Dictamen de Consello Cons...il de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 086 de 18 de abril de 2018

Tiempo de lectura: 30 min

Tiempo de lectura: 30 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 18/04/2018

Num. Resolución: 086


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por C. en representación de G. polos danos sufridos como consecuencia do tratamento da súa artrite reumatoide no Complexo Hospitalario de Ferrol e no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Corral

Propuesta: Arquivo

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 20.11.2017, C., no nome e representación de G., interpón ante o Servizo Galego de Saúde unha reclamación de responsabilidade

patrimonial. Segundo sinala, foi tratado erroneamente da súa afección de artrite reumatoide dende o ano 2000 ata o seu traslado

ao Hospital Arquitecto Marcide, no ano 2009, onde foi diagnosticado de lupus eritematoso. Alega, ademais, ausencia de información

e de consentimento informado.

2.- En data 22.1.2018 a xefa do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios dirixiu escrito á representación do reclamante (xustificante

de recibimento do 2.2.2018), co que se xuntan follas do curso clínico e informes médicos, sinalando a posibilidade de que

a acción de responsabilidade patrimonial se atopase prescrita, polo que procedería propor o arquivo da reclamación patrimonial

presentada, póndolle de manifesto a referida cuestión, en trámite de audiencia.

No contexto deste trámite, e mediante escrito presentado o 18.2.2018, o interesado formulou as alegacións que considerou conveniente ao seu dereito.

3.- Con data 1.3.2018 a xefa do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios elaborou proposta de arquivo da reclamación por extemporánea.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 9.3.2018.

5.- En sesión que tivo lugar o 4.4.2018 a Sección de Ditames acordou excepcionalmente ampliar o período de emisión do preceptivo

ditame por un prazo dun mes.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en diante LPAC) (aspectos procedementais) e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do

sector público (en diante, LRXSP), que derrogou a Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo

común.

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Precisamente, o último presuposto aludido merece unha especial consideración no presente caso, pois o fundamento da proposta de resolución para propugnar a inadmisión da reclamación é o da extemporaneidade

desta.

O artigo 67.1 da LPAC indica que os interesados só poderán solicitar o inicio dun procedemento de responsabilidade patrimonial cando non teña prescrito o dereito a reclamar, circunstancia que se producirá

ao ano de producido o feito ou o acto que motive a indemnización ou de manifestarse o seu efecto lesivo; se ben, para o caso

de danos de carácter físico ou psíquico ás persoas, o precepto prevé que o prazo empezará a computarse dende a curación ou

a determinación do alcance das secuelas.

O establecido polo citado precepto, cuxo antecedente é o artigo 142.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común (en adiante

LRXPAC), ten dado lugar a unha prolixa xurisprudencia que, de xeito reiterado e consolidado, segue un criterio razoablemente

flexible na apreciación do cómputo do prazo de exercicio da acción de esixencia de responsabilidade fronte ás administracións

públicas, fuxindo de aplicacións contra cives ou contrarias ao criterio pro actione.

En relación co dies a quo para o cómputo do prazo, o Tribunal Supremo ten establecido que aquel dá comezo desde que se establezan os efectos lesivos

no patrimonio do reclamante, que é cando hai coñecemento suficiente para avaliar a súa extensión e alcance, tendo en conta

que o Código Civil segue o principio da actio nata e dispón que o tempo para a prescrición de toda clase de accións, cando non hai disposición especial que outra cousa determine,

se contará desde o día en que puideron exercitarse as respectivas accións; o que para os efectos dunha posible esixencia de

responsabilidade implica o cómputo do termo para a prescrición a partir do intre no que o prexudicado tivo coñecemento do

dano que sufriu. Así, en sentenza do 27.5.2016 o Tribunal Supremo razoou que ?La determinación del ?dies a quo? para el cómputo del plazo de prescripción parte de la teoría de la ?actio nata?, que tal

y como ha sido formulada por nuestra jurisprudencia se basa en el completo conocimiento de las consecuencias dañosas, y, que

en el caso de lesiones y secuelas se sitúa en el momento en el que el lesionado conoció el alcance de las mismas, tal y como

expresamente dispone el art. 142.5 de la Ley 30/1992 (RCL 1992, 2512, 2775 y RCL 1993, 246). Y este conocimiento dependerá

de los datos existentes y de que éstos sirvan para determinar que la lesión o secuela se ha consolidado y sea posible conocer

el alcance real del daño que se reclama. La determinación de cuándo se produce esta circunstancia y, por lo tanto, cuando

es posible ejercitar la acción, comenzando el computo del plazo de prescripción, depende de las circunstancias de cada caso,

y de las pruebas practicadas (por todas, sentencias de esta Sección Sexta de 28 de febrero de 2007 (RJ 2007, 3678), casación

5536/03; de 24 de febrero de 2009 (RJ 2009, 1098), casación 8524/09; de la Sección Cuarta de esta Sala Tercera de 20 de diciembre

de 2013 (RJ 2013, 8231), casación 4606/12)?.

Para o inicio do cómputo do prazo de prescrición abondaría, pois, con que o dano fose ?previsible en su evolución y en su determinación, y por tanto, cuantificable? (STS 6.5.2015).

Por tal razón a existencia de procesos asistenciais en curso, non supón necesariamente a suspensión do cómputo da prescrición, e de feito non a suspenden cando existe un cabal coñecemento do dano

e este é razoablemente previsible. Así o entende o Tribunal Supremo en sentenzas como a do 30.6.2009 ou a do 6.5.2015 na que,

logo de distinguir os supostos de danos continuados e danos permanentes, se establece respecto destes últimos, como vai dito,

que aluden a lesións irreversibles e incurables, aínda que non intratables ?por lo que los tratamientos paliativos o de rehabilitación ulteriores o encaminados a obtener una mejor calidad de vida, o

a evitar eventuales complicaciones en la salud, o a obstaculizar la progresión de la enfermedad, no enervan la realidad de

que el daño ya se manifestó con todo su alcance?.

Na determinación do dies a quo é tradicional a distinción entre danos permanentes e danos continuados, recollidas, entre outras na STS do 6.5.2015, na que

se predica destes últimos ?que no permiten conocer en el momento en que se producen los efectos definitivos de una lesión y en los que, por tanto, el

dies a quo será aquél en que ese conocimiento se alcance?, fronte ao caso dos danos permanentes ?que aluden a lesiones irreversibles e incurables, aunque no intratables?.

Cuarta.

No caso que nos ocupa, a proposta de arquivo considera que a acción estaría prescrita ao ter transcorrido máis dun ano entre o momento no que o especialista confirmou que a doenza padecida polo interesado

era lupus eritematoso e non artrite reumatoide (14.2.2011) e a data de interposición da reclamación (20.11.2017), sen que

poida enervar a referida conclusión a circunstancia, invocada no escrito presentado en trámite de audiencia, de que a prescrición

non se dá no presente caso porque o seu reclamante presenta, aínda na actualidade, artralxias como doenzas derivadas da inadecuada

asistencia médica recibida.

En efecto, por máis que o interesado pretenda fundamentar a vixencia da acción no feito de que o paciente continúe en seguimento por parte do Servizo de Reumatoloxía por ser portador dunha enfermidade

crónica, non desvirtúa que o coñecemento efectivo do suposto dano se remonte ao 14.2.2011, data na que a doutora H. establece

definitivamente o diagnóstico de lupus eritematoso (?Por otra parte: anticoagulante lúpico +; Juicio clínico: LES?). Esta circunstancia en ningún caso, consonte coa consolidada doutrina xurisprudencial da que se fixo cita, permite trasladar

o dies a quo do cómputo do prazo de vixencia da acción a un momento posterior á data mencionada.

De feito, as anotacións da historia clínica que o reclamante transcribe en trámite de audiencia coa finalidade de xustificar a vixencia da acción, tampouco permiten afirmar que as artralxias que presenta

o doente sexan consecuencia daquel inicial diagnóstico erróneo. Así, na correspondente ao 14.7.2017, recóllese como xuízo

clínico o de ?Lupus eritematoso sistémico. Artralgias en dicho contexto (...)?, co que se está a afirmar a compatibilidade desta sintomatoloxía coa evolución da enfermidade finalmente diagnosticada.

Por conseguinte, en ausencia de elementos probatorios que orienten a outra conclusión, cuxa achega tería correspondido ao reclamante, e de acordo co criterio establecido na proposta da instrutora,

debe concluírse afirmando o carácter extemporáneo da reclamación, e a procedencia do seu arquivo.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros presentes, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Delitos al volante. Paso a paso
Disponible

Delitos al volante. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

16.15€

15.34€

+ Información

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

Derecho medioambiental. Paso a paso
Disponible

Derecho medioambiental. Paso a paso

V.V.A.A

12.70€

12.06€

+ Información

Sobre Derecho sanitario
Disponible

Sobre Derecho sanitario

Eugenio Moure González

17.00€

16.15€

+ Información