Sentencia Penal Nº 52, Au...yo de 2000

Última revisión
18/05/2000

Sentencia Penal Nº 52, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 16 de 18 de Mayo de 2000

Tiempo de lectura: 4 min

Tiempo de lectura: 4 min

Relacionados:

Orden: Penal

Fecha: 18 de Mayo de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO

Nº de sentencia: 52

Resumen
Téndose sinalada a data de 10 de maio do año que andamos para a vista, o apelante solicita a declaración de nulidade do xuízo, por falta de citación do Ministerio Fiscal; doutra beira, o apelado solicita que non se decrete a nulidade de actuacións.O artigo 962 da Lei de axuizar resulta inequívoco: o xuíz mandará citar o Ministerio Fiscal para o xuízo de faltas sempre que teña noticia dunha das perseguíbeis de oficio ou previa denuncia.Logo confirelle ao Ministerio Fiscal, no artigo 969 da mesma lei, a posibilidade de deixar de asistir en determinados casos.Ou, de se querer, pode dicirse que se nega ao Ministerio Fiscal a posibilidade de elixir non asistir ou asistir cando se lle agacha a existencia de denuncia e convocatoria a xuízo. Resultando das actuacións que, malia terse mandado polo xuíz que o Ministerio Fiscal fose citado a xuízo (providencia de 15 de xuño de 1999), o xuízo foi efectuado sen que a citación fose feita nin o Ministerio Fiscal chegase a ter participación ningunha, nin tampouco lle foi notificada a sentencia como resulta en calquera caso preceptivo.    

Voces

Amenazas

Indefensión

Fundamentos

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 1

PONTEVEDRA

 

SENTENCIA: 00052/2000

 

Rolo: 0016/00

Xuízo de faltas: 0059/99

órgano de orixe: XDO. 1ª INST. E INSTR. DE CANGAS-2

 

Ilmo. Sr.

Maxistrado:

D. LUCIANO VARELA CASTRO

 

A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, constituída  en tribunal unipersoal polo maxistrado don LUCIANO VARELA CASTRO, pronunciou

 

NO NOME DO REI

 

a seguinte

 

SENTENCIA NÚM.52

 

Pontevedra, o dezaoito de maio do año dous mil.

 

      No recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada no xuízo de faltas número 59/99, vindo do Xulgado de 1ª Inst e Instr de Cangas-2, son partes: dunha beira, como apelante, HUMBERTO; e doutra beira, como apelada, ALVARA

ANTECEDENTES DE FEITO

 

      Non se aceptan os feitos probados da sentencia recorrida e, alén diso:

 

      PRIMEIRO. Con data 23 de novembro de 1999, o xuíz do Xulgado de 1ª Inst e Instr de Cangas-2 pronunciou sentencia nos actos orixinais de onde o presente rolo é tirado, os feitos probados da cal, rigorosamente, din:

 

      "Se estima probado que el día 5 de marzo de 1999, el denunciante presentó denuncia por unas presuntas injurias y amenazas contra la denunciada, sin que hayan quedado acreditados los hechos descritos en la misma".

 

SEGUNDO. Por mor dos devanditos feitos, resolveu:

 

      DECIDO. "Debo absolver y absuelvo a doña Alvara de las faltas que se le imputan, declarándose las costas de oficio".

 

      TERCEIRO. Tras a devandita sentencia lles ter sido notificada ás partes, HUMBERTO interpuxo recurso de apelación, que foi admitido en xeito legal. Téndose sinalada a data de 10 de maio do año que andamos para a vista, o apelante solicita a declaración de nulidade do xuízo, por falta de citación do Ministerio Fiscal; doutra beira, o apelado solicita que non se decrete a nulidade de actuacións.

 

FUNDAMENTOS XURIDICOS

 

      PRIMEIRO. O artigo 962 da Lei de axuizar resulta inequívoco: o xuíz mandará citar o Ministerio Fiscal para o xuízo de faltas sempre que teña noticia dunha das perseguíbeis de oficio ou previa denuncia.

 

      Logo confirelle ao Ministerio Fiscal, no artigo 969 da mesma lei, a posibilidade de deixar de asistir en determinados casos.

 

      Non hai que discurrir moito para concluir que o exercicio de tal posibilidade implica coñecemento da denuncia e do xuízo mesuro. Ou, de se querer, pode dicirse que se nega ao Ministerio Fiscal a posibilidade de elixir non asistir ou asistir cando se lle agacha a existencia de denuncia e convocatoria a xuízo.

 

      SEGUNDO. O artigo 238 da Lei orgánica do Poder Xudicial sanciona coa nulidade de pleno dereito para o procedemento seguido con creba de garantías esenciais que causan indefensión. Sen que entre os indefensos que poden dar lugar a tal sanción sexa excluido o Ministerio Fiscal.

 

      O defecto non é corrixíbel nesta segunda instancia na que só podería aceptarse que o Ministerio Fiscal optase pola renuncia de intervención.

 

      TERCEIRO. Resultando das actuacións que, malia terse mandado polo xuíz que o Ministerio Fiscal fose citado a xuízo (providencia de 15 de xuño de 1999), o xuízo foi efectuado sen que a citación fose feita nin o Ministerio Fiscal chegase a ter participación ningunha, nin tampouco lle foi notificada a sentencia como resulta en calquera caso preceptivo.

 

      Cómpre atérmonos a canto levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a constitución española me outorga,

 

DECIDO:

 

      Que, sen entrar a considera-la apelación movida por don Humberto é mester eu declarar a nulidade, e de feito declároa, do xuízo verbal de faltas efectuado no procedemento de que trae causa este rolo, fronte á sentencia pronunciada polo Xulgado de 1ª Inst e Instr de Cangas-2, no xuízo de faltas núm. 59/99, mandando que sexan repostas as actuacións ao intre da convocatoria a xuízo con observancia do mandado no artigo 962 da Lei de axuizar.

 

      Deste xeito, por esta a miña sentencia, cabeiramente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Sentencia Penal Nº 52, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 16 de 18 de Mayo de 2000

Ver el documento "Sentencia Penal Nº 52, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 16 de 18 de Mayo de 2000"

Acceda bajo demanda

Accede a más de 4.000.000 de documentos

Localiza la información que necesitas

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Las coacciones y amenazas en el ámbito penal
Disponible

Las coacciones y amenazas en el ámbito penal

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Fusiones y adquisiciones de empresas (M&A)
Disponible

Fusiones y adquisiciones de empresas (M&A)

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Que no te coman la tostada
Disponible

Que no te coman la tostada

Pablo Carvajal de la Torre

12.75€

12.11€

+ Información

La inquisición: ¿decadencia, abolición o reconversión?
Disponible

La inquisición: ¿decadencia, abolición o reconversión?

Fernando Gil González

8.45€

8.03€

+ Información