Dictamen de Consello Cons...ro de 2019

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 011 de 06 de febrero de 2019

Tiempo de lectura: 27 min

Tiempo de lectura: 27 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 06/02/2019

Num. Resolución: 011


Cuestión

Caducidade concesións administrativas

Resumen

Resolución expediente de caducidade da concesión administrativa outorgada a C., S.A., por resolución da Presidencia de Portos de Galicia do 15.12.2006 para a ocupación de dominio público portuario no Porto de Combarro (Poio) con destino a construción e explotación de instalacións para a navegación.

Organismo: Consellería do Mar (Xunta de Galicia)

Letrado: López Corral

Propuesta: Estimatoria

Conclusion: Non competencia

Relator: Sánchez Tato

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Por resolución da Presidencia de Portos de Galicia do 15.12.2006 outorgouse a C., S.A., concesión administrativa para ocupación

de dominio público portuario do Porto de Combarro con destino a construción e explotación de instalacións para a navegación

recreativa, por un prazo de 27 anos.

2.- Por resolución do presidente de Portos de Galicia do 25.6.2018 autorizouse a incoación de expediente de caducidade da concesión

por:

??incumprimento das condicións xerais 17ª y 19ª e da condición particular 8ª, por impago de liquidacións en concepto de taxas por prazo superior a 12 meses, e falla de aporte de documentación preceptiva

para liquidar taxa ACIS e tarifa X-5 o que é causa imperativa de caducidade pola concorrencia dos presupostos previstos na

condición xeral 43ª do título, apartados b) e k), e poden ser igualmente determinantes da concorrencia das causas de caducidade

imperativas previstas na condición xeral 43ª do título, apartados g) e k), pola existencia de autorización non autorizada

e/ou polo incumprimento de obrigas básicas ou decisorias para adxudicar o concurso no que atinxe a cesión dun local comprometida

ao concello de Poio?.

O expediente incoouse por acordo do instrutor do 2.7.2018, notificado á empresa concesionaria o 4.7.2018, que constitúe exacta reprodución, en canto aos seus antecedentes e motivación, do acordo de autorización

para a incoación do expediente de caducidade adoptado polo presidente de Portos de Galicia o 25.6.2018.

3.- Observouse o trámite de audiencia á empresa concesionaria e ao acredor hipotecario, formulándose con data 18.12.2018, a proposta

de resolución en sentido favorable á declaración de caducidade da concesión.

4.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo presidente de Portos

de Galicia, tendo entrada neste organismo con data 9.1.2019.

5.- O 29.1.2019, tivo entrada no rexistro deste órgano consultivo escrito remitido polo presidente de Portos de Galicia, co que

se xunta:

- Copia de escrito presentado pola concesionaria o 17.1.2019, consecuente á comunicación de remisión do expediente para ditame do Consello Consultivo de Galicia, facendo constar que non lle foron notificadas,

nin a resolución da Presidencia do 25.6.2018, autorizando o inicio do procedemento, nin a proposta de resolución deste, e

alegando indefensión.

- Copia do acordo adoptado o 28.1.2019 polo presidente de Portos de Galicia dando resposta ás referidas alegacións.

6.- Con data 31.1.2019, tivo entrada neste Consello Consultivo escrito da entidade C., S.A., no que solicita, de acordo co establecido

nos artigos 26 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia e 36 do Regulamento de organización e funcionamento

deste órgano, aprobado por Decreto 91/2015, do 18 de xuño, a concesión de trámite de audiencia.

CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TÉCNICAS

Primeira. Sométese a ditame deste Consello Consultivo unha proposta de resolución correspondente á declaración de caducidade dunha

concesión administrativa outorgada á entidade C., S.A.

O artigo 12.h) da Lei 3/12014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, establece a competencia deste órgano consultivo nos supostos de ?Nulidade, interpretación, modificación e extinción de concesións administrativas calquera que sexa o seu obxecto, nos casos

en que así o esixan as normas aplicables?.

Tal e como se entendeu, entre outros, nos ditames CCG 312/2016 e 328/2016, a remisión contida neste precepto debe entenderse efectuada ás normas especificamente aplicables á concesión de que se trate,

polo que a emisión de ditame do Consello Consultivo de Galicia só será preceptiva nos concretos supostos e nos estritos termos

previstos nelas.

Trasladando as anteriores consideracións ao presente caso, atopámonos ante unha concesión de ocupación de dominio público portuario, obxecto de regulación pola Lei 6/2017, do 12 de decembro, de Portos de

Galicia, cuxo artigo 90.2 regula o procedemento a seguir na tramitación dos expedientes de caducidade das concesións de que

se trata, nos seguintes termos:

?2. Para declarar a caducidade seguirase o seguinte procedemento, e deberase notificar a resolución expresa deste no prazo de seis meses desde o acordo de incoación:

a) Logo de constatar a existencia dalgún dos supostos referidos pola unidade instrutora correspondente de Portos de Galicia, incoarase o correspondente expediente de caducidade. O órgano competente para

resolver, ou o propio instrutor no caso de urxencia, poderá adoptar as medidas de carácter provisional que se estimen convenientes

para asegurar a eficacia da resolución que poida recaer, evitar os efectos derivados da concorrencia da causa que motiva a

incoación do expediente e salvagardar as exixencias derivadas dos intereses xerais. Isto poñerase en coñecemento da persoa

titular, que terá un prazo de dez días para formular as alegacións e achegar os documentos e as xustificacións que coide oportunos.

As medidas de carácter provisional poderán consistir na paralización inmediata das obras, na suspensión da actividade, do uso e da explotación das instalacións, mesmo co precinto en ambos os casos, na

prestación de garantías e en calquera outra medida que se estime axeitada, sempre que se axuste á intensidade, proporcionalidade

e necesidade dos obxectivos que se pretendan garantir en cada suposto concreto. Para lograr a efectividade de tales medidas,

Portos de Galicia demandará da autoridade gobernativa competente, cando sexa necesario, a colaboración da forza pública.

b) Ao presentar as alegacións ou transcorrer o prazo para levalas a cabo, a unidade instrutora ditará unha proposta de resolución, que con carácter previo á resolución será elevada xunto co resto do

expediente ao Consello Consultivo de Galicia, para a emisión do ditame preceptivo no caso de que se trate de concesións e

formule oposición o concesionario?.

Polo tanto, a preceptividade do ditame deriva de que ?formule oposición o concesionario?; circunstancia cuxa concorrencia non pode considerarse existente no presente caso, toda vez que, tanto nas alegacións efectuadas

con ocasión do trámite de audiencia que seguiu a notificación do acordo de incoación, mediante escrito presentado o 17.7.2018,

como no ulterior de data 31.10.2018, relativo ao pago parcial da débeda contraída pola referida mercantil co ente público,

a concesionaria limitouse a pór de manifesto a súa vontade de regularizar a súa situación; solicitándose no último deles a

concesión dun prazo adicional dun ano para resolver o financiamento preciso e liquidar definitivamente a débeda pendente.

Neste sentido pode traerse a colación o disposto, en relación cun suposto asimilable ao presente, na STSXG núm. 170/2015, do 19 de marzo (rec. 4549/2013), a teor da cal:

?(?) La parte actora alega como motivo impugnatorio, la nulidad del procedimiento administrativo al haberse omitido en el mismo la solicitud de dictamen del Consejo de Estado exigido por el

artículo 98.2 del Texto Refundido de la Ley de Puertos del Estado, aprobado por Real decreto legislativo 2/2011, de 5 de septiembre,

para aquellos supuestos de extinción de la concesión en los que se formule oposición por parte del concesionario. Sin embargo,

el examen del escrito de alegaciones formulado en vía administrativa por la ahora recurrente (folio 91 expdte.), revela que

no se formuló propiamente lo que mereciera ser considerado como verdadera oposición a la concurrencia de los motivos de caducidad

cuando resulta que la parte reconoce la falta de pago de tasas y la falta de reposición de garantía de explotación, en las

que se basa el expediente, lo explica por sus también reconocidas dificultades económicas, apunta la búsqueda de vías para

lograr una "solución adecuada a ambas partes" y en definitiva insta, "De acuerdo con lo anteriormente indicado, ruego sea

aceptado el presente escrito en tiempo y forma, así como efectuadas las anteriores manifestaciones a fin de que sean oídas

a la hora de resolver dicho expediente", de manera que ante la ausencia de real oposición a la concurrencia de los motivos

de caducidad, cabe compartir el criterio de la demandada respecto a la innecesaridad del trámite previsto para el caso de

efectiva oposición al respecto (?)?.

En virtude do exposto, non tratándose dun suposto de ditame preceptivo, cómpre apreciar a falta de competencia do Consello Consultivo de Galicia para ditaminar sobre a proposta de resolución remitida,

o que exime do exame das distintas cuestións que o expediente suscita.

Segunda.

O artigo 33.2 do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, sinala que: ?Unha vez aberto o expediente, e como trámite previo, en caso de observarse a falta manifesta de competencia do Consello,

por parte da Presidencia do Consello decidirase a devolución do expediente remitido e o arquivo do actuado ante o Consello,

sen máis trámite?.

Xa que logo, Portos de Galicia poderá continuar a tramitación do presente expediente, até a súa resolución, co obxecto de declarar a caducidade e determinar as consecuencias desta, sen que sexa preciso

incorporar o ditame deste órgano consultivo.

Á vista de todo o exposto, en aplicación da normativa legal vixente, e ao abeiro das facultades que o artigo 33.2 do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización

e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia atribúe a esta Presidencia.

RESOLVO

?Devolver o expediente de razón por mor da falta de competencia manifesta deste órgano consultivo para a emisión do ditame solicitado?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Comunicación e impugnación judicial del despido
Disponible

Comunicación e impugnación judicial del despido

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

La dicotomía del contrato de concesión para la prestación de servicios públicos
Disponible

La dicotomía del contrato de concesión para la prestación de servicios públicos

Guillermo García Rivera

13.60€

12.92€

+ Información

Sistema jurídico e instituciones de Andalucía
Disponible

Sistema jurídico e instituciones de Andalucía

V.V.A.A

51.00€

48.45€

+ Información

IVA y sector público. Paso a paso
Disponible

IVA y sector público. Paso a paso

V.V.A.A

17.00€

16.15€

+ Información

Compilación del Derecho Civil Foral de Navarra
Disponible

Compilación del Derecho Civil Foral de Navarra

Editorial Colex, S.L.

6.50€

6.17€

+ Información