Dictamen de Consello Cons...il de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 121 de 26 de abril de 2017

Tiempo de lectura: 36 min

Tiempo de lectura: 36 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 26/04/2017

Num. Resolución: 121


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona J., polos danos e secuelas producidos por mor dunha caída na rúa

Organismo: Concello de Culleredo (A Coruña)

Letrado: Oreiro Romar

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Costa Pillado

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data de 26.10.2016 (sen selo de rexistro de entrada no Concello) preséntase reclamación de responsabilidade patrimonial

interposta por dona T. en nome e representación de dona J. polos danos e secuelas por mor dunha caída cando transitaba pola

Plaza da Coruña de El Burgo, á altura do número 1, como consecuencia dunhas baldosas en mal estado.

No escrito expón:

"(...) PRIMERO. - El pasado día 6 de mayo de 2015 la reclamante sufrió una caída cuando transitaba por la Plaza de La Coruña

de El Burgo. Concretamente lo hacía a la altura del número 1 (delante del Bar S.). Y la caída tuvo causa en unas baldosas

que se encontraban en mal estado. Y que, según pudo averiguar con posterioridad, ya habían causado tropezones.

Entre otros, fue testigo de los 'hechos expuestos doña S. (...) cuyo interrogatorio ya dejamos interesado; pues no sólo asistió a la reclamante si no que, también,

ha sido testigo de otras caídas ocurridas por la misma causa'.

La indemnización que se pretende asciende, por tanto, a (= 9.404,01 + 6.554,40 euros) (...)".

Xunto co escrito achega partes de asistencia sanitaria e diversos informes médicos.

2.- Instruído o procedemento conforme o Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, consta nel informes do encargado de vías e obras

do Concello, da Policía Local, ademais de acta testemuñal practicada.

3.- Logo do trámite de audiencia o órgano instrutor emitiu unha resolución na que propón a desestimación da reclamación.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo Sr. alcalde de Culleredo,

e tivo entrada neste organismo con data seis de abril de dous mil dezasete.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

Sométese a ditame deste Consello Consultivo unha proposta de resolución correspondente a un expediente administrativo instruído polo Concello do Culleredo, no que, á instancia de parte, se interesa

o recoñecemento do dereito ao percibo dunha indemnización por danos. Este órgano é competente para coñecer do expediente de

que se trata, con base no previsto no artigo 12. j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial presentada ante un concello por contía superior a 15.000,00 ?.

Segunda.-

O dereito dos particulares a seren indemnizados pola Administración de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que aquela lesión sexa consecuencia

do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, responde a un principio de responsabilidade obxectiva recollido

no artigo 106 da Constitución española. Ademais, o réxime xurídico da reclamación de responsabilidade patrimonial contense

nos artigos 139 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común (no sucesivo, LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, que regula o procedemento das reclamacións

de responsabilidade patrimonial, (normativa aplicable ao procedemento que nos ocupa, de acordo co previsto na letra a) da

disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións

públicas).

Pola súa banda, o artigo 54 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (no sucesivo, LBRL), afirma que as entidades locais responderán directamente dos danos e perdas causados aos

particulares nos seus bens e dereitos como consecuencia do funcionamento dos servizos públicos ou da actuación das súas autoridades,

funcionarios ou axentes, nos termos establecidos na lexislación xeneral sobre responsabilidade administrativa. É de ter en

conta que o artigo 25.2 da propia LBRL, establece que ?O municipio exercerá en todo caso como competencias propias, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades autónomas,

nas seguintes materias: d) Infraestrutura viaria e outros equipamentos da súa titularidade?.

A doutrina e a xurisprudencia consideran que os artigos 139 e seguintes da LRXPAC se inspiran no principio de responsabilidade obxectiva, esixíndose, como elemento esencial, que non único, para que

a reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración prospere, a existencia dun nexo causal directo e inmediato

entre a actuación da Administración e a lesión producida. Por outra parte, para que a lesión poida ser resarcible, ten que

demostrarse a efectiva realización dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación cunha

persoa ou grupo de persoas. En definitiva, para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba dunha causa concreta

que determine o dano e a conexión entre a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

Terceira.-

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa. Agora ben, cómpre censurar a excesiva dilación na tramitación do procedemento xa que, non

se respectou o prazo legalmente establecido. Así, desde o inicio do mesmo coa presentación do escrito do interesado (outubro

de 2015), ata a súa remisión para ditame deste organismo (abril de 2017), ten transcorrido ano e medio, e en consecuencia

non se respectaron os seis meses que establece o artigo 13 do Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, que se aproba o Regulamento

dos procedementos das administracións públicas en materia de responsabilidade patrimonial.

Deste xeito, recoméndase que tal actuar administrativo, contrario aos principios de eficacia e celeridade que deben rexer no procedemento administrativo, sexa corrixido para futuras ocasións.

Cuarta.-

Entrando no exame do fondo do asunto, cómpre, por mandato legal -artigo 12 do Real decreto 429/1993- e polo que o presente ditame se refire, a verificación

da existencia, ou non, de relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión producida, para o que é preciso

partir da previa constatación dun dano, como ocorre no presente caso, no que se xuntan ao expediente informes da asistencia

sanitaria prestada á interesada, nos que se recollen as lesións padecidas por esta tras sufrir unha caída casual.

Con todo, a constatación deste dato non é suficiente para apreciar a existencia de responsabilidade administrativa, sendo necesario xustificar a presenza dun vínculo causal que enlace o dano padecido co

funcionamento dun servizo público, o que esixe, por principio, a demostración de que a caída se produciu, efectivamente, nas

circunstancias indicadas pola interesada, e que estas determinan a existencia dun vínculo causal entre o dano e o funcionamento

do servizo asumido pola Administración á que aquel se imputa.

Nesta tesitura, o exame do presuposto que se analiza radica nunha cuestión probatoria a dilucidar a partir daquela regra xeral, recollida en numerosos ditames deste Consello Consultivo, por todos eles

o CCG 697/04, segundo a que a carga da proba da existencia dun dano avaliable economicamente e singularizado e a súa conexión

causal co funcionamento dalgún servizo público corresponde certamente ao reclamante, e a dos feitos impeditivos da pretensión

(forza maior, culpa do prexudicado etc...) á Administración (antigo 1214 do Código Civil e actual 217 da LEC, e artigos 5.3

y 6.1 do RPAPRP). No mesmo sentido postúlase a xurisprudencia do Tribunal Supremo, que, con carácter xeral, acolle o principio

de que a carga da proba da existencia dos danos e da relación de causalidade co servizo público corresponde á parte actora

(entre outras, sentenzas do 04.11.1997 e 30.10.1999).

Examinando a actividade probatoria, obsérvase as seguintes actuacións:

Informe da Policía Local do Concello, de data 21 de abril de 2016, que literalmente di:

"(...) - Que no consta en los registros policiales ninguna intervención por estos hechos (...)"

Informe do encargado de obras do servizo de medio ambiente, obras e servizos, de data 23 de maio de 2016, que literalmente di:

"(...) Revisada a zona de tránsito, onde presuntamente se produxo a caída da denunciante, non se observa ningunha baldosa levantada ou movida, por ser o pavimento de formigón continuo e en perfecto estado

de planeidade, polo que non existe relación causa efecto que poida producir os danos reclamados. (...)"

Pola súa banda, a accionante propón como proba dos feitos a declaración de dona S., que en relación co que puido observar manifesta:

"(...) que estaba sentada na terraza da cafetería S. y veu como diante dela a reclamante, como dando un traspés, caeu cara a beirarrúa; preguntada

acerca de si puido observar que si onde caeu habla losetas levantadas resposta que cerca si pero xusto onde caeu non, exhibidas

as fotos da zona onde se produciron os feitos (folio nº 48) manifesta que si foi nesa zona. Preguntada sobre, como di a reclamante,

foi testemuña de mais caldas nese lugar, manifesta que no lugar onde caeu non, que o foi de caldas nunha zona próxima onde

hai unha columna con publicidade que ten ao redor algunhas losetas en mal estado, pero esas persoas caeron cara aos coches.

Que tras a calda axudaron a erguela o esposo da testemuña, unha amiga e outro mozo, que a sentaron nunha cadeira da terraza, preguntáronlle varias veces se quería ir ao médico, respostando sempre que

non, que os danos que presentaba aparentemente eran uns rascazos no cóbado, cree que no dereito, e así mesmo no xeonllo dereito,

que a sra. da cafetería tróuxolle un vaso que auga, que non se atopaba mareada e que en breve marchou polo seu propio pe (...)".

Quinta.-

Exposto así o material probatorio obrante no expediente, procede o seu análise.

Así as cousas, a declaración testemuñal non resulta suficiente para acreditar que os feitos acontecesen nas circunstancias que denuncia a parte reclamante. A este respecto, hai que afirmar que, certamente,

está acreditado que a reclamante sufriu unha caída na rúa o día que indica, non obstante ningún dos elementos de proba xuntados

ao expediente se deriva que as lesións padecidas pola reclamante se produciron, precisamente, no lugar e forma por ela relatados.

E, o instrutor do expediente, en cumprimento do principio de oficialidade que preside a tramitación administrativa, practicou actuacións na pescuda dos datos alegados pola accionante, solicitando informe

do correspondente servizo, no que se analiza o estado do lugar onde se indica que se produciu a caída, sen que se incorpore

dato ningún sobre a constancia dos feitos que motivaron a reclamación que agora se analiza, que tampouco foron coñecidos pola

Policía Local, de xeito que os servizos do Concello non tiveron coñecemento da caída ata a data na que se presentou a reclamación.

Neste sentido, a circunstancia de non pór os feitos en coñecemento dos servizos da Administración nos momentos inmediatos á produción do accidente, non impide a apreciación da veracidade dos feitos alegados

pola parte actora mediante a súa proba suficiente por calquera medio admitido en dereito, tal e como se ten considerado entre

outros no ditame deste Consello Consultivo CCG 504/03.

Con todo, a ausencia dunha obriga de denuncia dos danos en nada obsta á vixencia das regras xerais sobre a carga da proba que, neste caso, gravan á parte actora impoñéndolle a demostración dos feitos

que constitúen o vínculo causal entre o dano padecido e o servizo público ao que aquel se imputa. Deste xeito, a circunstancia

de que non obre unha comunicación dos feitos á Administración local nos intres inmediatamente posteriores ao accidente, unido

á falta de achegamento de datos obxectivos esclarecedores por parte das testemuñas, e a ausencia de calquera outra proba eficaz

sobre a puntual alegación de que a caída se produciu no lugar indicado pola interesada, impiden considerar como suficientemente

demostrado o relato de feitos realizado por aquela ao analizar o nexo de causalidade.

En definitiva, o exame da proba practicada, aínda dende a temperada e razoablemente matizada postura do Tribunal Supremo, que a concibe como unha reconstrución histórica (STS 21.09.1998), non

permite formar convicción sobre a veracidade dos feitos, que, daquela, non resultan suficientemente probados, polo que o procedente

é, consonte coa proposta de resolución, desestimar a reclamación presentada.

Por todo o exposto, o dito permite secundar o criterio exposto na proposta de resolución remitida.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Temario para las oposiciones de Auxilio judicial 2024 (VOLUMEN I + II)
Disponible

Temario para las oposiciones de Auxilio judicial 2024 (VOLUMEN I + II)

V.V.A.A

76.50€

72.67€

+ Información

Administración inteligente y automática
Disponible

Administración inteligente y automática

Daniel Terrón Santos

12.75€

12.11€

+ Información