Dictamen de Consello Cons...io de 2021

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 104 de 16 de junio de 2021

Tiempo de lectura: 54 min

Tiempo de lectura: 54 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 16/06/2021

Num. Resolución: 104


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por J. polos danos derivados da asistencia sanitaria prestada no Hospital Público de Verín.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Blanco Serrano

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Desfavorable

Relator: Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 4.1.2021 J. presenta reclamación de responsabilidade patrimonial fronte ao Servizo Galego de Saúde pola asistencia

sanitaria recibida no Punto de Atención Continuada (en diante, PAC) de Xinzo de Limia.

Na súa reclamación sinala:

?Tras ser diagnosticada de útero miomatoso, con fecha 1 de octubre de 2020 la compareciente es intervenida en el Hospital de

Verín realizándosele la extirpación del útero y del cuello uterino, trompa de Falopio derecha y ovario y trompa de Falopio

del lado izquierdo.

[?]

Tras la intervención se da el alta domiciliaria a la compareciente en fecha 5 de octubre de 2020.

Tras dársele el alta, la compareciente presenta vómitos, diarreas y dolor en la zona intervenida por lo que acude a urgencias el pasado 7 de octubre de 2020.

En un primer momento, cuando acude a urgencias del PAC de Xinzo de Limia en la tarde de ese día se le diagnostica una gastroenteritis, pautándole sobres de suero y enviándola de nuevo a su domicilio.

Al agravarse los síntomas y notar un empeoramiento en su estado se traslada a Urgencias del Hospital de Ourense y Urgencias del Hospital de Verín donde esa misma noche ingresa al diagnosticársele una

obstrucción intestinal a consecuencia de la cirugía realizada el 1 de octubre, para ser intervenida de nuevo:

- En informe de alta de Urgencias firmado por la Dra. P. se realiza la siguiente Hipótesis Diagnóstica: ?1. Obstrucción intestinal secundaria a brida/adherencia. (?). Tratamiento e recomendacións

ao alta valoración REA + cirugía general?.

[?]

?[?] Tras resultados de pruebas complementarias y de acuerdo con cirugía general se decide intervención quirúrgica urgente.

(?)

Procedementos cirúrxicos: 08.10.2020: Laparotomía exploradora + liberación de brida + sutura primaria de asa intestino delgado + milking intestinal.

(?)

Xuicio diagnóstico:

Principal: Shock séptico secundario a obstrucción intestinal de íleon con perforación de asa intestinal?.

[?]

Entendemos contrario a la lex artis el hecho de que no se le haya diagnosticado desde el primer momento la obstrucción intestinal que padecía, que desemboca en la realización de una intervención quirúrgica

de urgencia que pone en serio riesgo la vida de la compareciente.

[?]?. (Sic).

Remata a reclamación solicitando unha indemnización que, en todo caso, será superior aos 30.000 euros.

2.- Na instrución do procedemento solicitouse informe ao Servizo de Cirurxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

(en diante, CHOU), que o emitiu o 28.1.2021, e incorporouse a historia clínica da doente.

Dado trámite de audiencia á parte interesada, esta formulou alegacións o 16.3.2021.

3.- O 22.3.2021 formulouse pola instrución proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo o día 30.3.2021.

5.- Na Sección de Ditames que tivo lugar con data 21.4.2021 acordouse, ao abeiro do disposto no artigo 34.4 do Decreto 91/2015,

do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, devolver

o expediente para que se completasen as actuacións que nel se requirían.

6.- O expediente tivo de novo entrada neste órgano consultivo o día 24.5.2021.

7.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en

diante, LRXSP); e, no que atinxe aos aspectos procedementais, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo

común das administracións públicas (en diante, LPAC).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite á parte interesada exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

Os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente indicados polo Consello

Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración,

partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O antedito dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo ilegal que este non teña o deber

de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, o Consello Consultivo concretou as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral

de responsabilidade en canto aos requisitos precisos para poder esixila e entre os que resaltan, por unha banda, que a asistencia

sanitaria é unha prestación de medios e non de resultado e que a actuación médica debe desenvolverse conforme coa denominada

lex artis ad hoc, de modo que, aínda tendo o dano alegado a súa causa na prestación sanitaria, se esta se ten realizado de acordo co estado

do saber, estase ante unha lesión que non constitúe dano ilegal. E, por outra banda, que os pacientes teñen dereito a obter

cumprida información sobre o seu proceso curativo, o que implica a necesidade de prestación dun consentimento informado.

Deste xeito, no ámbito da responsabilidade sanitaria, o parámetro que permite apreciar o grao de corrección da atención sanitaria é o da lex artis. A análise de acordo con este parámetro obriga á observación detida do concreto emprego da ciencia e da técnica médicas esixibles

atendendo ás circunstancias de cada caso: recursos dispoñibles, forma de emprego dos devanditos recursos, e, polo tanto, estándar

razoable de funcionamento.

Nesta análise da suficiencia dos medios empregados na asistencia controvertida hai que lembrar que, como xa se indicou en anteriores ditames (o CCG 98/2001, CCG 98/2014 ou CCG 198/2015, entre outros),

pesa sobre o servizo público sanitario a obriga de posta a disposición daqueles medios diagnósticos e terapéuticos orientados

ao fin último de lograr a curación do paciente. Mais a antedita obriga, razoablemente entendida, ten que vir dada, máis que

por unha utilización ilimitada da variedade de medios diagnósticos e terapéuticos ao alcance do profesional sanitario, por

unha actuación proporcionada e, ao mesmo tempo, xenerosamente entendida, que pasa pola posta en práctica daqueles medios que

razoablemente resulten precisos atendidas as circunstancias que se presentan. Por iso, agás que exista unha evidente desproporción

entre o acto médico realizado e o resultado danoso producido, non abonda, para determinar a existencia de responsabilidade

patrimonial, con mostrar un resultado danoso e conectalo coa prestación sanitaria recibida, senón que ha de probarse igualmente

que o dano sufrido é consecuencia dunha asistencia errónea, atendendo ás circunstancias concretas de cada caso. Se a prestación

sanitaria resulta ser a indicada conforme coas regras do saber e da ciencia esixibles en cada momento para o concreto caso

suscitado, non pode apreciarse que se teña incorporado ao proceso causal incrementando o risco preexistente, debéndose concluír

que o dano resulta materialización exclusiva do devandito risco que o paciente ha de soportar.

Xunto ao anterior debe lembrarse que é desde unha perspectiva ex ante da asistencia sanitaria desde a que se debe examinar a prestación de medios, por ser a que se corresponde coa que teñen a

disposición os profesionais da medicina cando realizan tal prestación.

En efecto, como se indicou, entre outros, nos ditames CCG 198/2015, CCG 10/2018, e 23/2019, en sede de responsabilidade patrimonial da Administración por defectuosa asistencia sanitaria, non é factible

cuestionarse o diagnóstico inicial ou a inadecuación dun tratamento dun paciente se o reproche se realiza exclusivamente fundándose

na súa evolución posterior. É dicir, non é posible soster a insuficiencia de probas diagnósticas, o erro ou atraso diagnóstico

ou a inadecuación do tratamento, só mediante unha regresión a partir do desgraciado curso posterior seguido pola doente, xa

que a devandita valoración ha de efectuarse segundo as circunstancias no momento no que tiveron lugar. En definitiva, é a

situación de diagnóstico actual a que determina a decisión médica adoptada, valorando se conforme aos síntomas da paciente

se puxeron á súa disposición as exploracións diagnósticas indicadas e acordes a eses síntomas, non sendo válido, pois, que

a partir do diagnóstico final se considere as que puideron poñerse se naquel momento eses síntomas non se daban.

Cuarta.

Polo que se refire ás cuestións materiais ou de fondo que suscita o expediente examinado, de acordo coas previsións do artigo 81.2 da LPAC, resulta preciso determinar neste ditame se existe, no caso que

se nos presenta a exame, relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida e, eventualmente, haberá

de recollerse un pronunciamento sobre a oportuna valoración do prexuízo, a contía da indemnización e o modo de facela efectiva.

Deste xeito, dos escritos de reclamación e alegacións presentados pola parte reclamante, despréndese como esta imputa aos servizos sanitarios que ao non terse diagnosticado no momento oportuno a existencia

de bridas post-cirúrxicas produciuse un shock séptico secundario a obstrución intestinal tendo que realizarse unha intervención

de urxencia.

Considera contrario á lex artis o feito de non diagnosticar a obstrución intestinal no primerio momento, o que entende, a privou de recibir un tratamento

menos agresivo, producíndose unha perda de oportunidade.

Pois ben, o exame destes concretos reproches da parte reclamante esixe unha análise da historia clínica e informes médicos que figuran no expediente, dado o cualificado valor probatorio das consideracións

técnicas que neles se conteñen, debendo así limitarse este órgano consultivo á súa inclusión en categorías xurídicas (neste

sentido, entre outros, o CCG 71/2016 e 159/2020).

Este cualificado valor probatorio da historia clínica e informes médicos recadados pola instrución refórzase en expedientes de responsabilidade patrimonial nos que, como acontece no caso que arestora

nos ocupa, a parte reclamante non despregou actividade probatoria ningunha en apoio dos seus reproches ao funcionamento do

servizo público de saúde.

Deste xeito, da documentación clínica que consta no expediente remitido se desprende como a Sra. J., de 51 años de idade foi intervida o día 1.10.2020 no Hospital de Verín practicándoselle unha histerectomía

e salpiguectomía dereita e anexectomia esquerda, sendo dada de alta hospitalaria o 5.10.2020.

O día 7.10.2020 acude ao PAC de Xinzo de Limia por vómitos e diarrea abundante dende o día anterior, tras ser examinada é alta con soro oral e metocloramida ?si empeora volverá a consultar?.

O 8.10.2020 volve a ser atendida no PAC presentando dor abdominal, sensación de marea e suoración, sendo remitida ao Servizo de Urxencias do CHOU.

No Servizo de Urxencias, tras practicarlle diversas probas diagnosticas, apreciase unha obstrución intestinal secundaria a brida/adherencia, da que é intervida no Servizo de Cirurxía Xeral o mesmo

día. O diagnóstico do procedemento cirúrxico foi ?shock séptico secundario a obstrucción intestinal de ileon con perforación de asa intestinal?, é alta en cirurxía o 20.10.2020.

Quinta.

Descrita nos termos que antecede a asistencia sanitaria prestada á Sra. J., cómpre xa examinar o reproche por ela formulado a aquela, relativo, en esencia, á falta dunha valoración suficiente no

PAC de Xinzo de Limia o 7.10.2020, o que tería permitido, ao seu xuízo, un diagnóstico e tratamento precoz da obstrución intestinal.

Examinando a asistencia prestada no PAC de Xinzo de Limia o 7.10.2020 o informe da facultativa que atendeu á Sra. J. informa o 5.5.2021:

?En un principio según queda registrado en la anamnesis la paciente no se aquejaba de dolor abdominal aunque en la exploración se observó un abdomen con ruidos hidroaereos presentes, blando, depresible,

escasamente doloroso a la palpación sin clara localización del dolor sin objetivarse signos de irritación peritoneal. Según

las constantes recogidas, la paciente se encontraba en dicho momento estable hemodinámicamente.

Aunque se registra que la paciente se encuentra normohidratada, dado que en las últimas 24h no había realizado ingesta y el cuadro conllevaba una pérdida importante de líquido se administra sueroterapia

en PAC con mejoría posterior.

Dada la estabilidad hemodinámica, la buena respuesta a sueros y al no cumplir según lo registrado criterios de abdomen agudo o clara complicación post-quirúrgica se pautó tratamiento sintomático en domicilio

y en caso de mala evolución se recomendó nueva consulta. Aclaro en este punto que en las nota de esta primera atención no

consta juicio clínico, por lo que no se diagnosticó a la paciente de una gastroenteritis que implicaría un proceso infeccioso,

tampoco se incluyó según la clasificación CIAP en este proceso, sino que se incluyó en el ?D10 - Vómitos? dados los datos

recogidos, el cuadro parecía estar más en relación con una alteración del tránsito intestinal tras el reinicio de dieta sólida

después de la intervención quirúrgica.

La paciente acudió nuevamente transcurridas 10h desde la primera atención presentando en ese momento deterioro del estado general y dolor abdominal que a la exploración se localizaba en hipogastrio

y epigastrio. Se objetivó un empeoramiento en las constantes recogidas por lo que se administró tratamiento y se derivó al

servicio de urgencias sospechando en este momento una posible complicación tras la cirugía reciente confirmándose posteriormente

el diagnóstico de obstrucción intestinal secundaria a brida/adherencia?. (Sic).

Nas alegacións posteriores a este informe a parte reclamante indica que o prudente tería sido sospeitar unha obstrución intestinal ou perforación intestinal que en 48 horas pode derivar en shock séptico

e morte fulminante.

Así as cousas apreciase que pola facultativa actuante decidiuse adoptar unha actitude expectante diante da sintomatoloxía que presentaba a doente, sen realizar un xuízo clínico e pautando un tratamento

sintomático á espera da evolución da paciente.

Esta actuación, se ben non pode afirmarse con rotundidade que supoña unha vulneración groseira dos principios polos que se rexe a lex artis, non era a única que podía adoptarse nese intre, pois ben podían realizarse probas diagnosticas, como as efectuadas o día seguinte

no Servizo de Urxencias do CHOU, para efectuar un diagnóstico mais temperá da patoloxía da doente.

Pode afirmarse que existían circunstancias que recomendaban esta actitude activa na procura dun diagnóstico acertado, a primeira a proximidade temporal entre a importante intervención á que fora sometida

a paciente uns días antes, e a segunda, como indican as alegacións da parte interesada, as gravísimas consecuencias que pode

ter para a integridade física da paciente a presencia dunha obstrución intestinal como á que lle foi diagnosticada ao día

seguinte.

Do anterior desprendese que de terse actuado doutro xeito se acadaría un diagnóstico mais temperá da grave patoloxía que presentaba a doente, permitindo un tratamento precoz, aínda que, probablemente,

non se tería evitado a necesidade de intervención cirúrxica.

Nestas circunstancias é forzoso concluír que a asistencia sanitaria prestada á Sra. J. non acadou os estándares esixibles á actuación sanitaria, ao non terse realizado unha valoración da sintomatoloxía

que presentaba o 7.10.2020.

Deste xeito, o dano a indemnizar é propiamente unha perda de oportunidade en canto á incerteza en torno á evolución dos feitos de ter seguido os servizos médicos outra pauta de actuación. Isto é, unha

perda de alternativa de actuación, privando neste caso á paciente dunha valoración adecuada da súa sintomatoloxía e, en consecuencia,

da posibilidade de detección da obstrución intestinal que sufriu e dun eventual mellor prognóstico e precoz tratamento do

shock séptico que finalmente se instaurou.

Partindo, logo, da existencia dunha perda de oportunidade no suposto sometido a ditame ao non terse realizado unha valoración adecuada da clínica da paciente, é preciso notar que o Tribunal Supremo ten

considerado, entre outras, en Sentenza do 25.5.2016 (recurso de casación 239/2014) que ?en la pérdida de oportunidad no se indemniza la totalidad del perjuicio sufrido, sino que precisamente ha de valorarse la

incertidumbre acerca de que la actuación médica omitida pudiera haber evitado o minorado? o resultado acontecido. Igualmente, con inspiración no principio de efectividade do dano, o Tribunal Supremo esixe (entre

outras, na propia sentenza do 25.5.2016) ?que la posibilidad frustrada no sea simplemente una expectativa general, vaga, meramente especulativa o excepcional?.

Dito o que precede, á hora de fixar a contía da indemnización hai que ter en conta o criterio xurisprudencial (neste sentido, a Sentenza do Tribunal Supremo do 22.5.2012, recurso de casación 2755/2010)

segundo o cal ?[?] la pérdida de oportunidad hace entrar en juego a la hora de valorar el daño causado, dos elementos de difícil concreción,

como son el grado de probabilidad de que dicha actuación hubiera producido ese efecto beneficioso, y el grado, entidad, o

alcance de éste mismo?. Así mesmo a Sentenza do Tribunal Supremo do 19.6.2012, recurso de casación 579/2011, referiu que ?[?] la información acerca de las posibilidades reales de curación constituyen un elemento esencial en la doctrina denominada ?pérdida

de oportunidad?, por lo que la suma debe atemperarse a su existencia o no?.

Pos ben, no caso que arestora nos ocupa, as distintas circunstancias que resultan do expediente así como as que concorrían no paciente ?sinaladamente, a limitada entidade das secuelas que lle restan á paciente e, mesmo, a posibilidade de que, aínda cun diagnóstico

precoz da obstrución intestinal non puidera evitarse a intervención cirúrxica, a mesma resultase de menor entidade que a finalmente efectuada? conducen a recoñecer unha indemnización de 6.000 ? para a reclamante, contía que se entende actualizada por todos os conceptos

á data da emisión do presente ditame.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa desfavorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire, debendo indemnizarse á parte reclamante na cantidade de 6.000 ??.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso
Disponible

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información