Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 116 de 20 de diciembre de 2017

Tiempo de lectura: 39 min

Tiempo de lectura: 39 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 20/12/2017

Num. Resolución: 116


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por don E., dona G., don E. e don E., polo falecemento da súa filla e irmá respectivamente, dona E.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Oreiro Romar

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Blanco Serrano

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data do 15.07.2016 preséntase unha reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por don E., dona G., don E.

e don E. polo falecemento da súa filla e irmá, respectivamente, dona E., no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

de Compostela.

A indemnización económica reclamada ascende a 180.000,00 ?.

2.- Instruído o procedemento de responsabilidade patrimonial, e concedido trámite de audiencia aos interesados, ditouse unha

proposta de resolución en sentido desestimatorio das pretensións dos reclamantes.

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, e tivo entrada neste organismo con data 4 de abril de 2017.

4.- Na Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, en sesión realizada o día 3 de maio de 2017 acordouse, ao abeiro

do artigo 34.4 do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, devolver

o expediente, sen a emisión do ditame preceptivo, polas razóns que nel se sinalan.

5.- O expediente tivo de novo entrada neste órgano consultivo con data 4 de decembro de 2017.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do presente ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12, j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ? .

Segunda.-

O dereito dos particulares a seren indemnizados pola Administración de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que aquela lesión sexa consecuencia

do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, responde a un principio de responsabilidade obxectiva recollido

no artigo 106 da Constitución española. Ademais o réxime xurídico da reclamación de responsabilidade patrimonial, contense

nos artigos 139 e seguintes da Lei de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común

(en adiante LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, que regula o procedemento das reclamacións de responsabilidade patrimonial

(normativa aplicable segundo o disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo, e segundo manifesta a proposta de resolución, o esencial trámite

de audiencia que permite aos interesados exercitar as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.-

Como se sabe é reiterada a doutrina e a xurisprudencia que, partindo de que os artigos 139 e seguintes da LRXPAC se inspiran no principio de responsabilidade obxectiva, considera como elemento esencial,

que non único, para que a reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración prospere, a existencia dun nexo causal

directo e inmediato entre a actuación da Administración e a lesión producida. O devandito nexo debe ser exclusivo sen interferencias

estrañas de terceiros ou do lesionado.

Por outra parte, para que a lesión poida ser resarcible, ten que demostrarse a efectiva realización dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación cunha persoa ou grupo

de persoas. En definitiva, para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba dunha causa concreta que determine

o dano e a conexión entre a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, por este Consello Consultivo con ocasión de diferentes pronunciamentos (entre outros o ditame CCG

218/99), concretáronse as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral de responsabilidade noutras esferas

de actuación pública, abondando lembrar neste intre que, con respecto a este, existen certas variacións en canto aos requisitos

precisos para poder esixila, fundados en postulados tales como o que determina que a asistencia sanitaria é unha prestación

de medios e non de resultado, o que predica a necesidade e correlativa esixencia de que a actuación médica se desenvolva conforme

á denominada lex artis ad hoc, ou aqueloutra que sinala o dereito dos doentes a obter cumprida información sobre o seu proceso curativo; e, en relación

con esta, a necesidade do consentimento que deben prestar con ocasión do acto cirúrxico.

Cuarta.-

Corresponde, arestora, analizar a proxección sobre os particulares aspectos de fondo suscitados no presente procedemento. Para tal efecto cómpre partir da reclamación concreta da parte actora para ir expresando

o parecer deste órgano consultivo, sendo así que, neste caso, os reclamantes denuncian a asistencia sanitaria prestada no

centro hospitalario.

En concreto, a neglixente actuación, que, a xuízo dos reclamantes, se produciu de acordo co seguinte relato:

?Existe negligencia en la segunda de las doctoras del PAC de Burela, F., toda vez que, tratándose de la segunda visita de urgencia a dicho centro, con un cuadro clínico de dolor de

cabeza y de cervicales que no ha remitido a pesar de la mediación pautada ya administrada por su anterior compañera y sobre

todo con pérdida de consciencia, no reconociendo a las personas, tampoco le realiza prueba alguna, diagnosticándole vértigo.

También han incurrido en responsabilidad los responsables de la UCI del Hospital da Costa de Burela, en concreto su director desconociendo su nombre y del Servicio de Urgencias del Hospital da Costa

(la doctora que atendió a doña E. fue doña C.). También existe un informe de la doctora G. aportado al procedimiento penal.

Dichos profesionales, alargaron el traslado inmediato de la paciente al CHUS sin remediar ni reducir el sangrado cerebral

que estaba padeciendo.

Igualmente ha incurrido en negligencia el médico jefe del Equipo del 061, cuyo nombre se desconoce, que es quien decide, en la central de coordinación de la Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061,

la asignación del tipo de recurso a movilizar. Dicho facultativo médico descartó la posibilidad de trasladar a la paciente

en transporte primario en helicóptero lo cual hubiera facilitado su pronta llegada al CHUS.

Entendemos que se ha producido una evidente negligencia médica por omisión con resultado de fallecimiento por parte de los profesionales intervinientes mencionados anteriormente, que lejos de cumplir con

su obligación, mostraron una dejadez absoluta y mala praxis.

[?]

La grave irresponsabilidad en la que incurren los distintos profesionales médicos antes mencionados que han intervenido en el proceso del fallecido, su notoria negligencia, ha de extenderse al Servicio

de Salud de Galicia, toda vez que no cabe desvincular a los centros de salud y por ende al Servicio de Salud de toda obligación

al respecto, al incumbirle, en el aspecto y estructura organizativos, un debe ?in vigilando? o ?in eligendo? especialmente

en casos concretos como el presente, en el que la intervención a efectuar, siendo vital para la vida de la paciente, se realizó

de forma tan irresponsable?.

A Administración sanitaria, de contrario, basea a súa proposta de resolución desestimatoria da reclamación nunha serie de consideracións que, en esencia, se alicerzan na apreciación de que a atención

sanitaria prestada foi axeitada ás condicións do caso, adecuación que é analizada polos informes dos servizos que tiveron

participación na asistencia sanitaria controvertida.

Así consta no expediente o seguinte informe da facultativa do Servizo de Urxencias da Xerencia de Xestión Integrada das áreas de Lugo, Cervo e Monforte, no que se relata o proceso asistencial e se

dá unha explicación motivada das imputacións realizadas na reclamación:

?En referencia a la solicitud de información sobre la asistencia prestada a doña E., esta fue valorada el 2.6.2013 en el PAC de Burela, donde acudió refiriendo mareo, náuseas y cervicalgia con la

movilización del cuello, sin otra clínica asociada. La exploración, tal y como consta en la historia clínica fue normal, con

constantes conservadas, sin focalidad neurológica ni afectación cardiopulmonar. Se pautó tratamiento intravenoso para mejorar

sus síntomas, encontrándose resueltos y siendo dada de alta a su domicilio con medidas higiénico­dietéticas y toma de precauciones.

Posteriormente, tras casi 12 horas de la citada asistencia, se recibe aviso del 061 porque la paciente se encontraba mal, al llegar al domicilio estaba inconsciente, sin respuesta a estímulos, motivo por

el cual se estabiliza y se traslada a la Unidad de Urgencias del Hospital da Costa.

Tal y como consta en la información aportada, en todo momento se prestó la asistencia médica adecuada a los síntomas y la semiología valorada en la paciente?.

En idéntico sentido, o informe da facultativa do Punto de Atención Continuada, PAC, sinala:

?En respuesta a la información solicitada, sobre la atención prestada a la paciente doña E. el día 2 de junio de 2013.

Atendía a la paciente en el servicio de urgencias de Atención Primaria (PAC) el día dos de junio. Tras la anamnesis y exploración diagnostique un vértigo periférico que trate como tal. Ante la mejoría manifestada

por la paciente y su deseo de no permanecer más tiempo en observación, se le da el alta con recomendaciones a ella y a su

acompañante?.

Estes informes reiteran outros dos mesmos facultativos, que tamén figuran no expediente, e que foron elaborados con carácter previo á devolución realizada por este Consello Consultivo.

En canto ao informe do director de Procesos sen ingreso e Urxencias, do 25.01.2017, manifesta, en síntese, que trata á paciente logo da anamnese e exploración clínica completa, é diagnosticada de

probable cadro vertixinoso, pautan tratamento e recomendan vixilancia polo médico de cabeceira; e, se empeora, acudir de novo.

Asemade confirma que non existen protocolos de actuación no PAC agás a exploración física e tratamento, así como a derivación

ao seguinte nivel asistencial se o doente o precisa.

Continuando coa análise da proba que consta no expediente, é especialmente relevante o informe emitido polo perito forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia, IMELGA, no marco da investigación

penal levada a cabo perante o Xulgado de Instrución núm. 1 de Viveiro, pola presunción de obxectividade e independencia que

ten este facultativo, que non interviu na asistencia sanitaria, limitándose a analizala no seo dun procedemento penal.

Así, o precitado informe dá conta do que seguinte:

?Consideraciones Médico Forenses:

1. La actuación en cuanto a diagnóstico y tratamiento de la primera facultativa del servicio de urgencias extrahospitalarias (PAC) es razonable y adecuada en relación al estado de la paciente en ese momento,

no observando por tanto datos de una mala actuación.

2. La actuación de la segunda facultativa del PAC respecto a diagnóstico y tratamiento se ajusta adecuadamente a lo esperable

en relación con el estado clínico de la paciente en ese momento.

3. Existieron una serie de factores, como son la ausencia de cefalea y la normalidad de la exploración neurológica, que hicieron

que fuera difícil sospechar la existencia de una hemorragia subaracnoidea (HSA), habiendo otras causas más probables que justificaban

la sintomatología.

4.- Las medidas terapéuticas y diagnósticas realizadas en el hospital de Burela, son acordes a lo requerido por el diagnóstico

y estado clínico de la paciente.

5. La actuación durante el traslado interhospitalario fue la correcta y habitual en este tipo de pacientes.

6. La actuación durante el ingreso en el CHUS fue correcta y ajustada a las medidas que requiere este diagnóstico.

7. La patología que presentó la paciente, HSA, presenta una alta mortalidad incluso, pese a la adopción de medidas terapéuticas

adecuadas?.

Quinta.-

Exposto, así, o material probatorio que consta no expediente, os informes médicos, e o resto da historia clínica, considérase que a atención foi consonte coa lex artis.

O nexo causal non resulta claramente establecido, como sería preciso para estimar unha reclamación de responsabilidade patrimonial. Non queda acreditado que a actuación sanitaria fose a causa do dano

producido; ao contrario, parece que, tal e como manifestou o médico forense no seu informe, a ?patología que presentó la paciente, HSA, presenta una alta mortalidad incluso, pese a la adopción de medidas terapéuticas

adecuadas?. E, tampouco queda acreditado que conforme existan protocolos de aplicación que obrigasen a actuar de xeito diferente.

Ponderando estas circunstancias e conxugándoas coa nula actividade probatoria dos reclamantes, extráese a conclusión de que, no presente caso, non se aprecia a existencia de elemento ningún que, ante

a insuficiencia do mero resultado lesivo nunha prestación de medios, vincule a antedita asistencia co referido dano.

Por todo o que se vén a dicir, considerando o carácter eminentemente técnico da materia e non existindo criterio ningún que contradiga a tese sostida polo servizo público de saúde na súa proposta, procede

concluír que a asistencia prestada á paciente se realizou conforme cos protocolos habituais e con axuste ás regras impostas

pola lex artis, de tal modo que non ha lugar á esixencia de responsabilidade patrimonial da Administración.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros presentes, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Acción y omisión en el derecho penal
Disponible

Acción y omisión en el derecho penal

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Administración inteligente y automática
Disponible

Administración inteligente y automática

Daniel Terrón Santos

12.75€

12.11€

+ Información