Dictamen de Consello Cons...ro de 2020

Última revisión
09/02/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 011 de 05 de febrero de 2020

Tiempo de lectura: 28 min

Tiempo de lectura: 28 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 05/02/2020

Num. Resolución: 011


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por R., polos danos sufridos como consecuencia da hostilidade laboral dunha compañeira de traballo no centro educativo I.E.S. As Telleiras no Concello de Narón.

Organismo: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (Xunta de Galicia)

Letrado: López Corral

Propuesta: Desestimatoria

Conclusion: Favorable

Relator: Fernández Vázquez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 12.7.2019 R. dirixiu á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria unha reclamación de responsabilidade

patrimonial polos danos e perdas derivados da hostilidade laboral da que veu sendo obxecto, dende o ano 2015, por parte dunha

compañeira de traballo no centro educativo I.E.S. As Telleiras, no Concello de Narón.

A indemnización solicitada ascende a 37.155,43 ?.

2.- Instruído o correspondente expediente de responsabilidade patrimonial e concedida audiencia á parte reclamante, quen ratificou

a súa pretensión; con data 8.1.2020 formulouse unha proposta de resolución en sentido desestimatorio da reclamación.

3.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, pola señor conselleiro de

Educación, Universidade e Formación Profesional, tendo entrada neste organismo o día 9.1.2020.

4.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das Administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor

do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento

de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade

patrimonial da Administración autonómica de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2

da Constitución española, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

(en diante, LPAC) nos seus aspectos procedementais, e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico

do sector público (en diante, LRXSP).

Así, no que ao presente expediente se refire, cómpre dicir que as esixencias de orde procedemental, en xeral, foron cumpridas, sobre todo o esencial trámite de audiencia que permite aos interesados exercitar

as súas posibilidades de defensa no procedemento administrativo.

Terceira.

No que respecta aos aspectos de fondo hai que indicar que os principios que rexen a responsabilidade patrimonial das administracións públicas son o resultado dunha elaboración da doutrina e da xurisprudencia,

e teñen sido reiteradamente expostos polo Consello Consultivo.

Sinteticamente expostos, os presupostos mínimos para que xurda a responsabilidade patrimonial da Administración, partindo do principio de responsabilidade obxectiva e directa, son:

a) O dano producido no patrimonio dos particulares ten que ser efectivo e individualizado nunha persoa ou nun grupo de persoas.

b) O precitado dano ou lesión debe producir no patrimonio do particular lesionado un prexuízo antixurídico que este non teña

o deber de soportar.

c) O dano ou lesión patrimonial ten que gardar un nexo causal co funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

d) O dano non debe ser produto dunha situación de forza maior.

e) A reclamación ten que ser presentada polo particular interesado dentro do prazo legalmente establecido.

Xunto co anterior cabe indicar que a responsabilidade patrimonial da Administración se configura como unha responsabilidade obxectiva. Como máis significados lindes daquel principio xeral poden

destacarse catro acoutacións de formulación legal:

a) A forza maior (artigo 32.1 LRXSP).

b) A obriga xurídica de soportar o dano (artigo 32.1 e 34.1 LRXSP).

c) A non indemnizabilidade dos danos derivados de feitos e circunstancias que non se puideran evitar ou prever segundo o estado

da ciencia e a técnica existentes na produción daqueles (artigo 34.1 LRXSP), e

d) Aqueloutras de creación xurisprudencial, tales como a culpa da vítima e feito de terceiro (recollidas en incontables pronunciamentos

do Tribunal Supremo, entre outros, o contido na súa sentenza do 27.7.2002).

Cuarta.

A reclamación de referencia suscita unha pretensión de indemnización vinculada a unha situación que a parte reclamante cualifica de hostilidade laboral por parte dunha compañeira de traballo, que lle ocasionou

importantes danos psicolóxicos, e fronte á que, malia as reiteradas solicitudes formuladas en tal sentido, nin a Dirección

do centro, nin a Inspección educativa lle proporcionaron ningunha solución.

Pola conta, a proposta de resolución nega a consistencia de tales acusacións, particularmente na vista do informe do Servizo de Inspección Educativa, do 11.11.2019, que pon de manifesto como as constantes

queixas do Sr. R. motivaron a intervención do referido servizo mediante visitas, entrevistas co persoal, instrucións ao centro

e adopción doutras medidas que, a xuízo da instrutora, exceden da atención que debeu merecer este asunto, o cal tería xustificado,

segundo o seu criterio, o inicio de actuacións disciplinarias tendentes a por fin á polémica xurdida.

Pois ben, a respecto da situación de hostilidade aducida, hai que indicar que no ámbito dun servizo público, está certamente tipificado o acoso como un ilícito cometido por un empregado público que transcende

xuridicamente á esfera das normas de réxime disciplinario, constituíndo unha infracción administrativa, ou ben ao propio Código

Penal, aparecendo a figura do delito de acoso laboral.

Verbo de tal categorización cómpre sinalar que este Consello Consultivo ten declarado, en ditames sobre reclamacións vinculadas ao acoso na contorna na que unha persoa desempeña as súas ocupacións (vide, por todos, CCG 247/2016, 281/2016 ou 70/2019), e así o ten establecido, tamén, o Consejo de Estado (vide, entre outros, ditames núm. 158/2006, do 9 de marzo; 2.028/2006, do 1 de febreiro; 136/2008, do 13 de marzo, 1124/2008, do

9 de outubro, e 2112/2010, do 18 de novembro), que, sendo así que a consideración do acoso como unha conduta ilícita dun empregado

público ten o seu encadre na normativa do réxime disciplinario do sector público ou no propio Código Penal, a vía da responsabilidade

patrimonial da Administración pública non constitúe a canle axeitada para declarar a existencia dunha suposta conduta de acoso.

A respecto da inadecuación do procedemento de responsabilidade patrimonial para verificar a existencia dunha situación de acoso laboral, e en criterio trasladable ao caso que se analiza, o Consello Consultivo

de Galicia é taxativo en desbotar tal posibilidade (por todos, os CCG 70/2019 e CCG 492/2019). Nesta mesma liña o Consejo

de Estado, no seu ditame 2112/2010, do 18 de novembro, declara que: ?? la vía de la responsabilidad patrimonial no permite salvaguardar adecuadamente las garantías de contradicción y respeto de

las garantías procedimentales que han de observarse a la hora de analizar, examinar y evaluar las eventuales situaciones de

acoso laboral?.

Consecuentemente, este órgano consultivo entende que tampouco pode recoñecerse unha indemnización polo suposto prexuízo causado por tal conduta ilícita, cando a existencia desta non ten sido formalmente

declarada.

En sentido análogo pronúnciase o Tribunal Supremo, Sala do Contencioso Administrativo, Sección sexta, en sentenzas do 26.1.2009 e do 16.3.2010, se ben nesta última -e nalgunha sentenza posterior

(Sentenza do 24.1.2014)- o Tribunal Supremo entra a analizar o particular da existencia de acoso, ben que para desbotar, en

todo caso, a súa existencia.

En sentenza do 15.3.2011, o Tribunal Supremo entende que procede a indemnización dos danos sufridos por acoso laboral pola vía da responsabilidade patrimonial, mais senta esta conclusión nunha previa

resolución xudicial (anterior ao expediente de responsabilidade patrimonial) na que se declarou formalmente a existencia de

tal acoso.

A conclusión que se establece sobre a necesaria preexistencia dunha resolución administrativa ou xudicial que declare xuridicamente a existencia dunha situación de acoso obedece ao alcance xurídico da

figura da responsabilidade patrimonial, deseñada para reparar os danos producidos polo funcionamento dun servizo público e

en cuxo seo, por tanto, non procede a realización de declaracións xurídicas distintas daquelas que se corresponden cos presupostos

legais desta (dano avaliable, nexo causal, antixuridicidade?), non sendo dado realizar pronunciamentos xurídicos distintos

cando sexan tributarios dun procedemento específico, cos seus propios trámites e garantías, disímiles dos que son propios

do expediente que arestora se analiza.

Quinta.

Examinando a concorrencia dos presupostos para a apreciación da existencia de responsabilidade patrimonial dende as premisas que van establecidas e, en especial, da recollida na consideración anterior,

chégase á conclusión de que no expediente que nos ocupa está ausente toda declaración formal que estableza a realidade dos

ilícitos denunciados pola parte reclamante.

E, como vai dito, o expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial non é o procedemento adecuado para ventilar se existiu o acoso alegado polo Sr. R. Por tal razón, diante da falta de xustificación

dun dano antixurídico vinculado co funcionamento do servizo público, resulta procedente a desestimación da reclamación presentada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución desestimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Tipos de delitos de acoso
Disponible

Tipos de delitos de acoso

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

La justicia en la sociedad 4.0: nuevos retos para el siglo XXI
Disponible

La justicia en la sociedad 4.0: nuevos retos para el siglo XXI

V.V.A.A

55.25€

52.49€

+ Información

Consideraciones para la elaboración de un protocolo para la prevención del ciberbullying
Disponible

Consideraciones para la elaboración de un protocolo para la prevención del ciberbullying

Manuel Arlandis Ruiz

13.60€

12.92€

+ Información