Dictamen de Consello Cons...il de 2021

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 124 de 28 de abril de 2021

Tiempo de lectura: 32 min

Tiempo de lectura: 32 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 28/04/2021

Num. Resolución: 124


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por R., polos danos sufridos como consecuencia dun accidente laboral na Eoxi Pontevedra e o Salnés.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Guizán

Propuesta: Inadmisión

Conclusion: Favorable

Relator: Souto Souto

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 13.11.2020 R., enfermeira no Complexo Hospitalario de Pontevedra (en diante, CHOP), interpón ante o Servizo Galego

de Saúde unha reclamación de responsabilidade patrimonial por mor do accidente laboral sufrido o día 9.6.2018 ao suxeitar

a un paciente que pretendía tirarse pola ventá do precitado hospital, o que lle ocasionou un grave traumatismo no ombreiro

e brazo esquerdos.

Sinala a este respecto a parte reclamante como:

?[?]

l.- A interesada presta servizos como persoal estatutario fixo coa categoría profesional de Enfermeira para o SERGAS con destino no Servizo de Medicina Interna ID do Hospital Provincial de Pontevedra

dependente desa Xerencia.

II.- Sobre as 23:00 horas do día 9 de xuño de 2018, a solicitante padeceu un accidente de traballo no seu destino cando prestaba servizos no seu destino e quenda de traballo, ao verse obrigada a suxeitar

a un paciente dunha tentativa de suicidio, xa que pretendía tirarse pola ventá da habitación do citado centro hospitalario

onde se atopaba ingresado; como consecuencia dos labores de auxilio, a solicitante sufriu un traumatismo grave no seu ombreiro

e brazo esquerdos.

III.- Como consecuencia do accidente sinalado anteriormente, a solicitante recaeu en situación de Incapacidade Temporal derivada

de accidente de traballo dende o mesmo día 9.06.2018 ata ó 3.12.2019, isto é, un total de 543 días de prexuízo moderado.

IV.- Dito accidente tivo como causas do mesmo un procedemento de traballo non axeitado, por carecer o centro hospitalario dunha instalación do mobiliario e arquitectónica da habitación que impedise ao

paciente psiquiátrico o acceso directo á ventá pola tentou o suicidio, polo que se deu unha ausencia evidente de medidas de

prevención e protección fronte a riscos laborais totalmente previsibles, así como evidente fallo de previsión dos riscos de

traballo aos que indebidamente estivo exposta a solicitante accidentada.

[?]?.

Solicítase unha indemnización por importe de 33.792,69 ?.

Xunto coa reclamación achégase, entre outra documentación, o parte do accidente de traballo, o informe de xestión de accidentalidade da Área de Prevención de Riscos Laborais do CHOP, un informe pericial

de avaliación do dano corporal asinado polo doutor P. o 16.10.2020 así como a factura correspondente á emisión do antedito

informe pericial.

2. O 5.2.2021 acordouse o inicio do procedemento de responsabilidade e se nomeou á persoa instrutora daquel.

3.- O 17.3.2021 ditouse unha proposta de resolución no sentido de inadmitir a trámite a reclamación presentada ?por canto a referida solicitude debe ser exercida diante da xurisdición social, competente para o coñecemento das accións

derivadas do incumprimento da normativa de prevención de riscos laborais no accidente laboral referido?.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 21.4.2021.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do presente ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

A análise do expediente sobre o que se solicita o ditame pon de manifesto que a pretensión esgrimida constitúe un caso de reclamación de danos e perdas formulada por unha empregada pública en relación co

incumprimento polo seu empregador, neste caso o Servizo Galego de Saúde, das obrigas en materia de prevención de riscos laborais,

que afectou directamente á agora reclamante.

O Consello Consultivo de Galicia tense pronunciado reiteradamente (por todos, o CCG 331/2018) no sentido de que non procede canalizar unha petición de indemnización

pola canle da responsabilidade extracontractual da Administración, cando o feito causante, e a correspondente reparación do

dano, teñen outra canle procedemental específica. Neste punto, asumiuse unha liña doutrinal pacífica que xa viña expoñendo

o Consejo de Estado (entre outros, ditames núm. 48.675, do 20.2.1986; 48.115, do 2.4.1986; 549/96, do 16.5.1996).

A memoria do ano 2005 do Consejo de Estado referíndose ao establecido no artigo 106.2 da Constitución, afirma:

?Tal precepto supone la constitucionalización del derecho de los particulares a obtener la reparación de las lesiones consiguientes

al funcionamiento de los servicios públicos. Mas si bien la formulación constitucional tiene un amplio y eficaz ámbito de

cobertura, no pretende reducir a una unidad, en su determinación, procedimiento, alcance y efectos la diversidad de los supuestos

indemnizatorios existentes en el ordenamiento, particularmente los que figuran y actúan en el seno de concretas relaciones

jurídicas.

[?].

No procede encauzar una petición de indemnización por la vía de la responsabilidad extracontractual de la Administración cuando el supuesto de hecho causante y la correspondiente reparación

del daño tiene otra vía procedimental específica, prevista en el ordenamiento jurídico. Ello es así porque, tratándose de

daños y perjuicios susceptibles de consideración a través de una vía específica, es en el marco de esa vía, y no en las disposiciones

sobre responsabilidad patrimonial de la Administración en general, donde deberán examinarse las reclamaciones formuladas por

los interesados?.

Terceira.

Certamente, como ten sinalado este Consello (vide, por todos, o CCG 165/2020), resulta pacífica a admisión da posibilidade de acudir á responsabilidade patrimonial da Administración

para a compensación do dano sufrido por empregados públicos derivado de continxencia profesional cando as prestacións da Seguridade

Social resulten insuficientes para a íntegra compensación do dano causado.

Mais, establecido o anterior, cómpre precisar de inmediato que a competencia para coñecer das pretensións que, como ocorre neste caso, versen sobre o cumprimento das obrigas en materia de

prevención de riscos laborais, corresponde aos órganos xurisdicionais da orde social (neste sentido, o CCG 57/2018, CCG 124/2018

ou CCG 226/2020).

Así resulta do artigo 2, Ámbito da orde xurisdicional social, alínea e), da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social, cando dispón:

?Os órganos xurisdicionais da orde social [?] coñecerán das cuestións litixiosas que se promovan:

[?]

a) Para garantir o cumprimento das obrigas legais e convencionais en materia de prevención de riscos laborais, tanto fronte ao

empresario como fronte a outros suxeitos obrigados legal ou convencionalmente, así como para coñecer da impugnación das actuacións

das administracións públicas na dita materia respecto de todos os seus empregados, ben sexan estes funcionarios, persoal estatutario

dos servizos de saúde ou persoal laboral, que poderán exercer as súas accións, para estes fins, en igualdade de condicións

cos traballadores por conta allea, incluída a reclamación de responsabilidade derivada dos danos sufridos como consecuencia

do incumprimento da normativa de prevención de riscos laborais que forma parte da relación funcionarial, estatutaria ou laboral;

e sempre sen prexuízo das competencias plenas da Inspección de Traballo e Seguridade Social no exercicio das súas funcións?.

Esta prescrición debe ser posta en relación co establecido, nos artigos 2.e) e 3.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Se ben o primeiro atribúe, con

carácter xeral, á referida orde xurisdicional a competencia para coñecer das cuestións que se susciten en relación coa responsabilidade

patrimonial das administracións públicas, o segundo exclúe do seu coñecemento as cuestións expresamente atribuídas á orde

xurisdicional social, aínda que estean relacionadas coa actividade da administración pública.

A competencia da xurisdición social para coñecer das pretensións do persoal empregado público, en relación co eventual incumprimento da normativa en materia de prevención de riscos laborais, ten sido

avalada, ademais, pola Sala Especial de Conflitos do Tribunal Supremo no seu Auto número 12/2019, do 6 de maio, no que se

declara a competencia da xurisdición social para coñecer dos recursos presentados por empregados públicos aducindo posibles

infraccións en materia de prevención de riscos laborais, sinalando, polo que aquí nos interesa, que unha eventual reclamación

de danos fundada na infracción da normativa de prevención de riscos laborais tamén sería en todo caso competencia da xurisdición

social. Segundo o referido auto, "En tal caso, la posterior reclamación, en la alegada infracción de la normativa de prevención de riesgos laborales, sería

de competencia del orden social. En efecto, podría resultar incluso admisible el conocimiento por los órganos del orden social

de las demandas de reclamación de daños y perjuicios derivados de accidente de trabajo o enfermedad profesional sufridos por

un funcionario de carrera cuando su fundamento sea la infracción de la normativa de prevención de riesgos laborales. Esta

atribución competencial fue declarada por la Sala Cuarta TS en su STS de 1 de marzo de 2018, si bien, como consecuencia de la falta de contradicción de las sentencias

de contraste invocadas en el recurso, se declaró la firmeza de la sentencia de instancia recurrida, procedente del TSJ de

la Comunidad Valenciana.

Por tanto, si ahora se decidiera que el conocimiento de la primera demanda - la que tiene por único objeto la declaración de que la incapacidad sufrida tuvo un origen profesional - corresponde al orden

contencioso-administrativo, en caso de que resultara estimada y la actora pretendiera luego reclamar los perjuicios sufridos

ante el orden social, se la estaría abocando al ?peregrinaje de jurisdicciones? que la exposición de motivos de la LRJS quiere

evitar".

Neste mesmo sentido, poden citarse, entre outras, no ámbito da xurisdición contencioso ? administrativa, as recentes sentenzas do Tribunal Superior de Castela e León

do 11.12.2020, recurso núm. 375/2020, e do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid do 26.10.2020, recurso núm. 773/2018; e,

xa no ámbito da xurisdición social, a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Murcia do 12.1.2021, recurso núm. 280/2020,

e do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco do 24.11.2020, recurso núm. 1321/2020.

Por todo o que se vén de dicir, a petición da interesada sitúanos, xa que logo, diante dunha pretensión atribuída á orde xurisdicional social, polo que non pode tramitarse coma un expediente de responsabilidade

patrimonial da Administración; e, en consecuencia, o xuízo deste órgano consultivo é favorable á inadmisión da reclamación

presentada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución de inadmisión da reclamación presentada?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Accidentes de trabajo. Paso a paso
Disponible

Accidentes de trabajo. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

13.60€

12.92€

+ Información

Robótica y Responsabilidad
Disponible

Robótica y Responsabilidad

Manuel Iglesias Cabero

10.92€

10.37€

+ Información

Indemnizaciones asociadas a las contingencias profesionales
Disponible

Indemnizaciones asociadas a las contingencias profesionales

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Investigación de accidentes de trabajo
Disponible

Investigación de accidentes de trabajo

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Prestaciones en el RETA: Jubilación y accidente laboral
Disponible

Prestaciones en el RETA: Jubilación y accidente laboral

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información