Dictamen de Consello Cons...il de 2021

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 088 de 07 de abril de 2021

Tiempo de lectura: 41 min

Tiempo de lectura: 41 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 07/04/2021

Num. Resolución: 088


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por E., por mor dos danos e perdas tras a implantación e posterior retirada do dispositivo Essure, no Hospital Universitario Arquitecto Marcide de Ferrol.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: Quintana Acebo

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 21.7.2020 E. presentou reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Servizo Galego de Saúde polos danos que

entende producidos como consecuencia da implantación do dispositivo Essure o día 21.3.2017.

Solicita unha indemnización total 233.3000 euros.

2.- Instruído o procedemento conforme coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración

públicas (en diante LPAC), consta nel a historia clínica da doente ademais de informe remitido polo servizo de Xinecoloxía

e Obstetricia do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (26.10.2020).

3.- No trámite de audiencia, a parte interesada non formulou alegacións.

4.- O órgano instrutor emitiu proposta de resolución en senso desestimatorio da reclamación presentada (5.2.2021).

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 22.3.2021.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, en virtude do disposto no artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do Decreto

91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o seu Regulamento de organización e funcionamento, por tratarse dunha reclamación

de responsabilidade patrimonial interposta contra a administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en

diante, LRXSP); e, no que atinxe aos aspectos procedementais, pola xa mencionada LPAC.

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

Os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente indicados polo Consello

Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración,

partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O antedito dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo ilegal que este non teña o deber

de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, o Consello Consultivo concretou as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral

de responsabilidade en canto aos requisitos precisos para poder esixila e entre os que resaltan, por unha banda, que a asistencia

sanitaria é unha prestación de medios e non de resultado e que a actuación médica debe desenvolverse conforme coa denominada

lex artis ad hoc, de modo que, aínda tendo o dano alegado a súa causa na prestación sanitaria, se esta se ten realizado de acordo co estado

do saber, estase ante unha lesión que non constitúe dano ilegal. E, por outra banda, que os pacientes teñen dereito a obter

cumprida información sobre o seu proceso curativo, o que implica a necesidade de prestación dun consentimento informado.

Deste xeito, no ámbito da responsabilidade sanitaria, o parámetro que permite apreciar o grao de corrección da atención sanitaria é o da lex artis. A análise de acordo con este parámetro obriga á observación detida do concreto emprego da ciencia e da técnica médicas esixibles

atendendo ás circunstancias de cada caso: recursos dispoñibles, forma de emprego dos devanditos recursos, e, polo tanto, estándar

razoable de funcionamento.

Nesta análise da suficiencia dos medios empregados na asistencia controvertida hai que lembrar que, como xa se indicou en anteriores ditames (o CCG 98/2001, CCG 98/2014 ou CCG 198/2015, entre outros),

pesa sobre o servizo público sanitario a obriga de posta a disposición daqueles medios diagnósticos e terapéuticos orientados

ao fin último de lograr a curación do paciente. Mais a antedita obriga, razoablemente entendida, ten que vir dada, máis que

por unha utilización ilimitada da variedade de medios diagnósticos e terapéuticos ao alcance do profesional sanitario, por

unha actuación proporcionada e, ao mesmo tempo, xenerosamente entendida, que pasa pola posta en práctica daqueles medios que

razoablemente resulten precisos atendidas as circunstancias que se presentan. Por iso, agás que exista unha evidente desproporción

entre o acto médico realizado e o resultado danoso producido, non abonda, para determinar a existencia de responsabilidade

patrimonial, con mostrar un resultado danoso e conectalo coa prestación sanitaria recibida, senón que ha de probarse igualmente

que o dano sufrido é consecuencia dunha asistencia errónea, atendendo ás circunstancias concretas de cada caso. Se a prestación

sanitaria resulta ser a indicada conforme coas regras do saber e da ciencia esixibles en cada momento para o concreto caso

suscitado, non pode apreciarse que se teña incorporado ao proceso causal incrementando o risco preexistente, debéndose concluír

que o dano resulta materialización exclusiva do devandito risco que o paciente ha de soportar.

Xunto co anterior debe lembrarse que é desde unha perspectiva ex ante da asistencia sanitaria desde a que se debe examinar a prestación de medios, por ser a que se corresponde coa que teñen a

disposición os profesionais da medicina cando realizan tal prestación.

En efecto, como se indicou, entre outros, nos ditames CCG 198/2015, CCG 10/2018 e CCG 23/2019, en sede de responsabilidade patrimonial da Administración por defectuosa asistencia sanitaria, non é factible

cuestionarse o diagnóstico inicial ou a inadecuación dun tratamento dun paciente se o reproche se realiza exclusivamente fundándose

na súa evolución posterior. É dicir, non é posible soster a insuficiencia de probas diagnósticas, o erro ou atraso diagnóstico

ou a inadecuación do tratamento, só mediante unha regresión a partir do desgraciado curso posterior seguido pola doente, xa

que a devandita valoración ha de efectuarse segundo as circunstancias no momento no que tiveron lugar. En definitiva, é a

situación existente ao tempo de efectuar o diagnóstico a que determina a corrección da decisión médica adoptada, debendo ponderarse

para chegar a unha valoración positiva se se puxeron á súa disposición as exploracións diagnósticas indicadas conforme cos

síntomas que presentaba.

Cuarta.

Centrados os aspectos básicos do procedemento resarcitorio, procede entrar nas cuestións propias que suscita o expediente. Para tal efecto, da análise das cuestións que a parte interesada suscita no seu

escrito de reclamación despréndese que imputa ao servizo público de saúde unha deficiente asistencia sanitaria que concreta

no déficit de información proporcionada con anterioridade á implantación do dispositivo ?Essure? e por outra banda, no defecto do produto sanitario implantado.

Como xa ten indicado este órgano consultivo, a apreciación dos feitos médicos ou acontecidos con ocasión da asistencia médica é unha actividade que, por formar parte dun sistema técnico-científico específico

e complexo, escapa das atribucións do operador xurídico. O estudo, explicación e xustificación dos feitos neste tipo de expediente

é tarefa que corresponde principalmente aos facultativos, quedando para o aplicador do dereito a súa cualificación ou subsunción

nas respectivas categorías xurídicas, polo que os informes técnicos teñen un peso específico e preponderante á hora de valorar

os feitos acontecidos.

É así que da historia clínica e informes que figuran no expediente resulta que E., nada en 1980, foi remitida á consulta de Xinecoloxía dende o seu centro de saúde onde acudira solicitando anticoncepción

definitiva. O día 8.4.2016, foi examinada e no curso clínico consta expresamente: ?se explican diferentes métodos anticonceptivos definitivos: Essure, ligadura tubárica ? La paciente comprende y acepta Essure.

Se entregan consentimientos informados Essure. Deja firmados. Se incluye en lista de espera?. O día 21.3.2017 insírense os dispositivos, e o 23.6.2017 foi sometida a revisión e compróbase que os dispositivos están ben

situados.

O informe remitido polo Servizo de Xinecoloxía e Obstetricia (con data 26.10.2020) refire o seguinte proceso asistencial a partir desa data:

?[...] Fue remitida nuevamente a la consulta de ginecología funcional y atendida el 10.6.2019. En la historia clínica consta que

?acude a solicitar retirada de Essure. Desde los 4 meses de inserción empezó a notar pinchazos en FID (fosa ilíaca derecha)

y en ambas piernas, cefaleas, sangrados fuera de regla y cansancio crónico. Se incluyó en lista de espera para extracción

de Essure. Tal y como aconsejan las Guías de la SEGO y del SERGAS se le preguntó por sus preferencias en la situación, muy

frecuente, de que el Essure se fragmentase al intentar retirarlo, debido a su fragilidad, y eligió que en este caso se le

realizase una histerectomía, así consta en la historia clínica. Firmó el consentimiento informado de histerectomía?.

El 8.10.2019 se realiza una laparoscopia para la extracción del Essure no siendo posible la identificación del Essure derecho. Se realizó histerectomía total con salpinguectomía bilateral laparoscópica.

Se extirpó el útero y las trompas de Falopio, pero se conservaron los ovarios para mantener la función hormonal. Cursó alta

hospitalaria durante el tercer día posoperatorio.

En el estudio de alergias se comprobó alergia de contacto al Niquel y Paladio.

Sigue controles programados en la consulta de Ginecología Funcional?.

Quinta.

Como ten referido este órgano consultivo na asistencia sanitaria, a responsabilidade patrimonial presenta singularidades derivadas da especial natureza deste servizo público. O criterio da actuación

conforme coa denominada lex artis constitúe un parámetro da responsabilidade dos profesionais sanitarios, de modo tal que tan só en caso da súa infracción

cabería imputar á administración da cal dependen os servizos sanitarios a responsabilidade polos prexuízos causados. Así o

cidadán ten o dereito a esixir que a actividade médica se desenvolva en forma adecuada e conforme coa denominada lex artis ad hoc, que impón unha actuación acorde cos coñecementos e técnicas adecuados ao caso e segundo o estado actual destes.

Para apreciar a existencia de responsabilidade patrimonial sanitaria da Administración, é necesario que a relación de causalidade entre os feitos e o funcionamento do servizo público queden suficientemente

acreditadas, cuxa carga probatoria corresponde á parte interesada, indicando en que concreta actuación pode apreciarse un

quebrantamento da lex artis máis alá dunha ecuación directa entre un resultado relativamente desfavorable e a obriga de indemnizar.

No escrito de reclamación, a señora E. refire que nos meses posteriores sufriu síntomas como ?dolor abdominal que irradia a abdomen y fosa iliaca derecha, pinchazos en ambas piernas, cefaleas, sangrados fuera de la regla

y cansancio crónico? que atribúe ao dispositivo ?Essure?. Por outra banda denuncia o proceso de información sobre os posibles efectos adversos de Essure e a tardanza na retirada

do dispositivo.

Así en relación coa primeira cuestión, hai que salientar que paciente non achega proba ningunha que acredite que a sintomatoloxía que refire estea relacionada coa implantación do dispositivo, por

outra banda o informe de Xinecoloxía, antes transcrito, sinala que dende a colocación dos dispositivos en marzo de 2017, a

seguinte consulta foi en xuño de 2019 cando solicitou a súa retirada. Nesa data foi informada e incluída en lista de agarda.

O día 7.10.2019 practicáronlle ?histerectomía total y salpinguectomía bilateral por laparoscopia. Controles de posoperatorio inmediato dentro de la normalidad?.

A parte reclamante cuestiona o grao de prioridade da intervención xa que denuncia a tardanza na súa práctica, resulta unha queixa feita dende a súa propia autoridade e sen achega de informe que avale

a súa opinión. Tratouse dunha valoración médica atendendo ao estado clínico e evolución que presentaba a señora E. Sobre esta

cuestión, o informe do servizo refire:

?La paciente decidió que en el caso frecuente que no fuese posible retirar completamente los Essure se realizase histerectomía. Aún tratándose de una prioridad 3 se operó en 120 días tras la indicación

de la intervención, mucho menos tiempo que la gran mayoría de las prioridades 3 y sólo 30 días más que el límite para operar

las prioridades 2?.

Polo que se refire á queixa que formula a parte reclamante sobre a falta de información, na historia clínica figura o documento de consentimento informado asinado pola señora E. con data 8.4.2016 referido

ao procedemento de colocación do dispositivo ?Essure?, onde constan unha relación de complicacións e riscos. Sobre esta cuestión hai que destacar que a información que debía

subministrarse á paciente era a coñecida nese intre, polo que deben ser tidos en conta os protocolos e guías que se aplicaban

nesa data, sen que poida considerarse que se trate dun documento incompleto ou insuficiente, como ten sinalado este órgano

consultivo en outros supostos relacionados (CCG 60/2000 e CCG 480/2019).

Hai que salientar, a maior abastanza, que de ser o caso este dano que invoca a paciente non tería o carácter antixurídico, porque na data en que se procedeu á implantación do microinxerto descoñecíanse

os efectos adversos do dispositivo, polo que resulta de aplicación o artigo 34.1 da LRXSP que establece que ?? Non serán indemnizables os danos que deriven de feitos ou circunstancias que non se puidesen prever ou evitar segundo o

estado dos coñecementos da ciencia ou da técnica existentes no momento de produción daqueles, ??.

Sexta.

Á vista dos feitos descritos e que constan na documentación remitida, debe sinalarse que a presunta mala praxe denunciada pola parte reclamante é unha mera afirmación, carente de ningún valor probatorio,

xa que a súa realidade non se pode inferir racionalmente daqueles feitos e ademais non parece avalada polo máis mínimo criterio

técnico. Contrariamente, do contido do expediente apúntase a que a asistencia prestada foi correcta e que se actuou conforme

cos protocolos existentes e os coñecementos avalados pola comunidade científica nas datas nas que aconteceron os feitos.

Deste xeito, non se percibe a concorrencia dun suposto dano antixurídico, polo que procede a desestimación da reclamación no mesmo sentido que a proposta remitida.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Estatuto jurídico del testamento vital
Disponible

Estatuto jurídico del testamento vital

David Enrique Pérez González

12.75€

12.11€

+ Información

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente
Disponible

El consentimiento informado como garantía del principio de la autonomía del paciente

Marta Joanna Gesinska

21.25€

20.19€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información