Dictamen de Consello Cons...io de 1998

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 121 de 02 de julio de 1998

Tiempo de lectura: 24 min

Tiempo de lectura: 24 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 02/07/1998

Num. Resolución: 121


Cuestión

Recurso administrativo de revisión

Resumen

Recurso de revisión presentado por don B. R. Q., contra resolución recaída en expediente sancionador sobre infraccións na orde social.

Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (Xunta de Galicia)

Letrado: Gallego Fouz

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: De la Torre Nieto

Contestacion

ANTECEDENTES

A.- A Inspección de Traballo e Seguridade Social levantou acta de infracción por incumprimento do artigo 1º.2 do RD 1.991/84,

do 31 de outubro, en relación co incumprimento dun contrato a tempo parcial, feito que cualificou como falta grave, segundo

o art. 95.6 do Real Decreto Lexislativo 1/95, do 24 de marzo.

A acta, remitida ó enderezo da empresa, foi devolta por caducidade na Lista de Correos, coa indicación no sobre "ausente

en horas de reparto". Notificouse entón a través do BOP, dictándose pola Delegación Provincial da Consellería de Xustiza,

Interior e Relacións Laborais resolución na que se impuña unha multa.

Tampouco a notificación foi posible por correo certificado, ó devolve-la carta o Servicio de Correos (ausencia de reparto

e caducidade na lista), polo que foi publicada no DOG e no Concello de Vigo.

O non presenta-la empresa recurso ordinario, a resolución adquiriu firmeza. Transcorrido o período de pagamento voluntario,

comunicouse á empresa a próxima remisión do expediente á Delegación de Facenda, para incia-los trámites da vía executiva.

B.- Contra a resolución sancionadora firme a empresa presenta recurso extraordinario de revisión, alegando non recibiu

notificacións anteriores ó requirimento de pagamento.

C.- Tramitado o expediente, elaborouse proposta propugnando non admiti-lo recurso de revisión presentado, por non concorrer

ningunha das circunstancias que permiten a súa presentación.

D.- Con data 10 de xuño de 1998 quedou rexistrada comunicación do Excmo. Sr. Presidente da Xunta de Galicia, interesando

a emisión do preceptivo dictame

E.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do dictame

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para a emisión do dictame solicitado, nos termos dos artigos 11, f) da Lei

9/1995, do 10 de novembro e 10 e 17.1, a) do Decreto 287/1996, do 12 de xullo, polo que se aproba o seu Regulamento de organización

e funcionamento, por tratarse dun recurso extraordinario de revisión, tendo o dictame o carácter de preceptivo.

Segunda.-

O recurso foi presentado por persoa lexitimada. A antedita lexitimación vén dada polo feito de que o recorrente se ve afectado

nos seús intereses pola resolución sancionadora da que trae causa o presente recurso de revisión.

Por outra parte, a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais resulta competente para resolve-lo recurso pois

foi quen coñeceu do acto resolutorio obxecto do mesmo.

Terceira.-

No que concerne á tramitación administrativa do procedemento revisor levado a cabo pola Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais, é de aplicación o previsto nos artigos 107 ó 113 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de Réxime Xurídico

das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (en adiante LRXPAC). De entre os trámites contidos nos

anteditos artigos reviste transcendental importancia o exposto no artigo 112, en relación co 84 da propia Lei, de audiencia

dos interesados, mediante o traslado do expediente en fase inmediatamente anterior á da elaboración da proposta de resolución.

No presente caso o antedito trámite resulta prescindible, no que a devandita fase inmediata a proposta se refire, ó non ter

en conta o órgano competente para resolver datos ou documentos distintos dos que xa obraban no expediente.

Cuarta.-

O Consello Consultivo, respecto do recurso de revisión, xa ten elaborado un criterio que é necesario reiterar, pola oportunidade

da súa aplicación ó presente caso. Nesta liña, cómpre ter en conta que o citado recurso constitúe unha vía de carácter extraordinario,

da que só se pode facer uso nos casos establecidos na lei (artigo 118.1. da LRXPAC), e de carácter excepcional, o que impide

calquera aplicación expansiva do mesmo e polo tanto a súa interpretación debe ser estricta, aspecto este no que poñen especial

énfase tanto o Tribunal Supremo (sentencia de 20 de maio 1992, Ar. 4463); coma o Consejo de Estado (dictames 485/1994, do

21 de abril, e 792/1994, do 5 de maio, entre outros moitos). Así pois, este recurso administrativo constitúe unha vía excepcional

que procede exclusivamente polos motivos taxados pola lei, e que manifesten a evidencia do erro, para evita-la súa desnaturalización

convertendoo nunha via ordinaria de impugnación dos actos administrativos, introducindo un debate que corresponde propiamente

realizar na antedita vía .

Quinta.-

Como medio de impugnación extraordinario que é, o recurso de revisión só procede se concorre algunha das causas taxadas

que o artigo 118 da LRXPAC sinala. É por iso polo que debe coidarse como condición legal (conditio iuris) de admisibilidade

do recurso a invocación dunha causa legal taxada, na medida en que sendo extraordinario, e precisamente baixo esa súa cualificación

singular, é de todo punto necesaria a concreción e explicitación dun fundamento específico lexitimador, para non provocar,

como xa se dicía, que resten na vía administrativa expedientes ordinarios que xa esgotaron esa vía e deberían, en boa técnica,

acceder, en condicións normais, á vía xurisdiccional contencioso-administrativa.

En consecuencia, o recorrente ten que asumi-la carga procedemental de invocar, no escrito de interposición, a causa ou

causas concretas das sinaladas no artigo 118.1, citado, que concorren no caso e que xustifican a utilización deste medio impugnatorio

extraordinario. A devandita invocación resulta de tal modo esencial que a súa ausencia determina a non admisibilidade do recurso.

No expediente examinado o interesado expresa de maneira clara a súa intención de interpoñer recurso de revisión mais, iso

non obstante, á vista do escrito no que se contén este, e inconsecuentemente, o señor R. Q., no fondo, limítase a invocar

cuestións de legalidade ordinaria en torno ó expediente sancionador contra el incoado pola Consellería. Dito noutros termos,

pretende en realidade o recorrente unha revisión ordinaria, a través dunha vía de revisión extraordinaria, nun emprego terxiversado

desta última.

Estamos, pois, neste caso, diante dunha invocación formal explícita do recurso de revisión, mais, nin se invoca expresamente

causa concreta das que xustifican esta vía extraordinaria, nin sequera o texto do escrito da pé para inferi-la presencia dunha

causa motivadora do recurso.

Por iso a solución non pode ser outra que a declaración motivada de inadmisibilidade do recurso, tal e como, por outra

parte, fai a proposta sometida a dictame.

CONCLUSIÓN

Por todo o exposto, o Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dictamina :

"Que procede informar favorablemente a proposta de resolución á que o expediente se refire".

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Los medios de impugnación ante la jurisdicción penal
Disponible

Los medios de impugnación ante la jurisdicción penal

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Los recursos en el proceso penal. Paso a paso
Disponible

Los recursos en el proceso penal. Paso a paso

V.V.A.A

14.50€

13.78€

+ Información

Los recursos en el proceso civil. Paso a paso
Disponible

Los recursos en el proceso civil. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

15.30€

14.54€

+ Información

FLASH FORMATIVO | Laudo arbitral
Disponible

FLASH FORMATIVO | Laudo arbitral

15.00€

0.00€

+ Información

La complicada reforma del SECA (Sistema Europeo Común de Asilo)
Disponible

La complicada reforma del SECA (Sistema Europeo Común de Asilo)

Jorge Antonio Jiménez Carrero

25.50€

24.23€

+ Información