Dictamen de Consello Cons...zo de 2021

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 050 de 03 de marzo de 2021

Tiempo de lectura: 31 min

Tiempo de lectura: 31 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 03/03/2021

Num. Resolución: 050


Cuestión

Revisión de oficio

Resumen

Solicitude de declaración de nulidade de pleno dereito iniciada de oficio de acordo coa resolución da directora da Atriga do 23.12.2020, en relación ás resolución de aprazamento fraccionamento nº 7---, 6--- e 7---, correspondentes ás autoliquidacións do imposto de patrimonio, exercicio 2017, 2018 e 2019 de C.

Organismo: Consellería de Facenda e Administracións Públicas (Xunta de Galicia)

Letrado: Gallego Fouz

Propuesta: Estimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- En data 28.6.2018, P., en calidade de colaborador social, presenta a autoliquidación do Imposto de patrimonio, exercicio

2017, de C., establecendo como forma de pago a carga en conta e formas especiais de pago, solicitando aprazamento fraccionamento.

Consígnase como domicilio habitual do suxeito pasivo Rúa Mental, nº X, CS, Urbanización X, 08460 Barcelona.

O 28.6.2018 C. presenta no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia solicitude de fraccionamento da autoliquidación do Imposto de Patrimonio

exercicio 2017.

2.- Nos dous exercicios posteriores de 2019 e 2020, así mesmo P., en calidade de colaborador social, presenta sucesivas autoliquidacións

do Imposto de patrimonio e solicitude de fraccionamento posterior en nome de C. En ambos exercicios se consigna como domicilio

habitual da interesada a Rambla de Guipúzcoa X, 08020 de Barcelona.

3.- O órgano de recadación concedeu fraccionamentos con número de solicitude 7284 o día 8.8.2019 e con números de solicitudes

6644 e 7793 o día 19.10.2020.

Non consta que nos tres supostos de autoliquidación e posterior resolución de solicitude de fraccionamento a interesada formulara recurso de reposición nin reclamación económico administrativa.

4.- O 23.12.2020 a directora da Axencia Tributaria de Galicia en aplicación do disposto no artigo 217 da Lei 58/2003, do 17 de

decembro, Xeral Tributaria, acorda iniciar de oficio un procedemento de declaración de nulidade de actos nulos de pleno dereito

dos acordos de aprazamento fraccionamento, anteriormente citados, referenciados cos números 7284, 6644 e 7793 correspondentes

ás autoliquidacións do Imposto de Patrimonio dos exercicios 2017, 2018 e 2019 da contribuínte C.

5.- O 7.1.2021 notifícase á interesada o trámite de audiencia para que presente os documentos e xustificantes que considere oportunos.

6.- Con data 28.1.2021 a interesada formula alegacións e, en síntese, sinala:

?Que, se presta conformidad al hecho de que la Comunidad Autónoma no tenía competencia para adoptar acuerdos de concesión de aplazamiento de las autoliquidaciones por Impuesto de Patrimonio, puesto

que la competencia corresponde a la Comunidad Autónoma de residencia fiscal de la interesada, que consta claramente identificada

no solo en los modelos 714 presentados a los que se refiere este procedimiento, sino también en las propias solicitudes de

aplazamiento?.

7.- Con data 4.2.2021 a directora da Axencia Tributaria de Galicia formula proposta de resolución pola que constatando que as

solicitudes de fraccionamento aprazamento tiñan a súa orixe nas autoliquidacións do Imposto sobre o Patrimonio dunha contribuínte

con residencia na Comunidade Autónoma de Cataluña, para as que a Xunta de Galicia non era competente territorialmente, declara

que procede a nulidade de pleno dereito dos actos administrativos ditados.

8.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Facenda e Administración Pública, tendo entrada neste organismo o día 17.2.2021.

9.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

Sométese á consideración deste Consello Consultivo de Galicia unha proposta de resolución estimatoria relativa á solicitude de declaración de nulidade de pleno dereito iniciada de oficio de acordo coa

resolución da directora da Axencia Tributaria de Galicia do 23.12.2020, en relación ás resolución de aprazamento fraccionamento

nº 7284, 6644 e 7793, correspondentes ás autoliquidacións do imposto de patrimonio dos exercicios 2017, 2018 e 2019 presentadas

por C.

Este Consello Consultivo resulta competente para emitir o ditame solicitado ao abeiro do disposto no artigo 12.i) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e no artigo 17.a) do

seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño.

A citada lei prevé, entre as competencias deste órgano consultivo, a ?Nulidade de pleno dereito dos actos ditados en materia tributaria?.

O ditame ten o carácter de preceptivo e vinculante, xa que o artigo 217.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria (en diante, LXT) (e no mesmo sentido o artigo 6.2 do Real decreto 520/2005,

do 13 de maio) require ?ditame favorable? ao referirse á declaración de nulidade dos actos ditados en materia tributaria.

Segunda.

O procedemento tributario de declaración de nulidade de actos nulos de pleno dereito, asentado sobre os mesmos piares dogmáticos que o procedemento de revisión de oficio da ordenación xeral do procedemento

administrativo, constitúe unha canle extraordinaria e excepcional, en canto actividade dirixida a privar de toda eficacia,

mediante a súa anulación por unilateral pronunciamento do órgano administrativo competente, a algunha das súas decisións anteriores

que, sendo firmes, incorren nas máis graves infraccións do ordenamento xurídico.

É, polo tanto, un procedemento dirixido a sacrificar a seguridade xurídica en beneficio da legalidade, mediante a expulsión do mundo do dereito de decisións que, en canto que actos administrativos, gozan,

por expresa previsión legal, do reforzo da presunción de axuste á legalidade.

De tal natureza do procedemento tributario de declaración de nulidade de actos nulos de pleno dereito se derivan dúas consecuencias fundamentais: que non cabe proxectar dentro do procedemento calquera

infracción do ordenamento xurídico que podería imputarse a un acto tributario firme e que fose susceptible de provocar a súa

anulación mediante o exercicio das vías ordinarias de impugnación, senón unicamente as que se encadran dentro dun dos supostos

taxados de nulidade de pleno dereito previstos no artigo 217.1 LXT, e que no exame da concorrencia dos supostos taxados debe

operarse de modo restritivo.

Así pois, non todas as infraccións susceptibles de provocar a anulación dun acto administrativo, mediante o exercicio das vías ordinarias de impugnación, poden ser esgrimidas con éxito nesta vía excepcional

da declaración de nulidade. Antes ben, esta só procederá nos supostos en que o acto se atope viciado por algunha das causas

de nulidade de pleno dereito previstas no artigo 217.1 da LXT, que reproduce con fidelidade a numeración contida no artigo

47.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC).

No presente suposto a instrución do expediente se axustou, no esencial, ao prescrito nos artigos 217 da LXT, e 4 ao 6 do Real

decreto 520/2005, do 13 de maio, con observancia do trámite de audiencia e formación da proposta de resolución que se somete

a ditame.

Terceira.

Unha vez efectuadas as precedentes observacións, procede abordar, de seguido, o fondo da cuestión formulada. Non convén esquecer que a facultade revisora dos actos declarativos de dereito se concibe coma

un procedemento no que, se ben fundamentalmente interesa o restablecemento da legalidade quebrantada, cumpre tamén unha función

de garantía, sendo esencial por iso a tipificación ou concreción do seu obxecto para os efectos da súa posible contradición.

Hai que considerar, pois, que a declaración de nulidade que neste caso se pretende ampárase no artigo 217.1, letra b) da LXT,

que prevé a nulidade de pleno dereito dos actos ??que fosen ditados por órgano manifestamente incompetente por razón da materia ou do territorio?

Tal causa de nulidade esixe que a incompetencia sexa manifesta; isto é, debe ser apreciable, como sinala a Sentenza do Tribunal Supremo do 18.5.2001 ?de modo ostensible, patente, claro e incontrovertido?. Ou, como sinala o Consejo de Estado no seu ditame 1592/2011, do 17 de novembro:

?para generar la nulidad la competencia ha de ser ?manifiesta?, sin que se exija un esfuerzo dialéctico su comprobación; o,

dicho de otro modo, como también ha tenido ocasión de reiterar la jurisprudencia del Tribunal Supremo, ha de ser clara, incontrovertida

y grave, sin que sea precisa una labor previa de interpretación jurídica (SSTS de 12 de junio de 1986 y 22 de marzo de 1988,

entre otras muchas), utilizando términos tales como ?potente? u ?ostensible? para adjetivar la incompetencia (STS de 20 de

febrero de 1992)?.

Neste mesmo sentido se ten pronunciado reiteradamente este Consello Consultivo de Galicia (CCG 457/2015, CCG 197/2016 e CCG 464/2017), debendo entender incluído neste suposto de nulidade tanto aqueles

casos nos que a competencia estea atribuía a un órgano de diferente natureza (por exemplo, que un órgano administrativo dite

un acto cuxa competencia estea atribuída a un órgano xurisdicional), como cando o órgano competente pertencese a unha administración

pública distinta, ou no caso de corresponder a unha mesma administración, ben pola materia, ben polo territorio, o antedito

órgano sexa manifestamente incompetente.

Cuarta.

O artigo 31 da Lei 22/2009, do 18 de decembro, pola que se regula o sistema de financiamento das Comunidades Autónomas de réxime común e cidades con estatuto de autonomía e se modifican determinadas normas

tributarias, que resulta ser a norma legal aplicable ao suposto sometido a ditame, dispón:

?Artigo 31. Alcance da cesión e puntos de conexión no imposto sobre o patrimonio.

1. Cédese á comunidade autónoma o rendemento do imposto sobre o patrimonio producido no seu territorio.

2. Considérase producido no territorio dunha comunidade autónoma o rendemento do imposto sobre o patrimonio que corresponda

a aqueles suxeitos pasivos que teñan a súa residencia habitual no dito territorio?.

Por outra parte, o artigo 56.3 da mesma Lei establece: ?No que se refire ao aprazamento e fraccionamento de pagamento dos tributos cedidos a que se refire este artigo, corresponderá

a cada comunidade autónoma a competencia para resolver de acordo coa normativa do Estado, mesmo no caso de autoliquidacións

que deban presentarse ante a Administración Tributaria do Estado?.

Do anterior resulta, como consta nos antecedentes e non é obxecto de debate, que C. ten a súa residencia na Comunidade Autónoma de Cataluña e tendo a súa orixe as solicitudes de aprazamento fraccionamento

obxecto de declaración de nulidade nas autoliquidacións do imposto sobre o patrimonio antes referidas, resulta evidente a

manifesta falta de competencia territorial dá Axencia Tributaria de Galicia para ditar os acordos de aprazamento fraccionamento

nº 7---, 6--- e 7---, correspondentes ás autoliquidacións do imposto de patrimonio, exercicios 2017, 2018 e 2019 da antes

citada, que incorren nun vicio de nulidade radical, polo que sen necesidade de maiores consideracións e de conformidade co

disposto no artigo 217.1 da LXT, resulta procedente declarar a nulidade de pleno dereito recollida na proposta de resolución.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Reclamación económico-administrativa. Paso a paso
Disponible

Reclamación económico-administrativa. Paso a paso

V.V.A.A

14.50€

13.78€

+ Información

Revisión de actos en vía administrativa
Disponible

Revisión de actos en vía administrativa

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

La residencia en territorio español. Paso a paso
Disponible

La residencia en territorio español. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

17.00€

16.15€

+ Información