Dictamen de Consello Cons...zo de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 041 de 01 de marzo de 2017

Tiempo de lectura: 21 min

Tiempo de lectura: 21 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 01/03/2017

Num. Resolución: 041


Cuestión

Revisión de oficio

Resumen

Revisión de oficio do acordo da Xunta de Goberno local do 27.09.2016, de adxudicación da obra ?Execución de beirarrúas e ensanchamento dun treito da estrada entre Pasarela e Calo? (POS Adicional 1/2015) á empresa Á., S.L.

Organismo: Concello de Vimianzo (A Coruña)

Letrado: López Paz

Propuesta: Estimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Blanco Serrano

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- En sesión do 27.9.2016, a Xunta de Goberno Local do Concello de Vimianzo adxudica o contrato de obras ?Execución de beirarrúas e ensanchamento dun treito da estrada entre Pasarela e Calo?, resultando adxudicataria a empresa Á., SL., que asina o contrato administrativo en data do 06.10.2016.

2.- Con data 12.12.2016, e con apoio nun previo informe da secretaria municipal (de 21.11.2016) a Xunta de Goberno Local acorda

dar inicio ao procedemento de revisión de oficio do acto de adxudicación do contrato por carecer a contratista da solvencia

técnica esixible ao comprobarse que parte da documentación xustificativa por ela achegada non se axusta á realidade de corresponderse

con traballos realizados en prol dunha administración terceira, o Concello de Cee, como así se informa polos servizos xurídicos

desta entidade local.

3.- Concedida audiencia á interesada, a mercantil presenta alegacións con data 12.01.2017, nas que acepta os feitos, que imputa

a un erro e non a unha conduta dolosa, e non se opón á revisión solicitando expresamente ser apartada do contrato.

4.- Con data 16.01.2016 a Xunta de Goberno Local aproba unha previa proposta da Alcaldía no sentido de proceder á revisión do

acto de adxudicación do contrato de referencia.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor alcalde do Concello

de Vimianzo, e tivo entrada neste organismo con data 9 de febreiro de 2017.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

Sométese á consideración deste Consello Consultivo de Galicia unha proposta de resolución recaída no expediente de revisión de oficio do acto de adxudicación do contrato referenciado nos antecedentes.

Para o coñecemento do expediente de razón resulta competente este organismo por encadrarse nas competencias definidas polo artigo 12, g) da Lei 3/2014, do 24 de abril, reguladora deste Consello Consultivo

de Galicia, segundo os que debe ser consultado preceptivamente no suposto de nulidade de contratos administrativos.

De acordo co artigo 106.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas (no sucesivo, LPAC) e considerado o sentido da proposta de resolución, o

ditame ten o carácter de preceptivo e vinculante.

Segunda.-

A normativa de aplicación ao acto de adxudicación controvertido, atendida a da data da súa adopción, é a contida no Texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado por Real decreto lexislativo

3/2011, de 14 de novembro. O artigo 32 desta lei prescribe como causa de nulidade de dereito administrativo dun contrato a

falta de solvencia técnica do adxudicatario, debidamente acreditada, circunstancia que é invocada pola Administración consultante

como motivo para a revisión da adxudicación do contrato que pretende, alegándose igualmente a concorrencia da causa de adquirir

o adxudicatario facultades e dereitos contrarios ao ordenamento carecendo dos requisitos imprescindibles para a súa adquisición.

Igualmente para a revisión de oficio dos actos de adxudicación nos que concorra causa de nulidade, a lexislación sectorial de contratos se remite ás normas de procedemento administrativo común, actualmente

contidas nos artigos 106 e seguintes da LPAC.

Terceira.-

Con carácter previo ao tratamento de outras cuestións que constitúen o obxecto propio do pronunciamento que corresponde a este órgano, e, en cumprimento da función que a este incumbe en relación coa observancia

do ordenamento xurídico (artigo 2 da súa lei reguladora), resulta preciso verificar se a tramitación seguida na instrución

do procedemento, se axusta aos preceptos que ao respecto se conteñen no título VI da normativa de procedemento administrativo

común, pois como xa se deixara constancia en anteriores ditames deste Consello Consultivo (entre outros o CCG 46/98), o exercicio

da potestade revisora require, ademais dunha adecuada formalización, o escrupuloso respecto aos trámites procedementais previstos

na lei, esixencia esta que garda directa relación coa configuración do procedemento administrativo como instrumento de garantía

da legalidade e dos dereitos da cidadanía.

Non pode esquecerse que mediante a revisión de oficio é a propia Administración quen expulsa do mundo do dereito, por unilateral pronunciamento, algunha das súas decisións anteriores. Por outra parte convén

recordar que a revisión está referida, precisamente, a actuacións favorables ou declarativas de dereitos, como neste caso

sucede coa adxudicación dun contrato administrativo, e polo tanto, desprega os seus efectos in peius, en prexuízo da situación xurídica do interesado ou interesados que se vén afectados pola ela. De aí que sexa esencial extremar

a función garantista do procedemento.

Pois ben, no que concirne ao presente caso, pódese constatar que o procedemento respectou os seus trámites preceptivos, producíndose a iniciación do procedemento mediante acordo formalizado da Administración

municipal da que procede o acto de adxudicación sometido a revisión, no que se precisan os fundamentos xurídicos que xustifican

esta. Por outra parte, no momento inmediatamente anterior ao da elaboración da proposta de resolución, practicouse o trámite

de audiencia da entidade mercantil interesada, que formulou alegacións. Finalmente, elaborouse proposta de resolución que

se somete preceptivamente ao noso ditame con carácter previo á resolución que proceda ditar no expediente.

Cuarta.-

E entrando no fondo da cuestión sometida a consulta procede ratificar o criterio da entidade municipal cando aprecia a existencia de causas de nulidade de dereito administrativo do acto de adxudicación

do contrato, sendo un extremo que nin sequera é negado pola entidade contratista prexudicada pola perda do contrato adxudicado.

Así, consta no expediente, con claridade e suficiente documentación, que para acreditar a súa solvencia técnica, a mercantil adxudicataria do contrato se valeu de xustificación documental que non obedecía

á realidade dos traballos que se pretendían meritar, por non corresponderse con obras semellantes á licitada e realizadas

pola mercantil a satisfacción dunha Administración terceira, o Concello de Cee, que, por medio de informe dos seus servizos

puxo de manifesto que en unha das obras invocada pola mercantil como experiencia previa non constaba sequera a súa intervención,

e en outra, na que si tivo intervención a mercantil, se realizaron reparos importantes que mesmo levaron ao rexeitamento dunha

factura, excluíndose, expresamente e con apoio en datos obxectivos, a conclusión de que os traballos se tiveran realizado

satisfactoriamente.

E constituíndo tal documentación punto de apoio necesario da solvencia técnica do contratista, a falta da experiencia previa que con aquela se pretendía acreditar leva consigo a falta mesma da solvencia

técnica imprescindible para optar á adxudicación, polo que o vicio de nulidade do acto de adxudicación do contrato previsto

no artigo 32 b) do TRLCSP é innegable e evidente, motivo abondo para proceder á revisión de oficio do acto de adxudicación

do contrato de referencia, sen necesidade de abondar no exame da causa igualmente concorrente da carencia dos requisitos esencias

para a adquisición dos dereitos e facultades recibidos por vía da adxudicación agora controvertida.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Revisión de actos en vía administrativa
Disponible

Revisión de actos en vía administrativa

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Tipos de contratos del sector público. Paso a paso
Disponible

Tipos de contratos del sector público. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

15.30€

14.54€

+ Información

Contratos del sector público
Disponible

Contratos del sector público

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Regulación del recurso especial en materia de la contratación
Disponible

Regulación del recurso especial en materia de la contratación

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información