Dictamen de Consello Cons...to de 2018

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 028 de 01 de agosto de 2018

Tiempo de lectura: 51 min

Tiempo de lectura: 51 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 01/08/2018

Num. Resolución: 028


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por C. en nome e representación de F., F. e S. polos danos e perdas sufrido por F. tras intervención cirúrxica para implante de prótese en xeonllo esquerdo realizada no Hospital San Rafael

Organismo: Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado: López Corral

Propuesta: Parcialmente estimatoria

Conclusion: Desfavorable

Relator: Sánchez Tato

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 26.9.2016, C., actuando en representación de F., F. e S. interpuxo reclamación de responsabilidade patrimonial polos

danos e perdas irrogados a Jesusa como consecuencia da caída padecida por esta tras intervención cirúrxica para implante de

prótese en xeonllo esquerdo realizada no Hospital San Rafael (concertado co Sergas). O accidente tivo lugar na madrugada que

seguiu á intervención cando a paciente sufriu unha caída dende a súa propia altura, con resultado de fractura periprotésica

de fémur esquerdo, que requiriu nova intervención, seguida de rehabilitación, dirixida á reeducación da marcha, mais sen poder

acadarse esta, polo que, esgotadas as posibilidades de recuperación funcional, recibiu a alta o 27.11.2015, sendo trasladada

a unha residencia asistida, o sanatorio Santa María de Pontevedra.

Segundo informe do referido centro asistencial, do 1.8.2016, a reclamante actualmente é dependente en actividades básicas da vida diaria, ten vida en cama, precisa cadeira de rodas e non pode pasar

a bipedestación soa.

Os reclamantes imputan ao centro concertado onde se realizou a intervención a vulneración do protocolo de prevención de caídas de pacientes ingresados, sinalando que non se planificaron nin aplicaron

á paciente, desde o ingreso e ao longo da súa estancia no devandito hospital, as medidas de prevención esixibles, nin se mantivo

a cama na posición máis baixa posible, así como que non había varanda na cama.

2.- A avaliación económica da responsabilidade patrimonial polos danos físicos e morais ocasionados a F., tomando como referencia

orientadora a Lei 35/2015, do 22 de setembro, de reforma do sistema para a avaliación de danos e perdas causados ás persoas

en accidentes de circulación, cífrase no escrito de reclamación, mais sen desagregación de conceptos, na suma de 250.000 ?.

Así mesmo solicítase indemnización de 25.000 ? para o seu fillo, F., e de igual importe para a súa nora, S., que convivían con ela, en orde ao dano moral e á alteración substancial da súa

vida familiar; ascendendo por tanto o total importe reclamado á suma de 300.000 ?.

3.- Instruído o expediente, con observancia do trámite de audiencia, con data 24.10.2017 a instrutora elaborou unha proposta

de resolución na que se conclúe que a caída padecida pola reclamante no postoperatorio inmediato foi consecuencia, en parte,

do incorrecto deber de vixilancia imputable ao persoal do centro concertado, e propón a estimación parcial da reclamación

mediante a fórmula dunha renda vitalicia de +/- 1.200 euros ou o ingreso en residencia asistida.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo o día 26.1.2018.

5.- Á vista destes antecedentes, a Sección de Ditames deste Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ao abeiro do previsto no artigo 34.4 do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e

funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, acordou devolver o expediente, sen a emisión do ditame a fin de que se completase

a súa instrución do xeito sinalado no referido acordo de data 21.2.2018.

6.- O expediente foi de novo remitido a este órgano consultivo, tendo entrada o día 27.6.2018.

7.- Na Sección de Ditames que tivo lugar o día 24.7.2018 acordouse, ao abeiro do artigo 39.1 do Decreto 91/2015, do 18 de xuño,

ampliar o período de emisión do preceptivo ditame polo prazo de 15 días.

8.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española.

Ademais o réxime xurídico da reclamación de responsabilidade patrimonial, contense nos artigos 139 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e

do procedemento administrativo común (en adiante, LRXPAC), e no Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, que regula o procedemento

das reclamacións de responsabilidade patrimonial, -normativa aplicable segundo o disposto na disposición transitoria terceira, letra a), da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do

procedemento administrativo común das administracións públicas-.

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

No tocante aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a configuración da responsabilidade patrimonial da Administración como unha responsabilidade obxectiva non supón, non obstante, a inexistencia de límites fronte

a unha eventual aplicación automática do principio resarcitorio sobre a base dunha vinculación máis ou menos ampla entre o

funcionamento do servizo e o dano padecido. Así, como máis significados lindes daquel principio xeral poden destacarse catro

acoutacións de formulación legal:

a. A forza maior (artigo 139.1 LRXPAC)

b. A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 141.1 LRXPAC)

c. A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 141.1 LRXPAC), e

d. Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial segundo a cal nas reclamacións derivadas da actuación médica ou sanitaria non resulta suficiente a existencia dunha lesión (que conduciría a

responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio da lex artis, como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida

do enfermo xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

Así pois, só no caso de que se produza una infracción da dita lex artis responde a Administración dos danos causados; en caso contrario, os ditos prexuízos non son imputables á Administración e

non terían a consideración de antixurídicos polo que deberán ser soportados polo prexudicado.

A existencia deste criterio da lex artis baséase no principio xurisprudencial de que a obriga do profesional da medicina é de medios e non de resultados, é dicir,

a obriga concrétase en prestar a debida asistencia médica e non de garantir en todo caso a curación do enfermo.

Estamos ante un criterio de normalidade dos profesionais sanitarios que permite valorar a corrección dos actos médicos e que impón ao profesional o deber de actuar conforme coa dilixencia debida; criterio

que é fundamental pois permite delimitar os supostos nos que verdadeiramente pode haber lugar a responsabilidade ao esixirse

non só que exista o elemento da lesión senón tamén a infracción do repetido criterio; prescindir del levaría consigo unha

excesiva obxectivización da responsabilidade que podería declararse coa única esixencia de existir unha lesión efectiva, sen

necesidade de demostración da infracción do criterio de normalidade.

Cuarta.

Entrando xa na análise da proxección dos principios expostos na consideración anterior, sobre os particulares aspectos de fondo suscitados no presente expediente, e constatada a produción dun dano consistente

nas lesións e secuelas derivadas da caída a que se fixo referencia, procederá, de seguido, determinar a súa posible vinculación

co funcionamento normal ou anormal do servizo público de saúde, dato que configura en última instancia un eventual dereito

daquela a ser indemnizada pola Administración.

No escrito de interposición, os reclamantes imputan ao centro hospitalario onde se levou a cabo a intervención, un defectuoso cumprimento das medidas preventivas destinadas a evitar os riscos de caída da

paciente, tales como manter a cama na posición máis baixa posible, afirmando en concreto que non había varandas de protección

de caídas.

Estas imputacións requiren ser analizadas na vista dos informes incorporados ao expediente e, en primeiro termo, o emitido o 29.3.2017 polo director xerente do referido hospital, do seguinte teor:

?La paciente ingresó, con cargo al Servizo Galega de Saúde, el 4 de agosto del 2015, para ser intervenida por un especialista del servicio de traumatología del CHUAC, Dr. A., de una artroplastia de rodilla.

La paciente fue intervenida ese mismo día entre las 11:30 y las 14:40 horas para colocación de una prótesis de rodilla izquierda,

pasando a continuación a la Unidad de reanimación postanestésica.

Al ingreso, a la paciente se le efectuó (al igual que a todos los pacientes) una valoración de enfermería al ingreso hospitalario. La paciente deambulaba sola, era independiente para las actividades

de la vida diaria, se encontraba consciente, orientada y colaboradora y tenía comprensión adecuada de las instrucciones que

se le daban.

La paciente subió a planta a las 20:30 horas, con una sonda vesical y un drenaje redón al vacío. Se le administró medicación analgésica para el dolor, que unas horas después estaba controlado, al

comienzo de la noche.

La paciente recibió las indicaciones habituales en estos casos. Tenía una sonda vesical pero debería avisar al personal de enfermería para cualquier cosa que necesitase. Como precaución adicional, la cama

de la paciente tenía las barandillas laterales de protección subidas.

A las 5:20 horas avisó la compañera de la paciente porque se había levantado al WC. Al acudir las enfermeras se encontraron a la paciente sentada en el suelo con rotación interna de la cadera izq. y la

rodilla totalmente flexionada. La paciente se había arrancado el redón al levantarse. Se avisó inmediatamente al médico de

guardia ??.

Como se ve, existe unha discrepancia substancial entre a versión dos feitos mantida pola representación dos reclamantes que, tanto no escrito

de interposición da reclamación, como en diferentes escritos presentados no curso da instrución do procedemento, centran

as súas imputacións nunha pretendida omisión de medidas de contención dirixidas á prevención de caídas dende a cama, cando

o certo é que, de acordo co transcrito informe, así como coas anotacións que figuran na historia clínica, a paciente non caeu

dende a cama, nin tampouco ao levantarse dela, senón cando, facendo caso omiso das indicacións que se lle realizaran, decidiu

dirixirse ao baño, onde foi atopada no chan polo persoal de enfermería, alertado pola paciente coa que compartía habitación.

Como sinala nas súas alegacións en trámite de audiencia o representante do Hospital San Rafael, unha conduta como a observada pola paciente tan só podería evitarse mediante a aplicación de medidas

de contención mecánica, ou ben someténdoa a unha vixilancia constante por parte do servizo de enfermería. Mais o certo é que

a necesidade dunhas medidas semellantes non aparecía xustificada, ao non observarse un estado de desorientación ou axitación

psicomotriz, e tendo en conta que na valoración de enfermería ao ingreso hospitalario constatárase que a doente era independente

para as actividades da vida diaria, se encontraba consciente, orientada e colaboradora e tiña comprensión adecuada das instrucións

que se lle daban.

Non pode deixar de sinalarse, ademais, que os familiares cos que convivía, tamén reclamantes neste procedemento, non consideraron necesario acompañar á paciente na noite do postoperatorio, nin advertir

ao persoal do centro sanitario da procedencia de adoptar medidas adicionais de seguridade ou de contención da paciente, por

causa do deterioro cognitivo do que dá conta a historia clínica da paciente, e que estes familiares non podían ignorar.

Por outra banda, como tamén alega a representación do Hospital San Rafael, o seu persoal sanitario non ten acceso á historia clínica da paciente no Sergas, e o médico responsable da intervención, Dr.

A., do servizo de Traumatoloxía do CHUAC, tampouco considerou necesario deixar constancia, nas ordes hospitalarias, de ningunha

particularidade ao respecto.

Todo o que non fai senón corroborar, dende unha perspectiva ex ante, a corrección das medidas adoptadas polo persoal do centro, ás que se refire o informe transcrito, dado o carácter imprevisible

da caída da paciente, e o xeito en que se produciu esta.

Quinta.

As consideracións que veñen de realizarse vense ratificadas polo contido do informe emitido con data 29.3.2017 polo responsable, tanto da intervención practicada, como do previo proceso dialóxico coa

paciente, no que se recolle:

?La paciente reclamante F. se intervino dada la insistencia de la misma debido al dolor e incapacidad funcional que le producía

el proceso degenerativo y deformidad de sus miembros y una vez fue informada detalladamente del proceso y procedimiento al

que tenia que someterse de forma comprensible y entendible para la paciente.

Se le informo de todos los pormenores, complicaciones y secuelas que pudieran derivarse y aún así acepto libremente. El que la paciente tenga un deterioro cognitivo, no es óbice para que la paciente no

entendiera y comprendiera el proceso y procedimiento. Así mismo tampoco se le puede negar el mejorar la calidad de vida ,

si asi lo desea, a un paciente de estas características y condenarle a sufrir dolores y gran limitación en su incapacidad

funcional.

Tampoco hay que olvidar que a su hijo también se le explico la situación de la paciente y en ningún momento declinaron o se opusieron a la realización de la intervención. En la historia clínica queda reflejado

todo lo expuesto.

(...)

Los familiares, que en ningún momento se opusieron a la intervención quirúrgica, tampoco custodiaron a la paciente durante su ingreso y de hecho esta se cayó durante la noche al querer ir al servicio

ella sola , pues no solicito ayuda del personal auxiliar ni de enfermería y tampoco se encontraba ningún familiar acompañándola

en el postoperatorio inmediato.

(...)?.

Este é o único xuízo médico que achega o expediente verbo da valoración das facultades intelectivas e volitivas da paciente en relación coa práctica da cirurxía en cuxo postoperatorio se produciu a

caída, e del non cabe extraer que en modo ningún que o referido doutor considerase o leve deterioro cognitivo da paciente

como un risco potencial para o seu autocontrol no curso do postoperatorio.

Evidentemente, por tanto, non corresponde que a instrutora, asumindo un papel que vai máis aló do que lle corresponde como valedora imparcial da causa que instrúe, e sen terse practicado, de oficio ou

a instancia de parte, proba pericial médica que así o acredite, afirme pola súa propia autoridade que a paciente tiña todas

as características que están definidas no risco de caídas, e que este se materializou, en parte, por unha situación asociada

ao incumprimento polo hospital da obrigación que tiña de identificar as causas polas que se podería producir, e de adoptar,

na súa vista, as medidas de seguridade e vixilancia pertinentes.

En diferentes lugares da historia clínica se constata que esta paciente gozaba dunha plena autonomía, tamén no ámbito de toma de decisións, e que en moitas ocasións acudía soa ás citas médicas.

Por outra banda, no propio escrito de interposición da reclamación se afirma que o estado xeral da paciente previo á intervención ?era bueno y sin antecedentes de interés?. E, no informe médico do Sanatorio Santa María, S.L., de data 1.8.2016, onde permaneceu ingresada nos meses seguintes á intervención

recóllese que na actualidade a paciente se atopa ?orientada en espacio y persona, parcialmente en tiempo?.

En definitiva, a maneira de producirse o accidente, e tamén a forma de manifestarse a actuación dos profesionais sanitarios do centro concertado onde se realizou a intervención, levan a rexeitar

a concorrencia dun suposto de responsabilidade patrimonial extracontractual no caso que suscita o ditame, por concorrencia

no curso causal dos acontecementos da conduta da propia prexudicada, cuxa actuación exclusiva foi a determinante do sinistro,

que debe por tal motivo cualificarse coma un accidente común, debido á concorrencia de circunstancias non imputables a unha

conduta culposa ou a unha mala praxe dos profesionais sanitarios.

En tales circunstancias, e en ausencia de proba que conduza a outra conclusión, o só feito de que o accidente se producira nas instalacións hospitalarias non converte á Administración sanitaria, ou, neste

caso, ao centro concertado que actúa por conta daquela, en responsable dos resultados danosos imputables a unha conduta imprudente

da propia vítima.

Procede, por tanto, fronte ao manifestado na proposta de resolución, a desestimación da reclamación analizada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros presentes, ditamina:

?Que informa desfavorablemente a proposta de resolución parcialmente estimatoria á que o presente expediente se refire, procedendo a súa desestimación?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

La residencia en territorio español. Paso a paso
Disponible

La residencia en territorio español. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

17.00€

16.15€

+ Información

Prevención de riesgos laborales en el sector de la construcción. Paso a paso (DESCATALOGADO)
Disponible

Prevención de riesgos laborales en el sector de la construcción. Paso a paso (DESCATALOGADO)

Dpto. Documentación Iberley

13.60€

5.44€

+ Información

Entrada y salida del territorio español. Paso a paso (DESCATALOGADO)
Disponible

Entrada y salida del territorio español. Paso a paso (DESCATALOGADO)

Dpto. Documentación Iberley

12.75€

3.19€

+ Información