Dictamen de Consello Cons...zo de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 061 de 15 de marzo de 2017

Tiempo de lectura: 75 min

Tiempo de lectura: 75 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 15/03/2017

Num. Resolución: 061


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona D., en representación de don J., dona F., dona R., don G., don G., don R. e don J., polo falecemento da súa nai, dona R.

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Guizán

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data do 26.10.2016 dona D., en representación de don J., dona F., dona R., don G., don G., don R. e don J., interpón

ante o Servizo Galego e Saúde unha reclamación de responsabilidade patrimonial polo falecemento da nai dos seus representados,

dona R.

No escrito reitor da reclamación a parte actora refire:

?PRIMERO: Dª R., nacida el 24 de julio de 1939, residía en su domicilio en Baiona (Pontevedra). Su estado civil era de viuda,

y acudían a visitarla a diario, cualquiera de sus 7 hijos.

En fecha 31 de mayo de 2016 Dª R. llamó a su hija porque manifestaba encontrarse muy mal.

La trasladó al médico de cabecera del Centro de Salud correspondiente al lugar de su domicilio, donde le expidieron un volante preferente para el Servicio de Neurología.

Como la cita era todavía para el día 04 de julio, acudieron a las consultas externas de POVISA sin cita, para hablar con el neurólogo,

pero no les quiso atender. Acto seguido acudieron al Servicio de Urgencias del Centro Médico POVISA, donde permanecieron 6

horas esperando (entrada sobre las 16.00 horas y salida sobre las 22.00 horas).

Tras esta larga espera, les atiende la doctora del Servicio de Urgencias, la que tras reprocharle que acudan allí, la remite al domicilio

sin practicar ningún tipo de prueba, ni tan siquiera un análisis. Únicamente le recetó una pastilla para después de la cena,

que resultó ser un ?trankimazin?.

Dª R. entonces regresó a su domicilio y por la noche tomaba la pastilla recetada. Pero su malestar iba en aumento. No dormía, tenía

muchos temblores, etc.

El día 13 de junio manifestó que no podía aguantar más, a pesar de haber intentado no acudir más a Urgencias después de su última visita.

Su hija F. la llevó al Centro de Salud de Gondomar. El médico la vió tan mal que le hizo un electro, le introdujo una pastilla en

la boca y llamó a una ambulancia para que urgentemente la trasladaran al Hospital.

Sin embargo, en el Centro Médico POVISA no le prestaron ninguna atención...

La colocaron en una camilla del pasillo, y después de 2 horas la trasladaron a un box, donde una enfermera o auxiliar (no un médico) le practicó una extracción de sangre y le colocó un suero que hizo dormir

a la paciente.

A las 2.15 horas de la mañana sus hijos leyeron en el monitor de atención al acompañante ?tiene el resultado de las pruebas practicadas? y ?pendiente valoración por el médico internista?.

Este mensaje permaneció durante horas... Nadie les informaba del resultado y ningún médico intervenía a pesar de la insistencia de F. y G., hijos allí presentes.

Repentinamente a las 6 horas de la madrugada, Dª R. comienza a vomitar sangre. Entran 2 o 3 personas del servicio y expulsan fuera a los hijos. Alguno

manifiesta ?es sangre digerida?.

Continuaron 2 horas desastrosas. La máquina emite pitidos, continuos pero allí el personal no hace nada. Únicamente colocaron unas ventosas a la paciente que se despegaban y sus hijos sujetaban. Incluso

la hija es la que limpia la sangre con gasas.

Ya a las 08.30 horas de la mañana, posiblemente con el comienzo del nuevo turno, entra una mujer del servicio que cuando ve la situación comienza a gritar ?Esto no puede ser, que venga inmediatamente

el médico!!?.

A continuación ordena una extracción de sangre, y les dice a los hijos que no hay sitio ni en la UC ni en la UCO para dejar a la enferma.

Acude por primera vez el médico de planta, muchas enfermeras ... Pero ya eran las 15.00 horas y tiene una infección generalizada.

Informan que está gravísima.

A las 17.15 horas le da una parada respiratoria. Entran aproximadamente 8 personas vestidas de verde, la trasladan a la UCI y parece que hacen lo posible para reanimarla, pero ya es demasiado tarde.

Dª R. ha fallecido?.

Con base nestes feitos a parte actora considera que ?ha existido una deficiente actuación por parte del Servicio de Urgencias de POVISA, tanto en un momento inicial (falta de

exploraciones y remisión al domicilio, etc.) como el día del ingreso en el que se produce el fallecimiento?.

2.- Na instrución do procedemento incorporouse a este:

- Copia da historia clínica da señora R. no Centro de Saúde de Baiona e no Hospital POVISA, e

- Informe conxunto dos Servizos de Medicina Interna, Anestesioloxía e Reanimación e Urxencias do antedito hospital de data

do 21.12.2016.

3.- Con data do 20.01.2017 deuse trámite de audiencia á parte actora e ao Hospital POVISA.

Con data do 09.02.2017 a parte actora formulou alegacións nas que refire que a Sra. R. ?Ya en fecha 21 de abril de 2016, acude al Servicio de Salud, en la hoja de interconsulta aparece ?paciente acude por tos productiva

y ruidos respiratorios izdos. Veo en el diagnóstico, se encuentra muy mal?. En el Ianus aparece un informe del Neumólogo donde

pone que tiene una infección por microbacteria pendiente de tipificar. ?Derivo al Hospital para valoración (pruebas complementarias)??.

Así mesmo no escrito de alegacións a parte actora cuantifica a súa pretensión indemnizatoria en 175.000,00 ?.

Con data do 10.02.2017 o Hospital POVISA formulou alegacións nas que sostén a correcta asistencia sanitaria á paciente e a continua información aos seus familiares.

4.- Con data do 15.02.2017 formulouse proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo o día 03.03.2017.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de razón, en virtude do disposto no artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial interposta contra a administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.-

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público e, no

que atinxe aos aspectos procedimentais, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións

públicas.

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.-

Os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente indicados polo Consello

Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración,

partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O dito dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña o

deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

De maneira particularizada, no que concirne á responsabilidade da Administración no ámbito sanitario, o Consello Consultivo concretou as modulacións ás que está sometida con relación ao sistema xeral

de responsabilidade en canto aos requisitos precisos para poder esixila e entre os que resaltan, por unha banda, que a asistencia

sanitaria é unha prestación de medios e non de resultado e que a actuación médica debe desenvolverse conforme coa denominada

lex artis ad hoc, de modo que, aínda tendo o dano alegado a súa causa na prestación sanitaria, se esta se ten realizado de acordo co estado

do saber, estase ante unha lesión que non constitúe dano antixurídico. E, por outra banda, que os pacientes teñen dereito

a obter cumprida información sobre o seu proceso curativo, o que implica a necesidade de prestación dun consentimento informado.

Deste xeito, no ámbito da responsabilidade sanitaria, o parámetro que permite apreciar o grao de corrección da atención sanitaria é o da lex artis. A análise de acordo con este parámetro obriga á observación detida do concreto emprego da ciencia e da técnica médicas esixibles

atendendo ás circunstancias de cada caso: recursos dispoñibles, forma de emprego dos ditos recursos, e, polo tanto, estándar

razoable de funcionamento. Nesta análise da suficiencia dos medios empregados na asistencia controvertida hai que lembrar

que, como xa se indicou en anteriores ditames (o CCG 98/2001, CCG 98/2014 ou CCG 198/2015, entre outros), pesa sobre o servizo

público sanitario a obriga de posta a disposición daqueles medios diagnósticos e terapéuticos orientados ao fin último de

lograr a curación do paciente. Mais a dita obriga, razoablemente entendida, ten que vir dada, máis que por unha utilización

ilimitada da variedade de medios diagnósticos e terapéuticos ao alcance do profesional sanitario, por unha actuación proporcionada

e, ao mesmo tempo, xenerosamente entendida, que pasa pola posta en práctica daqueles medios que razoablemente resulten precisos

atendidas as circunstancias que se presentan. Por iso, salvo que exista unha evidente desproporción entre o acto médico realizado

e o resultado danoso producido, non abonda, para determinar a existencia de responsabilidade patrimonial, con mostrar un resultado

danoso e conectalo coa prestación sanitaria recibida, senón que ha de probarse igualmente que o dano sufrido é consecuencia

dunha asistencia errónea, atendendo ás circunstancias concretas de cada caso. Se a prestación sanitaria resulta ser a indicada

conforme coas regras do saber e da ciencia esixibles en cada momento para o concreto caso suscitado, non pode apreciarse que

se teña incorporado ao proceso causal incrementando o risco preexistente, debéndose concluír que o dano resulta materialización

exclusiva do dito risco que o paciente ha de soportar. Unido ao anterior debe recordarse que é desde unha perspectiva ex ante da asistencia sanitaria desde a que se debe examinar a prestación de medios, por ser a que se corresponde coa que teñen a

disposición os profesionais da medicina cando realizan tal prestación (por todos, CCG 100/2014, CCG 229/2014 ou CCG 198/2015). En definitiva, é a situación de diagnóstico actual a que determina a decisión médica adoptada, valorando se conforme cos síntomas

do paciente se puxeron á súa disposición as exploracións diagnósticas indicadas e acordes a eses síntomas, non sendo válido,

pois, que a partir do diagnóstico final se considere as que puideron poñerse se naquel momento eses síntomas non se daban.

Cuarta.-

Polo que se refire ás cuestións materiais ou de fondo que suscita o expediente examinado, de acordo coas previsións do artigo 81.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, resulta preciso determinar neste ditame

se existe, no caso que se nos presenta a exame, relación de causalidade entre o funcionamento do servizo e a lesión aducida

e, eventualmente, haberá de recollerse un pronunciamento sobre a oportuna valoración do prexuízo, a contía da indemnización

e o modo de facela efectiva.

Neste sentido, tal e como se reflicte nos antecedentes deste ditame, a parte actora imputa ao servizo público de saúde unha falta de asistencia á doenza que presentaba a señora R., tanto cando acudiu

ao Hospital POVISA o día 31.05.2016 como cando volveu a acudir o día 13.06.2016 xa remitida polo seu médico de cabeceira,

producíndose finalmente o seu falecemento.

O exame destes concretos reproches da parte actora esixen en todo caso unha análise da historia clínica e informes médicos que figuran no expediente dado o cualificado valor probatorio das consideracións

técnicas que neles se conteñen, debendo así limitarse este órgano á súa subsunción en categorías xurídicas.

Este cualificado valor probatorio da historia clínica e informes médicos solicitados pola instrución refórzase en expedientes de responsabilidade patrimonial nos que, como acontece no caso que arestora

nos ocupa, a parte actora non despregou a máis mínima actividade probatoria, nin sequera en fase de audiencia, logo da vista

da historia clínica e informes recabados pola instrución.

Deste xeito, verbo do primeiro reproche da parte actora á asistencia prestada no Hospital POVISA o día 31.05.2016, cómpre lembrar como o escrito reitor da reclamación refire:

?[?]

En fecha 31 de mayo de 2016 Dª R. llamó a su hija porque manifestaba encontrarse muy mal.

La trasladó al médico de cabecera del Centro de Salud correspondiente al lugar de su domicilio, donde le expidieron un volante preferente para el Servicio de Neurología.

Como la cita era todavía para el día 04 de julio, acudieron a las consultas externas de POVISA sin cita, para hablar con el neurólogo, pero no les quiso atender.

Acto seguido acudieron al Servicio de Urgencias del Centro Médico POVISA, donde permanecieron 6 horas esperando (entrada sobre

las 16.00 horas y salida sobre las 22.00 horas).

Tras esta larga espera, les atiende la doctora del Servicio de Urgencias, la que tras reprocharle que acudan allí, la remite al domicilio

sin practicar ningún tipo de prueba, ni tan siquiera un análisis. Únicamente le recetó una pastilla para después de la cena,

que resultó ser un ?trankimazin?.

[?]?.

Do contraste deste relatorio de feitos coa secuencia asistencial que resulta da historia clínica resulta que o día 31.05.2016 a señora R. non chegou a acudir ao seu médico de cabeceira, datando a última

asistencia daquel período do día 21.04.2016.

Por outra banda, no que atinxe á asistencia prestada ese día 31.05.2016 no Servizo de Urxencias do Hospital POVISA (a propia parte actora recoñece ter acudido ao Servizo de Neuroloxía sen cita), é

preciso notar que, segundo se desprende da folla de asistencia (folio 216 do expediente), o motivo da asistencia foi o seguinte:

?acude por aumento de temblor de reposo de catro meses de evolución en relación con tensión emocional por diagnóstico reciente

de tuberculosis, según refire familia?, facéndose constar tamén naquela folla ?no otra sintomatología asociada?, de xeito que resulta difícil vencellar este episodio coa sepse que presentou a paciente no mes de xuño.

Como tamén se desprende da documentación clínica, a exploración física realizada non obxectivou alteracións (auscultación cardiopulmonar, exploración neurolóxica, toma de temperatura corporal,

tensión arterial, frecuencia cardíaca e saturación de 02), polo que a doente foi alta con medicación ansiolítica, recomendación

de control polo seu médico de atención primaria e especialistas habituais, e a vixilancia da posible aparición de signos e

síntomas de alarma motivadores da necesidade dunha nova valoración.

Así as cousas, debe concluírse na corrección da asistencia sanitaria prestada no Hospital POVISA con data do 31.05.2016, ao responder aquela á sintomatoloxía referida pola paciente, que, é importante

notar, non gardaba relación co proceso infeccioso que posteriormente desenvolveu a doente.

Xa polo que respecta ao segundo reproche da parte, relativo á deficiente asistencia sanitaria prestada no Hospital POVISA con ocasión do seu ingreso do día 13.06.2016, debe destacarse que do relatorio

de feitos recollido no escrito reitor da reclamación despréndese a imputación ao centro concertado dunha absoluta desatención

e falta de realización de probas diagnósticas á nai dos reclamantes, o que, ao seu xuízo, determinou o seu falecemento.

Neste sentido consta na historia clínica remitida que o día 13.06.2016 a doente acudiu ao seu médico de cabeceira referindo malestar xeral, tremores xeneralizados por todo o corpo, vómitos de aparición

brusca e dor de costas que se tiña incrementado nos últimos días. Ante esta situación, e logo da realización dun electrocardiograma

que amosou unha taquicardia sinusal, a paciente foi remitida ao hospital para valoración.

Con esta sintomatoloxía a paciente, con antecedentes persoais de hernia de hiato, síndrome ríxido-acinético, deterioro cognitivo e tuberculose ganglionar, ingresou no Servizo de Urxencias do Hospital

POVISA ese mesmo día 13.06.2016 ás 22:31 horas.

Como refire o informe médico de data do 21.12.2016, asinado conxuntamente polos Servizos de Medicina Interna, Anestesioloxía e Reanimación e Urxencias:

?En la valoración inicial destacaba en la exploración física fiebre (38.4ºC), hipotensión (92/58 mm Hg) y taquicardia a 100

lpm. Se realizaron análisis, en los que destacaba una alcalosis respiratoria (pH 7.53, pCO2 18 mm Hg, HCO3 20 mmol/L, pO2

65 mm Hg) y una insuficiencia renal moderada (creatinina 1.64 mg/dL), y una Rx. de tórax, que no demostró alteraciones significativas.

Se realiza consulta al servicio de Medicina Interna. Cuando es evaluada por nuestro servicio sobre las 5:45 am, la paciente presenta un vómito abundante en posos de café con restos de sangre escasa.

En función de la sintomatología, semiología y análisis realizados se sospecha un cuadro de respuesta inflamatoria sistémica,

asociado a una infección probable origen abdominal y/o urológico y una dudosa hemorragia digestiva alta, con insuficiencia

renal aguda secundaria.

Por ese motivo y por la repercusión en el estado general de la paciente, se decide el ingreso y se pauta de forma inmediata la administración de un bolus inicial de omeprazol intravenoso con perfusión

continua posterior, antibioterapia empírica combinada de amplio espectro, para cubrir los posibles focos infecciosos arriba

reseñados (ceftriaxona y metronidazol), suero fisiológico y expansores de volumen como tratamiento de soporte del cuadro séptico,

con recuperación de las cifras de PA, así como de los síntomas y de su estado general. En este momento se solicitan nuevos

análisis y cultivos de sangre y orina, ecografía de abdomen y gastroscopia, y se reservan dos concentrados de hematíes. Se

informa a la familia de la gravedad del cuadro clínico.

En los análisis realizados destaca leucocituria con nitritos positivos, leucocitosis (15340 leucos/mm3) con neutrofilia y desviación izquierda, sin otros hallazgos significativos, por lo que se

decide mantener la pauta de tratamiento.

La paciente es valorada por la mañana nuevamente en el servicio de Urgencias a las 10:30, inicialmente por el médico del servicio de Urgencias y, acto seguido, por el especialista de Medicina Interna.

Se demuestra en ese momento fiebre y taquicardia secundaria. Se extraen hemocultivos y se intensifica el tratamiento de soporte

hemodinámico con incremento en el aporte de líquidos. Se realiza tacto rectal, en el cual se observan heces en ampolla rectal

sin evidencia de sangrado. Se realiza un nuevo hemograma de control en ese momento, en el cual la Hb es de 12.3 g/dL, con

9960 leucos/mm3. Se informa a la familia de la situación actual de la paciente, la sospecha clínica y la actitud a seguir.

Aproximadamente a las 11:30 horas la paciente se traslada a Radiología para realizar una ecografía abdominal urgente, en la

que se observa una vesícula distendida, pero sin signos de colecistitis aguda ni otras alteraciones significativas.

La paciente se traslada a la unidad de cuidados y observación donde es evaluada nuevamente y se intensifica tratamiento con fluidoterapia por hipotensión y oliguria. Ante la sospecha de un foco abdominal

y tras el resultado de la ecografía se solicita TC de abdomen de forma urgente y se contacta con la unidad de endoscopias

para realizar gastroscopia, también con carácter urgente. Se avisa al médico de guardia para nueva valoración de la paciente

tras la realización del TAC y se programó nuevos análisis de sangre en 4 horas.

En la TC de abdomen, realizada aproximadamente a las 15 horas, sin contraste intravenoso por la insuficiencia renal de la paciente y el antecedente de alergia a contrastes iodados, se identifica una

imagen espontáneamente hiperdensa sugestiva de contenido alimentario y menos probablemente hemorragia a nivel de la unión

esofagogástrica (voluminosa hernia de hiato), sin poder determinar si existía sangrado activo. Además, se apreciaba engrosamiento

de las paredes del ciego, colon ascendente y mitad proximal de colon transverso que se acompañan de leve desdibujamiento de

la grasa, en relación con colitis, dada la distribución de la afectación y la historia de la paciente, probablemente una colitis

isquémica por bajo gasto, si bien podría relacionarse con marcado artefacto de movimiento de las imágenes, más que con verdadera

patología. La vesícula estaba dilatada con paredes levemente engrosadas. Se apreciaban divertículos en sigma sin datos de

diverticulitis y una hernia inguinal izquierda con contenido de grasa mesentérica y asas de delgado, sin datos de complicación.

No había evidencia de líquido libre y no se apreciaron otras alteraciones.

El informe realizado de la TC es evaluado por el médico de guardia de Medicina Interna. Debido a la ausencia de un foco susceptible de tratamiento quirúrgico se continuó tratamiento antimicrobiano, sueroterapia,

expansores de volumen, oxigenoterapia e inhibidores de bomba de protones?.

Engade o devandito informe, de data do 21.12.2016, que, malia todos os medios adoptados,

?? la paciente presenta deterioro respiratorio progresivo, hipotensión progresiva y oliguria, por lo que se avisa a Medicina

Intensiva que baja inmediatamente. A su llegada, aproximadamente a las 17 horas, la paciente está en parada respiratoria y

no se palpa pulso central, y en el ECG se detecta actividad eléctrica. Se empieza con maniobras de RCP avanzada (inicialmente

1 mg adrenalina) y masaje y responde en RS a 130 lpm. Se intuba objetivando vómito bilioso franco previo.

Se traslada a UCI para monitorización y tratamiento intensivo.

Situación de fallo multiorgánico (Insuficiencia respiratoria + anuria + Acidosis metabólica + coagulopatía severa) Se empieza resucitación con sueroterapia intensiva, antibioterapia con meropenem+

amikacina y apoyo hemodinámico con noradrenalina a dosis altas.

Se canaliza shaldom (previa transfusión 2 bolsas de plasma fresco) y se inicia Terapia de sustitución renal con membrana EMIC2 ante el fallo multiorgánico establecido. Se realiza endoscopia digestiva alta

que no muestra datos de sangrado.

Ante la sospecha de foco séptico abdominal y con el resultado del TAC sin contraste en el que se objetivan datos compatibles con colitis isquémica en ciego, colon ascendente y mitad proximal de colon

transverso se decide en consenso con el S. de Cirugía General llevar a la paciente a quirófano para cirugía laparoscopia exploradora

y posteriormente laparotomía objetivándose asas intestinales y colon derecho hipoperfundidos sin datos de necrosis, líquido

libre de aspecto serobilioso que se envía a cultivo y vesícula biliar a tensión con edema de pared por lo que se realiza colecistectomía

enviando muestra de bilis a cultivo. Durante la IQ presenta episodio de sangrado profuso del lecho de la colecistectomía de

difícil control precisando packing con surgicel y compresas en dicha localización. Se cierra pared abdominal y se traslada

de nuevo a UCI.

Llega de nuevo a UCI procedente del quirófano en situación crítica con fallo multiorgánico, con datos de SIRS/shock séptico, coagulopatía, tendencia a hipoglucemia y elevación muy significativa de transaminasas.

Además también presenta elevación de enzimas cardíacos en probable relación con isquemia miocárdica en el contexto de hipoperfusión

generalizada y la parada cardíaca. Se informa a la familia de la extrema gravedad de la situación actual y del mal pronóstico

de la misma. Durante las siguientes horas se mantiene el tratamiento guiado por objetivos, se inicia terapia con óxido nítrico

y ventilación de protección pulmonar y se incrementa la AB empírica de amplio espectro añadiendo daptomicina + anidulafungina

a los ya descritos anteriormente.

A pesar de todas las medidas descritas persiste el empeoramiento clínico con acidosis metabólica mantenida y lactato en ascenso sin respuesta a aminas a dosis máximas y aporte masivo de bicarbonato,

así como hipoglucemias severas, fallo hepático y probable isquemia en territorio esplácnico

Ante la situación de extrema gravedad se decide aplazar la intervención para retirada de packing abdominal.

Progresivamente presenta hipotensión sin respuesta a tratamiento y datos de fallo multiorgánico terminal. Se informa a la familia y se permite su estancia en la Unidad siendo éxitus la tarde del día

17.06.2016?.

Conclúe así o informe médico que ?En definitiva, se trata de una paciente que ingresa por una sepsis de origen abdominal en la que a pesar del tratamiento antibiótico

y de soporte adecuado en tiempo y forma desarrolla de una forma rápida un shock séptico que motiva la llamada y posterior

ingreso en UCI con desenlace fatal. El hecho de que tuviera hemocultivos, urocultivos y cultivos de líquido biliar en la laparotomía

negativos no descarta en modo alguno la posibilidad de que el foco inicial fuera una infección abdominal. La hemorragia digestiva

asociada se justifica en el contexto de la sepsis, quedando la duda si la hipoperfusión del colon es la causa o consecuencia

inicial del cuadro séptico?.

Pois ben, considerando a secuencia asistencial recollida no informe médico de data do 21.12.2016, con base na historia clínica da paciente, non pode compartirse o reproche da parte relativo a unha falta

de atención ou de aplicación de medios diagnósticos á señora R. (a quen se lle realizou unha ecografía abdominal, unha TAC,

unha gastroscopia e unha cirurxía laparoscópica exploradora seguida dunha laparatomía), se ben, desgrazadamente, as distintas

medidas diagnósticas e terapéuticas adoptadas non conseguiron solventar o proceso infeccioso da paciente, nin sequera determinar

con exactitude a súa orixe, o que non pode determinar per se a responsabilidade patrimonial da administración pois, como xa se sinalou na consideración terceira deste ditame, sobre o

servizo público de saúde pesa unha obriga de posta a disposición de medios (como aconteceu neste caso), e non unha obriga

de resultado no sentido de acadar en todo caso a curación dos seus usuarios.

Cómpre, finalmente, facer unha mención ás alegacións formuladas pola parte en fase de audiencia, que semellan pretender conectar a sepse da paciente coa circunstancia de que o día 21.04.2016 a señora

R. acudise ao seu médico de cabeceira referindo tose produtiva e ruídos respiratorios esquerdos, aludindo o facultativo a

unha ?infección por microbacteria pendente de tipificar? recollida nun informe do Servizo de Pneumoloxía.

Como tamén se sinalou verbo da asistencia sanitaria prestada no Servizo de Urxencias do Hospital POVISA con data do 31.05.2016, a infección referida tampouco pode conectarse co proceso infeccioso que

a paciente presentou no mes de xuño, senón coa tuberculose ganglionar que, consta na historia clínica, lle foi diagnosticada

naquelas datas (folios 212 a 217).

Quinta.-

Consecuentemente, atendendo a todo o que se vén de expor, e a falta de mellor criterio que resulte do expediente, debe concluírse na corrección da asistencia sanitaria prestada á señora R., malia que

aquela non puido evitar o falecemento da paciente.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

La prueba ilegalmente obtenida. Paso a paso
Disponible

La prueba ilegalmente obtenida. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

17.00€

16.15€

+ Información

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso
Disponible

Regímenes y sistemas especiales de la Seguridad Social. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información