Dictamen de Consello Cons...re de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 113 de 13 de septiembre de 2017

Tiempo de lectura: 37 min

Tiempo de lectura: 37 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 13/09/2017

Num. Resolución: 113


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por C., en representación de dona Á., polos danos e perdas tras intervención cirúrxica da súa patoloxía discal lumbar

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Guizán

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data do 30.09.2016 don C., en representación de dona Á., interpón ante o Servizo Galego de Saúde unha reclamación de responsabilidade

patrimonial por mor dos danos derivados da cirurxía lumbar realizada o día 17.04.2012 no Hospital POVISA.

En concreto, a parte actora denuncia ?déficits asistenciales en la asistencia sanitaria prestada a doña Á. en el Sergas, al producirse una falta de información

y de consentimiento informado que no pudo conocer ni aceptar los riesgos que la intervención implicaba, todo lo cual causó

graves daños y perjuicios a doña Á. que no tenía el deber jurídico de soportar?.

Xunto coa reclamación achéganse diversos informes médicos relativos á asistencia sanitaria prestada no Hospital POVISA e á cirurxía realizada no Hospital Modelo da Coruña con data do 23.03.2015

e o seu seguimento.

2.- Na instrución do expediente incorporouse ao mesmo:

- Copia da historia clínica da Sra. Á.,

- Informe do Servizo de Neurocirurxía do Hospital POVISA de data do 11.11.2016, e

- Alegacións da Dirección Económico-financeira do antedito hospital, de data do 03.11.2016.

3.- Con data do 22.11.2016 pola instrución comunicouse á parte actora a eventual prescrición da acción exercitada nos seguintes

termos:

?La acción formulada por la reclamante se funda en una supuesta defectuosa actuación médica, dos intervenciones quirúrgicas

realizadas el día 17 y 19 de abril de 2012.

Las secuelas producidas por la complicación quirúrgica quedaron fijadas y determinadas, aún tomando la fecha más favorable para la reclamante, el día 23 de mayo de 2013, que fue cuando le fue reconocida

a la reclamante por el Instituto Nacional de la Seguridad Social, una incapacidad permanente total para la profesión habitual.

Por la reclamante, en un intento de tratar de acreditar que no está prescrita la acción y que la lesión fue evolucionando, se presenta un informe médico de fecha 11 de julio de 2016, que nada varía la

situación inicial, pues claramente recoge en el apartado, ?diagnóstico final?, que las secuelas fueron producidas por una

cirugía fallida, de hernia discal, L4-L5 izquierda, con dos intervenciones quirúrgicas, realizadas el día?.

No mesmo escrito concedeuse á actora un prazo de quince días para alegar o que estimase pertinente na defensa dos seus dereitos.

4.- Con data do 12.12.2016 a parte actora manifestou a súa oposición á prescrición da acción nos seguintes termos:

?Doña Á. ha sido sometida a un constante seguimiento y tratamiento médico hasta que con fecha 11.07.2016 las secuelas que padece

se han visto estabilizadas haciéndose constar este extremo en el informe del Dr. G. que se aporta con la reclamación previa

como documento n º10.

A día de hoy, doña Á. continúa a tratamiento médico?.

5.- Con data do 17.02.2017 deuse trámite de audiencia á parte actora.

Esta, con data do 06.03.2017, formulou alegacións nas que reitera a falta de información á paciente ao tempo que denuncia que as secuelas que lle restan ?sólo pudieron deberse a un empleo inadecuado, incorrecto y poco diligente y cuidadoso de la técnica quirúrgica?; engadindo, ademais, que, tras a cirurxía lumbar na que se lle causaron as secuelas, aquelas foron minusvaloradas.

Neste mesmo escrito de alegacións a parte actora cuantifica a súa pretensión indemnizatoria nunha contía non inferior a 200.000,00 ?, ?sin perjuicio de que como quiera que las lesiones son evolutivas y no reflejan la consolidación del estado real de la paciente,

esta parte se reserva el derecho a reducir o ampliar dicha suma en un momento posterior, incluso en vía judicial, si hubiese

lugar a ello?.

Xunto co escrito de alegacións achégase un informe pericial do doutor de Prado San José de data do 27.02.2017.

6.- Con data do 21.03.2017 ditouse unha proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada ao entender,

por unha banda, extemporáneo o exercicio da acción e, por outra, considerar que a asistencia sanitaria prestada se axustou

á lex artis.

7.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, e tivo entrada neste organismo con data do 04.04.2017.

8.- Con data do 19.04.2017 a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia acordou devolver o expediente de razón con

fin de que pola instrución se solicitase do Servizo de Neurocirurxía do Hospital POVISA un informe sobre distintos aspectos

vencellados coa reclamación presentada.

9.- Unha vez emitido o informe requirido, deuse un novo trámite de audiencia á parte actora, quen con data do 23.06.2017 formulou

alegacións.

10.- Con data do 21.07.2017 ditouse unha nova proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada ao entender,

dunha banda, extemporáneo o exercicio da acción e, doutra, considerar que a asistencia sanitaria prestada se axustou á lex artis.

11.- O expediente tivo de novo entrada neste órgano consultivo o día 8 de agosto de 2017.

12.- Na Sección de Ditames do día 6 de setembro de 2017 acordouse, ao abeiro do artigo 39.2 do Decreto 91/2015, do 18 de xuño,

ampliar o prazo para a emisión de ditame

13.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12, j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.-

O dereito dos particulares a seren indemnizados pola Administración de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que aquela lesión sexa consecuencia

do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, responde a un principio de responsabilidade obxectiva recollido

no artigo 106 da Constitución española. Ademais o réxime xurídico da reclamación de responsabilidade patrimonial, contense

nos artigos 139 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común (en adiante, LRXPAC), e polo Regulamento dos procedementos das administracións públicas en materia de

responsabilidade patrimonial, aprobado polo Real decreto 429/1993, do 26 de marzo (normativa aplicable ao procedemento que

nos ocupa, de acordo co previsto na letra a) da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento

administrativo común das administracións públicas).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o trámite de audiencia, advertíndoselle neste caso á interesada

da posible prescrición da acción exercitada co fin de que puidese alegar o que estimase oportuno.

Terceira.-

É reiterada a doutrina e a xurisprudencia que, partindo de que os artigos 139 e seguintes da LRXPAC se inspiran no principio de responsabilidade obxectiva, considera como elemento esencial, que non único,

para que a reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración prospere, a existencia dun nexo causal directo e

inmediato entre a actuación da Administración e a lesión producida. O dito nexo debe ser exclusivo sen interferencias estrañas

de terceiros ou do lesionado. Por outra parte para que a lesión poida ser resarcible, ten que demostrarse a efectiva realización

dun dano, que haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación cunha persoa ou grupo de persoas. En definitiva,

para que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba dunha causa concreta que determine o dano e a conexión entre

a actuación administrativa e o dano real ocasionado.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, por este Consello Consultivo con ocasión de diferentes pronunciamentos (entre outros o ditame CCG

218/99), concretáronse as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral de responsabilidade noutras esferas

de actuación pública, bastando recordar neste momento, que con respecto a este existen certas variacións en canto aos requisitos

precisos para poder esixila, fundados en postulados tales como o que determina que a asistencia sanitaria é unha prestación

de medios e non de resultado, o que predica a necesidade e correlativa esixencia de que a actuación médica se desenvolva conforme

á denominada lex artis ad hoc, ou aqueloutra que sinala o dereito dos pacientes a obter cumprida información sobre o seu proceso curativo e, en relación

con esta, a necesidade do consentimento que deben prestar con ocasión do acto cirúrxico.

Cuarta.-

Tendo en conta os elementos técnicos da institución á que vimos de referirnos nas consideracións precedentes, cómpre analizar con carácter previo a posible prescrición da acción de responsabilidade exercitada

pola interesada, prescrición apreciada pola instrución na proposta de resolución remitida.

Cómpre lembrar que, como é sabido, o artigo 142.5 da LRXPAC indica que o dereito a reclamar prescribe ao ano de producido o feito ou o acto que motive a indemnización ou de manifestarse o seu efecto

lesivo; se ben, para o caso de danos de carácter físico ou psíquico ás persoas, o precepto prevé que o prazo empezará a computarse

dende a curación ou a determinación do alcance das secuelas.

O precitado precepto ten dado lugar a unha prolixa xurisprudencia que, de xeito reiterado e consolidado, segue un criterio razoablemente flexible na apreciación do cómputo do prazo de exercicio da acción

de esixencia de responsabilidade fronte ás administracións públicas, fuxindo de aplicacións contra cives ou contrarias ao criterio pro actione.

Pois ben, considerando a data de interposición do escrito de reclamación pola parte actora, o día 30.09.2016, e que esta fundamenta a súa pretensión indemnizatoria nunha presunta falta de información

e mala praxe na cirurxía realizada en abril do ano 2012 no Hospital POVISA, cómpre advertir que a proposta de resolución considera

extemporáneo o exercicio da acción de responsabilidade, ao entender que as secuelas da interesada deben estimarse estabilizadas

no mes de maio do ano 2014.

Esta postura da instrución, cristalizada na proposta de resolución, se basea no informe do Servizo de Neurocirurxía do Hospital POVISA requirido expresamente para estes efectos.

É preciso advertir que a parte actora, pola súa banda, rexeita a prescrición da acción, aínda que a súa argumentación verbo deste particular foi oscilando ao longo da tramitación do procedemento. Deste

xeito, no seu escrito de data do 12.12.2016 refire a estabilización das secuelas no mes de xullo de 2016 (con base nun informe

do doutor C, relativo á cirurxía realizada no ano 2015 no Hospital Modelo), no seu escrito de data do 06.03.2017 sinala que

aínda non se produciu a consolidación daquelas secuelas e, finalmente, no escrito de alegacións de data do 23.06.2017 establece

como data de estabilización o día 27.02.2017, data do recoñecemento pericial da interesada polo doutor P., recoñecemento,

por certo, que xa fora realizado na data de presentación das anteriores alegacións formuladas no mes de marzo de 2017, ao

achegarse con elas o informe pericial resultante daquel recoñecemento da reclamante.

Neste estado das cousas debe considerarse que o informe do Servizo de Neurocirurxía do Hospital POVISA, sen embargo, é concluínte cando sinala que ?en mayo de 2014, transcurridos poco más de dos años de la intervención, sin apreciarse mejoría de la radiculopatía sensitiva

y motora de L5 izquierda, puede hablarse de estabilización de las secuelas. Es en ese momento en que se considera la posiblidad

de la implantación de electrodos epidurales, solicitándose interconsulta a la Unidad de Dolor, donde la paciente es valorada

en junio 2014?, engadindo, ademais, que a intervención realizada no mes de marzo do ano 2015 no Hospital Modelo, consistente en laminectomía

e artrodese lumbosacra, ?no ha supuesto una modificación de la radiculopatía residual L5 izquierda de la paciente?, extremo que, por certo, ratifica a parte actora no seu escrito de alegacións de data do 23.06.2017 ao recoñecer que aquela

intervención mellorou o cadro doloroso da paciente, pero non modificou o seu déficit motor.

Atendendo ás consideracións que preceden, e sen minimizar a relevancia dunha maior ou menor intensidade da dor, o certo é que, considerando a xurisprudencia do Tribunal Supremo (por todas, a Sentenza

do 3 de outubro de 2014), os aspectos esenciais das secuelas definitivas da interesada (radiculopatía sensitiva e motora de

L5 esquerda) xa estaban determinadas no mes de maio do ano 2014, resultando, polo tanto, o exercicio da acción de responsabilidade

no mes de setembro de 2016, extemporáneo.

Consecuentemente, procede a desestimación da reclamación presentada por mor da prescrición da acción exercitada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros presentes, ditamina:

?Que informa favorablemente a desestimación da reclamación presentada por mor da prescrición da acción exercitada?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
Disponible

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente

Marta Joanna Gesinska

21.25€

20.19€

+ Información

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Delitos al volante. Paso a paso
Disponible

Delitos al volante. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

16.15€

15.34€

+ Información