Dictamen de Consello Cons...zo de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 07 de 29 de marzo de 2017

Tiempo de lectura: 31 min

Tiempo de lectura: 31 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 29/03/2017

Num. Resolución: 07


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona R. polos danos sufridos como consecuencia da caída sufrida na porta de acceso a Casa Consistorial de Maceda

Organismo: Concello de Maceda (Ourense)

Letrado: Quintana Acebo

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data do 14.01.2016 dona R. presentou reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Concello de Maceda (Ourense)

polos danos sufridos logo de caer na porta de acceso á casa consistorial.

No escrito sinala:

?[?]

El pasado 14/ENE/2015 tras recoger de la sede del Ayuntamiento una certificación del Registro Civil, y al disponerse a abandonar las Casa Consistorial por la única salida habilitada para las personas,

tras abrir la puerta principal pierde el equilibrio al resultar que en vez de estar al ras de la acera, la puerta se encuentra

un alto, siendo necesaria para llegar a la acera el bajar un escalón que no se encuentra señalizado ni advertido de modo alguno.

[?]?.

Solicita unha indemnización total de 49.710,81 ?.

2.- Instruído o procedemento conforme co Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, consta nel informe da Secretaría e unha acta de

declaración testemuñal.

3.- Logo do trámite de audiencia, no que a interesada non presentou alegacións, o órgano instrutor emitiu unha resolución na

que propón a desestimación da reclamación (27.12.2016).

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor alcalde do Concello

de Maceda, tendo entrada neste organismo o día 10 de xaneiro de 2017.

5.- Na Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, en sesión realizada o día 8 de febreiro de 2017 acordouse a devolución

do expediente para que se completase a súa instrución.

6.- O expediente tivo de novo entrada neste órgano consultivo o día 14 de marzo de 2017.

7.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do presente ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, con base no previsto no artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a administración local por contía superior a 15.000,00 ?.

Segunda.-

O dereito dos particulares a seren indemnizados pola Administración de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que aquela lesión sexa consecuencia

do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, responde a un principio de responsabilidade obxectiva recollido

no artigo 106 da Constitución española. Ademais o réxime xurídico da reclamación de responsabilidade patrimonial, contense

nos artigos 139 e seguintes da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

(no sucesivo, LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, de 26 de marzo, que regula o procedemento das reclamacións de responsabilidade

patrimonial, (normativa aplicable ao procedemento que nos ocupa, de acordo co previsto na letra a) da disposición transitoria

terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite á interesada exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.-

É reiterada a doutrina e a xurisprudencia que, partindo da regulación xurídica se inspiran no principio de responsabilidade obxectiva, que considera como elemento esencial, que non único, para que a reclamación

de responsabilidade patrimonial da Administración prospere, a existencia dun nexo causal directo e inmediato entre a actuación

da Administración e a lesión producida. O devandito nexo debe ser exclusivo sen interferencias estrañas de terceiros ou do

lesionado. Por outra parte, para que a lesión poida ser resarcible, ten que demostrarse a efectiva realización dun dano, que

haberá de ser avaliable economicamente e individualizado en relación cunha persoa ou grupo de persoas. En definitiva, para

que a responsabilidade se faga efectiva, esíxese a proba dunha causa concreta que determine o dano e a conexión entre a actuación

administrativa e o dano real ocasionado.

Cuarta.-

Así centrados estes principios básicos que rexen en materia de responsabilidade patrimonial, e acreditado o cumprimento dos presupostos procesuais da reclamación, pasamos a abordar o obxecto do presente

expediente, é dicir, se a parte reclamante lle asiste ou non o dereito a ser indemnizada como consecuencia dos feitos referenciados

nos antecedentes.

Procede así, primeiramente, verificar a efectividade e realidade do dano para, deseguido, centrar a análise de se o dano foi ou non consecuencia do funcionamento normal ou anormal dun servizo público,

dato determinante e que configura en última instancia un eventual dereito do particular lesionado a ser indemnizado pola Administración.

Os danos da Sra. R. veñen probados polos partes médicos xuntados coa documentación remitida.

Fixado o anterior, cómpre xa pasar á análise da existencia ou non dun nexo de causalidade entre o dano producido e o funcionamento do servizo público. A regra xeral, acollida xa por este Consello Consultivo

noutros ditames, conforme a que resulta esixible aos viandantes o autocontrol da súa propia deambulación, obriga esta que

exclúe toda responsabilidade da Administración cando é crebada por introducirse un elemento estraño na relación xurídica controvertida,

cal é o da culpa da vítima, circunstancia que, cando reúne o requisito da exclusividade na vinculación co dano padecido, enerva

toda responsabilidade da Administración, tal e como estableceu de xeito reiterado o Consejo de Estado (entre outros no seu

ditame do 01.07.1971) e a propia xurisprudencia do Tribunal Supremo (sentenzas, 08.03.1967, 25.01.1974 ou 05.11.1974).

O control da propia deambulación non pode, malia iso, ser elevado a regra absoluta e categórica á hora de excluír unha eventual responsabilidade da Administración; a súa pretendida incondicionalidade,

antes ben, vese necesariamente modalizada polo xogo do principio de confianza dos peóns nas condicións de seguridade das vías,

beirarrúas e beiravías polas que transitan, de xeito que, a constatación dun desaxeitado estado de conservación destas, cando

se traduza na existencia de obstáculos non apreciables polos viandantes co emprego da dilixencia esixible como concreción

da regra do autocontrol da deambulación, dará lugar á obxectivación dun vínculo que empata o funcionamento do servizo público

en xogo co lesivo resultado final producido.

No presente caso, o informe remitido polo arquitecto municipal sinala:

?[?]

Segundo os feitos relatos na reclamación, a caída produciuse ao abandonar o concello, pola única entrada que estaba habilitada para público nese momento, polo que xa se trataba dun itinerario anteriormente

coñecido pola interesada, ao ter que ter accedido ao concello previamente por ese mesmo itinerario.

Segundo os feitos relatados polo propia interesada, o accidente tivo lugar na escaleira da beirarrúa, sita no exterior do inmoble consistorial, paralela á fachada do mesmo. Estas escaleiras contan coa

mesma antigüidade que o edificio, para poder resolver a forte pendente da vía pública e dar acceso ao edificio na planta primeira,

contando ademais cunha varando metálica que impide o risco de caídas sobre a vía. Cómpre indicar, que existen múltiples exemplos

de espazos públicos resoltos mediante o emprego de tramos de escaleira, debido aos desniveis naturais existentes e á elevada

pendente das vías públicas, que imposibilitaría a resolución desa problemática dunha forma menos axeitada.

Segundo o relato do accidente, a caída prodúcese unha vez que a interesada abandona o inmoble do concello, atopándose xa na beirarrúa, momento no que perde o equilibrio, descendendo de forma incontrolada

polo escaleira sita na beirarrúa paralela á fachada do concello.

Polo emprazamento da escaleira da beirarrúa e a descrición dos feitos acontecidos, non parece doado que a perda de equilibrio e posterior caída polos escaleiras se poida deber á configuración

do acceso ao concello, xa que a escaleira exterior se atopa xirada a 90° do acceso e desprazada a unha distancia prudencial

do mesmo.

[?]?.

Deste xeito, segundo o material instruído e as fotografías incorporadas á documentación, considérase que a caída sufrida pola reclamante tivo un carácter fortuíto e foi propiciada por unha manobra

inadecuada sen adoptar as debidas precaucións e sen asirse ao pasamán dispoñible.

Como xa puxo de manifesto este Consello Consultivo en anteriores ditames, o feito de que a responsabilidade patrimonial da Administración fose cualificada de obxectiva non quere dicir que este instituto

xurídico se transforme nunha obriga universal de resarcimento a cargo da Administración pública de todo prexuízo sufrido polos

particulares pola utilización dun servizo público. Así o manifestou a xurisprudencia do Tribunal Supremo ao sinalar que ?La prestación por la Administración de un determinado servicio público y la titularidad por parte de aquélla de la infraestructura

material para su prestación no implica que el vigente sistema de responsabilidad patrimonial objetiva de las Administraciones

Públicas convierta a éstas en aseguradoras universales de todos los riesgos con el fin de prevenir cualquier eventualidad

desfavorable o dañosa para los administrados que pueda producirse con independencia del actuar administrativo, porque de lo

contrario [...], se transformaría aquél en un sistema providencialista no contemplado en nuestro ordenamiento jurídico?. (sentenza do 05.06.1998 -RJ Aranzadi 5169-).

Así mesmo, como ten dito o Consejo de Estado no seu ditame 29/2004, do 11 de marzo, ?El instituto de la responsabilidad patrimonial de la Administración no puede prestar cobertura a los frecuentes episodios

ocasionales que, como en el caso considerado (caída por existencia de un escalón) ocurren en las oficinas públicas donde se

mueven, trabajan, entran y salen una pluralidad de personas, sin riesgos ni siniestros distintos o superiores a los que acechan

al común de los ciudadanos en el curso del vivir ordinario?.

Quinta.-

Deste xeito, no caso que nos ocupa, pode residenciarse a orixe do accidente na esfera de imputabilidade da Sra. R., que debe entenderse que permanecía na beirarrúa paralela á fachada do edificio do concello

de maneira pouco atenta ás circunstancias, é dicir, non controlou debidamente o seu propio deambular.

Consecuentemente, pode apreciase a existencia dun feito estraño á esfera do funcionamento do servizo público que interfire no nexo de causalidade, e que impide vincular directamente o dano polo que

se reclama ao funcionamento do servizo público, determinando, xa que logo, a procedencia da desestimación da reclamación presentada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Nueva regulación del Registro Civil: Inscripción del nacimiento
Disponible

Nueva regulación del Registro Civil: Inscripción del nacimiento

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Nueva regulación del Registro Civil: Inscripción del matrimonio
Disponible

Nueva regulación del Registro Civil: Inscripción del matrimonio

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Nueva Ley del Registro Civil. Paso a paso
Disponible

Nueva Ley del Registro Civil. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

12.75€

12.11€

+ Información

Ley del Registro Civil y Reglamento
Disponible

Ley del Registro Civil y Reglamento

Editorial Colex, S.L.

8.50€

8.07€

+ Información

1300 preguntas Test. Oposiciones Auxilio Judicial (DESCATALOGADO)
Disponible

1300 preguntas Test. Oposiciones Auxilio Judicial (DESCATALOGADO)

M.ª Guadalupe Lorenzo Aguilera

25.95€

22.06€

+ Información