Dictamen de Consello Cons...io de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 073 de 06 de junio de 2018

Tiempo de lectura: 31 min

Tiempo de lectura: 31 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 06/06/2018

Num. Resolución: 073


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por B. en nome e representación de M., polos danos sufridos como consecuencia dunha caída nun sumidoiro no lugar de Gundías, San Miguel do Campo (Nogueira de Ramuín).

Organismo: Concello de Nogueira de Ramuín (Ourense)

Letrado: Quintana Acebo

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Sánchez Tato

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- En data 10.4.2017, B. en nome e representación de M. presentou reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Concello

de Nogueira de Ramuín (Ourense) polos danos padecidos tras sufrir unha caída en abril de 2016.

Solicita unha indemnización total de 40.000 euros.

Achega informes médicos e denuncia presentada ante a Garda Civil.

2.- Instruído o procedemento conforme á Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións

públicas (en adiante LPAC), consta nel informe médico pericial de lesións e acta de declaración testemuñal.

3.- Logo do trámite de audiencia, no que a interesada reiterou a súa petición inicial, o órgano instrutor emitiu proposta de resolución

en senso denegatorio da reclamación presentada.

4.- O expediente de razón foi remitido, polo señor alcalde do Concello de Nogueira de Ramuín, e tivo entrada neste organismo

con data 28.2.2018.

5.- A Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia,-en sesión realizada o día 21.3.2018 acordou a devolución do expediente

para que se completase a instrución nos termos referidos no devandito acordo.

6.- O expediente foi de novo remitido a este órgano consultivo tendo entrada o día 15.5.2018.

7. Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración local de contía superior a 15.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, da LPAC (aspectos procedementais) e polos artigos 32 a 37 da

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en adiante, LRXSP), que derrogou a Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo

común.

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a configuración da responsabilidade patrimonial da Administración como unha responsabilidade obxectiva non supón, non obstante, a inexistencia de límites fronte

a unha eventual aplicación automática do principio resarcitorio sobre a base dunha vinculación máis ou menos ampla entre o

funcionamento do servizo e o dano padecido. Así, como máis significados lindes daquel principio xeral poden destacarse catro

acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP)

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP)

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002).

Cuarta.

Analizado o anterior e tendo en conta os elementos técnicos da institución a que nos referimos expostos nas consideracións precedentes, pasamos a examinar o fondo da reclamación presentada.

Procede así, primeiramente, verificar a efectividade e realidade do dano para, de seguido, centrar a análise de se o dano foi ou non consecuencia do funcionamento normal ou anormal dun servizo público,

dato determinante e que configura en última instancia un eventual dereito do particular lesionado a ser indemnizado pola Administración.

Neste sentido hai que dicir que, independentemente do quantum que, chegado o caso, proceda recoñecer, resultan demostradas as lesións sufridas pola Sra. M. tal e como se desprende dos

informes médicos por ela achegados.

Corresponde agora analizar a cuestión relativa ao nexo de causalidade, sobre isto hai que indicar que a reclamante sinala como causa da caída, que ?se encontró con una alcantarilla la cual se hundió al poner el pie izquierdo en ella, cayendo doña Elizabeth dentro?.

Para os efectos de determinar a eventual vinculación causal deses feitos co funcionamento do servizo público local, hai que partir da regra xeral, acollida xa por este Consello noutros ditames segundo

a cal é esixible aos viandantes o autocontrol da súa propia deambulación, obrigación esta que exclúe toda responsabilidade

da Administración cando é crebada, por introducirse, neste caso, un elemento estraño na relación xurídica controvertida, cal

é o da culpa da vítima. Esta circunstancia, cando reúne o requisito da exclusividade na vinculación co dano padecido, enerva

toda responsabilidade da Administración, tal e como estableceu de xeito reiterado o Consejo de Estado (entre outros no ditame

do 1.7.1971) e a propia xurisprudencia do Tribunal Supremo (St. 8.3.1967, 25.1.1974 ou 5.11.1974).

Este Consello Consultivo entende que ese control da deambulación esixe aos viandantes a aplicación da dilixencia necesaria para apreciar e sortear os riscos que en moi diversas formas -xa sexa pola

propia conformación estrutural (bolardos, irregularidades nos empedrados, tapas de rexistros) ou por defectos de conservación-

preséntanse ineludiblemente nos espazos públicos abertos ao tránsito, de modo que cando estes se exteriorizan e son apreciables,

a non detección por parte dos peóns obedece necesariamente a unha desatención agás que se demostre a existencia de circunstancias

(como as condicións físicas do peón) que enerven a súa responsabilidade na detección daqueles riscos.

No expediente remitido consta que non se ten constancia doutros accidentes nese lugar, ao tempo que se achegan varias fotografías do mesmo que poñen de manifesto que se trata dun camiño ancho sendo que

a tapa do rexistro se atopa no lado máis preto dunha finca lindante deixando un amplo espazo para o paso de peóns. Cómpre

recordar que a caída tivo lugar a plena luz do día (a reclamante refire que o suceso tivo lugar sobre as 14:00 horas do día

10 de abril). Considérase que neste caso que agora se ditamina, a irregularidade do rexistro non constituía unha trampa oculta

senón que era perceptible por calquera usuario minimamente atento ás circunstancias que rodean a marcha, e podería ser salvado

por calquera peón que prestase o grao de atención suficiente que é necesario para a circulación viaria, xa que ao tratarse

precisamente dunha tapa de rexistro é inevitable a falta de continuidade co pavimento.

En consecuencia, logo da análise do conxunto do expediente, cabe concluír que a hipótese máis plausible é a de que o factor

determinante do accidente foi a conduta da propia vítima, pola súa distracción e/ou descoido que lle impediu advertir a existencia

dunha deficiencia no pavimento.

Enténdese, daquela, aplicable a doutrina deste Consello Consultivo, recollida en numerosos ditames (CCG 420/2007, 177/2012, 498/2012, 431/2013 ou 649/2014, entre outros), sobre a necesidade de autocontrol

da propia deambulación que é esixible das persoas que utilizan as vías públicas de xeito que corresponde a estas avaliar os

riscos que pode ter un actuar pouco atento ás circunstancias. Neste sentido vén a colación a sentenza do Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia núm. 496/2013, do 3 de abril, ?[?] estando a cargo de quien lo sufre el daño que se produce como consecuencia de los riesgos generales de la vida inherentes

al comportamiento humano, debiendo soportar los riesgos de una eventual falta de atención o cuidado en la deambulación por

lugares de paso, como indican las ss. del T.S. de 17-7-03 y 22-2-07, toda vez que la vía pública no está exenta de peligros

para el peatón y si cualquier bache, desconchado, humedad, pendiente... se entiende causa eficiente para la producción del

daño se estaría convirtiendo a la Administración (normalmente la Local) en aseguradora universal de todo evento dañoso producido

en su término municipal, el obstáculo que se dice originador de la caída no parece susceptible de originarla sin el actuar

desatento de la víctima, tropiezo fortuito, condiciones psicofísicas de la accidentada..., y, aún con deficiente conservación

de la acera o calzada por la Administración, el necesario autocontrol en la deambulación excluye la responsabilidad de la

Administración en los casos en que el desperfecto u obstáculo fuera fácilmente aplicable o conocido por el peatón por ser

persona con vinculación en la zona o de mínima entidad que impida apreciar su capacidad para ocasionar daños en condiciones

normales. [?]?.

En efecto, conforme ao disposto na referida sentenza -e nas que nela se citan- necesariamente o comportamento humano, na xeneralidade dos casos, e segundo a regra id quod plerumque accidit (as cousas que ocorren con frecuencia), implica soportar os pequenos riscos que unha eventual falta de coidado e/ou atención

leva de seu a deambulación por vías públicas.

Deste xeito, e para dar cabo, no caso que nos ocupa, dada a inexistencia dun vínculo causal entre o funcionamento do servizo público e o dano que motiva a reclamación, debe concluírse na procedencia da

desestimación como propón a proposta de reclamación sometida a ditame.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos
Disponible

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

La provincia y el municipio en el Derecho Administrativo
Disponible

La provincia y el municipio en el Derecho Administrativo

6.83€

6.49€

+ Información

La Administración Local
Disponible

La Administración Local

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

La innovación y modernización administrativa en el ámbito local español
Disponible

La innovación y modernización administrativa en el ámbito local español

Gonzalo Pardo Beneyto

21.25€

20.19€

+ Información