Dictamen de Consello Cons...zo de 2017

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 039 de 01 de marzo de 2017

Tiempo de lectura: 120 min

Tiempo de lectura: 120 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 01/03/2017

Num. Resolución: 039


Cuestión

Resolución de contratos

Resumen

Resolución dos contratos do servizo de seguridade privada no Fogar do Transeúnte (Lote 1) e contrato de servizo de seguridade privada no CEI-NODUS-ESPAZO LAB (Lote 2) asinados coa mercantil A., S.L

Organismo: Concello de Lugo

Letrado: Quintana Acebo

Propuesta: Estimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Mediante acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo de 02.09.2015 adxudicouse a contratación mediante lotes do

servizo de vixilancia no Fogar do Transeúnte (lote 1) e no CEI-NODUS- ESPAZO LAB (lote 2) á empresa A., S.L. na cantidade

total de 81.990 euros mais o 21% IVE (17.217,90 euros) o que resulta un total de 99.207,90 euros IVE incluído para o lote

1, e a cantidade de 53.990 euros, mais o IVE (21%) (11.337,90 euros) do que resulta un total de 65.327,90 euros, IVE incluído

para o lote 2.

Os contratos foron asinados o día 18.09.2015.

2.- En data 31.10.2016 requiriuse á mercantil A., S.L. para que acreditase o cumprimento das melloras laborais ofertadas.

A mercantil presentou escrito en data 11.11.2016.

3.- A Xunta de goberno Local en data 07.12.2016 adoptou o seguinte acordo:

?PRIMEIRO.- Incoar expediente de resolución dos contratos administrativos de SERVIZO DE SEGURIDADE PRIVADA NO FOGAR DO TRANSEÚNTE e de SERVIZO DE SEGURIDADE PRIVADA NO CEI-NODUS-ESPAZO LAB asinados entre

o Concello de Lugo e a mercantil A., S.L. con data 19 de setembro de 2015, polos motivos indicados a continuación e detallados

na parte expositiva deste acordo e dos que se conclúe a existencia das seguintes causas de resolución:

- Incumprimento da su oferta de mellora salarial consistente nun plus de mellora de 300 euros a cada traballados sobre o Convenio colectivo estatal de empresas de seguridade e compromiso de aplicar

a dita mellora ao persoal adscrito a estes contratos.

Este incumprimento da súa oferta é unha causa de extinción conforme o parágrafo primeiro da cláusula vixésimo primeira dos pregos de cláusulas administrativas anteriormente transcrita.

- Incumprimento das súas obrigas salariais asumidas coa presentación da súa oferta de mellora laboral e salarial.

Este incumprimento pode cualificarse como infracción contractual moi grave conforme a cláusula vixésima que habilita ao órgano de contratación para a resolución do contrato.

SEGUNDO.- Proceder á acumulación do procedemento de resolución do contratos de ámbolos dous contratos indicados anteriormente por existir íntima conexión de conformidade co artigo 57 da Lei 39/2015 de

1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

TERCEIRO.- Conceder un trámite de audiencia por un prazo de DEZ DÍAS HÁBILES á empresa A., S.L así como á entidade avalista A. para que aleguen todo canto ó seu dereito proceda, sen prexuízo de informarlles

que os expedientes se atopan á súa disposición nas oficinas do servizo municipal de contratación, patrimonio e fomento para

a súa consulta, unha vez realizadas as alegacións remitirase o expediente ó órgano de contratación para a adopción do acordo

que estime oportuno e para o caso de oposición, solicitude de ditame ó Consello Consultivo de Galicia?.

4.- A empresa presentou escrito no que tras expoñer as alegacións convenientes en defensa do seu dereito, solicita a suspensión

do expediente e que se lle teña por oposta á resolución do contrato.

5.- O Servizo de Contratación, Patrimonio e Fomento emitiu informe no que se aborda as cuestións formuladas pola entidade mercantil

(26.01.2017).

6.- Na instrución do procedemento, constan informes da Asesoría Xurídica (30.01.2017) e de Intervención do Concello (03.02.2017).

7.- A xunta de Goberno Local en sesión celebrada o día 06.02.2017 adoptou o seguinte acordo que nos seus apartados cuarto, quinto,

sexto e sétimo son os que seguen:

?CUARTO.- Remitirlle ao Consello Consultivo de Galicia a seguinte proposta para o seu ditame:

Resolver o CONTRATO ADMINISTRATIVO DE SERVIZO DE SEGURIDADE PRIVADA NO CEI-NODUS-ESPAZO LAB asinado entre o Concello de Lugo e a mercantil A., S.L., con data 18 de setembro de 2015, por incumprimento

culpable do contratista, en particular polos motivos indicados na consideración xurídica primeira deste acordo polos e dos

que se conclúe a existencia das seguintes causas de resolución:

- Incumprimento da súa oferta de mellora salarial consistente nun plus de mellora de 300 euros a cada traballados sobre o convenio colectivo estatal de empresas de seguridade e compromiso de aplicar

a dita mellora ao persoal adscrito a estes contratos.

Este incumprimento da súa oferta e unha causa de extinción conforme o parágrafo primeiro da cláusula vixésimo primeira dos pregos de cláusulas administrativas anteriormente transcrita.

- Incumprimento das súas obrigas salariais asumidas coa presentación da súa oferta de mellora laboral e salarial.

Este incumprimento pode cualificarse como infracción contractual moi grave conforme a cláusula vixésima que habilita ao órgano de contratación para a resolución do contrato.

QUINTO.- Suspender o prazo máximo para resolver e notificar os expedientes de resolución de ambos os dous contratos durante o tempo que medie entre a solicitude de ditame preceptivo ao Consello Consultivo

de Galicia e a recepción por parte deste Concello dos informes que aquel emita sen que en ningún caso poida superar os tres

meses, todo isto de conformidade co artigo 22.1 d) da Lei 39/2015 de 1 de outubro do procedemento administrativo común.

SEXTO.- Proceder á incautación das garantías definitivas constituídas mediante aval prestado por A. por importe de 4.099,50 euros (contrato do SERVICO DE SEGURIDADE PRIVADA NO FOGAR DO TRANSEÚNTE) e 2.699,50

euros (contrato do SERVIZO DE SEGURIDADE PRIVADA NO CEI-´NODUS-ESPAZO LAB).

SÉTIMO.- Notificarlles este acordo ás empresas interesadas e dependencias municipais afectadas coa indicación de que este acordo é un acto de trámite contra o que non cabe a interposición de recurso

ningún, sen prexuízo dos recursos que procederán contra a resolución definitiva que adopte o órgano competente, una vez emitido

o ditame do Consello Consultivo de Galicia?.

8.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, pola señora alcaldesa do

Concello de Lugo, tendo entrada neste organismo o día sete de febreiro de dous mil dezasete.

9.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Consello Consultivo de Galicia resulta competente para a emisión do ditame a teor do establecido no artigo 12, g) Lei 3/12014, do 24 de abril, e no artigo 17, a) do seu Regulamento de organización e

funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por atinxir o expediente á resolución dun contrato administrativo.

Tal competencia resulta, ademais, da concordancia das anteditas normas co establecido no artigo 211.3, a) do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido

da Lei de contratos do sector público (en adiante, TRLCSP), que establece o preceptivo ditame do Consejo de Estado ou órgano

consultivo equivalente da comunidade autónoma nos casos de interpretación, nulidade e resolución dos contratos, cando se formule

oposición por parte do contratista, suposto que concorre no presente expediente, pois a través do escrito de alegacións asinado

pola entidade adxudicataria do contrato de referencia, maniféstase a desconformidade co procedemento de resolución que serve

de fundamento ao presente expediente.

A competencia deste órgano consultivo recoñécese, igualmente no artigo 321.3,a) da Lei autonómica 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.

Segunda.-

A prerrogativa legal de resolución dos contratos administrativos compete ao órgano administrativo de contratación, de conformidade co artigo 210 do TRLCSP, e 34.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora

das bases do réxime local. No presente caso é a Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, en canto órgano de contratación

quen exercita tal prerrogativa.

No que atinxe aos aspectos formais que disciplinan a substanciación dos expedientes desta natureza, cómpre sinalar que no caso que agora nos ocupa aqueles foron, en esencia, suficientemente cumprimentados.

Obran, así, no expediente os informes da Secretaría (neste caso, da Asesoría Xurídica Municipal) e Intervención, esixidos polo artigo 321.2 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia), así como o

cumprimento dos imprescindibles trámites que garanten a necesaria contradición propia dos expedientes desta natureza, é dicir,

o circunstanciado reproche do incumprimento contractual, dirixido ao contratista, por parte do órgano instrutor do expediente

de resolución contractual, así como a audiencia ao contratista e á entidade avalista sobre este particular para a súa defensa.

Verbo deste particular debe notarse que con data 09.12.2016 deuse trámite de audiencia ao contratista para alegar o que considerase pertinente en relación coa resolución do

contrato ?por incumprimento do contratista?; e con data 03.01.2017 se lle concedeu unha ampliación do trámite de audiencia.

Terceira.-

A potestade resolutoria conferida á Administración en relación cos contratos sometidos ao dereito administrativo enmárcase dentro do ámbito das denominadas prerrogativas previstas no artigo 210 do TRLCSP,

concibidas pola doutrina como privilexios ou facultades exorbitantes, cuxo exercicio non se produce de xeito automático senón

só cando o esixa o interese público implícito en cada relación contractual, fundándose así no servizo obxectivo aos intereses

xerais que o artigo 103 da Constitución proclama da actuación administrativa.

O mecanismo da extinción anticipada do contrato por medio da súa resolución constitúe como reiteradamente ten sinalado o Consejo de Estado ?(?) un medio de defensa de la parte cumplidora frente al incumplimiento de la otra parte, o frente a las alteraciones no

justificadas de los términos en que fuera concebido el equilibrio contractual en el momento de la conclusión del pacto?. (DCE 3007/2003, DCE 2205/2000, DCE 2583/1997).

Ao respecto ha de sinalarse que, tanto no ámbito da contratación civil coma da administrativa, a xurisprudencia advertiu que non todo incumprimento contractual podería dar lugar ao dereito da outra parte

a resolver o contrato, distinguíndose pola xurisprudencia aqueles incumprimentos xeradores da posibilidade de exercicio do

dereito á extinción do contrato de aqueloutros que non o levan aparellado, aínda cando poidan posibilitar a esixencia de indemnización

por danos e perdas. Tal doutrina é perfectamente aplicable no ámbito administrativo, de forma que só os incumprimentos de

obrigas contractuais esenciais poden ser xeradores do lexítimo exercicio da potestade de resolución dos devanditos contratos

e iso, como xa sinalamos, cando sexa esta opción a que máis convén ao interese público en liza.

Para a determinación da transcendencia dos diversos incumprimentos que se produzan, o Tribunal Supremo manifestou reiteradamente (Sentenzas do 16 de outubro de 1984, Ar. 5655, do 9 de outubro de 1987,

Ar. 8324, do 23 de novembro de 1988, Ar. 9199, entre moitas outras) que ha de poñerse en cada caso atención ás circunstancias

concorrentes, co fin de dilucidar se se está ante un verdadeiro e efectivo incumprimento das obrigas contractuais, revelador

dunha vontade clara de non atender, dolosa ou culposamente, os compromisos contraídos ou, pola contra, máis ben ante un simple

atraso, desfase ou desaxuste en modo ningún expresivo daquela vontade e, en definitiva, dun efectivo incumprimento da esencia

dunha obriga.

Polo tanto, neste ámbito non toda irregularidade pode levar aparellada a habilitación á Administración pública para que exercite a súa potestade resolutoria, senón só aqueles supostos nos que o servizo

deixa de prestarse ou se presta en condicións tales que se lesiona o interese público que se poida satisfacer.

Cuarta.-

Polo que se refire ao fondo material das cuestións que suscita a iniciativa de resolución do vínculo contractual, tense que analizar se, como sostén a proposta recibida, existiu un incumprimento pola adxudicataria

das súas obrigas contractuais.

Nos atopamos ante un contrato de xestión de servizos públicos, verbo do cal o artigo 286 do TRLCSP, en relación co artigo 223 h) refire como causa de resolución, as establecidas expresamente no contrato.

Así no caso que nos atinxe, o prego do cláusulas administrativas particulares do contrato establece na cláusula vixésimo primeira

(folio 47) que o contrato ?poderá extinguirse polas causas previstas no artigo 223 e 308, así como polo incumprimento por parte do adxudicatario das

obrigas sinaladas nas condicións de execución establecidas no prego de prescricións técnicas, do prego de cláusulas administrativas

ou das ofertadas pola empresa?.

No presente caso o Concello invoca que a entidade adxudicataria incumpriu a súa oferta de mellora salarial consistente nun plus de mellora de 300 euros a cada traballador sobre o Convenio Colectivo Estatal

de empresas de seguridade e o compromiso de aplicar dita mellora ao persoal adscrito a estes contratos, ao tempo que incumpriu

as súas obrigas salariais asumidas coa presentación da súa oferta de mellora laboral e salarial. Realmente a primeira causa

incardinase no segundo motivo alegado polo Concello.

No expediente figura o prego de cláusulas administrativas particulares que rexeron a contratación mediante lotes do servizo de seguridade privada no Fogar do Transeúnte e o CEI-NODUS-ESPAZO LAB, e

cuxa cláusula decimo primeira (folios 41,42) ten o seguinte contido:

?Criterios de valoración. Preferencia na adxudicación? figura cos seguintes termos: (folio 42)?

?11.1 (?)

?11.2.- Criterios non avaliables automaticamente:

Calidade no emprego (ata 1,5 puntos) desglosado como segue:

- Valorarase un máximo de 1 punto as proposicións dos licitadores que impliquen unha mellora nas condicións laborais e salariais que mellore o disposto no Estatuto dos Traballadores e no seu caso no Convenio

Colectivo Estatal de empresas de seguridade e se comprometa a empresa licitadora a aplicar que executará o o contrato.

- Valorarase con 0,5 puntos un plan de formación dos traballadores asignados ao servizo obxecto do contrato. A formación deberá

necesariamente estar relacionada coas funcións propias do posto a desempeñar polos traballadores

Para a súa valoración a empresa licitadora deberá presentar unha proposta técnica que detalle as condicións laborais concretas e as melloras específicas, así como o plan de formación (?)?.

Sobre este particular cómpre destacar que no expediente remitido consta o informe do servizo de contratación do concello (folios 195-198) de 6 de xullo de 2015 relativo á valoración dos criterios

de adxudicación avaliables en relación coas ofertas presentadas polas empresas que concorreron á licitación, e polo que se

refire á mercantil A., S.L., figura:

?(?)

A., S.L. presenta oferta para o lote 1 (FOGAR DO TRANSEÚNTE) e o lote 2 (CEI-NODUS-ESPAZO LAB).

Con respecto ao apartado de melloras nas condicións laborais ou salariais, esta empresa oferta o seguinte:

Lote 1:

- Un plus de mellora voluntaria de 300 euros/ano.

- Tres días libres ao ano para asuntos propios, que serán consensuados co comité intercentros da empresa e que serán disfrutados

sempre cando non se altere o normal funcionamento do servizo.

Lote 2:

- Un plus de mellora voluntaria de 300 euros/ano.

- Tres días libres ao ano para asuntos propios, que serán consensuados co comité intercentros da empresa e que serán disfrutados

sempre cando non se altere o normal funcionamento do servizo.

(?)? e o informe remata coas seguintes conclusións:

?Unha vez analizadas tódalas proposicións, realizase a puntuación de cada empresa tendo en base aos seguintes criterios:

- Distínguense as melloras salariais do resto de melloras laborais, outorgando 0,5 puntos a cada apartado, posto que así o describe

o criterio da cláusula décimo segundo do prego de cláusulas administrativas particulares outorgando un total de 1 puntos a

ese subapartado.

- Á hora de avaliar o plan de formación tense en conta o número máximo de horas de formación que cada empresa está disposta

a realizar en beneficio dos traballadores adscritos á execución do contrato.

Propóñense finalmente as seguintes puntuacións:

LOTE 1

Melloras salariais

Melloras Laborais

Plan de formación

TOTAL

V., S.A.

0

0,5

0,17

0,67

G.

0

0

0,34

0,34

A., S.L.

0,5

0,05

0,5

1,05

LOTE 2

Melloras salariais

Melloras Laborais

Plan de formación

TOTAL

V., S.A.

0

0,5

0,22

0,72

G.

0

0

0,44

0,44

A., S.L.

0,5

0,05

0,5

1,05

??

Quinta.-

Unha vez centrados os termos do contrato en cuestión, compre analizar agora a cuestión de fondo formulada, así no presente caso o Concello invoca como causa de resolución, o incumprimento das obrigas

salariais contidas no plan de melloras ofertado pola empresa A., S.L. no procedemento de adxudicación.

Cómpre recordar o réxime legal das melloras contida no TRLCSP; así o artigo 147 sinala:

?1. Cuando en la adjudicación hayan de tenerse en cuenta criterios distintos del precio, el órgano de contratación podrá tomar

en consideración las variantes o mejoras que ofrezcan los licitadores, siempre que en el pliego de cláusulas administrativas

particulares haya previsto expresamente tal posibilidad.

2. La posibilidad de que los licitadores ofrezcan variantes o mejoras se indicará en el anuncio de licitación del contrato precisando sobre qué elementos y en qué condiciones queda autorizada su presentación.

(?)?

Pola súa banda o artigo 150 regula:

?1. Para la valoración de las proposiciones y la determinación de la oferta económicamente más ventajosa deberá atenderse directamente

al objeto del contrato, tales como la calidad, el precio, la fórmula utilizable para revisar las retribuciones ligadas a la

utilización de la obra o a la prestación del servicio, el plazo de ejecución o entrega de la prestación, el coste de la utilización,

las características medioambientales o vinculadas con la satisfacción de exigencias sociales que respondan a necesidades,

definidas en las especificaciones del contrato, propias de las categorías de población especialmente desfavorecidas a las

que pertenezcan los usuarios o beneficiarios de las prestaciones a contratar, la rentabilidad, el valor técnico, las características

estéticas o funcionales, la disponibilidad y coste de los repuestos, el mantenimiento, la asistencia técnica, el servicio

postventa u otros semejantes.

Cuando sólo se utilice un criterio de adjudicación, éste ha de ser, necesariamente, el del precio más bajo.

2. Los criterios que han de servir de base para la adjudicación del contrato se determinarán por el órgano de contratación y se detallarán en el anuncio, en los pliegos de cláusulas administrativas particulares

o en el documento descriptivo.

(?)?.

O contido da oferta da empresa adxudicataria vincula a aquela pasando a formar parte do contido obligacional do contrato administrativo, polo que o contratista ten a obriga de realizar as melloras nos

termos recollidos no plan que ela mesma presentou. As melloras forman parte do contrato, sendo de aplicación o principio xeral

que se contén no aforismo pacta sun servanda.

Como indica o Tribunal Administrativo de Recursos Contractuales: ?Toda mejora supone un plus sobre los requisitos fijados en el pliego y una ventaja para la Administración que puede obtener

sin un sobrecoste? (Resolución nº 919/2015).

A este respecto a entidade mercantil nas alegacións presentadas, considera que a mellora ofertada se refería sobre os salarios resultantes da aplicación do convenio colectivo propio da empresa, así sinala

(folios 1099, 1105, 1106): ?la mejora es sobre el convenio que le sea aplicable a cada trabajador?, ao tempo que afirma que o Concello ?tiene el deber legal de respetar esa decisión de los trabajadores de esta empresa y, de no hacerlo así conculca flagrantemente

su derecho a la negociación colectiva. Con la interpretación que hace en el acuerdo alegado, se carga totalmente el derecho

a la negociación colectiva de los trabajadores de esta empresa, pues ven como se aplica no una mejora sobre el convenio que

ellos han pactado, sino sobre otro convenio que les resulta ajeno?.

Esta pretensión que agora expón a mercantil resulta totalmente contraria ao teor literal de cláusula do prego de cláusulas administrativas -antes reproducido e que de novo reiteramos- que se expresaba

nos seguintes termos (folio 41):

?Valorarase cun máximo de 1 punto as proposicións dos licitadores que impliquen unha mellora nas condicións laborais e salariais que mellore o disposto no Estatuto dos Traballadores e no seu caso no Convenio

Colectivo Estatal de Empresas de Seguridade e se comprometa a empresa a aplicar ao persoal que executará o contrato?.

Deste xeito quedan desvirtuadas as razóns expostas por A., S.L. sobre a pretensión de que a mellora se aplique sobre un convenio propio xa que a cláusula do prego

identifica dun xeito rotundo cal é o Convenio Colectivo a ter en conta, que é o Convenio Colectivo Estatal de Empresas de Seguridade, e que foi o referente para a aplicación das proposicións das melloras polas licitadoras, polo que resulta de obrigado cumprimento

para a empresa.

Sobre o alcance das melloras, tráese a colación o informe 3/2010, de 15 de setembro, da Junta de Contratación Administrativa de la Región de Murcia que sinala:

?(?) La proposición formulada por los licitadores constituye una auténtica oferta del contrato en la medida que es una declaración

formal dirigida al órgano de contratación con el fin de concluir el contrato una vez que sea aceptada por éste, aceptación

que tiene lugar con la adjudicación del contrato, momento en el que se produce efectivamente el acuerdo de voluntades, aunque

el contrato se perfeccione con su formalización tal como dispone el artículo 27.1 de la LCSP.

En definitiva, si las mejoras ofertadas por el adjudicatario forman parte integrante de su proposición (oferta del contrato) y ésta ha sido aceptada por la adjudicación del órgano de contratación

sin ninguna reserva al respecto, aquéllas serán exigibles al contratista con independencia de que hayan sido valoradas en

la fase de adjudicación del respectivo contrato, oferta que deberá ser cumplida de forma estricta por el adjudicatario del

contrato?.

Sexta.-

Unha vez apreciada a concorrencia de causa para a resolución do contrato, por incumprimento da oferta de mellora salarial presentada pola empresa que supón o incumprimento das obrigas salariais, procede

determinar os efectos da mesma. O órgano de contratación contempla como tales, a incautación automática da garantía definitiva.

Cómpre sinalar o artigo 225.3 do TRLCSP, que establece que:

?Cuando el contrato se resuelva por incumplimiento culpable del contratista, éste deberá indemnizar a la Administración de los daños y perjuicios ocasionados. La indemnización se hará efectiva, en primer

término, sobre la garantía que, en su caso, se hubiese constituido, sin perjuicio de la subsistencia de la responsabilidad

del contratista en lo que se refiere al importe que exceda de la garantía incautada?.

Sen embargo, do precepto transcrito non pode inferirse a incautación da garantía como un efecto automático inherente á resolución contractual por incumprimento culpable do contratista. Neste punto cabe

recordar que tanto o artigo 114.4 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas como o artigo 113.4

do Texto Refundido, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, determinaban, para os casos de resolución

contractual por incumprimento culpable do contratista, a incautación automática da garantía, debendo ademais, indemnizarse

os danos e prexuízos producidos á Administración no que excederan do seu importe.

Con base en dita regulación, atendíase a unha dobre natureza da garantía, dunha banda, como unha especie de pena convencional que se aplicaba de xeito automático con independencia dos danos e prexuízos

causados á Administración, e doutra, como indemnización dos danos e prexuízos causados, de xeito que, si o cálculo era superior

á garantía incautada, a Administración reclamaba ao contratista o importe excedente da garantía constituída.

Fronte a este automatismo na incautación, tanto a doutrina como a xurisprudencia foron modulando a súa aplicación, mesmo con exclusión, en determinados supostos á vista do comportamento das

partes na execución do contrato.

Actualmente, o artigo 225.3 do TRLCSP (o mesmo que o seu precedente inmediato, artigo 208.4 da LCSP) non contempla referencia algunha á incautación automática, senón que cingue as consecuencias da resolución

contractual por incumprimento culpable á obriga de indemnización dos danos e prexuízos ocasionados, de xeito que se o importe

da garantía é superior ao dos danos e prexuízos cuantificados, a incautación deberá ser parcial, procedendo á devolución da

mesma, na suma restante. (Ditame do Consejo de Estado do 19 de abril de 2012).

Por conseguinte, e ante a especial dificultade en soster a automaticidade na incautación da garantía, este Consello Consultivo estima que a mesma non procede, aínda que iso non impide que poida decretarse

a súa retención e ser aplicada aos danos que poidan fixarse nun procedemento contraditorio específico.

De todo o ata aquí exposto este Consello Consultivo considera que estamos ante un incumprimento imputable á contratista, ao abeiro do apartado h) do art. 223 do TRLCSP e preceptos concordantes, sen que

tal imputación sexa de ningún xeito desvirtuada pola contratista.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a resolución contractual á que o presente expediente se refire nos termos expresados no corpo deste ditame?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Ley de Contratos del Sector Público - Código comentado (DESCATALOGADO)
Disponible

Ley de Contratos del Sector Público - Código comentado (DESCATALOGADO)

José Luis Gil Ibáñez

59.45€

14.86€

+ Información

Sociedad de Responsabilidad Limitada
Disponible

Sociedad de Responsabilidad Limitada

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

La dicotomía del contrato de concesión para la prestación de servicios públicos
Disponible

La dicotomía del contrato de concesión para la prestación de servicios públicos

Guillermo García Rivera

13.60€

12.92€

+ Información