Dictamen de Consello Cons...ro de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 038 de 07 de febrero de 2018

Tiempo de lectura: 38 min

Tiempo de lectura: 38 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 07/02/2018

Num. Resolución: 038


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Organismo: Concello da Coruña

Letrado: López Guizán

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data do 28.3.2017 don V., en representación de Z. e do seu asegurado don F., interpón ante o Concello da Coruña unha reclamación de responsabilidade patrimonial por mor dos

danos sufridos no establecemento comercial do Sr. F., sito na rúa Panaderas, núm. 8, por mor dun defectuoso mantemento da

rede de saneamento municipal.

Segundo refire o informe pericial que se achega:

?[?]

Sobre la causa de los daños por aguas sucias en evacuación, llegando en algunas zonas dicha agua a alcanzar una altura de unos 30 cm, descubiertos los deterioros en la mañana del pasado día 7 de noviembre

de 2016 al abrir el establecimiento al público, esto fue con motivo de un atascamiento de la red de alcantarillado municipal

de la calle en varios puntos, motivo por el cual las aguas sucias en evacuación pasaron a las conducciones de desagüe del

edifico que prácticamente está vacío de moradores, y posteriormente al interior del bajo asegurado, haciendo que saltasen

las tapas de registro de las conducciones de desagüe del edificio aflorando desperfectos en el suelo de madera, zócalos, pintura

de paredes y mercancía diversa antes referenciada. Se expone que el viernes 4 de noviembre, por circunstancias familiares

del asegurado, el local estuvo cerrado al público, hasta su apertura el lunes día 7 de noviembre, por lo que es muy presumible

de que durante dichos días es cuando se produjo la inundación del local asegurado.

[?]?.

A indemnización solicitada ascende a 25.627,73 ?, correspondendo 20.121,77 á entidade aseguradora e 5.505,96 ? ao asegurado.

2.- Na instrución do procedemento incorporouse a este:

- Parte do sinistro da Policía Local de data do 7.11.2016, e

- Informe do Servizo de Infraestruturas de data do 11.5.2015.

3.- Con data do 1.6.2017 deuse trámite de audiencia á parte actora, quen con data do 19.6.2017 reiterou a súa pretensión indemnizatoria

sinalando que ?el atasco se encontraba de forma generalizada en la red de saneamiento de calle?, xa que ?se produjeron varios atascos en toda la calle, viéndose más vecinos afectados?.

4.- Á vista das alegacións da parte actora, con data do 23.6.2017 pola instrución se solicitou do Servizo de Infraestruturas a

emisión dun novo informe.

Con data do 27.9.2017 o Servizo de Infraestruturas emitiu o informe requirido.

5.- Con data do 10.7.2017 don V. comunicou ao Concello da Coruña que a reclamación debía terse por realizada exclusivamente pola

entidade aseguradora Z.

6.- Con data do 29.9.2017 deuse un novo trámite de audiencia á entidade reclamante.

Esta, con data do 20.10.2017, formulou alegacións nas que reiterou a existencia dun deficiente funcionamento do servizo público

por canto ?El Servicio de Alcantarillado procedió a desatascar la red alcantarillado desde la tapa situada enfrente de la fachada del

local asegurado, prueba más que irrefutable de que el atranco se encontraba en el exterior del local asegurado?.

7.- Con data do 30.10.2017 a instrución solicitou, á vista das alegacións presentadas, un novo informe do Servizo de Infraestruturas.

O informe foi emitido con data do 5.12.2017.

8.- Con data do 29.12.2017 deuse un novo trámite de audiencia á parte actora, quen con data do 12.1.2018 reiterou a súa pretensión

indemnizatoria.

9.- Con data do 18.1.2018 ditouse unha proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación presentada.

10.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor alcalde do Concello

da Coruña, tendo entrada neste organismo o día 30.1.2018

11.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do presente ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

Sométese a ditame deste Consello Consultivo unha proposta de resolución correspondente a un expediente administrativo instruído polo Concello da Coruña, no que, a instancia de parte, se interesa

o recoñecemento do dereito ao percibo dunha indemnización por danos. Este órgano é competente para coñecer do expediente de

que se trata, con base no previsto no artigo 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial presentada ante un concello por contía superior a 15.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, ven regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas,

no sucesivo LPAC, (aspectos procedementais) e polos artigos 32 e seguintes da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico

do sector público, en diante LRXSP.

Ademais, tratándose neste caso da eventual responsabilidade patrimonial dunha entidade local, debe traerse a colación o artigo 54 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a

teor do cal: ?as entidades locais responderán directamente dos danos e prexuízos causados aos particulares nos seus bens e dereitos como

consecuencia do funcionamento dos servizos públicos ou da actuación das súas autoridades, funcionarios ou axentes, nos termos

establecidos na lexislación xeral sobre responsabilidade administrativa?.

En sentido similar pronúnciase o artigo 223 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.

No presente caso, ha de sinalarse que o Concello da Coruña, en esencia, tramitou correctamente o procedemento, quedando constancia no expediente remitido da realización dos actos de instrución necesarios,

da concesión do trámite de audiencia á entidade reclamante, da práctica das probas que se consideraron pertinentes, e da formulación

da correspondente proposta de resolución.

Terceira.

Os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo. Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda

a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a. O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b. O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c. O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, debendo

ter presente que a inxerencia dun terceiro ou o comportamento da propia vítima son posibles circunstancias produtoras da ruptura

do nexo causal, se foron determinantes do dano, ou susceptibles de modular o alcance da responsabilidade da Administración,

graduando o importe da indemnización se, en concorrencia co funcionamento do servizo, contribuíron tamén á súa produción.

d. O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e. A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Non obstante, a xurisprudencia vén modulando o carácter obxectivo da responsabilidade patrimonial, rexeitando que a mera titularidade do servizo determine

a responsabilidade da Administración respecto de calquera consecuencia lesiva relacionada co mesmo que se poida producir,

o que suporía converter á Administración en aseguradora universal de todos os riscos, co fin de previr calquera eventualidade

desfavorable ou danosa para os administrados que poida producirse con independencia do actuar administrativo, sendo necesario,

polo contrario, que eses danos sexan consecuencia do funcionamento normal ou anormal da Administración.

Pode así concluírse que para que o dano concreto producido polo funcionamento do servizo a un ou varios particulares sexa

antixurídico abonda con que o risco inherente a súa utilización pasase os límites impostos polos estándares de seguridade

esixibles conforme á conciencia social. Non existirá entón deber algún do prexudicado de soportar o menoscabo e, conseguintemente,

a obriga de resarcir o dano ou prexuízo causado pola actividade administrativa será a ela imputable.

Cuarta.

Entrando no exame do fondo do asunto, cómpre, por mandato legal -artigo 81.2 LPAC- e polo que o presente ditame se refire, a verificación da existencia, ou non, de relación de causalidade entre o funcionamento

do servizo e a lesión producida, para o que é preciso partir da previa constatación dun dano, como ocorre no presente caso,

no que se xunta ao expediente diversa documentación acreditativa dos danos no establecemento comercial. En concreto, o parte

do sinistro da Policía Local de data do 7.11.2016 alude ao asolagamento do soto do local con augas fecais, e aos estragos

nas mercadorías que se atopaban no chan.

Con todo, a constatación deste dato non é suficiente para apreciar a existencia de responsabilidade administrativa, sendo necesario xustificar que o dano se produciu, efectivamente, nas circunstancias indicadas

pola entidade interesada, e que estas configuran un vínculo causal entre o dano e o funcionamento do servizo público da rede

de sumidoiros a que aquel se imputa, o que constitúe, de xustificarse o primeiro aspecto, o segundo presuposto esencial a

analizar por este Consello Consultivo.

Nesta tesitura, o exame do presuposto que se analiza radica nunha cuestión probatoria a dilucidar a partir daquela regra xeral, recollida en numerosos ditames deste Consello Consultivo, por todos eles

o CCG 697/04, segundo a que a carga da proba da existencia dun dano avaliable economicamente e singularizado e a súa conexión

causal co funcionamento dalgún servizo público corresponde certamente ao reclamante, e a dos feitos impeditivos da pretensión

(forza maior, culpa do prexudicado etc...) á Administración (antigo 1.214 do Código Civil e actual 217 da Lei 1/2000, do 7

de xaneiro, de axuizamento civil). No mesmo sentido postúrase a xurisprudencia do Tribunal Supremo, que, con carácter xeral,

acolle o principio de que a carga da proba da existencia dos danos e da relación de causalidade co servizo público corresponde

á parte actora (entre outras, sentenzas de 4.11.1997 e 30.10.1999).

Pois ben, ámbalas dúas circunstancias que constan acreditadas no parte da forza actuante, o alagamento do local comercial con augas fecais e os estragos nas mercadorías, ou mesmo a intervención da concesionaria

do mantemento da rede do saneamento municipal, EMALCSA, que recoñece o Servizo de Infraestruturas, non supoñen de seu a responsabilidade

da administración municipal.

Neste punto debe considerarse que o informe do Servizo de Infraestruturas de data do 11.5.2017 refire como, solicitado informe do servizo da rede de sumidoiros, ?Con fecha 23 de diciembre de 2016 se contesta informe relativo a la citada incidencia, en el cual se indica que se trató de

un trabajo de régimen interior y que fue abonado por el propietario, se adjunta contestación remitida en su día. La empresa

concesionaria del mantenimiento de la red del Alcantarillado Municipal, E.M.A.LC., S.A no envió al Servicio de Alcantarillado

Fax relativo a la citada incidencia. Recabada información mediante correo electrónico nos indican lo siguiente: ?-Procedimos

a la realización de un trabajo de régimen interior en la dirección del asunto, el día 7 de noviembre y se facturó a nombre

del interesado que lo solicitó. Como dirección de envío de la factura, se puso la que se nos indicó, es decir Calle Panaderas

009 Bajo??.

Ademais, á vista das alegacións da parte actora, que nos sucesivos escritos de alegacións sinalou como a reparación tivo lugar desde a tapa da rede de sumidoiros do exterior da fachada, o servizo desbota

a transcendencia deste extremo referido pola parte, apuntado como ?Me reitero en mis anteriores informes, indicando que el trabajo realizado fue de régimen interior, se trató del desatasco

y limpieza de la acometida particular del inmueble, como así lo confirma el Comprobante de Urgencias Diarias a Particulares,

de la empresa Valoriza en la cual se señala el tipo de trabajo realizado: ?Desatasco y limpieza de acometida?, se adjunta

copia?.

Efectivamente, o comprobante achégase xunto co informe, e nel consta como o traballo realizado foi ?Desatranco y limpieza de acometidas?, coa conformidade do cliente.

Por outra parte, tampouco pode prosperar a consideración da reclamante consonte coa cal a orixe dos danos foi un atranco xeral na rede pois, requirido expresamente para o efecto o servizo da rede de sumidoiros,

este, con data do 27.9.2017, informou que no ano 2016 só consta outro atoamento no núm. 21 da rúa Panaderas, mais no mes de

setembro (dous meses antes ao que deu lugar á presente reclamación), e sendo este xa externo.

En consecuencia, á vista dos datos que constan no expediente, debe concluírse na procedencia de desestimar a reclamación presentada ao non existir unha conexión causal entre os danos polos que se reclama

e un deficiente funcionamento do servizo público municipal da rede de sumidoiros.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

El transporte ante el desarrollo tecnológico y la globalización
Disponible

El transporte ante el desarrollo tecnológico y la globalización

V.V.A.A

59.50€

56.52€

+ Información

El contrato de seguro. Elementos, forma y obligaciones de las partes
Disponible

El contrato de seguro. Elementos, forma y obligaciones de las partes

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos
Disponible

Responsabilidad civil por productos y servicios defectuosos

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Responsabilidad extracontractual derivada de accidente dentro de una iglesia católica
Disponible

Responsabilidad extracontractual derivada de accidente dentro de una iglesia católica

Amado Quintana Afonso

12.75€

12.11€

+ Información

Artículos doctrinales. Justicias e injusticias explicadas por un magistrado de lo Social
Disponible

Artículos doctrinales. Justicias e injusticias explicadas por un magistrado de lo Social

Pedro Tuset del Pino

21.25€

20.19€

+ Información