Legislación

Resolución sobre o calendario laboral do ano 2025 para a Provincia de Lugo., - Boletín Oficial de Lugo, de 03-10-2024

Tiempo de lectura: 2 min

Tiempo de lectura: 2 min

Ambito: Lugo

Órgano emisor: CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

Boletín: Boletín Oficial de Lugo Número 230

F. Publicación: 03/10/2024

Documento oficial en PDF: Enlace

Esta norma es una reproducción del texto publicado en el Boletín Oficial de Lugo Número 230 de 03/10/2024 y no contiene posibles reformas posteriores

O DECRETO 171/2024, do 8 de xullo, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2025, recolle no artigo 2 o seguinte:

"Conforme o disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores, no artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e no artigo 1.11 do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, tamén serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, dúas festas locais, propostas polo órgano municipal competente dos respectivos concellos, cuxa publicación no boletín oficial de cada unha das provincias da comunidade autónoma será determinada pola persoa titular da dirección territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. As ditas festas locais publicaranse, así mesmo, no Diario Oficial de Galicia. ".

Á vista do que antecede, esta Dirección Territorial da Consellería de Emprego, Comercio E Emigración, e a proposta dos Concellos da Provincia de Lugo elabora o seguinte

Calendario laboral 2025 para a provincia de Lugo

Decláranse inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, no ámbito de cadanseu concello segundo a proposta dos mesmos, as datas recollidas na táboa anexa.

Todas as empresas da provincia deberán ter exposto nun lugar visible do centro de traballo o calendario laboral para o ano 2025, de conformidade co establecido no artigo 34.6 do Estatuto dos Traballadores, para coñecemento e consulta dos traballadores.

Lugo, 27 de setembro de 2024.- A directora territorial, Carmen José López Rodríguez.

RELACIÓN DE FIESTAS

(ANEXO OMITIDO. Consultar en documento PDF de publicación)