Dictamen de Consello Cons...il de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 114 de 19 de abril de 2017

Tiempo de lectura: 41 min

Tiempo de lectura: 41 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 19/04/2017

Num. Resolución: 114


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona N., polos danos de factura de clavícula esquerda ocasionados a súa filla durante o parto

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Quintana Acebo

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Sánchez Tato

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Dona N. en data 7.03.2016 presentou reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Servizo Galego de Saúde.

No escrito expón:

?O pasado 8 de marzo de 2015, despois dun embarazo sin complicacións, din a luz no Hospital da Costa de Burela a unha nena, Y.

Era o meu segundo parto, xa que con anterioridade dera a luz a outra nena, N., que actualmente conta con dez anos, cuxo embarazo e parto cursou con total normalidade.

Y. nace o día 08.03.2015 ás 19:00 horas mediante parto vaxinal instrumentado con ventosa, con presentación cefálica.

Nembargantes, durante as maniobras do parto e como consecuencia das mesmas e da mala praxis médica utilizada, o bebé presenta lesións ó seu nacemento, que contan recollidas no informe de alta médica que

se acompaña, cuxo apartado ?exploración do RN? recolle: ?Fractura de clavícula esquerda con paresia braquial de Erb-Duchenne

esquerda. Axeitada mobilidade espontánea de dedos e boa presión de man esquerda. Moro asimétrico, con escasa elevación do

brazo esquerdo e con imposibilidade para a flexión do cóbado esquerdo. Resto de exploración física normal?.

E no apartado evolución afírmase ?que se decide a súa alta cunha exploración física normal salvo a fractura de clavícula esquerda e paresia braquial esquerda de Erb-Duchenne xa detectada ó nacemento e

certa tendencia a ter rotada a cabeza hacia a dereita sin palparse oliva pilórica en región ECM dereito. Peso ós 2 días e

medio de vida: 3.610 g?.

Estos danos foron ocasionados polo persoal que asistiu ó parto, e como consecuencia do mesmo?.

Solicita unha indemnización total de 102.000 euros.

2.- Instruído o procedemento conforme o Real decreto 429/1993, de 26 de marzo, consta nel a historia clínica da paciente ademais

de informes remitidos polos Servizos de Xinecoloxía e Pediatría do Hospital da Costa. Ademais foi incorporado protocolo da

Asociación de Xinecoloxía e Obstetricia sobre a distocia de ombros.

3.- Logo do trámite de audiencia no que a interesada reiterou a súa petición inicial en escrito presentado o día 19.10.2016,

o órgano instrutor emitiu resolución na que propón a desestimación da reclamación (15.03.2017).

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo Sr. conselleiro de Sanidade,

e tivo entrada neste organismo con data catro de abril de dous mil dezasete.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas, ao que se fai referencia nos antecedentes, ao teor

do previsto no artigo 12, j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17, a) do seu regulamento,

aprobado por Decreto 91/2015, do 18 de xuño.

O citado expediente está suxeito, en canto ao procedemento a seguir na súa resolución, aos trámites previstos nos artigos 139 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común (de agora en diante, LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, do 26 de marzo (normativa

aplicable ao procedemento que nos ocupa, de acordo co previsto na letra a) da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015,

de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

Segunda.-

Como se sabe é reiterada a doutrina e a xurisprudencia que sinala que para que a reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración prospere, é necesaria a existencia dun nexo causal directo

e inmediato entre a actuación da Administración e a lesión producida. Por outra parte, para que a lesión poida ser resarcible,

ten que demostrarse a efectiva realización dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación

cunha persoa ou grupo de persoas. En definitiva, para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba dunha causa

concreta que determine o dano e a conexión entre a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

De maneira particularizada, a responsabilidade da Administración no ámbito sanitario ten diferentes modulacións en relación ao sistema xeral de responsabilidade noutras esferas de actuación pública,

entre outras, as atinentes aos requisitos precisos para poder esixila, fundados en postulados tales como o que determina que

a asistencia sanitaria é unha prestación de medios e non de resultado, o que predica a necesidade e correlativa esixencia

de que a actuación médica se desenvolva conforme coa denominada lex artis ad hoc, ou aqueloutra, que sinala o dereito dos pacientes a obter cumprida información sobre o seu proceso curativo e, en relación

con esta, a necesidade do consentimento que deben prestar con ocasión do acto cirúrxico.

Terceira.

Centrado deste modo o asunto que aquí se debate, temos que comezar dicindo que é doutrina consolidada xurisprudencialmente a de que, como norma xeral, para que a Administración responda dos danos causados

en intervencións médicas, non é suficiente con que a lesión se orixine no decurso dunha asistencia médica, senón que, ademais,

é preciso que, nalgún modo, se produza unha creba da lex artis ad hoc.

Afírmase, así, que os niveis de calidade do servizo que os pacientes, como usuarios de servizos públicos, poden esixir da sanidade pública, sempre debe estar presente o cumprimento da aludida regra

da praxe médica ou lex artis, o cal impón valorar a conformidade da actuación médica cos protocolos aplicables e os estándares asistenciais esixibles

en función do estado da ciencia en cada momento. Estamos, daquela, diante dunha obriga de actividade ou de medios, en relación

coa que se precisa chegar a determinar se estes acadaron o nivel ou grao de calidade adecuados.

E dito o anterior, temos que pasar ao exame detallado das cuestións materiais ou de fondo que o presente expediente suscita. Así a señora N. no escrito de reclamación, imputa ao servizo público unha asistencia

defectuosa polas lesións que presenta a súa filla, así afirma no escrito inicial: ?(?) diante dun parto que se preveu efectuar por vía vaxinal e que non presentaba complicación algunha (pois doutro xeito,

deberíanse ter tomado as medidas axeitadas para evitar esa complicación, como por exemplo, practicar unha cesárea), o bebé

naceu cunhas lesións que non teñen causa nin motivo algún, ou, polo menos, estas deberían e poderían ser evitadas si se utilizasen

os mecanismos e técnicas axeitadas e o persoal tivese os coñecementos necesarios para elo?.

Debe terse en conta, para tal efecto, que tratándose dunha reclamación realizada con base nunha previa asistencia sanitaria, e dado o carácter técnico da materia, é doutrina reiterada deste órgano

consultivo, que os informes técnicos teñen un peso específico e preponderante á hora de valorar os feitos. En efecto, a apreciación

dos feitos médicos ou acontecidos con ocasión da asistencia médica é unha actividade que, por formar parte dun sistema técnico-científico

específico e complexo, escapa das atribucións do operador xurídico. O estudo, explicación e xustificación dos feitos neste

tipo de expediente é tarefa que corresponde principalmente aos facultativos, quedando para o aplicador do Dereito a súa cualificación

ou subsunción nas respectivas categorías xurídicas.

Así dona N. nada en 1977 con antecedente doutro embarazo no ano 2005, realizou a primeira consulta prenatal o día 19.11.2014

no curso da 24+4 semanas de xestación tal como sinala o informe do xefe de sección de Xinecoloxía do Hospital da Costa que

obra no expediente, que destaca:

?No había realizado analítica alguna ni el screening del primer trimestre, tampoco había realizado ningún otro control prenatal. En esta consulta incluída ecografía morfológica no se constata patología

alguna.

La 2ª consulta prenatal la realizó el 30.12.2014 en el curso de la 30+3 semanas de gestación, se constató O´Sullivan patológico por lo que se solicitó curva de sobrecarga oral a la glucosa, en ella se diagnosticó

de diabetes gestacional. La paciente no acudió a ningún otro control ni respondió a las numerosas veces que se intentó contactar

con ella, tampoco realizó consulta de preanestesia.

Ingresa de urgencia el día 8.03.2015 por rotura prematura de membranas en el curso de la 39+4 semanas de gestación, refería rotura de las mismas a las 12.00 horas, acude al hospital a las 14.40 horas.

En la historia clínica de la paciente consta el documento informativo (con valor de consentimiento informado) sobre la asistencia al parto?.

O informe describe nos seguintes termos o desenrolo do parto:

?La paciente ingresa por RPM a las 14:40 horas constatándose que estaba en trabajo de parto (cuello blando, dilatable a 5 cm, cefálica I-II plano). Se pasa a UTPR.

Se coge vía, muestra de sangre para analítica y se instaura antibiótico por EGB desconocido, según protocolo.

A las 16:00 horas desea ponerse anestesia epidural, se avisa al anestesista pero dado que no había realizado la consulta de preanestesia no se la administran.

A las 17:00 horas alcanza la dilatación completa. A las 18:30 horas la matrona avisa al ginecólogo por expulsivo prolongado y malos pujos maternos.

A las 19:00 horas del día 08/03/2015 nace un feto mujer mediante ventosa tipo kiwi de 3,770 gr. De peso con Test de Apgar 9/10; Ph de cordón umbilical 7.25 y 7.35 (totalmente normales) con circular laxa

al cuello. Al revisar el canal del parto y observar desgarro vaginal se pasa a quirófano para suturarlo bajo anestesia general.

En el partograma no consta que existiese distocia de hombros por lo que deduzco que esta no fue significativa.

La fractura de clavícula y/o paresia braquial están dentro de los posibles riesgos ante cualquier tipo de parto: eutócico o instrumental y son totalmente impredecibles e imprevisibles?.

Preguntado o facultativo sobre si estaba indicada a realización de cesárea, o xefe de sección de Xinecoloxía sinala dun xeito rotundo:

?No, pues la paciente estaba en dilatación completa, presentación tercer plano y el parto se resolvió con dos tracciones de la ventosa?.

No expediente figura o informe do Servizo de Pediatría que se pronuncia nos seguintes termos:

?Considero que el seguimiento y tratamiento de las lesiones ha sido y está siendo correcto en todo momento y según lex artis.

La atención desde el nacimiento y hasta la actualidad por parte del Servicio de Pediatría de este Centro ha sido la correcta, y se han puesto todos los medios diagnósticos y terapéuticos:

- Diagnóstico precoz (al nacimiento).

- Consulta precoz al Servicio de Rehabilitación.

- Seguimiento estricto en Consulta Externa de Pediatría de este Centro.

- Interconsulta precoz a Servicio especializado de referencia a nivel nacional en tratamiento quirúrgico de parálisis braquial

obstétrica (Hospital San Joan de Deu de Barcelona)?.

Figura na historia clínica o curso clínico do servizo de Pediatría, o último apunte é de data 3.02.2016 onde figura:

?(?) Evolución: Valorada en Sant Joan de Deu el 21.01.2016 refieren buena evolución, aunque la verán en 1 año. Refieren que manipula con ambas manos, indistintamente.

EF: Clara mejoría en la movilidad del brazo izquierdo, impresiona de buena flexoextensión del codo y adecuada elevación y abducción del hombro, aunque sigue impresionando

de tendencia a la pronación de antebrazo. Adecuada movilidad de mano izquierda con buena prensión palmar y adecuada movilidad.

Plan: continuar medidas dadas por rehabilitación. Control en 1 año, tras consulta en Hospital Sant Joan de Deu?.

Cuarta.-

Logo de todo o actuado debemos partir da realidade de que a lesión que presenta a nena foi consecuencia das manobras durante o parto. Agora ben, facendo unha valoración conxunta do contido da proba chégase

á conclusión de que a dita lesión é unha consecuencia dun suceso imprevisible e inevitable para o tipo de parto a termo dentro

da normalidade que se presentaba.

Como se ten sinalado, a actuación médica é sempre unha actuación que leva aparellados riscos, de forma que quen solicitou unha prestación sanitaria, ten dereito que esta se practique dentro das esixencias

da boa práctica médica e a que por parte da Administración sanitaria se poñan todos os medios técnicos e humanos que faga

posible unha correcta atención sanitaria, pero se, posta toda a dilixencia esixible e os medios humanos necesarios, se produce

como consecuencia lóxica, aínda que non desexada, un evento danoso, este evento non é antixurídico e debe ser soportado por

aquel que pediu a asistencia sanitaria. Deste xeito, a lex artis, entendida como a actuación á que deben axustarse os profesionais da saúde, mediante a adopción de cantas medidas diagnósticas

e terapéuticas coñeza a ciencia médica e se encontren ao seu alcance, convértese, así, nun elemento fundamental á hora de

determinar o carácter antixurídico de calquera dano ocasionado con ocasión da actuación sanitaria.

Polo tanto, segundo o criterio da lex artis, só existirá responsabilidade cando se infrinxan os parámetros que constitúen o dito criterio, estando, pois, en relación

co elemento de antixuridicidade. E a proba de que se ten infrinxido a mesma debe lembrarse que, nos procedementos de responsabilidade

patrimonial pesa sobre a parte reclamante de acordo cos aforismos -onus probandi incumbit actori- e co artigo 217 da Lei de axuizamento civil.

Neste senso, a interesada non achegou no curso do procedemento elemento probatorio algún que desde o punto de vista técnico sustente a súa pretensión, efectúa unha denuncia formulada en xenéricos

termos e sinala que o dano ?trae causa dun parto indebidamente practicado?, sen presentar informe pericial que apoie tal consideración.

Expostas como quedan as circunstancias do caso, no estado probatorio no que este é sometido ao coñecemento deste Consello Consultivo, carece este órgano de argumentos técnicos para contradicir os criterios

médicos que van referenciados, polo que o sentido do ditame debe ser favorable á desestimación da reclamación.

A proposta de resolución recolle axeitadamente esta situación e propón unha desestimación da reclamación presentada sobre a que este Consello Consultivo se mostra favorable por canto non existe dato

científico ningún que poña de manifesto algunhas infraccións dos protocolos médicos na atención ao parto, menos a necesidade

de realizar unha cesárea.

Por todo o exposto, o criterio deste Consello Consultivo ten que ser favorable á desestimación da reclamación presentada, nos mesmos termos que a proposta remitida.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
Disponible

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente

Marta Joanna Gesinska

21.25€

20.19€

+ Información

Administración inteligente y automática
Disponible

Administración inteligente y automática

Daniel Terrón Santos

12.75€

12.11€

+ Información