Dictamen de Consello Cons...ro de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 044 de 14 de febrero de 2018

Tiempo de lectura: 38 min

Tiempo de lectura: 38 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 14/02/2018

Num. Resolución: 044


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por V. e A., polos danos sufridos como consecuencia do falecemento do seu fillo, V., no accidente de motocicleta ao pasar sobre unha focha na calzada no termo municipal de Oza - Cesuras.

Organismo: Consellería de Infraestruturas e Vivenda (Xunta de Galicia)

Letrado: López Guizán

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Desfavorable

Relator: Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 11.3.2016 V. e A. interpoñen ante a Consellería de Infraestruturas e Vivenda unha reclamación de responsabilidade

patrimonial.

Segundo o escrito reitor da súa reclamación:

?Que con fecha 4 de abril de 2015, sobre las 17:30 horas, cuando el hijo de mis representados, V., circulaba con la motocicleta BMX SR1000RR matrícula X, por el carril derecho en la carretera AC-840 (Betanzos-Límite

de Provincia (Agolada) en la localidad A Casilla de Forcada, término municipal de Oza-Cesuras (A Coruña), al llegar al punto

kilométrico 14,200, procediendo a trazar la curva por su interior, se encontró con una zona de baches de grandes dimensiones,

que provocaron la pérdida de control y caída del motorista, que se deslizó hacía el margen izquierdo de la vía, momento en

el que circulada por la misma el turismo Kia Ceed, matrícula X, que a pesar de intentarlo, no pudo esquivar al accidentado.

A consecuencia de la caída e impacto con el vehículo se produjo el fallecimiento del hijo de mis representados.

(?)

Se causaron, así mismo, daños de consideración en la motocicleta propiedad del fallecido.

(?)?.

Os reclamantes imputan o falecemento do seu fillo e os danos na motocicleta que conducía a un deficiente funcionamento do servizo público viario ao sinalar que ?el accidente se produce por los baches existentes en la vía?.

A indemnización solicitada ascende a 122.116,48 ?, correspondendo 115.993,82 ? aos danos persoais derivados da morte do seu fillo e 6.122,66 ? aos danos materiais na motocicleta que conducía o finado.

2.- Na instrución do expediente incorporouse ao mesmo, entre outra, a seguinte documentación:

- Atestado do sinistro da Garda Civil,

- Actuacións xudiciais seguidas polos feitos,

- Informe do Concello de Oza - Cesuras de data 22.4.2016,

- Informe do Servizo Provincial da Coruña da Axencia Galega de Infraestruturas de data 28.10.2016, e

- Informe da entidade aseguradora C. de data 10.5.2017.

3.- Con data do 6.10.2017 deuse trámite de audiencia á concesionaria e aos reclamantes.

Con data 26.10.2017 a parte actora formulou alegacións nas que reitera a súa pretensión indemnizatoria e sinala que a única causa dos danos polos que se reclama foi que o condutor se atopou ?con una zona de baches de grandes dimensiones, que provocaron la pérdida de control y caída del motorista?.

4.- Con data 19.12.2017 ditouse unha proposta de resolución no sentido de estimar a reclamación presentada en 57.526,93 ?.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, pola señora conselleira de

Infraestruturas e Vivenda tendo entrada neste organismo o día 8.2.2018.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

A competencia do Consello Consultivo para coñecer do expediente resulta do previsto no artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento de organización

e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, ao tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial

dirixida contra a Administración autonómica por contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O dereito dos particulares a seren indemnizados pola Administración de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que aquela lesión sexa consecuencia

do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, responde a un principio de responsabilidade obxectiva recollido

no artigo 106 da Constitución española.

Ademais o réxime xurídico da reclamación de responsabilidade patrimonial, contense nos artigos 139 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo

común (en diante, LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, que regula o procedemento das reclamacións de responsabilidade patrimonial,

disposicións aplicables ao procedemento que nos ocupa, de acordo co previsto na letra a) da disposición transitoria terceira

da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

Entrando no exame do fondo da cuestión suscitada, este debe centrarse fundamentalmente na verificación de se a lesión é consecuencia do funcionamento normal ou anormal do servizo público de estradas.

Como é doutrina reiterada deste Consello Consultivo de Galicia, a Administración ten a obriga ineludible de manter as estradas da súa titularidade, mentres se manteñan abertas á circulación, de xeito

e maneira que en todo momento estea garantida a seguridade dos que as utilicen, obriga que leva implícita o recoñecemento

a prol dos usuarios dun principio de confianza sobre as condicións obxectivamente aptas do viario.

Advírtase neste sentido que a estrada AC-840, no punto quilométrico 14+200, pertence á Rede de Estradas de titularidade autonómica, e que o artigo 33 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia,

atribúe a Comunidade Autónoma de Galicia a explotación, conservación e mantemento do dominio público viario da Comunidade

Autónoma.

Deste xeito, os reclamantes imputan o accidente sufrido polo seu fillo, co resultado xa coñecido, a un deficiente estado de conservación da vía por canto no punto no que aconteceu o sinistro existían

diversas fochancas de considerables dimensións.

Verbo da realidade deste extremo refire o atestado da Garda Civil como:

?Se observan dos grupos de baches, que discurren en sendas trayectorias paralelas sobre el carril derecho de la vía en sentido de marcha hacia el Límite de Provincia y es por el cual circula la

motocicleta BMW S1000RR, matrícula X; estando uno de ellos con anterioridad al lugar del accidente sobre la trazada exterior

y aunque estos son de unas dimensiones considerables, presentan una profundidad no superior al centímetro. Por su parte el

segundo grupo de baches que se halla sobre la trazada interior del carril, presentan unas dimensiones mucho más considerables

que el primer grupo y los dos primeros baches de este segundo grupo presenta unas profundidades de 3 y 4 centímetros, que

son lo suficientemente importantes para el vehículo que se halla implicado en el presente accidente?.

Engade ademais o informe da forza actuante como este ?defectuoso estado de la vía? debe configurarse como unha causa do accidente por canto:

?Dichos baches provocan que el motorista al trazar la curva e inclinar la moto hacia la derecha, toque con la pestaña de la llanta delantera y le produzca una deformación axial en la llanta delantera,

se quede el mencionado neumático sin presión, pierda el control de la motocicleta, friccionando el neumático sobre el asfalto

y acabe cayendo sobre la vía; deslizando posteriormente tanto la motocicleta como el motorista hacia el margen izquierdo de

la vía, invadiendo primeramente el carril por el cual circula el turismo Kia Ceed, matrícula X, la motocicleta y posteriormente

el motorista?.

Non entanto, é preciso salientar que o atestado da Garda Civil non configura a irregularidade do pavimento como a única causa do sinistro.

En efecto, tal e como se desprende do atestado, xunto co deficiente estado de conservación da vía, tamén concorreu na causación do sinistro unha infracción por parte do condutor das normas de circulación

ao non ter adecuado a velocidade ás circunstancias da vía (con sinalización de curva perigosa) e ter procedido a trazar a

curva polo seu interior, e non o máis cerca posible do borde da calzada.

Como sinala o informe técnico da forza actuante:

?a) Velocidad: Para el conductor de la motocicleta BMW S1000RR, matrícula X, se observa lo siguiente:

- El artículo 45 del Reglamento General de Circulación, nos dice: ?Todo conductor está obligado a respetar los límites de velocidad establecidos y a tener en cuenta, además sus propias condiciones

físicas y psíquicas, las características y el estado de la vía, del vehículo y de su carga, las condiciones meteorológicas,

ambientales y de circulación, y, en general, cuantas circunstancias concurran en cada momento, a fin de adecuar la velocidad

de su vehículo a ellas, de manera que siempre pueda detenerlo dentro de los límites de su campo de visión y ante cualquier

obstáculo que pueda presentarse?.

Se considera por todo ello que existe una velocidad inadecuada por parte del conductor de la motocicleta al no adecuar su velocidad a las condiciones de la vía, dado que con anterioridad al lugar del

accidente se encuentra una señal de peligro que indica la presencia de curvas peligrosas.

b) Otras infracciones: Para el conductor de la motocicleta BMV S1000RR, matrícula X, se observa la siguiente:

- El artículo 29.1 del Reglamento General de circulación, nos dice: ?Como norma general, y muy especialmente en las curvas y cambios de rasante de reducida visibilidad, los vehículos circularán en todas

las vías objeto de la Ley sobre tráfico, circulación de vehículos a motor y seguridad vial por la derecha y lo más cerca posible

del borde de la calzada, manteniendo la separación lateral suficiente para realizar el cruce con seguridad?.

Se considera por todo ello que existe una infracción por parte del conductor de la motocicleta, desde el momento en que el mismo procede a realizar una trayectoria sin circular lo más cerca posible del

borde de la calzada?.

Concorrendo, logo, como causas do sinistro, tanto un deficiente funcionamento do servizo público viario como unha condución do vehículo desaxeitada para as circunstancias da vía, este órgano é favorable

á conseguinte compensación de culpas que, a falta de mellor criterio que resulte do expediente, pode fixarse prudencialmente

nun 50%, coa conseguinte redución do quantum indemnizatorio a favor da parte actora.

Cuarta.

Finalmente, polo que atinxe á contía a indemnizar aos interesados, é preciso distinguir os danos derivados do falecemento do fillo dos reclamantes e os danos materiais derivados dos estragos na motocicleta

accidentada.

Verbo dos danos derivados do falecemento do fillo dos reclamantes, a súa valoración pode realizarse empregando analoxicamente o baremo contido no anexo do Real decreto lexislativo 8/2004, do 29 de

outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre responsabilidade civil e seguro na circulación de vehículos a motor

(neste sentido, a Sentenza do Tribunal Constitucional 181/2000, do 29 de xuño), resultando así un total de 57.996,91? para

os dous proxenitores, logo de aplicar a redución do 50% á que se fixo referencia na consideración terceira desde ditame.

Ao tempo, desta última contía (57.996,92 ?) debe detraerse a contía de 6.000 ? que recibiron os reclamantes como indemnización pola entidade aseguradora da motocicleta, en concepto de capital asegurado

pola garantía de ocupantes da póliza contratada. Deste xeito, a indemnización total a percibir polos reclamantes por este

concepto ascende a 51.996,91 ?.

Xa polo que atinxe aos danos causados na motocicleta, aqueles ascenden, segundo presuposto de reparación que achega a parte actora, a 6.122,66 ?, se ben refire a proposta de resolución que ?tendo en conta que non se acreditou que a motocicleta fora reparada, a cantidade acreditada sería o importe de 5.060,05 ?,

importe reflectido no citado orzamento de danos unha vez detraído o 21% do IVE (1.062,61 ?), xa que a indemnización íntegra

(IVE incluído) só pode comprender as perdas reais e actuais acreditadas, os xa padecidos, non os futuros e meramente hipotéticos,

polo que non procede incluír o IVE, posto que o pagamento dese imposto non é un dano actual xa verificado, senón unha mera

hipótese eventual que non necesariamente tense que producir, xa que se non se reparan todos os danos que se orzan non se devindicará

o IVE e non se materializará a perda económica consistente no pagamento do imposto?.

Como xa ten sinalado este Consello Consultivo (por todos, o CCG 245/2014), esta liña de razoamento non pode compartirse por este órgano consultivo por cando o principio de indemnidade, que rexe o instituto

da responsabilidade patrimonial, esixe recoñecer ao prexudicado o valor de substitución ou reposición do ben ou dereito danado,

sendo así que nese valor han de incluírse os impostos que necesariamente ha de soportar o interesado cando proceda a aquela

substitución ou reposición. De aí que do importe do presuposto achegado para a reparación da motocicleta non poida subtraerse

a contía correspondente ao IVE, debendo recoñecerse, logo, unha indemnización de 6.122,66 ? por este concepto no ben entendido

de que a devandita reparación se levará a cabo.

Finalmente, a indemnización resultante (58.119,57 ?) haberá de ser actualizada nos termos do artigo 141.3 da LRXPAC.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros presentes, ditamina:

?Que informa desfavorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire, procedendo indemnizar aos reclamantes nos termos sinalados na consideración cuarta deste ditame?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Las 100 preguntas más habituales en las comunidades de propietarios
Disponible

Las 100 preguntas más habituales en las comunidades de propietarios

Pablo García Mosquera

8.50€

8.07€

+ Información

Delitos al volante. Paso a paso
Disponible

Delitos al volante. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

16.15€

15.34€

+ Información

Accidentes de trabajo. Paso a paso
Disponible

Accidentes de trabajo. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

13.60€

12.92€

+ Información

Baremo para calcular el valor de los daños provocados en accidentes de tráfico
Disponible

Baremo para calcular el valor de los daños provocados en accidentes de tráfico

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso
Disponible

Reclamaciones ante compañía de seguros. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

14.50€

13.78€

+ Información