Resolución sobre corrección de erros no calendario laboral do ano 2025 para a Provincia de Lugo., - Boletín Oficial de Lugo, de 14-10-2024
Ambito: Lugo
Órgano emisor: CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN. DIRECCIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Boletín: Boletín Oficial de Lugo Número 237
F. Publicación: 14/10/2024
Resolución sobre corrección de erros no calendario laboral do ano 2025 para a Provincia de Lugo
O DECRETO 171/2024, do 8 de xullo, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2025, recolle no artigo 2 o seguinte:
"Conforme o disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores, no artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e no artigo 1.11 do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, tamén serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, dúas festas locais, propostas polo órgano municipal competente dos respectivos concellos, cuxa publicación no boletín oficial de cada unha das provincias da comunidade autónoma será determinada pola persoa titular da dirección territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. As ditas festas locais publicaranse, así mesmo, no Diario
Oficial de Galicia. ".
Á vista do que antecede, esta Dirección Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ditou resolución pola que se daba publicidade aos festivos da Provincia de Lugo.
Unha vez publicada a resolución, detectouse un erro material nun festivo de Portomarín, xa que se consignou o ano 2024 en lugar do 2025.
Á vista do anterior, esta Dirección Territorial RESOLVE:
Corrixir o festivo do Santo Cristo das Victorias de Portomarín, quedando fixado o día 08/09/2025.
Publicar o anuncio da corrección de erros no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Lugo, 9 de outubro de 2024.- A directora territorial, Carmen José López Rodríguez.