Dictamen de Consello Cons...yo de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 120 de 09 de mayo de 2018

Tiempo de lectura: 30 min

Tiempo de lectura: 30 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 09/05/2018

Num. Resolución: 120


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por H., polos danos sufridos como consecuencia do tratamento do carcinoma epidermoide de pel no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Carballo Marcote

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 23.6.2017 H. efectuou reclamación de responsabilidade patrimonial contra o Servizo Galego de Saúde polos presuntos

danos por mor dun atraso no seu diagnóstico.

A reclamación está baseada na suposta mala praxe asistencial e deficiente asistencia sanitaria prestada no Servizo Galego de Saúde dende o 6.11.2014 até maio de 2017.

Entende a reclamante que ata que non solicitou unha segunda opinión médica (en maio de 2017) non se procedeu a extirpar unha tumoración existente na súa perna dereita.

A interesada cuantifica a indemnización en 43.614,90 euros.

2.- Na instrución do expediente incorporouse a el a historia clínica da paciente dos Servizos de Dermatoloxía do CHUAC e do CHUS

e o informe emitido polo xefe do Servizo de Dermatoloxía o 15.1.2018.

3.- Instruído o expediente de responsabilidade patrimonial sanitaria e concedida a audiencia a interesada, polo instrutor formulouse

unha proposta de resolución na que propugna a desestimación da reclamación (28.3.2018).

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 11.4.2018.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en adiante LPAC) (aspectos procedementais) e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do

sector público (en adiante, LRXSP), que derrogou a Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administración públicas

e do procedemento administrativo común.

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a configuración da responsabilidade patrimonial da Administración como unha responsabilidade obxectiva non supón, non obstante, a inexistencia de límites fronte

a unha eventual aplicación automática do principio resarcitorio sobre a base dunha vinculación máis ou menos ampla entre o

funcionamento do servizo e o dano padecido. Así, como máis significados lindes daquel principio xeral poden destacarse catro

acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría a

responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde o na vida do

enfermo xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

Así pois, só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os ditos prexuízos non son imputables á Administración e

non terían a consideración de antixurídicos polo que deberán ser soportados polo prexudicado.

A existencia deste criterio da lex artis baséase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados, é dicir,

a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo.

Estamos ante un criterio de normalidade dos profesionais sanitarios que permite valorar a corrección dos actos médicos e que impón ao profesional o deber de actuar conforme coa dilixencia debida; criterio

que é fundamental pois permite delimitar os supostos nos que verdadeiramente pode haber lugar a responsabilidade ao esixirse

non só que exista o elemento da lesión senón tamén a infracción do repetido criterio; prescindir del levaría consigo unha

excesiva obxectivización da responsabilidade que podería declararse coa única esixencia de existir unha lesión efectiva, sen

necesidade de demostración da infracción do criterio de normalidade.

Cuarta.

Entrando xa na análise da proxección dos principios expostos na consideración anterior, sobre os particulares aspectos de fondo suscitados no presente expediente, pasamos a examinar a reclamación presentada.

A reclamación céntrase fundamentalmente en que a mala prestación sanitaria reside no erróneo tratamento dado dende novembro de 2014 ata maio de 2017. En maio de 2017, tras solicitar unha segunda opinión

médica, procedéuselle a extirpar unha tumoración existente na súa perna, o que non lle foi realizado ata entón. A reclamante

entende que esta intervención tiña que terse realizado antes pero non achega proba ningunha que o acredite.

Neste sentido, tal e como se desprende do teor literal do escrito de reclamación da parte interesada, esta fai un reproche xenérico ao funcionamento do servizo público de saúde pero non achega informes

periciais que veñan contradicir o manifestado polo xefe do Servizo de Dermatoloxía, nin presentou proba ningunha que sustente

o relato da reclamación.

O exame destes concretos reproches da parte reclamante esixen, en todo caso, unha análise da historia clínica e informes médicos que figuran no expediente, dado o cualificado valor probatorio das consideracións

técnicas que neles se conteñen, debendo así limitarse este órgano a subsumilas en categorías xurídicas (neste sentido, por

todos, o CCG 71/2016).

Este cualificado valor probatorio da historia clínica e informes médicos recadados pola instrución refórzase en expedientes de responsabilidade patrimonial nos que, como acontece no caso que arestora

nos ocupa, a parte reclamante non despregou actividade probatoria ningunha en apoio dos seus reproches ao funcionamento do

servizo público de saúde que poida servir de contraste cos informes citados.

Pois ben, neste punto é importante salientar o informe do xefe do Servizo de Dermatoloxía que conclúe o seguinte:

?La paciente consultó en este Servicio el 27-11-2014 por una lesión en región pretibial derecha, que se diagnosticó clínicamente

como carcinoma epidermoide o queratoacantoma (variedad del anterior). Según la normativa del Servicio, se remitió a la consulta

de cirugía dermatológica, donde fue atendida por la Dra. A., quien el 9-12-2014 coincidió en el diagnóstico y programó la

extirpación el 22-12-2014.

Al tratarse de un tumor agresivo, con capacidad metastatizante y potencial mortalidad, la extirpación con márgenes requirió exéresis de una elipse de piel de 4,5 x 2,5 cm y profundidad hasta la fascia

muscular. El estudio histopatológico confirmó el diagnóstico de CARCINOMA EPIDERMOIDE QUERATINIZANTE E INFILTRANTE, con bordes

de extirpación libres de tumor.

En el postoperatorio, hasta la fecha de la última consulta, realizada el 20-11-2017, sólo se aprecian cambios propios de la cicatrización y remodelación tras la cirugía oncológica en una localización

compleja por la práctica ausencia de tejido celular subcutáneo entre los planos cutáneos y óseos.

En las pruebas complementarias efectuadas y en una biopsia realizada en el C.H.U. de Santiago solo se observan cambios cicatrizales.

En consecuencia:

En este caso no se produjo ningún error diagnóstico ni ninguna violación lex artis, se practicó una cirugía oncológica resolutiva del tumor y el seguimiento únicamente evidenció un proceso cicatrizal

propio de la zona intervenida?.

Deste xeito, a falta de mellor criterio técnico-médico que resulte do expediente, debe concluírse na corrección da asistencia sanitaria prestada á paciente, na medida en que non resulta acreditado

que houbese un atraso no diagnóstico imputable á Administración, procedendo, xa que logo, a desestimación da reclamación presentada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria solicitada á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información