Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 119 de 03 de mayo de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...yo de 2023

Última revisión
21/07/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 119 de 03 de mayo de 2023

Tiempo de lectura: 88 min

Tiempo de lectura: 88 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 03/05/2023

Num. Resolución: 119


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por R., por mor dos danos e perdas sufridos como consecuencia do tratamento dun desgarro complexo de menisco interno no xeonllo esquerdo no Hospital Universitario da Coruña.

Organismo:

Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado:

Blanco Serrano

Propuesta:

Desestimatoria

Conclusion:

Favorable

Relator:

Martínez Yáñez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 10.2.2022 R. presenta reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración diante do Servizo Galego de Saúde (en diante, Sergas)

polos danos e perdas derivados da atención sanitaria que lle foi prestada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña

(en diante, CHUAC).

Relata a reclamación que a reclamante sufriu unha caída o 21.2.2019 batendo no ombreiro, xeonllo e cadeira esquerdos. Foi

atendida polo médico de atención primaria e remitida ao Servizo de Urxencias do CHUAC, sendo a hipótese diagnóstica ?Traumatismo en el hombro?.

O 7.3.2019 acude novamente a urxencias por dor e impotencia funcional no ombreiro, indicándose tras a realización das probas

oportunas: ?Probable lesión de manguito rotador de hombro izquierdo?.

O 9.10.2019 se lle realiza unha resonancia magnética de xeonllo que conclúe: ?RM rodilla izquierda: contusión degeneración del menisco interno?.

O 27.7.2020 asina documento de consentimento informado para unha artroscopia de xeonllo, a realizar o 17.11.2020, porén a

operación realmente efectuada é unha ?Artrolisis con limpieza artroscópica?.

Tras a intervención colócase unha drenaxe ?Redón?, observando a reclamante que esta permaneceu pechada dende a súa colocación ata as 20.00 horas da tarde, cando debería estar

aberta.

O 21.12.2020 infórmase da presenza de ?Derrame articular post quirúrgico?.

O 7.2.2021 realízase RMN de xeonllo, informada o 10.2.2021, que sinala: ?Tendinopatía rotuliana severa. Derrame articular de moderada cuantía?.

O 22.2.2021 o INSS declara á reclamante afecta de lesións permanentes non invalidantes.

Sobre esta base fáctica a reclamación entende que existiu unha deficiente actuación dos servizos médicos do Sergas que motivou

o empeoramento da situación da reclamante, polo que remata a reclamación solicitando unha indemnización de 1.250.000 ?.

2.- Instruído o correspondente procedemento de responsabilidade patrimonial consta no expediente remitido a este Consello Consultivo:

- Historia clínica da Sra. R.

- Informe do Servizo de Traumatoloxía do 6.9.2022

- Informe do Servizo de Psiquiatría do 19.8.2022

- Informe do Servizo de Rehabilitación do 14.9.2022.

3.- Dado o trámite de audiencia á parte reclamante, quen formulou alegacións o 11.10.2022, o 10.3.2023 a instrutora do procedemento formula proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 3.4.2023.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, en virtude do disposto no artigo 12.j)

da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba

o seu Regulamento de organización e funcionamento, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial interposta

contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións

públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, polos artigos 32 a 37

da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP); e, no que atinxe aos aspectos procedementais,

pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas,

sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar as súas posibilidades de defensa no procedemento

administrativo.

Terceira.

Os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina

e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente indicados polo Consello Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos

mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva

e directa, son:

O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

O antedito dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo ilegal que este non teña o deber

de soportar.

O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, o Consello Consultivo

concretou as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral de responsabilidade en canto aos requisitos precisos

para poder esixila e entre os que resaltan, por unha banda, que a asistencia sanitaria é unha prestación de medios e non de

resultado e que a actuación médica debe desenvolverse conforme coa denominada lex artis ad hoc, de modo que, aínda tendo o dano alegado a súa causa na prestación sanitaria, se esta se ten realizado de acordo co estado

do saber, estase ante unha lesión que non constitúe dano ilegal. E, por outra banda, que os pacientes teñen dereito a obter

cumprida información sobre o seu proceso curativo, o que implica a necesidade de prestación dun consentimento informado.

Cuarta.

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou

sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría a responsabilidade obxectiva máis aló dos límites

do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida

da persoa enferma xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do

paciente.

Así pois, só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os ditos prexuízos non son imputables á Administración e

non terían a consideración de antixurídicos polo que deberán ser soportados polo prexudicado.

A existencia deste criterio da lex artis baséase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados, é dicir,

a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación da persoa enferma.

Estamos ante un criterio que permite valorar a corrección dos actos médicos e que impón ao profesional o deber de actuar conforme

coa dilixencia debida; criterio que é fundamental pois permite delimitar os supostos nos que verdadeiramente pode haber lugar

a responsabilidade ao esixirse non só que exista o elemento da lesión senón tamén a infracción do repetido criterio.

Quinta.

Entrando xa na análise da proxección dos principios expostos nas consideracións anteriores sobre os particulares aspectos

de fondo suscitados no presente expediente, resulta preciso determinar neste ditame se, no caso que se nos presenta a exame,

existe relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e as lesións aducidas.

E ao respecto de tal análise hai que partir da circunstancia de que a reclamación imputa un déficit asistencial en diversos

momentos da atención prestada dende a caída accidental o 21.2.2019 e que a reclamación concreta en:

?LOS DAÑOS CAUSADOS POR EL FUNCIONAMIENTO DE LOS SERVICIOS DEL SERGAS se resumen, en atención a lo expuesto anteriormente,

en los siguientes:

? No se le ofrece atención a la patología de la rodilla hasta pasados nueve meses después de la caída, retrasando con ello

el diagnóstico y tratamiento de la patología, lo que ha podido incidir en las graves consecuencias que presenta a día de hoy.

? No se informó a la reclamante de que se le realizaría una operación quirúrgica consistente en una artrolisis y una limpieza

artroscópica, sino que el consentimiento informado que firmó era para someterse únicamente a una artroscopia, de manera que

no pudo conocer de antemano los riesgos a los que se enfrentaba.

? A ello debe sumarse la deficiente realización de la operación de artrolisis y de limpieza artroscópica efectuada el 17/1

1/2020, lo que le ha generado un daño tan desproporcionado como falto de explicación en la causación del mismo, lo que ha

generado en la paciente un sentimiento de zozobra y abandono que ha derivado en la necesidad de asistencia psiquiátrica.

? Finalmente, destaca la falta de tratamiento para recuperar la funcionalidad de la rodilla, no ha vuelto a ser atendida por

un especialista en traumatología, siendo la última cita del 10/03/2021 con el doctor Novoa. es decir, hace casi un año que

mi mandante no es examinada por traumatología, existiendo la posibilidad de reintervención del tendón rotuliano?.

A proposta de resolución, de contrario, tras examinar a historia clínica e informes achegados, non acepta a tese da parte

reclamante, entendendo que a atención sanitaria se adecuou en todo momento á sintomatoloxía que presentaba a paciente, cun

seguimento adecuado do seu curso evolutivo, de acordo cos protocolos, e afirmando que a asistencia prestada ten sido acorde

á lex artis e non hai evidencia de que como consecuencia desta se teña producido unha lesión ou dano efectivo, avaliable economicamente,

individualizado e antixurídico.

Enunciada a contraposición de posturas que se constata nas actuacións remitidas, e ante a disparidade da lectura dos feitos

que realizan a parte reclamante e a Administración, á hora de realizar o pronunciamento que se nos demanda hai que acudir

á regra de aplicación reiterada por este Consello Consultivo en numerosos ditames -por todos, cítase o CCG 101/2023-, segundo a cal, con carácter xeral, a proba da vinculación do dano co funcionamento do servizo público corresponde á parte

reclamante. Tal criterio, extraído do disposto no artigo 217.2 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil (en diante,

LAC), que grava á parte reclamante coa carga de probar a certeza dos feitos dos que ordinariamente se desprenda, segundo as

normas xurídicas a eles aplicables, o efecto xurídico correspondente ás pretensións da acción exercitada.

Sexta.

Trasladando o até aquí exposto ao caso que se examina e considerada a carga probatoria que vai descrita, a conclusión imposta

legalmente a este Consello Consultivo é a de que non pode formarse convicción sobre a existencia xustificada dunha mala praxe

médica nas sucesivas atencións sanitarias que precederon á obtención do diagnóstico da doenza sufrida pola paciente, nin na

indicación das terapias ás que debía someterse.

En tal sentido, os únicos criterios médicos que figuran no expediente -historia clínica e informes dos servizos implicados

na asistencia sanitaria- exclúen esa posibilidade sen contarmos con proba suficiente que permita establecer a conclusión contraria,

como é pretendido pola parte reclamante.

Así, respecto da demora en tratar a lesión de xeonllo, o informe do Servizo de Traumatoloxía, ademais dos múltiples antecedentes

médicos e patoloxías da doente, relata que:

?El 21-2-2019 la remite el Médico de Atención Primaria a Urgencias del hospital por el dolor en el hombro donde es atendida

y no se aprecian lesiones óseas objetivables, remitiéndose de nuevo a control por Atención Primaria.

Es de significar que en su historia clínica en urgencias la paciente ya comenta la ser preguntada por sus antecedentes que

presenta una Trocanteritis y GONALGIA MAS TUMEFACCIÓN.

Se le indica en urgencias:

Hielo local

Reposo de la articulación

Ibuprofeno: Uno cada 8 joras

Control MAP

Vuelve a acudir a urgencias el día 7-3-2019 por persistencia del dolor en el Miembro superior Izquierdo, exclusivamente, donde

hacia 10 años sufrió una Fractura del Cuello Humeral recuperándose satisfactoriamente.

En este acto se le indica tratamiento inmovilizador con un Sling (Vulgarmente cabestrillo) que la paciente se niega a ponerse.

Además se le indica Analgesia Habitual, Rehabilitación y se le solicita una ECOGRAFIA del En hombro Preferente y cita con

consultas externas de Traumatología.

En esta consulta de urgencias no refiere nada sobre su traumatismo en la Rodilla por lo que no se presto asistencia de la

misma.

La consulta que se le indicó solicitar cita para refería solo y exclusivamente para valoración de hombro afectado. Hasta este

momento no consta refiriera problemas con su rodilla.

[?]

El día 1-8-2019 vuelve a acudir a urgencias del hospital y es aquí donde se hace la primera referencia al dolor de la Rodilla

izquierda no encontrándose patología en la exploración y remitiendo a la paciente nuevamente a fisioterapia en AP.

Las Interconsultas a Traumatología, siempre las solicito por el dolor del hombro izquierdo.

Comienza RHB el 12-5-2019 durante varios meses y el dia 13-9-2019 le solicitan una RNM de la Rodilla Izquierda por Gonalgia

de muchos meses de evolución y de la que venia quejándose mucho antes del accidente.

RNM con diagnostico: contusión degeneración menisco interno, proceso cuyo tratamiento es conservador.

NO, LA ROTURA DE MENISCO NO ES PRODUCIDA EN EL TRAUMATISMO DEL DI 21-2-2019, EN NINGUNA DE LAS RNM INICIALES SE DEMUESTRA

LA EXISTENCIA DE LA ROTURA DE MENISCO INTERNO?.

Pola súa banda, o informe do Servizo de Rehabilitación sinala:

?- La paciente es vista por primera vez en el servicio de Medicina Física y Rehabilitación el 12/5/2019 derivada por Traumatología

para valorar un dolor de hombro izquierdo tras una caída el 21/2/2019.

- El 19/7/2019 se le vuelve a ver y refiere dolor en el trocánter izquierdo.

- En la revisión del 13/9/2019 menciona que tuvo una nueva caída el 1/8/2019 y desde entonces también le duela la rodilla

izquierda, pero nadie nos la deriva por ese motivo. En ese momento esperaba por una cita para realizar una RNM de dicha rodilla.

Estaba pendiente de iniciar el tratamiento de fisioterapia en el hombro izquierdo y se le prescribe tratamiento con ondas

de choque extracorpóreas (OCE) para el trocánter?.

De todo o exposto, e tendo en conta a intensa asistencia recibida, as diversas probas realizadas e a atención dos facultativos

especialistas nos seus padecementos, non pode extraerse a desatención, demora, infracción de protocolos ou neglixencia denunciada.

Efectivamente, tal como sinalan os informes citados, non existen referencias á dor de xeonllo na historia clínica das atencións

inmediatamente posteriores á caída o 21.2.2019; é só a partir de agosto de 2019, ao parecer tras unha nova caída, cando a

paciente manifesta este síntoma, sendo atendida e realizándose as probas diagnósticas oportunas.

Así as cousas, no pode aceptarse o reproche da parte reclamante respecto da demora do diagnóstico e tratamento da patoloxía

de xeonllo, pois esta foi tratada adecuadamente dende o momento en que se manifestou.

En canto á falta de información respecto da artrolise e limpeza artroscópica, é certo que o documento de consentimento informado

asinado pola reclamante o 27.7.2020 fai referencia á artroscopia de xeonllo e non se refire especificamente á artrolise. A

este respecto, o informe do Servizo de Traumatoloxía sinala:

?Con fecha 27-7-20 el Dr. G. le informó en su consulta que había que realizarle: una Limpieza de La Grasa de Hoffa y Receso

Suprapatelar y Artrolisis.

En el Consentimiento de Artroscopia, también vienen recogidas las complicaciones que la paciente sufre. NO HAY CONSENTIMIENTO

ESPECIFICO DE ARTROLISIS al menos no lo recoge la Sociedad Española de Cirugía Ortopédica y Traumatología.

El motivo de la realización de la Artroscopia fue el Flexo Rodilla Secundario al traumatismo que sufrió, para liberar adherencias

Artrolisis) e intentar conseguir la movilidad completa de la rodilla.

LA ARTROSCOPIA DE RODILLA es un procedimiento genérico mediante el cual se pueden tratar casi el 100% de todos los procesos

patológicos que ocurren en la articulación de la rodilla, incluyendo el de la paciente.

Si se le explicó a la paciente en términos entendibles la cirugía artroscópica a la que se iba a someter, no puedo manifestarme

ya que no estuve presente en el acto de dicha consulta. Esto debería preguntárselo al Dr. G.

Los riesgos viene bien explícitos en dicho consentimiento?.

A este respecto hai que indicar que tanto a Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de

dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica, como a Lei de Galicia 3/2001, do 28 de marzo, do consentimento

informa e a historia clínica dos doentes demandan o consentimento informado por escrito para a realización de procedementos

diagnósticos ou terapéuticos invasores, como sucedeu neste caso.

Aínda que tanto a información aportada verbalmente ao paciente como o documento de consentimento informado deben transmitir

con precisión as vantaxes e posibles prexuízos da intervención, a falta de mención técnica á artrolisis na devandita documentación

non constitúe unha creba do dereito de autonomía da paciente, pois a historia clínica e os informes dos servizos amosan que

a información aportada por ambas canles foi suficiente para que a Sra. R. puidese comprender o carácter da intervención cirúrxica

á que se sometía e os riscos que esta comportaba.

Así, en primeiro lugar, cómpre salientar que, tal como sinala o informe do Servizo de Traumatoloxía, a artroscopia de xeonllo

é un procedemento xenérico polo que se trata a maioría dos procesos patolóxicos desta articulación, incluíndo o padecido pola

reclamante. Consecuencia do anterior é que as posibles complicacións derivadas da práctica da artrolise coinciden coas da

artroscopia, que constan informadas á paciente no documento de consentimento informado por ela asinado, polo que era consciente

destas posibles complicacións, xa que como sinala o informe do servizo ?los riesgos vienen bien explicados en dicho consentimiento?. Efectivamente, no documento asinado pola paciente o 27.7.2020 se recolle como complicación da cirurxía artroscópica, entre

outras, ?lesión de las infraestructuras articulares por el instrumental empleado?.

Doutra banda, o informe do Servizo de Traumatoloxía sinala que se lle informou do obxecto da intervención o 27.7.2020 ?limpieza de La Grasa de Hoffa y Receso Suprapatelar y Artrolisis?.

A realidade desta información quedou reflectida na historia clínica de atención primaria, na que, con referencia á consulta

do día seguinte 28.7.2020, se recolle o seguinte:

?TFno: Fue ayer a consulta de Trauma y ponen en LE para artroscopia de rodilla.

Aconseja artroscopia: limpiar Grasa de Hoffa y receso Suprapatelar. Artrolisis?.

Á vista do anterior non pode afirmarse que a reclamante non fose informada da técnica a realizar e das súas posibles complicacións,

aínda que no documento de consentimento informado non se incluíse expresamente unha referencia á artrolisis.

En canto á deficiente práctica da operación de artrolise e limpeza artroscópica o informe do Servizo de Traumatoloxía é claro

ao indicar:

?La intervención se llevo a cabo según mandan los cánones y lex artis ad hoc. Sí consta en la redacción del informe intervención

y sin complicaciones.

La lesión por rotura del Tendón Rotuliano viene recogida en el Consentimiento informado como complicación: lesión de las estructuras

de la rodilla por el instrumental empleado, si hubiese sido el caso. Pero hay que recordar en este punto, que la paciente

con el traumatismo sufrió una Tendinopatía del Tendón Rotuliano lo cual debilita aún mas dicho tendón y que provocó la rotura

parcial y posteriormente en su totalidad simplemente por los mecanismos de flexo-extensión de la rodilla, al ser un tendón

enfermo puede romper espontáneamente. En el informe de la intervención no se pone de manifiesto iatrogenia alguna, pero aunque

hubiese sucedido, viene recogido en el C.I. como dije anteriormente.

La Artroscopia no generó ningún daño adicional a la rodilla de la paciente y menos desproporcionado. Los resultados fueron

buenos salvo la complicación del agravamiento de la Tendinopatía Rotuliana y que bajo mi punto de vista no es una consecuencia

directa de mala praxis. Muchas veces los tejidos reaccionan a cualquier gesto quirúrgico de forma anárquica provocando rigideces,

adherencias o procesos inflamatorios dejando secuelas severas, no siendo este el caso?.

É certo que no postoperatorio se cometeu un erro ao manter pechada a drenaxe da artroscopia, pero desta situación non derivou

dano ningún á paciente. Así se recolle no curso clínico o 17.11.2020 indicando:

?Me avisan porque erróneamente se ha mantenido cerrado el drenaje de la artroscopia durante aproximadamente 5 horas. Tras abrirlo

salen unos 35 cc de líquido serohemático. Aviso a traumatología y me dicen que teniendo en cuenta las características de la

intervención (en la artroscopia han resecado parte de la grasa de Hoffmann sin encontrar ninguna otra patología intrarticular),

no consideran que lo anterior puedo provocar ningún daño en la paciente.

Se administra AINEs para el dolor y se le da el alta avisándole que mañana debe acudir para retirar el drenaje?.

Para rematar, en canto á falta de tratamento e atención posterior no Servizo de Traumatoloxía, o informe do servizo desbota

esta alegación indicando:

?En ningún caso ha habido abandono de la paciente que ha venido revisándose periódicamente por las lesiones del hombro y rodilla:

10-3-1911-4-1921-X-1925-XI-1910-2-2010-3-20

27-7-2010-XI-209-XII-2013-I-213-2-2110-3-21

13-4-2217-6-22?.

Polo tanto, tampouco estre reproche pode ser acollido ao non apreciarse a falta de atención invocada.

Sétima.

Débese notar, finalmente, que dado o carácter de prestación de medios que ten a asistencia sanitaria, non abonda a mera constatación

dun dano (lesión física ou psíquica) para a apreciación de responsabilidade patrimonial, sendo preciso demostrar que ese dano

é consecuencia do funcionamento do servizo público. Por outra parte, na análise da suficiencia dos medios hai que lembrar

que, como xa se indicou en anteriores ditames (entre outros no CCG 299/2021), a actuación do servizo público sanitario, impón,

ben é certo, unha obriga de medios que deben ser postos a disposición do fin último, que é lograr a curación da persoa enferma.

Porén, a antedita obriga, razoablemente entendida, ten que vir dada, máis que por unha utilización ilimitada da variedade

de medios diagnósticos e terapéuticos ao alcance do profesional sanitario, por unha actuación proporcionada que pasa pola

posta en práctica daqueles medios que razoablemente resulten precisos, atendidas as circunstancias que se presentan. Polo

demais, a determinación da adecuación de medios dispostos non é susceptible de formulación en abstracto, debendo verificarse

no terreo do caso concreto, das circunstancias particulares de cada paciente e a sintomatoloxía das doenzas que padeza, para

poder apreciarse se, diante dunha asistencia sanitaria prestada, pode falarse dunha axeitada observancia da lex artis ad hoc.

Certamente, a demanda de asistencia sanitaria por parte do doente foi intensa nese período e prestouse de acordo cos protocolos

establecidos, sen que presentase síntomas claros que xustificasen outras actuacións. Así, tal e como ten manifestado este

órgano (por todas, CCG 22/2023) cómpre sinalar que o diagnóstico debe realizarse tendo en conta os síntomas presentes naquel intre, e non os presentados

posteriormente (prohibición de regreso).

Doutra banda, as alegacións da parte reclamante, en canto consideracións e razoamentos de carácter técnico, deben ser obxecto

de proba suficiente que permita formar convicción sobre tales extremos. A carga de proba que grava aos reclamantes vese reforzada,

ademais, pola referida circunstancia de que os informes médicos non prestan soporte técnico ás alegacións formuladas pola

parte reclamante, xa que non se aprecia a mala praxe aducida. Neste sentido, o Consello Consultivo ten reiterado (entre outros,

no ditame CCG 88/2018) que no eido das reclamacións en materia sanitaria, a valoración dos feitos cuestionados na reclamación

(a asistencia sanitaria da que se pretende derivar unha determinada consecuencia xurídica, cal é, dende a óptica da parte

reclamante, a obriga de reparar a cargo da Administración) requirirá de ordinario ter o dominio de coñecementos científicos

propios da titulación en medicina ou mesmo as súas especialidades (artigo 335 da LAC), estando vedado o establecemento de

conclusións de carácter técnico a quen non resulte habilitado por tal titulación, circunstancias estas que non concorren no

presente caso, como vai dito.

En definitiva, do exame do actuado e considerada a actividade probatoria practicada, non pode concluírse que sexa apreciable

a existencia dun dano antixurídico sufrido pola reclamante como consecuencia do funcionamento do servizo público sanitario

e merecedor dunha reparación pola vía da responsabilidade patrimonial conforme cos presupostos legais e xurisprudenciais que

rexen esa garantía administrativa.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información

Sobre Derecho sanitario
Disponible

Sobre Derecho sanitario

Eugenio Moure González

17.00€

16.15€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
Disponible

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente

Marta Joanna Gesinska

21.25€

20.19€

+ Información

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial
Disponible

Administración sanitaria y responsabilidad patrimonial

María Jesús Gallardo Castillo

22.05€

20.95€

+ Información