Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 020 de 15 de febrero de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...ro de 2023

Última revisión
21/07/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 020 de 15 de febrero de 2023

Tiempo de lectura: 57 min

Tiempo de lectura: 57 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 15/02/2023

Num. Resolución: 020


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por M., por mor dos danos e perdas sufridos como consecuencia do tratamento dunha artrose primaria unilateral na cadeira dereita no Hospital Universitario Lucus Augusti

Organismo:

Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado:

Salgueiro Moreira

Propuesta:

Conclusion:

Acordo devolución

Relator:

Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- O 5.8.2021 M. presentou unha reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos derivados da asistencia sanitaria prestada

logo de serlle diagnosticada unha coxartrose dereita.

En concreto, a reclamante afirma que, desde pouco tempo despois da implantación, o 5.6.2014, dunha prótese total de cadeira,

xa presentou fortes dores na cadeira dereita, na coxa dereita e sobre o trocánter maior. Se ben se realizaron dúas gammagrafías

óseas en 2015 e 2016, persistiron os padecementos (que cualifica de moi superiores aos previos á intervención cirúrxica),

a pesar do cal non se realizaron máis probas para desbotar de xeito definitivo e concluínte a ausencia de afrouxamento da

prótese. Ademais, estima que a sintomatoloxía dolorosa que presentou en sucesivas revisións debeu levar á sospeita da existencia

dunha posible contaminación por metais e a realizar as determinacións de ións metálicos. Tamén reprocha que non foi suficientemente

informada dos riscos específicos que podía sufrir como consecuencia do tipo de prótese implantada.

Conclúe que existiu unha deficiente atención por parte do Servizo de Traumatoloxía do Hospital Público da Mariña na intervención

cirúrxica do 5.6.2014 e no seguimento posterior, como consecuencia da cal na actualidade ten importantes problemas de mobilidade,

sufrindo coxeira e un notable agravamento da dor que lle obriga a camiñar cun bastón.

Solicita unha indemnización na contía de 100.000,00 ?.

2.- Logo da formulación dun requirimento de emenda, o 1.7.2022 formulouse proposta de ?inadmisión da reclamación, por desistencia tácita da interesada, de acordo co contemplado no artigo 68.1 da Lei 39/2015, de

1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.?

Remitido o expediente a este órgano consultivo, o 24.8.2022 emitiuse o ditame CCG 259/2022, en sentido desfavorable.

3.- Instruído o procedemento, deuse trámite de audiencia á reclamante. Con ocasión do dito trámite, a persoa instrutora puxo

de manifesto ademais a posible prescrición do dereito a reclamar.

A interesada non formulou alegacións.

4.- O 2.1.2023 formulouse a proposta de resolución, en sentido desestimatorio da reclamación.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo o día 19.1.2023.

Á vista destes antecedentes, a Sección de Ditames deste Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ao abeiro do previsto no artigo 34.4 do Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, aprobado

polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, adoptou o seguinte:

ACORDO

?Devolver o expediente, sen a emisión do ditame, con base nos fundamentos que deseguido se expresan, debendo, unha vez completadas

as actuacións requiridas, someter de novo o expediente ao ditame deste órgano consultivo?.

Primeiro.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das

administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do

24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo

Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración autonómica

por contía superior a 30.000,00 ?.

En canto á forma de presentación dos expedientes remitidos a este órgano consultivo, o artigo 34.4 do Regulamento de organización

e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, prescribe:

?4. Se a relatora ou relator considerase, no caso da solicitude de ditames, a falta da documentación esencial para pronunciarse

o Consello ou defectos relevantes na instrución do procedemento, e no mesmo sentido se pronunciase o órgano competente do

Consello, a Presidencia do Consello devolverá o expediente ao organismo de procedencia para a emenda dos defectos observados

no prazo que en cada caso se estableza?.

Pois ben, neste caso procede a devolución do expediente, ao abeiro do precepto transcrito, polas razóns que se indican a continuación.

Segundo.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das Administracións

Públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, pola Lei 39/2015, do

1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), nos aspectos procedementais,

e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP), nos aspectos

substantivos.

Sentado o anterior, cómpre recordar que o procedemento administrativo é definido como a canle formal dunha serie de actos

en que se concreta a actuación administrativa para a realización dun fin, e supón a submisión da actividade administrativa

a unha ordenación formal preestablecida respondendo a unha dobre finalidade: de garantía dos intereses públicos de oportunidade

e legalidade dos actos, así como dos dereitos e intereses dos particulares.

Dentro do procedemento administrativo, os actos de instrución han de ser os necesarios para a determinación, o coñecemento

e a comprobación dos feitos en virtude dos cales deba pronunciarse a resolución (artigo 75.1 da LPAC).

No caso concreto dos procedementos de responsabilidade patrimonial, o artigo 81.1 da LPAC prevé, como trámite preceptivo,

a solicitude de informe ao servizo cuxo funcionamento teña ocasionado a presunta lesión indemnizable.

Como este Consello Consultivo ten posto de manifesto en anteriores ocasións (así, por exemplo, CCG 643/2014, CCG 222/2015,

CCG 262/2015, CCG 451/2015 ou os máis recentes CCG 6/2019, CCG 90/2019, CCG 28/2021 ou CCG 91/2022), o referido informe de servizo ten un contido singular, derivado da súa disímil natureza respecto dos informes clínicos,

por ser emitido no seo dun procedemento administrativo, preordenado a dirimir -de ordinario- a reclamación suscitada por un

particular, o que presupón a necesidade dunha análise da asistencia sanitaria prestada dende unha óptica distinta á que corresponde

aos profesionais da medicina no curso da prestación da dita asistencia, sendo necesario que nel se conteña unha resposta razoada

sobre aquelas imputacións nas que a persoa reclamante pretende sustentar a súa pretensión indemnizatoria, realizando, polo

miúdo, as consideracións que procedan en torno á asistencia sanitaria controvertida.

Cómpre así mesmo recordar que, aínda que, con carácter xeral, a proba do dano e da súa vinculación co servizo público corresponde

a quen reclama a reparación daquel, a actividade que desenvolve a Administración está presidida polo interese xeral, obxectividade

e imparcialidade, o que supón a introdución de variantes ou modulacións daquela regra xeral, debendo a Administración desprenderse

de calquera actitude pasiva que impida o cabal coñecemento dos feitos polos que poida atender ou rexeitar, nun acto motivado,

as pretensións dos particulares (por todos, acordos de devolución CCG 656/2013, CCG 760/2013, CCG 314/2014, CCG 204/2015,

CCG 318/2016, CCG 28/2021 ou CCG 91/2022).

Sentado o anterior, no presente caso resulta necesario completar a instrución nos termos que se pasan a indicar.

Terceiro.

En primeiro lugar, no expediente remitido advírtese que a historia clínica relacionada coa asistencia sanitaria controvertida

non está completa, pois non constan as anotacións do curso clínico correspondentes ás consultas externas da doente no Servizo

de Traumatoloxía do Hospital Público da Mariña (anotacións que, sen embargo, si son citadas na proposta de resolución).

O Consello Consultivo ten salientado en varias ocasións (por todos, acordos de devolución CCG 211/2021 e CCG 140/2022) como a historia clínica constitúe un elemento relevante para a análise do asunto que compete realizar a este órgano consultivo

(ademais de tratarse dunha proba expresamente solicitada neste caso pola interesada no escrito inicial de reclamación).

Procede, en consecuencia, incorporar ao expediente esa parte da historia clínica.

Cuarto.

En segundo lugar, a proposta de resolución fundamenta o seu sentido desestimatorio da reclamación tanto na prescrición do

dereito a reclamar como na inexistencia de relación de causalidade entre os danos reclamados e a actuación do servizo público

de saúde así como na falta de acreditación de mala praxe e de falta de información.

Pois ben, comezando pola prescrición, ha de partirse de que, acordo co artigo 67.1 da LPAC:

?1. Os interesados soamente poderán solicitar o inicio dun procedemento de responsabilidade patrimonial cando non prescribise

o seu dereito a reclamar. O dereito a reclamar prescribirá ao ano de producido o feito ou o acto que motive a indemnización

ou se manifeste o seu efecto lesivo. En caso de danos de carácter físico ou psíquico ás persoas, o prazo comezarase a computar

desde a curación ou a determinación do alcance das secuelas?.

Conforme reiterada doutrina xurisprudencial existente na materia e seguida por este órgano consultivo, a determinación do

?dies a quo? para o cómputo do prazo de prescrición parte da teoría da ?actio nata?, baseada nun completo coñecemento das consecuencias danosas e que, no caso de lesións e secuelas, sitúase no momento no

que se coñeza o seu alcance, tal e como expresamente dispón o artigo 67.1 LPAC (neste sentido, entre outras, a STS do 11.6.2012,

Rec. 2643/2010).

A maior abastanza, para que se entenda producida a determinación do alcance das secuelas non é necesario que estas sexan perfectamente

uniformes e homoxéneas no tempo, pois o Tribunal Supremo ten apreciado o inicio do cómputo do prazo de prescrición cando se

coñecen as secuelas dunha doenza ?aunque en los aspectos no esenciales de la enfermedad, la evolución puede ser más o menos gravosa? (STS do 3.10.2014, Rec. 3957/2012). O relevante, pois, é determinar o momento no que as manifestacións esenciais da enfermidade

e as secuelas que esta indefectiblemente leva consigo poden reputarse como efectivamente constatadas, de modo que as persoas

afectadas poidan xa exercitar o seu dereito a reclamar ao considerarse completados os elementos fácticos e xurídicos que permiten

deducir a acción (STS do 6.5.2015, Rec. 2099/2013).

Ese coñecemento dependerá dos datos existentes e de que estes sirvan para determinar que a lesión ou secuela se ten consolidado

e sexa posible coñecer o alcance real do dano que se reclama. A determinación de cando se produce esta circunstancia e, polo

tanto, cando é posible exercitar a acción, comezando o cómputo do prazo de prescrición, depende das circunstancias de cada

caso en concreto e das probas practicadas (por todas, STS do 20.12.2013, Rec. 4606/2012, e STS do 27.5.2016, Rec. 3483/2014,

e as que nelas se citan).

Para estes efectos a xurisprudencia ten establecido a distinción entre danos continuados, que como tales non permiten coñecer

aínda os efectos definitivos dunha lesión e nos que, polo tanto, o "dies a quo" será aquel en que ese coñecemento se alcance; e danos permanentes, que aluden a lesións irreversibles e incurables aínda

que non intratables, cuxas secuelas resultan previsibles na súa evolución e na súa determinación, sendo polo tanto cuantificables,

polo que ?los tratamientos paliativos o de rehabilitación ulteriores o encaminados a obtener una mejor calidad de vida, o a evitar

eventuales complicaciones en la salud, o a obstaculizar la progresión de la enfermedad, no enervan la realidad de que el daño

ya se manifestó con todo su alcance? (por todas, SSTS do 26.2.2013, Rec. 367/2011, e do 28.11.2017, Rec. 2552/2015, e as que nela se citan). A contrario sensu, os tratamentos ulteriores si terán influencia no inicio do cómputo do prazo de prescrición se resultan necesarios para a

determinación do alcance definitivo das secuelas.

Para rematar con estas consideracións xerais procede recordar a doutrina xurisprudencial, favorable ao principio pro actione, que impón interpretar restritivamente a prescrición, ao non estar baseada en principios de estrita xustiza, senón de seguridade

xurídica e de presunción de abandono do exercicio do dereito (por todas, SSTS do 14.3.2007, Rec. 262/2000; do 6.5.2009, Rec.

292/2005; ou do 24.5.2010, Rec. 644/2006), pero sen que iso supoña que o prazo quede indefinidamente aberto. Como recordan,

entre outras, as SSTS 30.6.2009, rec. 1859/2005, e do 21.6.2011, rec. 4586/2009: "el seguimiento de una lesión de carácter permanente, mediante los correspondientes controles, no altera el momento de determinación

de tales lesiones y secuelas, y no puede entenderse ilimitadamente abierto el plazo de reclamación a resultas de las sucesivas

visitas de control que no responden a la agravación o aparición de padecimientos distintos de los previstos al establecer

el alcance de los mismos y sus secuelas". Ha de estarse, polo tanto, ?al momento en el que se concreta el alcance de las secuelas, pues el carácter crónico o continuado de la enfermedad no impide

conocer en un determinado momento de su evolución su alcance y secuelas definitivas o al menos de aquellas cuya concreta reparación

se pretende? (STS do 31.5.2011, Rec. 7011/2009, con cita de sentenzas previas).

Tendo en conta a doutrina xurisprudencial exposta, neste caso na proposta de resolución considérase como dies a quo do cómputo do prazo de prescrición o 18.11.2014 que é a data na que a doente foi dada de alta en Rehabilitación logo da intervención

cirúrxica de implantación da prótese de cadeira, estimando que as revisións posteriores a aquela data non inciden naquel cómputo.

Ha de partirse de que, neste caso, como resulta dos antecedentes deste acordo, os danos nos que se fundamenta a reclamación

veñen constituídos polos problemas de mobilidade, a coxeira e o notable agravamento da dor que obriga á reclamante a camiñar

cun bastón e que a interesada considera que derivan dunha defectuosa asistencia sanitaria na práctica da intervención do 5.6.2014

e no seguimento posterior.

Polo tanto, conforme o antes exposto, para os efectos de determinación do dies a quo do cómputo do prazo de prescrición debe terse en conta o momento no que cabe situar a efectiva constatación e coñecemento

pola interesada do alcance dos danos que reclama.

Sobre esta base, como se indicou antes, no expediente remitido a este órgano consultivo non figuran as anotacións do curso

clínico de consultas externas de Traumatoloxía do Hospital Público da Mariña, que poden subministrar elementos relevantes

para estes efectos. Ademais, da historia clínica que si está incorporada se desprende que, con posterioridade á alta en Rehabilitación

en novembro de 2014 (data na que a interesada tiña ?movilidad completa, fuerza conservada, dismetría? e se indicou que ?puede dejar el bastón?), a doente presentou en consultas posteriores, en 2015 e 2016, dor á mobilización da cadeira, dor á palpación na coxa e

dor sobre trocánter maior. Foi sometida a probas por tal causa e tamén a posteriores consultas e probas debido a un cadro

de dor máis xeneralizado. Os últimos datos da historia clínica anteriores á formulación da reclamación (de 2020 e principios

de 2021) mostran que, logo de ser valorada por Reumatoloxía, e cos diagnósticos de ?Poliartroalgias, artrodesis lumbar, PTC D, Sacroileítis? e síndrome miofascial asociado, a doente foi remitida de novo desde Traumatoloxía a Rehabilitación, e, na consulta deste

último servizo, do 24.2.2021, preveuse como plan programar rehabilitación no hospital ?como paciente crónico?.

O anterior determina que neste caso non resulte claro que, como pretende a proposta de resolución, a evolución experimentada

pola doente con posterioridade á alta do 18.11.2014 e as consultas e probas posteriores a esta data ás que foi sometida carezan

de incidencia na determinación do dies a quo do cómputo do prazo de prescrición.

En consecuencia, de cara a analizar a posible prescrición do dereito a reclamar, é necesario contar cun criterio técnico sobre

o momento no que cabe situar a estabilización lesional, isto é, o momento no que cabe entender que os padecementos da interesada

nos que se basea a reclamación -consistentes en importantes problemas de mobilidade, coxeira e notable agravamento da dor

que lle obriga a camiñar cun bastón- foron previsibles na súa evolución e na súa determinación, de modo que a doente puido

coñecer o seu alcance real. Debe, pois, solicitarse unha ampliación do informe do Servizo de Traumatoloxía do Hospital Público

da Mariña para os efectos de que se pronuncie sobre este extremo.

Quinto.

Xunto ao anterior, e tal e como se adiantou antes, o sentido desestimatorio da proposta tamén se fundamenta na inexistencia

de relación de causalidade entre os danos reclamados e a actuación do servizo público de saúde así como na falta de acreditación

de mala praxe e de falta de información.

Pois ben, na reclamación que nos ocupa se reprocha que, como consecuencia da intervención practicada o 5.6.2014 e do deficiente

seguimento posterior, a interesada sofre un ?notable agravamiento? da dor, padecementos que cualifica de ?muy superiores a los previos a la intervención quirúrgica?. Engade a reclamante que non foi debidamente informada dos riscos de implantación da prótese.

No informe do Servizo de Reumatoloxía do Hospital Público da Mariña que se emitiu no curso da instrución do procedemento,

sinálase:

?Por lo referido por la paciente la clínica de dolores generalizados comenzó 7-8 años antes de la valoración por Reumatología

que fue el 10/02/2020. La intervención de la Prótesis de Cadera se realiza el 05/06/14 lo cual me hace pensar que dicha intervención

no fuese el desencadenante del dolor generalizado, es posible que lo acentuase.?

E a propia proposta de resolución prevé que as dores que presenta a reclamante ?non son debidos (sic) na súa totalidade á prótese de cadeira?.

Do anterior resulta que, para unha completa análise dos reproches formulados pola reclamante, é necesario que se clarexe,

a través dunha ampliación do informe do Servizo de Traumatoloxía do Hospital Público da Mariña, se a intervención de cadeira

á que foi sometida a reclamante o 5.6.2014 pode ser determinante, aínda que só sexa nunha parte, do incremento da dor que

a paciente xa tiña antes da intervención e, en caso afirmativo, se esa acentuación da dor previa constituía neste caso un

risco personalizado da intervención do que debeu ser informada a doente.

Sexto.

Unha vez completadas as actuacións nos termos indicados nos fundamentos precedentes, deberá darse trámite de audiencia e,

posteriormente, ditarse unha nova proposta de resolución na que se dea resposta motivada a todas as cuestións suscitadas na

reclamación. E a proposta de resolución que se formule deberá ser remitida, xunto co resto do expediente, a este órgano consultivo

para a emisión do ditame preceptivo.

Para a emenda do observado, e de conformidade co indicado no artigo 34.4 do Regulamento de organización e funcionamento deste

órgano, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, procédese á devolución do expediente ao organismo de procedencia, concedéndose

para tal fin un prazo de dous meses, a contar desde a recepción do presente acordo.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Delitos al volante. Paso a paso
Disponible

Delitos al volante. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

16.15€

15.34€

+ Información

La contaminación del medio ambiente
Disponible

La contaminación del medio ambiente

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información