Dictamen de Consello Cons...zo de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 048 de 15 de marzo de 2017

Tiempo de lectura: 45 min

Tiempo de lectura: 45 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 15/03/2017

Num. Resolución: 048


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por dona B. polos danos sufridos no nocello e no cóbado, por unha caída na rúa

Organismo: Concello do Barco de Valdeorras (Ourense)

Letrado: López Corral

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data do 14.10.2016, dona B. interpuxo reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos derivados da caída sufrida

na Praza do Concello do Barco de Valdeorras.

No relato de feitos contido no escrito de reclamación sinálase:

?PRIMERO: Que sobre las 12.15 horas de la mañana del pasado 17 de febrero de 2016, mientras la compareciente caminaba normalmente,

desde el edificio del viejo Ayuntamiento, al nuevo edificio de usos múltiples, sito en la Plaza do Concello de O Barco, justo

delante de dicho edificio, sufrió una fuerte caída, cayéndose al suelo, lesionándose en el codo izquierdo y en el tobillo

derecho.

Que dado los fortísimos dolores y el estado de shok en que quedó la compareciente, fue necesario que acudiera a dicho lugar una ambulancia del 061 que procedió a recogerla y trasladarla al hospital

de O Barco.

SEGUNDO: Que tras la caída, pudo observar como la misma fue debida al desnivel y pequeña separación de las losetas/baldosas existentes en la plaza, de tal forma que una fila se hallaba en un plano ligeramente

superior a la otra, con pequeño hueco continuo entre ambas, motivo por el cual y dado que ello era prácticamente inapreciable

a simple vista, provocó que al andar se golpeara contra la fila de dichas baldosas que se hallaban en un plano superior, tropezando

y cayéndose al suelo.

[?]

Que igualmente estos hechos fueron puestos en conocimiento del propio señor alcalde por la compareciente y su marido, comprobando dichas baldosas y procediéndose a consecuencia de todo ello, días más

tarde, a la reparación de las mismas, nivelándolas y cerrando los huecos.

TERCERO: Que como ya hemos dejado señalado, la compareciente fue trasladada por una ambulancia del 061 al hospital de O Barco, donde fue diagnosticada de:

- esguince grado II tobillo derecho, fractura peroné.

- luxación posterior de codo izquierdo.

Que tras cinco meses efectuando el correspondiente tratamiento médico rehabilitador, finalmente fue dada de alta en fecha de 31 de agosto de 2016.

[?]?.

2.- A cantidade reclamada como indemnización reparatoria é fixada pola reclamante en 15.354,00 ? segundo informe pericial achegado

para o efecto.

3.- Instruído o procedemento, e con ocasión do trámite de audiencia, a interesada presenta alegacións con data de rexistro de

entrada do 10.02.2017 nas que se ratifica integramente no contido do seu escrito de reclamación. En data do 14.02.2017 elaborouse

polo órgano instrutor proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación de que se trata.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor alcalde do Concello

do Barco de Valdeorras, tendo entrada neste organismo o día 20.02.2017.

5.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

Sométese a ditame deste Consello Consultivo unha proposta de resolución correspondente a un expediente administrativo instruído polo concello do Barco de Valdeorras, no que se interesa o recoñecemento

do dereito ao percibo dunha indemnización por danos e perdas. Este órgano é competente para coñecer do expediente de que se

trata, con base no previsto no artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, e 17.a) do seu regulamento, aprobado por Decreto

91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial presentada ante un concello por contía

superior a 15.000,00 ?.

Segunda.-

No que atinxe á tramitación do presente expediente, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, en particular no relativo á admisión e práctica de probas propostas

pola interesada e observancia do trámite de audiencia, con formación final da proposta que agora se somete a ditame, polo

que nada obsta para continuar a análise do asunto.

Terceira.-

O dereito dos particulares a seren indemnizados pola Administración de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que aquela lesión sexa consecuencia

do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, responde a un principio de responsabilidade obxectiva recollido

no artigo 106 da Constitución española. Ademais, o réxime xurídico da reclamación de responsabilidade patrimonial contense

nos artigos 32 e seguintes da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e, en canto ao procedemento,

nos artigos 53 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O artigo 54 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LBRL), afirma que as entidades locais responderán directamente dos danos e perdas causados aos particulares nos seus bens

e dereitos como consecuencia do funcionamento dos servizos públicos ou da actuación das súas autoridades, funcionarios ou

axentes, nos termos establecidos na lexislación xeneral sobre responsabilidade administrativa. É de ter en conta que o artigo

25.2 da propia LBRL, establece que ?O municipio exercerá en todo caso como competencias propias, nos termos da lexislación do Estado y das Comunidades autónomas,

nas seguintes materias: ? d) Infraestrutura viaria e outros equipamentos da súa titularidade?.

Os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente indicados polo Consello

Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración,

partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O dito dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña o

deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Cuarta.-

Centrada así, en termos conceptuais, a institución da que tratamos e entrando xa a coñecer do fondo do asunto suscitado na reclamación, en primeiro lugar hai que dicir que do expediente -e en concreto

dos informes médicos achegados pola interesada-, resulta debidamente acreditada a realidade das lesións e prexuízos cuxo resarcimento

reclama, de xeito que se constata a existencia dun dano efectivo, individualizado e avaliable economicamente. Por outra banda,

no estado probatorio que presenta o expediente, tamén debe terse por certo que a caída se produciu nas circunstancias de lugar

e tempo indicadas pola reclamante.

No entanto, os referidos extremos non abondan para verificar a existencia da imprescindible relación causal entre o devandito dano e a actuación administrativa, sendo de subliñar

que o exame deste presuposto radica nunha cuestión probatoria a dilucidar a partir da regra xeral, recollida en numerosos

ditames deste Consello Consultivo, por todos eles o CCG 697/04, segundo a que a carga da proba da existencia dun dano avaliable

economicamente e singularizado e a súa conexión causal co funcionamento dalgún servizo público corresponde a quen reclama,

e a dos feitos impeditivos da pretensión (forza maior, culpa do prexudicado, etc ...) á Administración (antigo 217 da LEC).

Pois ben, a análise da actividade probatoria que consta no expediente non permite ter por acreditada a invocada relación causal entre o devandito dano e a actuación administrativa.

Consonte co relato de feitos contido no escrito de reclamación antes transcrito, dona B. camiñaba por diante do Edificio de Usos Múltiples cando caeu ao chan lesionándose o cóbado esquerdo e

o nocello dereito; circunstancia que a reclamante atribúe a ?? al desnivel y pequeña separación de las losetas/baldosas existentes en la Plaza, de tal forma que una fila se hallaba en

un plano ligeramente superior a la otra, con pequeño hueco continuo entre ambas, motivo por el cual y dado que ello era prácticamente

inapreciable a simple vista, provocó que al andar se golpeara contra la fila de dichas baldosas que se hallaban en un plano

superior, tropezando y cayéndose al suelo ...?.

No entanto, as probas practicadas no curso da instrución non permiten ter por acreditado un defectuoso estado da referida infraestrutura. Así, é de sinalar, en primeiro termo, o informe subscrito polo

arquitecto técnico municipal, asinado o 23.11.2016, no que se recolle o seguinte:

?Tras visita de comprobación al lugar, se observa que se trata de un pavimento compuesto por baldosas de granito, con un estado

general bueno, si bien, se han realizado las típicas obras de mantenimiento, debidas principalmente a los asientos diferenciales

entre el terreno y el sótano del edificio multiusos.

En una primera reparación, hace ya varios años, y debido al pequeño escalón producido por el asiento de la acera (entorno a 1 cm en el mayor de los casos), se ha procedido al corte en bisel del canto

a una inclinación inferior a 30º en una longitud de 12m dejando un encuentro que no debería crear problemas de tropezones.

Tal como se aprecia en las fotografías entregadas por la denunciante, se aprecia tanto el bisel descrito como un pequeño borde

de no más de 3 mm en la zona de mayor altura.

En relación a la caída, no se tiene constancia del punto exacto, pero según la documentación presentada por MBT, así como el trayecto descrito, parece no concordar con la caída, pues se hace difícil entender

un tropezón que por la disposición del paso de peatones y el transcurso longitudinal del punto problemático se produciría

en el peor de los casos desde la cota superior a la inferior, no obstante debería verificarse mediante testigos el recorrido

exacto de la viandante.

En la actualidad se ha minimizado todavía más el pequeño resalto, habiendo modificado en toda su longitud una franja aproximada de 30 cm de pavimento, dándole la inclinación necesaria para alcanzar

la cota de la plaza?.

Verbo da afirmación da reclamante segundo a que os defectos que presentaba a infraestrutura foron reparados días máis tarde da caída, o informe do referido técnico sinala:

?En relación a los plazos marcados por la interesada, cabe indicar que si bien la caída se produjo en febrero, las baldosas

no se han colocado días después, tras consulta con el encargado de la brigada de obras, se indica que las baldosas se han

modificado entre junio y julio de 2016.

No se tiene constancia de que la causa de la caída haya sido el estado de la acera, lo que debería verificarse mediante testigos?.

O informe conclúe do seguinte xeito:

?A mi juicio, no se ha encontrado causa directa entre el estado de la acera y el siniestro; bien por tratarse de algo ínfimo

perfectamente visible por su gran longitud y pequeña entidad, no contradictorio con ninguna normativa conocida, que en todo

caso sería fácilmente evitable con una conducta peatonal atenta?.

Por outra banda, da proba testemuñal practicada a instancia da interesada, se ben resultan suficientemente acreditadas a circunstancias de lugar e tempo en que se produciu o accidente, e, malia a afirmación

de que ?? a reclamante esvarou no desnivel existente na beirarrúa e que ela mesma tamén esvarou nese lugar noutra ocasión sen chegar

a caer?, contestando asemade ás preguntas de que se camiñaba soa e ía atenta, que "si?, de ningún xeito cabe deducir que a orixe da caída fose un defectuoso mantemento do pavimento da praza pola que camiñaban.

En suma, o exame da proba practicada, aínda dende a temperada e razoablemente matizada postura do Tribunal Supremo, que a concibe como unha reconstrución histórica (STS 21.09.1998), non permite formar

convicción sobre a exactitude das imputacións que a reclamante dirixe á administración titular da praza, en relación co seu

estado de conservación e coa incidencia deste na orixe dos feitos polos que se reclama.

Quinta.-

Por outra banda, á marxe da xa apuntada falta de acreditación verbo do xeito en que se produciu a caída da señora B., tampouco pode deixar de lembrarse a responsabilidade que corresponde aos transeúntes

no control da propia deambulación; unha regra xa hai tempo acollida por este Consello en numerosos ditames (entre eles CCG

30/00 e CCG 202/00), e que exclúe a responsabilidade da Administración cando esta é crebada por introducirse un elemento estraño

na relación xurídica controvertida, cal é o da culpa ou descoido da vítima. Esta circunstancia, cando reúne o requisito da

exclusividade na vinculación co dano padecido, enerva toda responsabilidade da Administración, tal e como estableceu de xeito

reiterado o Consejo de Estado (entre outros no seu ditame do 01.07.1971) e a propia xurisprudencia do Tribunal Supremo (St.

08.03.1967, 25.01.1974 ou 05.11.1974).

Certamente, como xa indicou este Consello Consultivo, entre outros no seu ditame núm. CCG 284/12, o control da propia deambulación non pode ser elevado a regra absoluta e categórica á hora de excluír

unha eventual responsabilidade da administración. Antes ben, a súa pretendida incondicionalidade vese necesariamente matizada

polo xogo do principio de confianza dos peóns nas condicións de seguridade das vías, beirarrúas e beiravías polas que transitan,

de modo que a constatación dun desaxeitado estado de conservación daquelas, cando se traduza na existencia de obstáculos non

apreciables polos viandantes co emprego da dilixencia esixible -como concreción da regra do autocontrol da deambulación- dará

lugar á obxectivación dun vínculo que enlaza o funcionamento do servizo público en xogo co lesivo resultado final producido.

Reiterada xurisprudencia (entre outras, sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 14.10.2005, así como diversas outras das que se fai cita na proposta de resolución) vén recoñecer que

o estándar de eficacia que é esixible aos servizos públicos municipais non é de carácter absoluto, pois, noutro caso, chegaríase

á esixencia dun estándar que excedería dos que comunmente se reputan obrigatorios na actualidade, convertendo as administracións

públicas en aseguradoras universais de todos os riscos co fin de previr calquera eventualidade desfavorable ou danosa para

os administrados con independencia do actuar administrativo, transformando o sistema de responsabilidade das administracións

públicas nun sistema providencialista non recollido no noso ordenamento xurídico, como ten dito o Tribunal Supremo, entre

outras, en sentenzas do 05.06.1998 e do 13.09.2002.

Tamén, por tanto, de conformidade co razoado na presente consideración, imponse a conclusión de entender que non se cumpren os requisitos legalmente establecidos para apreciar a existencia de responsabilidade

patrimonial ao non constar acreditada unha deficiente conservación do pavimento da Praza do Concello, nin outras circunstancias

vinculadas a esa presunta deficiencia, como factores determinantes do lamentable accidente que determinou os danos sufridos

pola señora B.

Deste xeito, cabe situar a orixe do accidente, ben na esfera da imputabilidade da vítima, ben na eventual concorrencia doutras circunstancias (tales como un posible esvaecemento) alleas ao servizo público

viario municipal; o que interfire no nexo de causalidade, impedindo que este vincule o funcionamento do servizo público co

dano padecido, e determina, igualmente, a procedencia da desestimación da reclamación, como axeitadamente razoa a proposta

de resolución obxecto de ditame

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI
Disponible

Métodos y prácticas de innovación docente universitaria en el Siglo XXI

Fernando Gil González

7.60€

7.22€

+ Información

Administración inteligente y automática
Disponible

Administración inteligente y automática

Daniel Terrón Santos

12.75€

12.11€

+ Información

La prueba pericial en el proceso civil
Disponible

La prueba pericial en el proceso civil

Belhadj Ben Gómez, Celia

21.25€

20.19€

+ Información

Conceptos de Derecho administrativo para opositores
Disponible

Conceptos de Derecho administrativo para opositores

Francisco Javier Puentenueva Sánchez

12.75€

12.11€

+ Información

Sobre Derecho sanitario
Disponible

Sobre Derecho sanitario

Eugenio Moure González

17.00€

16.15€

+ Información