Dictamen de Consello Cons...re de 2020

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 124 de 23 de septiembre de 2020

Tiempo de lectura: 43 min

Tiempo de lectura: 43 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 23/09/2020

Num. Resolución: 124


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por I., en nome e representación de L., polos danos e perdas tras sufrir un accidente co resultado de fractura de ombreiro e da que foi tratada no Hospital Público de Monforte.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Quintana Acebo

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- I., en nome e representación de L., presentou, con data 15.10.2019, unha reclamación de responsabilidade patrimonial pola

que considera defectuosa atención prestada no servizo público sanitario.

No escrito indica: ?[?] El paupérrimo manejo diagnóstico y terapéutico de la fractura subcapital del húmero izquierdo, con una consolidación viciosa

en varo y recurvatum, previsible y evitable con una adecuada sujeción a la lex artis de la Medicina y Cirurgía dejaron a la

paciente -enfermera de profesión- con un hombro absolutamente inútil?.

Solicita unha indemnización total de 340.000,00 ?.

2.- Instruído o procedemento conforme á Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións

públicas (en diante, LPAC), consta nel a historia clínica da doente amais de informes remitidos polos servizos de Traumatoloxía

e de Rehabilitación (de data 28.1.2020). Consta, tamén, un informe da Unidade de Saúde Laboral (4.2.2020).

3.- No trámite de audiencia, a parte interesada reiterou a súa petición inicial nun escrito presentado o día 10.3.2020.

4.- O órgano instrutor emitiu unha proposta de resolución, con data 11.3.2020, en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 15.6.2020.

6.- Na Sección de Ditames que tivo lugar con data 25.6.2020 acordouse, ao abeiro do artigo 34.4 do seu Regulamento de organización

e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, devolver o expediente para que se completase a súa instrución.

7.- O expediente tivo de novo entrada neste órgano consultivo o día 28.8.2020, nel inclúese unha proposta de resolución, datada

o 25.8.2020, co seguinte teor literal:

?[?]

A solicitude foi presentada mais dun ano despois de que se consideraran consolidadas as lesións e dada de alta a paciente nos diferentes servizos (19/12/2016 se lle da alta no S. Traumatoloxía e

se remite a rehabilitación, o 2/02/2017 no S. Rehabilitación Monforte se lle da alta, e o 23/03/2017 o INSS non lle recoñece

a incapacidade permanente), polo que estaría prescrito o dereito a reclamar.

PROPOSTA

Por conseguinte, realízase proposta desfavorable á presente reclamación de esixencia de responsabilidade patrimonial da Administración por danos derivados da asistencia sanitaria prestada, ao abeiro

do disposto no Capitulo IV da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público?.

8.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do presente ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, en virtude do disposto no artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do Decreto

91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o seu Regulamento de organización e funcionamento, por tratarse dunha reclamación

de responsabilidade patrimonial interposta contra a administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en diante, LPAC) (aspectos procedementais) e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do

sector público (en diante, LRXSP).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite á parte interesada

exercitar as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Precisamente, o último presuposto aludido merece unha especial consideración no presente caso, pois o fundamento da proposta de resolución para propugnar a inadmisión da reclamación é o da extemporaneidade

desta.

O artigo 67.1 da LPAC indica que a parte interesada só poderán solicitar o inicio dun procedemento de responsabilidade patrimonial cando non teña prescrito o dereito a reclamar, circunstancia que se

producirá ao ano de producido o feito ou o acto que motive a indemnización ou de manifestarse o seu efecto lesivo; se ben,

para o caso de danos de carácter físico ou psíquico ás persoas, o precepto prevé que o prazo empezará a computarse dende a

curación ou a determinación do alcance das secuelas.

En relación co dies a quo para o cómputo do prazo, o Tribunal Supremo ten establecido que aquel dá comezo desde que se establezan os efectos lesivos

no patrimonio da parte reclamante, que é cando hai coñecemento suficiente para avaliar a súa extensión e alcance, tendo en

conta que o Código Civil segue o principio da actio nata e dispón que o tempo para a prescrición de toda clase de accións, cando non hai disposición especial que outra cousa determine,

se contará desde o día en que puideron exercitarse as respectivas accións; o que para os efectos dunha posible esixencia de

responsabilidade implica o cómputo do termo para a prescrición a partir do intre no que o prexudicado tivo coñecemento do

dano que sufriu (vide Sentenza do Tribunal Supremo do 27.5.2016, ?La determinación del ?dies a quo? para el cómputo del plazo de prescripción parte de la teoría de la ?actio nata?, que tal

y como ha sido formulada por nuestra jurisprudencia se basa en el completo conocimiento de las consecuencias dañosas, y, que

en el caso de lesiones y secuelas se sitúa en el momento en el que el lesionado conoció el alcance de las mismas, tal y como

expresamente dispone el art. 142.5 de la Ley 30/1992 (RCL 1992, 2512, 2775 y RCL 1993, 246). Y este conocimiento dependerá

de los datos existentes y de que éstos sirvan para determinar que la lesión o secuela se ha consolidado y sea posible conocer

el alcance real del daño que se reclama. La determinación de cuándo se produce esta circunstancia y, por lo tanto, cuando

es posible ejercitar la acción, comenzando el computo del plazo de prescripción, depende de las circunstancias de cada caso,

y de las pruebas practicadas (por todas, sentencias de esta Sección Sexta de 28 de febrero de 2007 (RJ 2007, 3678), casación

5536/03; de 24 de febrero de 2009 (RJ 2009, 1098), casación 8524/09; de la Sección Cuarta de esta Sala Tercera de 20 de diciembre

de 2013 (RJ 2013, 8231), casación 4606/12)?. Para o inicio do cómputo do prazo de prescrición abondaría, pois, con que o dano fose ?previsible en su evolución y en su determinación, y por tanto, cuantificable? (STS 6.5.2015).

Os perfís da institución da prescrición apuntan, de acordo cunha doutrina e xurisprudencia consolidadas, a un criterio razoablemente flexible na apreciación do cómputo do prazo,

máis que ao formal e abstracto, ao fuxir, así, de aplicacións contra cives ou contrarias ao criterio pro actione, pero non pode ter esta interpretación unhas contornas tan difusas que fagan impracticable o referido instituto.

Por outra parte, debe ser ponderado que na determinación do dies a quo o Tribunal Supremo admite a temporaneidade dunha reclamación cando se producen secuelas que eran imprevisibles ao tempo do

diagnóstico, e distingue entre danos permanentes e danos continuados.

Segundo razoa a STS do 24.4.2012:

?También es evidente que surgen casos en la realidad sanitaria en que ni existe auténtica curación ni la posibilidad de determinación

del alcance de las secuelas; y ello bien porque la propia naturaleza de la enfermedad no permita prever la posible evolución

de las mismas, bien porque en el devenir de su desarrollo se produzcan secuelas imprevistas y no determinadas, en cuyos supuestos

este Tribunal ha venido aceptando la posibilidad de la existencia de una temporánea reclamación a pesar de haberse producido

la misma fuera del periodo del año desde que inicialmente se produjo el diagnóstico en atención a esa imposibilidad de determinación

concreta en toda su extensión del daño sufrido. Es el supuesto de enfermedades de evolución imprevisible como son las derivadas

del contagio de la hepatitis C o del SIDA o aquellos otros ocasionales casos en que la enfermedad inicialmente diagnosticada

se traduce en unas secuelas de imposible predeterminación en su origen. En estos últimos casos ha afirmado, efectivamente,

esta Sala que si del hecho originador de la responsabilidad se infieren perjuicios o daños que no pueden ser determinados

en su alcance o cuantía en el momento de ocurrir el acontecimiento dañoso, el plazo de prescripción no comienza a computarse

sino a partir del momento en que dicha determinación es posible, aceptando igualmente que en aquellas enfermedades excepcionales

de imprevisible evolución, el daño pueda ser reclamado, como continuado, en cualquier momento?.

A tradicional distinción entre danos continuados e danos permanentes recóllese en sentenzas como a STS do 6.5.2015, na que se predica dos primeiros ?que no permiten conocer en el momento en que se producen los efectos definitivos de una lesión y en los que, por tanto, el

dies a quo será aquél en que ese conocimiento se alcance?, fronte ao caso dos danos permanentes ?que aluden a lesiones irreversibles e incurables, aunque no intratables?.

En terceiro lugar hai que considerar que para que se entenda producida a determinación do alcance das secuelas non é necesario que estas sexan perfectamente uniformes e homoxéneas no tempo, pois

o Tribunal Supremo ten apreciado o inicio do cómputo do prazo de prescrición cando se coñecen as secuelas dunha doenza ?aunque en los aspectos no esenciales de la enfermedad, la evolución puede ser más o menos gravosa? (STS do 3.10.2014).

Para o inicio do cómputo do prazo de prescrición abondaría, pois, con que o dano fose ?previsible en su evolución y en su determinación, y por tanto, cuantificable? (STS 6.5.2015).

Cuarta.

No presente caso, segundo a historia clínica a Sra. L. con antecedentes de dores crónicas osteomusculares e con historial clínico de dores de raque cervical

e lumbar e cefaleas tratados en Traumatoloxía e noutros servizos dende 2004, foi intervida o día 22.4.2015 no Hospital Comarcal

de Monforte por presentar unha ?fractura desplazada de húmero izquierdo?, realizándose ?ostesíntesis (reducción y fijación interna con placa atornillada?.

O informe do Servizo de Traumatoloxía (de data 28.1.2020) refire que a fractura consolidou de xeito normal, pero persistiu o dor, polo que foi de novo intervida no centro de referencia, Hospital Lucus Augusti

o día 28.11.2016 para retirada de material de osteosíntese. Foi remitida ao servizo de Rehabilitación onde foi dada de alta

en febreiro de 2017. O informe emitido por este servizo (de data 28.1.2020) sinala a seguinte evolución:

?En data 2-02-2017 acude tras retirada de material osteosíntese o 28-11-2016 referindo melloría sintomática dende intervención

amosando na exploración un Balance Articular e muscular normais polo que non precisou tratamento e foi dada de alta?.

O 15.07.2019 foi remitida desde A. Primaria para nova valoración, sendo consultada pola Dra. D. Refería cadro de dous anos de evolución de dor e contractura trapecio esquerdo que irradiaba a cóbado

D por forzar a outra extremidade, se acompañaba de bloqueos cervicais.

Na exploración o BA cervical libre, puntos gatillo ++ ambos trapecios, BA ombro esquerdo libre con limitación últimos grados secuelar. Ombro non doloroso.

Diagnóstico: Síndrome miosfacial cervical?.

O informe realiza a seguinte valoración:

?En resumen, o resultado do tratamento da fractura de ombro pódese considerar satisfactorio en canto a recuperación funcional, sendo outros factores os causantes da sintomatoloxía dolorosa que sigue presentando

a paciente?.

A Sra. L. presentou a reclamación de responsabilidade patrimonial o día 15.10.2019, e o seu representante legal refire o carácter continuado

do dano polo que reclama sen achegar dato ningún ou informe médico que avale o carácter evolutivo das secuelas que refire

no escrito en relación á intervención practicada en abril de 2015. Afirma que non se pode tomar como data para o cómputo

da prescrición, nin as datas das intervencións cirúrxicas nin a data da alta no Servizo de Rehabilitación.

Mais esta afirmación non pode ser admitida consonte ao reflectido na historia clínica e no informes do servizos de Rehabilitación e de Traumatoloxía que refiren outros elementos como os causantes da sintomatoloxía

que padece a doente. Así o Servizo de Traumatoloxía no informe de data 28.1.2020 salienta:

?La paciente refiere que continúa con dolor en el hombro, aunque la fractura se encuentra curada sin alteraciones achacables

al tratamiento realizado. En los últimos estudios de imagen (Rx, Ecografía, Gammagrafía y Resonancia Magnética) se aprecia

la curación de la fractura y la existencia de:

-Cambios postfractura y postratamiento, normales.

-Pequeña área de tendinosis y/o rotura intersticial en el tendón distal subescapuar.

-No evidencia de impinement subacronial.

-No presenta signos de infección.

Considero, por tanto que la sintomatología actual de la paciente está en relación con la existencia de Tendinopatía del tendón Subescapular, y con su patología previa de dolores musculoesqueléticos crónicos

e influida probablemente por el resto de sus antecedentes, y que el tratamiento realizado en el servicio de Traumatología

fue oportuno y correcto, dado que la fractura por la que se operó se encuentra actualmente curada de forma normal?.

Deste xeito, a falta de mellor criterio que resulte do expediente, hai que concluír que as secuelas de dores que manifesta a parte interesada carecen de relación coa intervención que lle foi realizada

en abril de 2015 para atender a fractura de úmero que sufriu, polo que non poden considerarse secuelas do proceso clínico

cuestionado.

Xa que logo, dado que o proceso no membro superior esquerdo pode considerarse pechado a febreiro de 2017, e tendo en conta os criterios xurisprudenciais aos que se fixo referencia na consideración terceira,

e en ausencia de elementos probatorios que orienten a outra conclusión, cuxa achega tería correspondido á parte reclamante,

debe concluírse afirmando o carácter extemporáneo da reclamación de esixencia de responsabilidade patrimonial presentada con

data 15.10.2019, de acordo co criterio establecido na proposta do instrutor.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Delitos al volante. Paso a paso
Disponible

Delitos al volante. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

16.15€

15.34€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso
Disponible

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información