Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 020 de 07 de junio de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...io de 2023

Última revisión
21/07/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 020 de 07 de junio de 2023

Tiempo de lectura: 69 min

Tiempo de lectura: 69 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 07/06/2023

Num. Resolución: 020


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por M., por mor dos danos e perdas sufridos como consecuencia do tratamento dunha artrose primaria unilateral na cadeira dereita no Hospital Universitario Lucus Augusti

Organismo:

Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado:

Salgueiro Moreira

Propuesta:

Desestimatoria

Conclusion:

Favorable

Relator:

Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- O 5.8.2021 M. presentou unha reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos derivados da asistencia sanitaria prestada

logo de serlle diagnosticada unha coxartrose dereita.

En concreto, a reclamante afirma que, desde pouco tempo despois da implantación, o 5.6.2014, dunha prótese total de cadeira,

xa presentou fortes dores na cadeira dereita, na coxa dereita e sobre o trocánter maior. Se ben se realizaron dúas gammagrafías

óseas en 2015 e 2016, persistiron os padecementos (que cualifica de moi superiores aos previos á intervención cirúrxica),

a pesar do cal non se realizaron máis probas para desbotar de xeito definitivo e concluínte a ausencia de afrouxamento da

prótese. Ademais, estima que a sintomatoloxía dolorosa que presentou en sucesivas revisións debeu levar á sospeita da existencia

dunha posible contaminación por metais e a realizar as determinacións de ións metálicos. Tamén reprocha que non foi suficientemente

informada dos riscos específicos que podía sufrir como consecuencia do tipo de prótese implantada.

Conclúe que existiu unha deficiente atención por parte do Servizo de Traumatoloxía do Hospital Público da Mariña na intervención

cirúrxica do 5.6.2014 e no seguimento posterior, como consecuencia da cal na actualidade ten importantes problemas de mobilidade,

sufrindo coxeira e un notable agravamento da dor que lle obriga a camiñar cun bastón.

Solicita unha indemnización na contía de 100.000,00 ?.

2.- Logo da formulación dun requirimento de emenda, o 1.7.2022 formulouse proposta de ?inadmisión da reclamación, por desistencia tácita da interesada, de acordo co contemplado no artigo 68.1 da Lei 39/2015, de

1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.?

Remitido o expediente a este órgano consultivo, o 24.8.2022 emitiuse o ditame CCG 259/2022, en sentido desfavorable.

3.- Instruído o procedemento, deuse trámite de audiencia á reclamante. Con ocasión do dito trámite, a persoa instrutora puxo

de manifesto ademais a posible prescrición do dereito a reclamar.

A interesada non formulou alegacións.

4.- O 2.1.2023 formulouse a proposta de resolución, en sentido desestimatorio da reclamación.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade, tendo entrada neste organismo o día 19.1.2023.

6.-O 15.2.2023, a Sección de Ditames deste Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ao abeiro do previsto no artigo

34.4 do Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18

de xuño, acordou devolver o expediente, para que se completasen as actuacións nos termos requiridos no acordo.

7.- O expediente tivo de novo entrada neste Consello Consultivo o 24.5.2023. Entre a documentación enviada figura unha nova proposta de resolución, do 15.5.2023, en sentido desestimatorio da reclamación.

8.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das

administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do

24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo

Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración autonómica

de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións

públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, pola Lei 39/2015, do

1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), nos aspectos procedementais,

e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP), nos aspectos

substantivos.

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas,

quedando constancia no expediente remitido da realización dos actos de instrución necesarios, da concesión do trámite de audiencia

á parte reclamante e da formulación da correspondente proposta de resolución.

Terceira.

No que atinxe aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións

públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia, e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello

Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo

do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo, avaliable economicamente e individualizado nunha

persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración configúrase como unha responsabilidade

obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden destacarse catro acoutacións:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP).

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP).

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran prever ou evitar segundo o estado

dos coñecementos da ciencia ou da técnica existentes no momento de produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutros de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima ou o feito de terceiro (recollidos en incontables

pronunciamentos do Tribunal Supremo como, entre outros, os contidos na súa sentenza do 27.7.2002, rec. 4012/1998, ou a do

19.6.2007, rec. 10231/2003, e nas que nela se citan). Así, é doutrina xurisprudencial consolidada a que sostén a exoneración

de responsabilidade para a Administración, a pesar do carácter obxectivo desta, cando é a conduta da propia persoa prexudicada

ou a dunha terceira persoa a única determinante do dano producido. Agora ben, non queda excluída a responsabilidade patrimonial

da Administración nos casos nos que na produción do evento danoso concorre a intervención da Administración xunto coa da vítima

ou dunha terceira persoa, recoñecéndose nestes supostos a posibilidade de apreciar unha concorrencia de culpas para mitigar

o quantum indemnizatorio (por todas, STS do 28.4.2009, rec. 7836/2004, ou do 17.6.2011, rec. 4881/2007).

Ao exposto cabe engadir a consolidada liña xurisprudencial, recollida, entre outras, na STS do 15.3.2018, rec. 1016/2016,

e nas que nela se citan, conforme a cal nas reclamacións derivadas de prestacións sanitarias non resulta suficiente a existencia

dunha lesión (que levaría a responsabilidade obxectiva máis aló dos límites do razoable), senón que é preciso acudir ao criterio

da lex artis como modo de determinar cal é a actuación médica correcta, independentemente do resultado producido na saúde ou na vida do

enfermo, xa que non é posible nin á ciencia nin á Administración garantir, en todo caso, a sanidade ou a saúde do paciente.

Para rematar con estas consideracións xerais procede lembrar finalmente que é desde unha perspectiva ex ante da asistencia sanitaria desde a que se debe examinar a prestación de medios, por ser a que se corresponde coa que teñen a

disposición os profesionais da medicina cando realizan tal prestación. En efecto, como se indicou, entre outros, nos ditames

CCG 198/2015, CCG 10/2018, CCG 23/2019 ou no máis recente CCG 30/2021, en sede de responsabilidade patrimonial da Administración

por defectuosa asistencia sanitaria non é factible cuestionarse o diagnóstico inicial ou a inadecuación dun tratamento dun

paciente se o reproche se realiza exclusivamente fundándose na súa evolución posterior. É dicir, non é posible soster a insuficiencia

de probas diagnósticas, o erro ou atraso diagnóstico ou a inadecuación do tratamento, só mediante unha regresión a partir

do desgraciado curso posterior seguido pola doente, xa que a devandita valoración ha de efectuarse segundo as circunstancias

no momento no que tiveron lugar. En suma, é a situación de diagnóstico actual a que determina a decisión médica adoptada,

valorando se, conforme aos síntomas do paciente, se puxeron á súa disposición as exploracións diagnósticas indicadas e acordes

a eses síntomas, non sendo válido, pois, que a partir do diagnóstico final se considere as que puideron poñerse se naquel

momento eses síntomas non se daban.

Cuarta.

Na proposta de resolución sometida a ditame proponse a desestimación da reclamación por prescrición do dereito a reclamar

e tamén pola inexistencia de relación de causalidade e pola falta de acreditación da mala praxe e do déficit de información

aducidos pola reclamante.

Ao apreciarse na proposta a existencia de prescrición procede analizar en primeiro lugar este extremo pois, de apreciarse

a súa existencia, non será necesario abordar o fondo do asunto (así, entre outros, ditames CCG 235/2018, CCG 346/2018, CCG

4/2019 ou os máis recentes CCG 336/2020 ou CCG 49/2021).

A análise do requisito da vixencia do dereito a reclamar esixe partir do disposto no artigo 67.1 da LPAC, parágrafo primeiro,

conforme o cal:

?1. Os interesados soamente poderán solicitar o inicio dun procedemento de responsabilidade patrimonial cando non prescribise

o seu dereito a reclamar. O dereito a reclamar prescribirá ao ano de producido o feito ou o acto que motive a indemnización

ou se manifeste o seu efecto lesivo. En caso de danos de carácter físico ou psíquico ás persoas, o prazo comezarase a computar

desde a curación ou a determinación do alcance das secuelas?.

Conforme á doutrina xurisprudencial, seguida por este órgano consultivo, a determinación do ?dies a quo? para o cómputo do prazo de prescrición, nos casos, como o presente, de danos de carácter físico, parte da teoría da ?actio nata?, que se basea nun completo coñecemento das consecuencias danosas e que, no caso de lesións e secuelas, sitúase no momento

no que se coñeza o seu alcance, tal e como expresamente dispón o artigo 67.1 da LPAC. Neste sentido, recorda, entre outras,

a STS do 11.6.2012, rec. 2643/2010, que:

?[...] esta Sala viene «proclamando hasta la saciedad (sentencias de 8 de julio de 1993 , 28 de abril de 1997, 14 de febrero

y 26 de mayo de 1994, 26 de octubre de 2000 y 11 de mayo de 2001), que "el "dies a quo" para el ejercicio de la acción de

responsabilidad patrimonial será aquel en que se conozcan definitivamente los efectos del quebranto" (Sentencia de 31 de octubre

de 2000), o, en otros términos "aquel en que se objetivan las lesiones con el alcance definitivo de las secuelas, siendo de

rechazar con acierto la prescripción, cuando se pretende basar el plazo anual en la fecha del diagnóstico de la enfermedad

(Sentencia de 23 de julio de 1997) [...]?.

Por maior abastanza, para que se entenda producida a determinación do alcance das secuelas non é necesario que estas sexan

perfectamente uniformes e homoxéneas no tempo, pois o Tribunal Supremo ten apreciado o inicio do cómputo do prazo de prescrición

cando se coñecen as secuelas dunha doenza ?aunque en los aspectos no esenciales de la enfermedad, la evolución puede ser más o menos gravosa? (STS do 3.10.2014, rec. 3957/2012). O relevante, pois, é determinar o momento no que as manifestacións esenciais da enfermidade

e as secuelas que esta indefectiblemente leva consigo poden reputarse como efectivamente constatadas, de modo que as persoas

afectadas poidan xa exercitar o seu dereito a reclamar ao considerarse completados os elementos fácticos e xurídicos que permiten

deducir a acción (STS do 6.5.2015, rec. 2099/2013).

Ese coñecemento dependerá dos datos existentes e de que estes sirvan para determinar que a lesión ou secuela se ten consolidado

e sexa posible coñecer o alcance real do dano que se reclama. A determinación de cando se produce esta circunstancia e, polo

tanto, cando é posible exercitar a acción, comezando o cómputo do prazo de prescrición, depende das circunstancias de cada

caso en concreto e das probas practicadas (por todas, STS do 20.12.2013, rec. 4606/2012, e STS do 27.5. 2016, rec. 3483/2014,

e as que nelas se citan). Para estes efectos a xurisprudencia ten establecido a distinción entre danos continuados, que como

tales non permiten coñecer aínda os efectos definitivos dunha lesión e nos que, polo tanto, o "dies a quo" será aquel no que ese coñecemento se alcance; e danos permanentes, que aluden a lesións irreversibles e incurables aínda

que non intratables, cuxas secuelas resultan previsibles na súa evolución e na súa determinación, sendo polo tanto cuantificables,

polo que ?los tratamientos paliativos o de rehabilitación ulteriores o encaminados a obtener una mejor calidad de vida, o a evitar eventuales

complicaciones en la salud, o a obstaculizar la progresión de la enfermedad, no enervan la realidad de que el daño ya se manifestó

con todo su alcance? (por todas, SSTS do 26.2.2013, rec. 367/2011, e do 28.11.2017, rec. 2552/2015, e as que nela se citan).

Para rematar con estas consideracións xerais procede recordar a doutrina xurisprudencial, favorable ao principio pro actione, que impón interpretar restritivamente a prescrición, ao non estar baseada en principios de estrita xustiza, senón de seguridade

xurídica e de presunción de abandono do exercicio do dereito (por todas, SSTS do 14.3.2007, rec. 262/2000; do 6.5.2009, rec.

292/2005; ou do 24.5.2010, rec. 644/2006), pero sen que iso supoña que o prazo quede indefinidamente aberto. Como recordan,

entre outras, as SSTS 30.6.2009, rec. 1859/2005, e do 21.6.2011, rec. 4586/2009: ?el seguimiento de una lesión de carácter permanente, mediante los correspondientes controles, no altera el momento de determinación

de tales lesiones y secuelas, y no puede entenderse ilimitadamente abierto el plazo de reclamación a resultas de las sucesivas

visitas de control que no responden a la agravación o aparición de padecimientos distintos de los previstos al establecer

el alcance de los mismos y sus secuelas?. Ha de estarse, polo tanto, ?al momento en el que se concreta el alcance de las secuelas, pues el carácter crónico o continuado de la enfermedad no impide

conocer en un determinado momento de su evolución su alcance y secuelas definitivas o al menos de aquellas cuya concreta reparación

se pretende? (STS do 31.5.2011, rec. 7011/2009, con cita de sentenzas previas).

Quinta.

Trasladando as anteriores consideracións ao presente caso, ha de partirse de que os danos nos que se fundamenta a reclamación

veñen constituídos polos problemas de mobilidade, a coxeira e o notable agravamento da dor (aludindo especificamente a reclamación

á dor na cadeira, coxa e trocánter maior dereitos) que obrigan á reclamante a camiñar cun bastón e que a interesada considera

que derivan dunha defectuosa asistencia sanitaria na práctica da intervención do 5.6.2014 e no seguimento posterior; secuelas

que seguía padecendo, seguindo refire a reclamante, cando presentou a reclamación, o 5.8.2021.

Polo tanto, conforme ao antes exposto, para os efectos de determinación do dies a quo do cómputo do prazo de prescrición debe terse en conta o momento no que cabe situar a efectiva constatación e coñecemento

pola interesada do alcance dos danos que reclama, sen que o mero feito de que tales padecementos persistan no momento no que

presentou a reclamación e de que a doente continúe a seguimento en consultas externas de Traumatoloxía determine necesariamente

que naquel momento o dereito a reclamar estivera vixente.

Pois ben, da historia clínica incorporada ao expediente despréndese que, logo da intervención do 5.6.2014, a reclamante seguiu

controis en consultas externas de Traumatoloxía nas que referiu dor (consultas do 9.7.2014 e do 19.9.2014) polo que, ante

a mala evolución, foi derivada a Rehabilitación. Iniciou o tratamento rehabilitador o 9.10.2014, experimentando melloría (consultas

de Traumatoloxía do 14.10.2014 e do 11.12.2014).

Recibiu a alta en Rehabilitación o 18.11.2014; data na que a interesada tiña ?movilidad completa, fuerza conservada, dismetría? e se indicou que ?puede dejar el bastón?.

Sen embargo, con posterioridade, en consultas externas de Traumatoloxía de 2015, 2016 e 2017, a doente presentou molestias

e dor á mobilización na cadeira dereita e tamén dor na coxa dereita e sobre trocánter maior. Foi sometida a probas por tal

causa.

As últimas referencias específicas a dor e molestias nestas zonas que constan nas anotacións do curso clínico de consultas

externas de Traumatoloxía son as correspondentes ás consultas do 18.6.2018 e do 11.7.2019 nas que non se reflicten cambios

(?Dolor a la mov de cadera, igual que siempre?; ?Cadera D sin cambios respecto a exploraciones previas?).

Consta, non obstante, que a doente presentou múltiples alxias articulares (isto é, non estritamente só na cadeira, coxa e

trocánter dereitos) polo que foi derivada a Reumatoloxía ?para descartar proceso reumático de base? (anotación correspondente á consulta externa de Traumatoloxía do 26.11.2019).

Foi valorada polo dito Servizo de Reumatoloxía o 10.2.2020 chegándose nesa consulta aos diagnósticos de:

- Lumbalxia crónica de ritmo mecánico-postural en doente con cirurxía lumbar logo de atropelo.

- Cambios dexenerativos en sacroilíacas.

- Coxartrose esquerda. Dismetría en membros inferiores.

- Síndrome miofascial asociado.

- Tabaquismo activo.

Segundo consta na correspondente anotación do curso clínico, nesa consulta do 10.2.2020 déronselle á doente ?explicaciones pertinentes?, fixéronselle recomendacións, pautóuselle medicación e déuselle a alta nese servizo con seguimento en Atención Primaria.

Ademais, no informe do Servizo de Reumatoloxía do 11.11.2022, emitido no curso da instrución, sinálase, en relación coa clínica de dor xeneralizada pola que a doente foi derivada a ese

servizo, o seguinte:

?(...) 1. Por lo referido por la paciente la clínica de dolores generalizados comenzó 7-8 años antes de la valoración por

Reumatología que fue el 10/02/2020. La intervención de la Prótesis de cadera se realiza el 05/06/14 lo cual me hace pensar

que dicha intervención no fuese el desencadenante del dolor generalizado, es posible que lo acentuase.

2. El dolor generalizado (ambos lados del cuerpo, por encima y por debajo de la cintura) en primera instancia no estaría justificado

por la intervención de la cadera (justificaría dolores en cadera y miembro inferiores, no en los hombros, codos o cuello por

ejemplo).

3. Al acompañarse con clínica de astenia, trastornos del sueño y ansiedad sin encontrar causas en la anamnesis ni en los exámenes

paraclínicos que justifiquen el dolor generalizado, se asocia el Diagnóstico de Dolor miofascial/Centralización del dolor.

Este es un cuadro en ocasiones asociado a desencadenantes dolorosos que, de momento no tiene cura, el diagnóstico es clínico

y su manejo es fundamentalmente sintomático. Ante un cuadro de dolor generalizado se suele referir a los pacientes al reumatólogo

para realizar los diagnósticos diferenciales. Una vez diagnosticado se suele ajustar la analgesia, dar recomendaciones de

ejercicios de estiramiento y bajo impacto y el seguimiento y ajuste del tratamiento sintomático del dolor suele ser realizado

por el Médico de Cabecera, motivo por el cual, se suele dar el alta en la primera consulta como de hecho ocurrió (...)?.

Nas anotacións correspondentes ás consultas externas de Traumatoloxía e de Atención Primaria posteriores a esa data do 10.2.2020

non se reflicte un agravamento nin ningunha outra variación substancial no cadro de dor xeneralizado nin nas limitacións de

mobilidade previas, como tampouco a prescrición de tratamentos ou medidas que poidan ter influencia no cómputo do prazo de

prescrición nos termos antes expostos (neste sentido, aínda que a doente foi derivada de novo a Rehabilitación, foi na condición

de doente crónica, como resulta da correspondente anotación do curso clínico deste servizo, do 24.2.2021). Do anterior resulta

que a atención sanitaria posterior ao 10.2.2020 non foi necesaria para que a reclamante adquirira pleno coñecemento do alcance

dos padecementos nos que funda a súa reclamación.

Tendo en conta os anteriores datos que resultan do expediente, a aplicación da doutrina xurisprudencial sobre a prescrición

do dereito a reclamar antes exposta determina que, mesmo na hipótese máis favorable para a reclamante -consistente en atender

á estabilización do cadro de dor xeneralizada (e non só estritamente de dor na cadeira, coxa e trocánter dereitos) -, non

podería situarse o dies a quo do cómputo do prazo de un ano máis alá do 10.2.2020 (data da alta no Servizo de Reumatoloxía, á que antes se aludiu). E iso

porque, con posterioridade a esta data, non consta unha evolución clínica que permita dilatar o inicio do prazo de prescrición

do dereito a reclamar polos danos nos que se funda a reclamación, sen que, como se advertiu antes, o prazo de prescrición

poida quedar aberto de maneira indefinida.

En definitiva, nesa data do 10.2.2020 as manifestacións esenciais dos padecementos nos que se funda a reclamación poden reputarse

como efectivamente constatadas, de modo que a reclamante puido exercitar o seu dereito a reclamar, ao non terse producido,

con posterioridade, cambios nin ?nuevas secuelas? derivadas da asistencia sanitaria controvertida que sexan obxecto de reclamación e que ?se presenten con una conexión intensa y directa (...), con un alto nivel de previsibilidad, y surgidas en un plazo temporal

razonable? (STS do 10.5.2017, rec. 202/2016; sentenza que engade como ?en modo alguno, el legislador ha previsto (...) un sistema abierto y evolutivo que, de forma constante, permanente y sin cierre

temporal, module las indemnizaciones en paralelo a la posible evolución de las secuelas diagnosticadas, debiendo estarse,

pues, al diagnóstico considerado como definitivo?).

Do ata aquí exposto resulta que, cando a interesada presentou a reclamación, o 5.8.2021, xa tería transcorrido o prazo de

prescrición de un ano do artigo 67.1 da LPAC.

Procede, en consecuencia, emitir un parecer favorable á desestimación da reclamación por prescrición, ao terse apreciado a

súa existencia logo de instruído o procedemento sen que sexa necesario, conforme o antes exposto, realizar unha análise da

concorrencia dos restantes requisitos da responsabilidade patrimonial da Administración (por todos, CCG 336/2020 ou CCG 360/2020

e os ditames que nel se citan).

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria da reclamación á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Conflictos de competencia en torno al medicamento
Disponible

Conflictos de competencia en torno al medicamento

V.V.A.A

25.50€

24.23€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Delitos al volante. Paso a paso
Disponible

Delitos al volante. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

16.15€

15.34€

+ Información

La contaminación del medio ambiente
Disponible

La contaminación del medio ambiente

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información