Dictamen de Consello Cons...il de 2021

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 095 de 14 de abril de 2021

Tiempo de lectura: 47 min

Tiempo de lectura: 47 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 14/04/2021

Num. Resolución: 095


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por I. en nome e representación de V. e T., polos danos e perdas por mor do falecemento de T., filla e irma das reclamantes, no Hospital Universitario Lucus Augusti.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Quintana Acebo

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 31.7.2020, I. en nome e representación de V. e T. presentaron reclamación de responsabilidade patrimonial ante o

Servizo Galego e Saúde polo falecemento de T., -filla e irmá, respectivamente- no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña

(en diante CHUAC) o día 11.12.2019.

No escrito indican que ?el paupérrimo manejo diagnóstico y terapéutico de la paciente condujo a que una paciente de 47 años de edad, que ingresó con

el diagnóstico de ?pancreatitis crónica? derivó en una situación de Estado vegetativo permanente, previsible, y el posterior

fallecimiento?.

Solicitan unha indemnización de 250.000 euros

2.- Instruído o procedemento conforme coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións

públicas (en diante, LPAC), consta nel a seguinte documentación:

- Historia clínica da doente e informe remitido polo Servizo de Dixestivo do Hospital Xeral Calde de Lugo (10.11.2020).

- Historia clínica remitida polo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

3.- . No trámite de audiencia as interesadas reiteran a súa petición inicial.

4.- O órgano instrutor emitiu proposta de resolución en senso desestimatorio da reclamación presentada (16.3.2021).

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 25.3.2021.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola LPAC, nos seus aspectos procedementais, e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro,

de réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite á parte interesada exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración se configura como unha responsabilidade obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden

destacarse catro acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP).

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP).

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002).

Cuarta.

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría á

responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable nos termos do seu deseño legal e constitucional), senón que é

preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida

do enfermo xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

Así pois, só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os ditos prexuízos non son imputables á Administración e

non terían a consideración de antixurídicos polo que deberán ser soportados polo prexudicado.

A existencia deste criterio da lex artis baséase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados, é dicir,

a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo.

Estamos diante dun criterio que permite valorar a corrección dos actos médicos e que impón ao profesional o deber de actuar conforme coa dilixencia debida; criterio que é fundamental pois permite delimitar

os supostos nos que verdadeiramente pode haber lugar a responsabilidade ao esixirse non só que exista o elemento da lesión

senón tamén a infracción do repetido criterio; prescindir del levaría de seu unha excesiva obxectivización da responsabilidade

que podería declararse coa única esixencia de existir unha lesión efectiva, sen necesidade de demostración da infracción do

criterio de normalidade.

Quinta.

Dito o que antecede, procede analizar a proxección sobre os particulares aspectos de fondo suscitados no presente procedemento.

Para tal efecto convén partir das reclamacións concretas da parte reclamante para ir expresando o noso parecer. Así, as interesadas denuncian o manexo diagnóstico e terapéutico da paciente, que ?condujo a que una paciente de 47 años de edad que ingresó con el diagnóstico de ?pancreatitis crónica? derivó en una situación

de Estado vegetativo permanente, previsible y evitable y el posterior fallecimiento?.

Como xa ten indicado este órgano consultivo, a apreciación dos feitos médicos ou acontecidos con ocasión da asistencia médica é unha actividade que, por formar parte dun sistema técnico-científico específico

e complexo, escapa das atribucións do operador xurídico. O estudo, explicación e xustificación dos feitos neste tipo de expediente

é tarefa que corresponde principalmente aos facultativos, quedando para o aplicador do dereito a súa cualificación ou subsunción

nas respectivas categorías xurídicas, polo que os informes técnicos teñen un peso específico e preponderante á hora de valorar

os feitos acontecidos.

Da historia clínica, resulta que T., nada en 1972, ingresou o día 25.2.2019 no Servizo de Aparato Dixestivo do Hospital Xeral Calde procedente

do Servizo de Urxencias por un cadro de ictericia, refería hiporexia de varios meses de evolución, acompañada de saciedade

precoz, estrinximento, e sensación de ocupación na fosa ilíaca esquerda. Como antecedentes presentaba consumo excesivo de

alcohol e tabaco. Procedeuse á implantación dunha prótese biliar e desapareceu a ictericia. Foi dada de alta o 4 de marzo

en situación asintomática co seguinte diagnóstico: ?pancreatitis crónica calcificante avanzada, estenosis secundaria de colédoco. Drenaje de la vía biliar mediante prótesis endoscópica.

Colelitiasis. Útero miomatoso. Anemia probablemente secundaria a miomas?.

Ingresou de novo o día 4 de abril, por presentar dor continuada na fosa ilíaca esquerda, anorexia e perda de peso; realízanlle TAC ademais de cobertura antibiótica. O informe remitido polo Servizo de Aparato

Dixestivo (do 10.11.2020) sinala a seguinte evolución:

?El día 13 de abril se produce empeoramiento importante de su situación clínica, con shock séptico, y fracaso multiorgánico, insuficiencia respiratoria y ascitis a tensión, ingresando en la unidad

de cuidados intensivos, donde se realiza intubación orotraqueal y paracentesis evacuadora.

Regresa a la planta de Digestivo el día 26 de abril. En los días siguientes continúa con ascitis, se realiza una ecografía que muestra signos de hepatopatía crónica y una resonancia que descarta disrupción

del conducto pancreático, sin volver a evidenciarse colecciones. Se practicó una gastroscopia que mostró varices gástricas

subcardiales y fúndicas.

De nuevo pasa a UCI el día 15 de mayo, debido a complicaciones respiratorias, con fiebre, expectoración verdosa e insuficiencia respiratoria, volviendo a planta el día 22.

La evolución posterior fue tórpida con ascitis tabicada refractaria al tratamiento y derrame pleural, realizándose una toracocentesis evacuadora de 400 cc.

El día 31 de mayo baja a servicio de Radiología para drenaje de la ascitis guiado por ecografía, llevándose a cabo dicho procedimiento sin evidenciarse complicaciones inmediatas y obteniéndose un líquido

amarillento turbio. Sin embargo al volver a planta, la paciente presenta un cuadro de insuficiencia respiratoria grave, con

parada respiratoria y posterior asistolia, del que se recupera aproximadamente tras ocho minutos de maniobras de resucitación,

pasando a Cuidados Intensivos.

Regresó a planta de Digestivo el día 21 de junio, con secuelas neurológicas muy graves secundarias a encefalopatía anóxica relacionada con la parada cardiorrespiratoria del día 31 de mayo. Permaneció en

planta de forma ininterrumpida hasta su alta hospitalaria el día 3 de septiembre de 2019. Durante ese período de tiempo se

produjo una mejoría paulatina de su situación gastroenterológica, resolviéndose las colecciones y persistiendo una cantidad

pequeña de líquido ascítico (TAC de 28 de agosto). Esta mejoría permitió la colocación por vía endoscópica de una sonda de

gastrostomía para nutrición. Durante el tiempo que permaneció en la planta de Digestivo se produjeron diferentes episodios

de sobreinfección respiratoria, cultivándose diferentes gérmenes (Stenotrophomonas maltophila, Enterobacter cloacae, Kiebsiella

oxytoca, Stafilococo aureus) que fueron tratadas y controladas con antibioterapia específica.

En el momento de alta del Hospital se encontraba en estado vegetativo persistente e irreversible, siendo portadora de traqueostomía, gastrostomía y sonda vesical?.

A señora T. foi ingresada en residencia en Oleiros en setembro de 2019, con ingresos posteriores no CHUAC (do 21.9.2019 ao 2.10.2019)

por infección respiratoria; e do 25.10.2019 ata o 5.11.2019 por infección do tracto urinario complicada. Ingresou de novo

o día 11 de novembro por presentar febre e secrecións respiratorias. A evolución foi mala e faleceu o día 11.12.2019.

Sexta.

A cuestión crucial que suscita o exame da causalidade vinculada co dano neste suposto é, polo tanto, a determinación da posible existencia dunha deficiencia na aplicación da lex artis. Unha análise que debe pasar, necesariamente, pola determinación de se, de acordo co estado da ciencia, a técnica e a praxe

médica considerada máis adecuada á natureza da asistencia prestada, estaba ao alcance dos facultativos actuantes, e a obtención

dun mellor resultado.

A este respecto debemos partir da ausencia na reclamación presentada dunha identificación dos concretos aspectos da asistencia sanitaria prestada que considera contrarios á lex artis, limitándose a unha xenérica queixa sobre ?un paupérrimo manejo diagnóstico y terapéutico de la paciente?.

Sobre a denuncia dunha posible falta de medios, logo do estudo polo miúdo de todo o historial clínico, vemos como no presente caso nada resulta do expediente que faga pensar, sequera indiciariamente,

que a prestación de asistencia á paciente teña adoecido de falta de medios ou deficiente praxe, xeradoras de responsabilidade,

xa que, pola contra, se aprecia, que en cada momento se lle dispensou a atención que requiría aplicando as medidas diagnósticas

e os tratamentos terapéuticos habituais acordes á sintomatoloxía que presentaba.

Os informes médicos antes citados amosan unha atención continua e dan unha explicación razoable ao fatal resultado producido, consecuencia das complicacións xurdidas que remataron cunha parada respiratoria

e cardíaca de orixe multifactorial. Así o informe do Servizo de Aparato Dixestivo realiza a seguinte valoración no apartado

de conclusións:

?Se trataba de una paciente joven con antecedente de alcoholismo, con daño hepático y pancreático secundario en forma de cirrosis con hipertensión portal y de pancreatitis crónica avanzada, con una situación

de desnutrición importante. El primer ingreso se debió a una ictericia obstructiva secundaria a estenosis de la vía biliar

extrahepática secundaria a su pancreatitis crónica, que se solucionó mediante el implante endoscópico de una prótesis biliar

metálica recubierta, siendo dada de alta sin complicaciones. Sin embargo, reingresó un mes más tarde con un cuadro de reagudización

de su pancreatitis, con colecciones y sepsis secundaria a infección de las mismas. Al mismo tiempo se desarrolló una descompensación

hidrópica debida a su cirrosis, lo cual produjo un empeoramiento de su situación general, a pesar de haberse controlado la

situación séptica con el tratamiento antibiótico, de soporte y drenaje de colecciones. Desde mediados del mes de mayo se produjeron

complicaciones respiratorias, con derrame pleural y sobreinfección, con expectoración reducida debido a su debilidad muscular

generalizada. El día 31 de mayo se produjo una complicación que marcó el posterior pronóstico de la enferma, al presentar

una parada respiratoria de origen multifactorial (Derrame pleural, sobreinfección respiratoria, debilidad muscular, ascitis

importante y otros), que fue revertida tras maniobras de reanimación cardio-pulmonar pero dejó como secuela irreversible una

encefalopatía anóxica con estado vegetativo permanente. La evolución posterior fue positiva desde el punto de vista digestivo

pero lastrada por las secuelas neurológicas.

DIAGNÓSTICOS FINALES

Pancreatitis crónica calcificante avanzada de etiología alcohólica.

Ictericia obstructiva secundaria a estenosis de colédoco en relación con pancreatitis crónica. Resolución mediante endoprótesis

biliar.

Pancreatitis aguda sobre crónica, con colecciones e infección de las mismas y sepsis secundaria. Cirrosis hepática alcohólica

con hipertensión portal. Descompensación hidrópica.

Sobreinfección respiratoria. Desnutrición calórico proteica.

Parada respiratoria y cardiaca de origen multifactorial.

Estado vegetativo permanente secundario a encefalopatía anóxica.

Traqueostomía permanente. Gastrostomía. Sondaje vesical permanente?.

Os referidos xuízos sobre a cuestionada atención sanitaria, que as reclamantes en ningún momento contradín, constitúen os únicos criterios médicos a disposición deste órgano consultivo, e deben prevalecer

sobre as imputacións realizadas no escrito de reclamación sen aval técnico recoñecible.

Como lembra a sentenza do Tribunal Supremo 340/2006, do 12.7.2007, citando outras sentenzas do mesmo tribunal, é doutrina xurisprudencial reiterada que ?a la Administración no es exigible nada más que la aplicación de las técnicas sanitarias en función del conocimiento de la

práctica médica, sin que pueda sostenerse una responsabilidad basada en la simple producción del daño, puesto que en definitiva

lo que se sanciona en materia de responsabilidad sanitaria es una indebida aplicación de medios para la obtención del resultado,

que en ningún caso puede exigirse que sea absolutamente beneficioso para el paciente?.

Sétima.

Descartado, por conseguinte, á vista do expediente, que o pasamento da enferma poida imputarse a unha falta de medios na atención sanitaria, e admitido, como tese científica e medicamente máis probable,

que o falecemento foi debido a unha evolución negativa radical do seu grave cadro clínico, etioloxicamente debida a causas

naturais dependentes da morbilidade humana, chégase á conclusión de que o sempre indesexable resultado final producido, o

éxitus da paciente, non resulta imputable a un deficiente ou retardado proceso asistencial prestado á enferma, o que non resulta

en absoluto probado no expediente, polo que se estima procedente a desestimación da reclamación presentada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos
Disponible

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
Disponible

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente

Marta Joanna Gesinska

21.25€

20.19€

+ Información

Responsabilidad civil de abogados y procuradores. Paso a paso
Disponible

Responsabilidad civil de abogados y procuradores. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

13.60€

12.92€

+ Información