Sentencia Penal Nº 58, Au...io de 1999

Última revisión
23/06/1999

Sentencia Penal Nº 58, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1013 de 23 de Junio de 1999

Tiempo de lectura: 6 min

Tiempo de lectura: 6 min

Relacionados:

Orden: Penal

Fecha: 23 de Junio de 1999

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO

Nº de sentencia: 58

Resumen:
  Non consta que o acusado se decatase, cando eran as 12 horas aproximadamente daquela data, da presencia da menor dentro da súa casa. Non consta que o acusado se espise da súa roupa, pantalón e roupa interior, coa finalidade de que puidese ser vista pola devandita menor. Téndoselle notificada a devandita sentencia ás partes, RAIMUNDO interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos.Porque non se fixo lectura no xuízo oral do manifestado na instrucción por esa testemuña.Porque a testemuña non foi invitada a dar explicación da diferencia.Porque a manifestación na fase de instrucción por esa testemuña foi feita sen participación da defensa do acusado, xa daquela imputado. E, de querer manter que a testemuña confirma no xuízo o dito na instrucción, a lembranza do dito na instrucción resulta antieconómica, e o xuízo oral pode terse mesmo por superfluo. A sentencia recolle literalmente o escrito nas actas. Cualificar esa expresión como contundencia, ou xeito cualificábel de rotunda, firme e sen fisuras ou titubeos, ou quere dicir que o que a testemuña afirma é que non pode afirmar, ou non é máis exercicio de racionalidade que de voluntarismo. Noutra anterior expresión, asemade recollida na relatora sentencia, a testemuha di "que piensa que" (o  acusado) ',le debió ver... Ao avalia-la conclusión de que o acusado estaba vendo a testemuha, concorren outras circunstancias: a) A testemuña manifesta que non era na fiestra onde se atopaba, senón dentro da vivenda, por máis que matice que perto da fiestra. 0 que leva á estimación do recurso e a absolución do acusado.    

Fundamentos

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCION PRIMEIRA

PONTEVEDRA

 

 

 

 

 

 

 

APELACION PENAL

 

Rolo : 1013/99

P.Abreviado:  0133/98

Orixe  XDO. PENAL-2 PONTEVEDRA

 

 

 

 

 

Ilmo.Sres.:

Presidente

D. JAIME CARRERA IBARZABAL

Maxistrados:

D. LUCIANO VARELA CASTRO

D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO

 

 

 

 

 

A SECCION PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. JAIME CARRERA IBARZABAL, presidente, D. LUCIANO VARELA. CASTRO e D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, maxistrados, pronunciou

 

NO NOME DE EL-REI

 

a seguinte

 

 

 

 

S E N T E N C I A N. 58

 

Pontevedra, o 23 de xuño de 1999.

 

No presente recurso de apelación interposto fronte  á sentencia deitada no procedemento abreviado que a marxe se referencia, contra do acusado, RAIMUNDO, son partes: como apelante RAIMUNDO, e da outra, como apelado o Ministerio Fiscal. Foi relator o maxistrado D. LUCIANO VARELA CASTRO, quen expresa o parecer da sala.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

Non aceptámo-la declaración de feitos probados.

 

PRIMEIRO.: Con data catorce de outubro de 1998 o xuíz do penal-2 de Pontevedra pronunciou SENTENCIA Nºs actos orixinais de onde o presente rolo é tirado. Non se acepta a declaración de feitos probados e decláranse os seguintes:

 

"Que o día 29 de novembro de 1997 o acusado don Raimundo atopábase enriba dun valo, perto da súa vivenda e da vivenda da menor Débora, filla de don Francisco Asmaro de Castro e dona María Belén Merchán, na rúa Entrevías no recinto da estación de Ferrocarril de Pontevedra.

Non consta que o acusado se decatase, cando eran as 12 horas aproximadamente daquela data, da presencia da menor dentro da súa casa.

Non consta que o acusado se espise da súa roupa, pantalón e roupa interior, coa finalidade de que puidese ser vista pola devandita menor."

 

SEGUNDO.: No devandito xulgado, resolveuse:

"FALLO.: Que absolviendo a Raimundo de toda responsabilidad criminal en la falta de injurias por la que venía acusado, con todos los pronunciamientos favorables y declarando de oficio la mitad de las costas del procedimiento, debo condenar y condeno a Raimundo González García como responsable criminal, en concepto de autor directo, de un delito de exhibicionismo, previsto y penado en el art. 185 del Código penal aprobado por L.0. 10/1995, de 23 de noviembre, sin la concurrencia de circunstancias modificativas de la responsabilidad, a lá pena de multa de cinco meses con una cuota diaria de quinientas pesetas. Y todo ello con expresa imposición al condenado de la mitad de las costas del procedimiento".

TERCEIRO.: Téndoselle notificada a devandita sentencia ás partes, RAIMUNDO interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos. Téndoselle elevadas as actuacións a este tribunal, sinalouse a data do tres de xuño para deliberaren e deitaren  sentencia no presente recurso.

 

II. FUNDAMENTOS XURIDICOS.

 

PRIMEIRO.: Unha primeira cuestión resulta de obrigada advertencia: as manifestacións de testemuñas na fase de instrucción non poden funda-la decisión de condena, cando menos de non se daren os presupostos e cumpriren os requisitos do artigo 714 da Lel de axuizamento criminal cando esa testemufia declara no xulzo oral.

 

Daquela que a transcrición que a sentencia apelada fal da acta que recolle a manifestación da testemuña na instrucción resulta pouco respectuosa cun dereito tan fundamental como é o de defensa da parte.

 

Porque ninguén fixo protesta de diferencia entre unha e outra declaración (a do xuízo e a da instrucción).

 

Porque non se fixo lectura no xuízo oral do manifestado na instrucción por esa testemuña.

 

Porque a testemuña non foi invitada a dar explicación da diferencia.

 

Porque a manifestación na fase de instrucción por esa testemuña foi feita sen participación da defensa do acusado, xa daquela imputado.

 

E, de querer manter que a testemuña confirma no xuízo o dito na instrucción, a lembranza do dito na instrucción resulta antieconómica, e o xuízo oral pode terse mesmo por superfluo.

 

SEGUNDO.: Pero ocorre que a testemuña non se manifesta do mesmo xeito nas dúas ocasións.

A sentencia recolle literalmente o escrito nas actas. Pero cando transcribe a do xulzo oral remata a tarefa denantes de chegar alí onde o secretario dá conta dunha moi ilustrativa expresión desa testemuña no xuízo oral, en referencia a se o acusado mirou para ela e a viu di: "no sabe si le mir6 pero supone que sí".

Cualificar esa expresión como contundencia, ou xeito cualificábel de rotunda, firme e sen fisuras ou titubeos, ou quere dicir que o que a testemuña afirma é que non pode afirmar, ou non é máis exercicio de racionalidade que de voluntarismo.

Noutra anterior expresión, asemade recollida na relatora sentencia, a testemuha di "que piensa que" (o  acusado) ',le debió ver... 11; tal forma de se expresar non fal senón exclui-lo uso doutra na que se recolla que a testemuha afirma que o acusado a miraba e a estaba vendo.

 

A pregunta resulta entón obvia: se a testemuña que estivo no escenario non se atreve a afirmar incondicionalmente que tiña sido vista, ¿cómo pode o xulgador sustitui-la súa (da testemuña) dúbida por certeza (a do xulgador)?.

Ao avalia-la conclusión de que o acusado estaba vendo a testemuha, concorren outras circunstancias:

 

a) A testemuña manifesta que non era na fiestra onde se atopaba, senón dentro da vivenda, por máis que matice que perto da fiestra. Pero tal emprazamento facíaa menos visíbel.

b) A testemuña non indica nin unha só expresión do acusado dirixida fronte a ela, nin mesmo fronte a ninguén, quedando así orfos doutro dato obxectivo que permita asegurar que o acusado coñecia que a esa hora e nese lugar estaba sendo visto por alguén.

TERCEIRO.: Resulta obvio que o delicto de exhibicionismo esixe, entre outros elementos que o acusado cofieza que estando sendo mirado, porque é esa observación a que dá sentido ao seu comportamento como exhibición, que, de ocorreren os demais elementos, como é o contido sexual do exhibido ou a constancia para o exhibidor da idade da obrigada perceptora visual do exhibido, fan nace-la figura delictiva imputada.

 

Faltando xa a proba dese particular, resulta innecesario entrar a considera la verdade da afirmación de que foi feita a exhibición ou de se foi feita sabendo que era percibida por menor de idade. Porque esta só é penalmente relevante na medida en que dirixida a súa imposta observación.

 

0 que leva á estimación do recurso e a absolución do acusado.

Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito, e desenvolvendo a potestade xurisdiccional que la Constitución española nos outorga.

 

DECIDIMOS

 

Que é mester nós estimarmos, e de feito  estimámolo, o recurso de apelación movido  por don Raimundo

 

González fronte á sentencia pronunciada polo Xulgado do penal-2 de Pontevedra, no procedemento abreviado Núm. 133/98, absolvendo o apelante do delicto de exhibicionismo polo que viña condenado, confirmando no máis a apelada.

Con testemuño desta resolución, devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia por quen se notificará recibimento.

Asl por esta a nosa sentencia, a que se achegará certificación ao rolo de Sala, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Los delitos cometidos en el seno de la empresa y su defensa legal
Disponible

Los delitos cometidos en el seno de la empresa y su defensa legal

Daniel Lucas Romero

18.22€

17.31€

+ Información

Robótica y Responsabilidad
Disponible

Robótica y Responsabilidad

Manuel Iglesias Cabero

10.92€

10.37€

+ Información

Ley de Enjuiciamiento Criminal - Código comentado
Disponible

Ley de Enjuiciamiento Criminal - Código comentado

V.V.A.A

76.45€

72.63€

+ Información

Vademecum Acceso a la abogacía. Volumen III. Parte específica penal
Disponible

Vademecum Acceso a la abogacía. Volumen III. Parte específica penal

V.V.A.A

18.70€

17.77€

+ Información