Sentencia Penal Nº 56, Au...yo de 2000

Última revisión
18/05/2000

Sentencia Penal Nº 56, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 62 de 18 de Mayo de 2000

Tiempo de lectura: 4 min

Tiempo de lectura: 4 min

Relacionados:

Orden: Penal

Fecha: 18 de Mayo de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 56

Resumen:
    Ningún dos motivos dos recursos formulados polas partes denunciante e denunciada son merecentes de ser acollidos. Dunha beira, das tres probas documentais que a parte propón ningunha delas é procedente, porque, unha delas xa aparece achegada aos actos, e aínda que se trate dunha fotocopia, a súa falta de impugnación leva a considerala con eficacia probatoria, e as outras dúas non són útiles porque, nin poden prevalecer fronte á proba máis imparcial e obxectiva, representada polo dictame do médico forense, nin son acompañadas da proba complementaria, da ratificación dos doutores que fixeron senllos informes.O incremento da responsabilidade civil solicitado polo prexudicado débese rexeitar. O recurso do acusado ten de ser rexeitado sen paliativos. Decláranse de oficio as custas procesuais desta alzada.    

Fundamentos

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 1

PONTEVEDRA

 

SENTENCIA: 00056/2000

 

Rolo: 62/00

Xuízo de faltas: 229/99

Órgano de orixe: XDO. INSTR. PONTEVEDRA 2

 

 

Ilmo. Sr.

Maxistrado:

D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO

 

A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, constituída en tribunal unipersoal polo maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, pronunciou

 

NO NOME DO REI

 

a seguinte

 

SENTENCIA NÚM. 56

 

Pontevedra, o 18 de maio do año 2000.

 

      No recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada no xuízo de faltas número 229/99, vindo do Xulgado de Instr. Pontevedra 2, son partes: dunha beira, como apelante/s, AGUSTÍN e JAVIER; e doutra beira, como apelado/s, o Ministerio Fiscal.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

      Acéptanse os feitos probados da sentencia recorrida e, alén diso:

 

PRIMEIRO. Con data 28 de marzo do año que andamos, o xuíz do Xulgado de Instr. Pontevedra 2 pronunciou sentencia nos actos orixinais de onde o presente rolo é tirado, a parte dispositiva da cal, rigorosamente, di:

 

      "Que debo condenar y condeno a JAVIER como autor criminalmente responsable de sendas faltas de lesiones e injurias, anteriormente definidas, al as penas de DOS MESES DE MUILTA PARA LA PRIMERA Y 15 DÍAS MULTA PARA LA SEGUNDA CON UNA CUOTA DIARIA DE 1000 PTA en AMBAS. Dichas cantidades se harán efectivas en un solo pago, en ejecución de sentencia, y por cada dos cuotas diarias no satisfechas el condenado quedará sujeto a un día de responsabilidad personal y subsidiaria; y a que indemnice a Agustín en las siguientes cantidades: 60000 pta por los 10 días de incapacidad genérica parcial y 30000 por los restantes 10 días de curación y pretium doloris, imponiendo al condenado las costas ocasionadas."

 

      SEGUNDO. Tras a devandita sentencia lles ter sido notificada ás partes, AGUSTIN e JAVIER interpuxeron recurso de apelación, que foi admitido e tramitado consonte co avindo no artigo 795.4 da Lei de axuizamento criminal. Téndoselle elevadas as actuacións a esta Audiencia, pasóuselle ao maxistrado relator para el resolver.

 

FUNDAMENTOS XURIDICOS

 

      PRIMEIRO. Ningún dos motivos dos recursos formulados polas partes denunciante e denunciada son merecentes de ser acollidos. Dunha beira, das tres probas documentais que a parte propón ningunha delas é procedente, porque, unha delas xa aparece achegada aos actos, e aínda que se trate dunha fotocopia, a súa falta de impugnación leva a considerala con eficacia probatoria, e as outras dúas non són útiles porque, nin poden prevalecer fronte á proba máis imparcial e obxectiva, representada polo dictame do médico forense, nin son acompañadas da proba complementaria, da ratificación dos doutores que fixeron senllos informes.

O incremento da responsabilidade civil solicitado polo prexudicado débese rexeitar. As noventa mil pesetas que lle foron concedidas son acordes, tanto co tempo de curación de vinte días, como coa consecuencia da incapacidade parcial para traballar, de dez días, como, á fin, coa natureza leve das lesións, que consistiron en dous puñazos que sanaron coa asistencia facultativa inicial. No último termo, os restantes padecementos do lesionado son alleos aos feitos axuizados.

O recurso do acusado ten de ser rexeitado sen paliativos. A realidade das lesións, e a súa autoría a cargo do inculpado, infirese, tanto do parte médico inicial e do informe do médico forense, como das declaracións do denunciante, e da testemuña, Sra. Zamora Lorenzo, como das propias manifestacións do acusado, recoñecendo, entre outras cuestións, que "le llamó la atención y tuvieron unas palabras", "que el denunciante se debió caer del muro", que "vió como se cala el denunciado y luego se fue. Elementais postulados de inmediación impidenlle a este tribunal avaliar esas probas de natureza persoal de xeito distinto do feito polo xulgador a quo, perante a presencia do cal se efectúan, e quen apreciou correctamente esas declaracións, desbotando as da testemuña, Sr. Tomé Alén, pola súa lonxania.

 

SEGUNDO. Decláranse de oficio as custas procesuais desta alzada.

 

      Cómpre atérmonos a canto levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a constitución española me outorga,

      DECIDO. Que é mester eu rexeitar, e de feito rexéitoos, os recursos de apelación movidos por AGUSTÍN e JAVIER, contra da sentencia pronunciada polo Xulgado de Instrucción Pontevedra 2, na data de 28 de marzo do año que andamos, con declaración de oficio das custas procesuais desta alzada.

 

      Deste xeito, por esta a miña sentencia, cabeiramente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Tarjeta 100 Formularios Jurídicos imprescindibles
Disponible

Tarjeta 100 Formularios Jurídicos imprescindibles

Editorial Colex, S.L.

49.95€

47.45€

+ Información

Estructura de la mediación penal en menores en España
Disponible

Estructura de la mediación penal en menores en España

V.V.A.A

21.25€

20.19€

+ Información

Cláusula IRPH
Disponible

Cláusula IRPH

V.V.A.A

8.45€

8.03€

+ Información

Custodia de menores. Paso a paso (DESCATALOGADO)
Disponible

Custodia de menores. Paso a paso (DESCATALOGADO)

Dpto. Documentación Iberley

17.00€

4.25€

+ Información