 da LCSP:

?Son causas de resolución do contrato de subministración, ademais das xerais, as seguintes:

a) A desistencia antes da iniciación da subministración ou a suspensión da iniciación da subministración por causa imputable

á Administración por prazo superior a catro meses a partir da data sinalada no contrato para a entrega, salvo que no prego

se sinale outro menor.

b) A desistencia unha vez iniciada a execución da subministración ou a suspensión da subministración por un prazo superior

a oito meses acordada pola Administración, salvo que no prego se sinale outro menor?.

O desestimento previsto neste precepto como causa de resolución é, en exclusiva, o que poida acordar a Administración, de

aí que, en relación cos efectos da resolución, o artigo 307 da LCSP dispoña:

?1. A resolución do contrato dará lugar á recíproca devolución dos bens e do importe dos pagamentos realizados e, cando non

sexa posible ou conveniente para a Administración, esta deberá aboar o prezo dos efectivamente entregados e recibidos de conformidade.

2. Nos supostos establecidos na letra a) do artigo anterior, só terá dereito o contratista a percibir, por todos os conceptos,

unha indemnización do 3 por cento do prezo da adxudicación do contrato, IVE excluído.

3. Nos supostos recollidos na letra b) do artigo anterior, o contratista terá dereito a percibir, por todos os conceptos,

o 6 por cento do prezo de adxudicación do contrato das subministracións deixadas de realizar en concepto de beneficio industrial,

IVE excluído; enténdense por subministracións deixadas de realizar as que resulten da diferenza entre as reflectidas no contrato

primitivo e as súas modificacións aprobadas, e as que se realizasen ata a data de notificación da desistencia ou da suspensión?.

A LCSP, pois, só prevé como causa de resolución do contrato administrativo de subministración o desestimento por parte da

Administración, pero non por parte do contratista. Neste sentido, se ben respecto de normativa contractual previa, cabe traer

a colación o sinalado ao respecto na sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 5.11.2008, rec. 7714/2006 , conforme

coa cal:

?El TR de la LCAP, igual que la vigente LCSP, prevé el desistimiento unilateral por parte de la Administración [?] como causa específica de resolución en los contratos de obras, suministros o de servicios y en cambio no prevé la posibilidad

de renuncia por parte del contratista entendida como facultad de cualquiera de las partes de poner fin a una relación contractual,

lo que evidencia una diferencia de régimen entre el contenido en el código civil y el contenido en el Derecho Administrativo,

producto de aquella modulación de la institución contractual en ámbito del sector público?.

Por maior abastanza, tal desestimento constitúe un ?remedio excepcional? de modo que ?la Administración sólo podrá desistir del contrato cuando razones de interés público así lo aconsejen. No se configura como

una opción de libre utilización por la misma, sino como una solución a la que únicamente podrá acudirse cuando la prosecución

de las actuaciones o de la ejecución del contrato perjudique el interés público o sea incompatible con él? (ditames do Consejo de Estado 1336/2005, 1208/2008 ou o máis recente 992/2018, e os ditames que neles se citan; doutrina

seguida por este órgano consultivo, por exemplo, no CCG 202/2022).

Desbotada, pois, a posibilidade de resolución do contrato que nos ocupa por desestimento do contratista, procede analizar

a continuación a outra causa invocada por este, relativa á imposibilidade de executar a prestación nos termos inicialmente

pactados.

O artigo 211.1.g) da LCSP recolle como causa de resolución dos contratos administrativos ?A imposibilidade de executar a prestación nos termos inicialmente pactados, cando non sexa posible modificar o contrato conforme

os artigos 204 e 205; ou cando, dándose as circunstancias establecidas no artigo 205, as modificacións impliquen, illada ou

conxuntamente, alteracións do seu prezo en contía superior, en máis ou en menos, ao 20 por cento do prezo inicial do contrato,

con exclusión do imposto sobre o valor engadido?.

En relación con esta causa de resolución, recorda o Consejo de Estado, en ditames como o 879/2018, que:

?[?] según señalara el Consejo de Estado en sus dictámenes números 499/2016, de 23 de junio, y 754/2016, de 29 de septiembre:

?Como es sabido, la causa de resolución contractual aquí alegada fue introducida por la Ley 2/2011, de 4 de marzo, de Economía

Sostenible. Como resaltaba el Consejo de Estado en su dictamen nº 215/2010, de 18 de marzo (sobre el anteproyecto de esta

ley), la reforma perseguía, con base en las exigencias del Derecho de la Unión Europea, una restricción de las posibilidades

de modificación de los contratos públicos con posterioridad a su adjudicación; como complemento de este nuevo régimen, el

legislador introdujo la causa de resolución analizada, con el objetivo de permitir poner fin al vínculo convencional en aquellos

supuestos en los que el contrato no puede ser modificado, pero tampoco ejecutado en los términos inicialmente pactados, motivo

por el cual la resolución conlleva, como regla general, el derecho del contratista a una indemnización del 3% del importe

de la prestación dejada de realizar, salvo que la causa de resolución le sea imputable [?]??.

Sentado o anterior, ha de partirse de que, conforme co artigo 139.1 ab initio da LCSP (reproducido na cláusula 19 do Prego Tipo de cláusulas administrativas particulares):

?1. As proposicións dos interesados deberanse axustar aos pregos e documentación que rexen a licitación, e a súa presentación

supón a aceptación incondicionada por parte do empresario do contido da totalidade das súas cláusulas ou condicións, sen excepción

ou reserva ningunha [...]?.

De acordo co anterior, neste caso a entidade adxudicataria presentou unha proposición, aceptando, polo tanto, o disposto nos

pregos. No entanto, nun escrito posterior á formalización do contrato alegou que non lle era posible executar o contrato nos

termos inicialmente pactados debido a que as escaleiras que deben subministrarse son unhas escaleiras ?ad hoc? e non unhas escaleiras fabricadas e comercializadas en serie.

Pois ben, as esixencias técnicas das escaleiras que deben ser obxecto de subministración son as previstas no PPT e o contratista

ten a obriga de entregar os bens obxecto da subministración no tempo e lugar fixados no contrato e de conformidade coas prescricións

técnicas e as cláusulas administrativas (artigo 300.1 da LCSP e cláusulas 33 e 41.a) do Prego tipo de cláusulas administrativas

particulares).

Os posibles erros ou equívocos no entendemento das esixencias do prego nos que, de ser o caso, puido incorrer o contratista

non son imputables á Administración senón á súa falta de dilixencia na participación na licitación e na formulación da oferta,

debendo, en consecuencia, soportar as consecuencias do incumprimento dese deber de dilixencia.

En efecto, a Administración concretou suficientemente na documentación relativa á contratación os bens que pretendía adquirir,

conforme coa descrición detallada no PPT. Ademais, como se indica expresamente na cláusula 23 do Prego tipo de cláusulas administrativas

particulares, os licitadores tiñan a posibilidade de solicitar á Administración información adicional sobre os pregos e demais

documentación complementaria, antes de presentar as súas proposicións, no caso de estimalo necesario co fin de garantir que

as súas proposicións se axustaran ás esixencias dos pregos e que, en consecuencia, se atoparan en condicións de executar o

contrato nos termos pactados para o caso de resultar adxudicatarios.

O ata aquí exposto leva a concluír que non estamos ante unha imposibilidade de executar a prestación nos termos inicialmente

pactados prevista como causa de resolución no artigo 211.1.g) da LCSP, ao non quedar acreditada ningunha imposibilidade de

execución material ou técnica que, se for o caso, puidera liberar ao contratista da súa obriga de executar o pactado.

En suma, o que o contratista cualifica de desestimento ou de imposibilidade de execución do contrato constitúe en realidade

unha renuncia daquel á execución do contrato nos termos pactados e o conseguinte incumprimento da obriga principal do contrato,

consistente na subministración, non dunhas escaleiras calquera, senón especificamente daquelas que reúnan as esixencias previstas

nos pregos.

Cabe, finalmente, engadir que este incumprimento, imputable ao contratista, resulta relevante desde a perspectiva do interese

público ao que responde a contratación pois, transcorrido sobradamente o prazo de execución do contrato, nada se executou

nin existe vontade de cumprimento por parte do contratista.

De acordo co exposto, estimamos que a decisión de resolver o contrato, fronte á alternativa de imposición de penalidades,

resulta neste caso xustificada e proporcionada.

O parecer deste órgano consultivo é, pois, favorable á resolución do contrato pola causa prevista no artigo 211.1.f) da LCSP.

Sexta.

Restaría, finalmente, facer mención a que, en relación cos efectos da resolución, o artigo 213.3 da LCSP establece que:

?3. Cando o contrato se resolva por incumprimento culpable do contratista, seralle incautada a garantía e deberá, ademais,

indemnizarlle á Administración os danos e perdas ocasionados no que excedan o importe da garantía incautada?.

No que atinxe á garantía, neste caso non se constituíu ao terse seguido para a adxudicación do contrato o procedemento aberto

simplificado abreviado do artigo 159.6 da LCSP.

E, respecto da indemnización polos danos e perdas, na proposta de resolución indícase que ?actualmente no se consideran la existencia de daños ni perjuicios, evaluables económicamente, ocasionados a esta Administración?.

Non obstante o anterior, estímase que procede a apertura dun expediente contraditorio de cara a determinar con máis precisión

a concorrencia ou non de danos e perdas e, en caso afirmativo, o seu alcance, respectando, en todo caso, o dereito de defensa

do contratista (por todos, CCG 215/2020, CCG 179/2021 ou CCG 7/2022 e os ditames que neles se citan). Na mesma liña, o artigo 113 do RXLCAP, relativo á determinación dos danos e perdas que

deba indemnizar o contratista, prevé que:

?Nos casos de resolución por incumprimento culpable do contratista, a determinación dos danos e perdas que deba indemnizar

levaraa a cabo o órgano de contratación en decisión motivada logo de audiencia deste, atendendo, entre outros factores, ó

atraso que implique para o investimento proxectado e ós maiores gastos que lle ocasione á Administración?.

Finalmente, o feito de producirse a resolución contractual por causa imputable ao contratista constitúe unha circunstancia

determinante da prohibición de contratar, como resulta do previsto no artigo 71.2.d) da LCSP, debendo procederse a tramitación

do correspondente procedemento conforme co artigo 72 da mesma lei.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Tipos de contratos del sector público. Paso a paso
Novedad

Tipos de contratos del sector público. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

15.30€

14.54€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Ley de Contratos del Sector Público - Código comentado (DESCATALOGADO)
Disponible

Ley de Contratos del Sector Público - Código comentado (DESCATALOGADO)

José Luis Gil Ibáñez

59.45€

14.86€

+ Información

La responsabilidad civil del abogado
Disponible

La responsabilidad civil del abogado

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Sociedad de Responsabilidad Limitada
Disponible

Sociedad de Responsabilidad Limitada

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información