Sentencia Penal Nº 265/20...re de 2014

Última revisión
14/07/2015

Sentencia Penal Nº 265/2014, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 996/2014 de 24 de Noviembre de 2014

Tiempo de lectura: 10 min

Tiempo de lectura: 10 min

Relacionados:

Orden: Penal

Fecha: 24 de Noviembre de 2014

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 265/2014

Núm. Cendoj: 36038370022014100284

Resumen
FALTA DE INCUMPLIMIENTO DE OBLIGACIONES FAMILIARES

Voces

Autor responsable

Indefensión

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00265/2014

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19

Fax: 986.80.51.14

Modelo:N54550

N.I.G.:36039 41 2 2014 0000027

ROLLO: APELACION JUICIO DE FALTAS 0000996 /2014-M

Juzgado procedencia: XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.3 de O PORRIÑO

Procedimiento de origen: JUICIO DE FALTAS 0000039 /2014

RECURRENTE: Salvadora

Procurador/a: MANUEL CARLOS DIZ GUEDES

Letrado/a: MERCEDES PADILLA LORENZO

RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL, Maximino

Procurador/a: ,

Letrado/a: , MIGUEL ANGEL RODRIGUEZ ALONSO

RJ Nº 106/14-M

Procedimiento: APELACION JUICIO DE FALTAS 0000996 /2014

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta en tribunal unipersoal polo maxistrado Ilmo Sr. don JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO,pronunciou,

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA NÚM. 265

Pontevedra, vinte e catro de novembro de dous mil catorce.

Neste rolo de apelación número 996/14 dimanante dos autos de xuízo de faltas número 39/14, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 3 de O Porriño, por falta de incumprimento das obrigacións familiares, son partes: como apelante,dona Salvadora , e como apelado,don Maximino , e o Ministerio Fiscal.

Antecedentes

Primeiro.-Con data do 30 de xuño de 2014, a maxistrada xuíza do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 3 de O Porriño, ditou sentenza nos autos orixinais dos que o presente rolo dimana. Os feitos probadosda sentenza din literalmente:

'ÚNICO.- Se considera probado y así se declara que el día 1 de enero de 2014 comenzaba la segunda etapa del régimen vacacional de visitas que el correspondía al denunciante según reza la sentencia dictada por este Juzgado de Primera Instancia nº 3 de O Porriño en autos de juicio verbal nº 184/2012. Se considera probado y así se declara que el denunciante, Sr. Maximino , no pudo disfrutar y estar en compañía de su hija en el anterior periodo por la voluntad obstativa e injustificada de la madre, quien mediante un mensaje de texto enviado al teléfono móvil del denunciante cuarenta minutos antes de la hora (12:00 horas) en que aquél iba a ir a recoger a su hija en el domicilio materno, le expuso que 'por motivos personales muy urgentes tuve que adelantar mi regreso a Suiza, Sabela viene conmigo'.

Segundo.-O xulgado ditou a sentenza que contén a seguinte parte dispositiva:

'Que DEBO CONDENAR como CONDENO a Salvadora como autora responsable de una falta de incumplimiento de las obligaciones familiares del artículo 618.2 del Código Penal a la pena de 60 días de multa a razón de 12 euros diarios (total: 720 euros); así como al pago de las costas.'

Terceiro.-Notificada a mencionada sentenza ás partes, dona Salvadora interpuxo un recurso de apelación, que foi admitido e tramitado de conformidade co disposto no artigo 795.4 da Lei de axuizamento criminal . Achegadas as actuacións a esta Audiencia, pasaron ao maxistrado relator para ditar resolución.


Acéptanse e danse por reproducidos os feitos probados da sentenza contra a que se recorre.


Fundamentos

Primeiro.-Na instancia resultou condenada Salvadora como autora responsable dunha falta de incumprimento das obrigacións familiares, prevista e penada no artigo 618.2 do Código penal . No recurso de apelación que formula a agora perante nesta alzada alega, ao abeiro dos artigos 790.2 e 976.2 da Lei de axuizamento criminal , a infracción de garantías procesuais e a vulneración do artigo 24 da Constitución española e o erro na valoración da proba. E solicita a nulidade da sentenza contra a que apela e do xuízo oral que, segundo ela, debería repetirse; a revogación da sentenza da instancia e a absolución da falta pola que foi condenada; e, con carácter subsidiario, a rebaixa da pena a 10 días de multa a razón de 4 € diarios. O fiscal e o denunciante, Maximino , opóñense a que acolla a impugnación así formulada.

Segundo.-Sinalouse o día 24 de febreiro de 2014 para que tivese lugar o correspondente xuízo de faltas. Para tal efecto enviouse a pertinente cédula de citación da agora apelante, Salvadora , ao enderezo ' RUA000 NUM000 , La Chaux-de-Fonds, Ne', de Suíza. Chegado aquel día, o xuízo tivo que suspenderse ao non constar a citación da denunciada-apelante quen, segundo o denunciante-apelado, Maximino , ía estar en España o día 7 de abril de 2014. Xa que logo, este solicitou a citación de Salvadora en DIRECCION000 , número NUM001 , Parderrubias, de Salceda de Caselas.

Así o acordou a xuíza a quoco engadido de que a citación para a nova vista, sinalada o 13 de maio de 2014, fose realizada pola Policía Local de Salceda de Caselas. Dous destes axentes -os números NUM002 e NUM003 - comprobaron o día 7 de abril de 2014 que o domicilio facilitado no devandito lugar e parroquia de Salceda de Caselas era o da nai da denunciada-apelante, quen lles informou que esta se fora o día anterior para o seu domicilio en Suíza, na RUA000 , NUM000 , La Chaux-de-Fonds, Neuchâtel. Por mor disto e da solicitude de suspensión do propio denunciante, acordou a xuíza un novo sinalamento para o 30 de xuño de 2014 e a citación da denunciada-apelante no seu lugar de traballo (Sellita Watch Co Sa, en Crêt du Locle, 11, CH-2301, de La Chaux-de-Fonds, Suíza) á vista de que o intentado no seu domicilio neste mesmo país resultara infrutuoso. E, por fin, a cédula de citación da denunciada puido entregarse no seu devandito lugar de traballo o día 16 de maio de 2014 a unha persoa que fixo constar na súa recepción o apelido de Gonçalves ou similar (f. 36 das actuacións), polo que a vista oral tivo lugar o referido 30 de xuño de 2014 sen a asistencia da denunciada e agora apelante.

Pois ben, para a notificación da sentenza contra a que agora apela obrouse exactamente igual. É dicir, primeiro mandouse a correspondente cédula de notificación ao domicilio da recorrente en Suíza ( RUA000 , NUM000 , La Chaux de Fonds, Ne) que volveu a resultar infrutuosa (f. 63) e despois ao seu lugar de traballo (Sellita Watch Co Sa, Crêt du Locle, 11, CH-2301, La Chaux-de-Fonds, no mesmo país) e esta última foi entregada outra vez á persoa identificada como Gonçalves ou similar (f. 65).

Deste xeito, se, aos poucos días da notificación da sentenza, o procurador e a avogada da agora apelante se constituíron en parte no presente procedemento para, precisamente, amosar a súa intención de recorrer contra aquela resolución, dende a máis elemental lóxica e boa fe procesual cómpre presumir que do mesmo xeito tamén lle chegou e foi entregada a cédula de citación para o xuízo e que, se non asistiu, só a ela resulta imputable. Máis aínda, o poder notarial empregado polo procurador e avogada da apelante para constituírse en parte e recorrer contra a sentenza da instancia foi outorgado o 15 de marzo de 2012 e, xa que logo, podían ambos intervir pola denunciada no acto da vista oral nos termos previstos no artigo 790 da Lei de axuizamento criminal .

En conclusión, por ningures consta a vulneración das garantías procesuais ás cales aludía a recorrente como primeiro motivo da súa apelación, e moito menos que se lle xerase algún tipo de indefensión determinante dunha hipotética nulidade da sentenza ou do xuízo oral da instancia.

Relacionada co anterior amósase a solicitude de proba que a apelante realiza nesta alzada. Non se dá ningún dos supostos previstos para tal efecto no artigo 790.3 por remisión a el do artigo 976.2, ambos da Lei de axuizamento criminal . Tanto a proba documental que achega co seu recurso como a testemuñal que solicita ben puido pedir que se practicasen na primeira instancia e non per saltumnesta alzada á vista do resultado adverso do pronunciamento xudicial que combate.

Terceiro.-A xulgadora a quoavaliou en conciencia o material probatorio despregado na súa presenza ( artigo 741 e 973.1 da Lei de axuizamento criminal ). No desenvolvemento de tal labor non albisco erro ningún que, coas limitacións propias desta segunda instancia, faga posible a emenda daquel ata o punto de motivar a revogación da resolución xudicial contra a que se apela e, xa que logo, a consecuencia da absolución da agora recorrente.

A documental xudicial que consta nas actuacións non admite discusións e nin tan sequera a apelante o intenta. Así, resulta incontestable que o denunciante non puido gozar e estar en compañía da súa filla Sabela cando lle correspondía. Outro tanto cómpre dicir da mensaxe de teléfono móbil que a denunciada lle enviou ao denunciante coa pretensión de xustificar o incumprimento polo que foi condenada, co pretexto do inexorable adiantamento da viaxe de volta para Suíza coa nena por motivos persoais urxentes, aos cales alude no seu recurso, mais que non resultaron fidedignamente demostrados.

A declaración incriminatoria do denunciante foi corroborada pola testemuña Apolonio . E, se a este se lle podía apoñer que é irmán do denunciante, no caso da testemuña Apolonia , que afirmou que viu a denunciada nun restaurante do Porriño nun día en que, segundo ela, xa estaba en Suíza coa nena, non se alega nin consta a máis mínima dúbida verbo da razón de ciencia daquela e da total veracidade e verosimilitude da súa declaración. A circunstancia de que a autora da resolución xudicial combatida chegue a unha conclusión en contra dos lexítimos intereses dunha das partes -neste caso a denunciada- non implica que xa só por iso errase na valoración da proba.

Noutra orde de cousas, a xulgadora a quo,no exercicio do prudente arbitrio que lle permitía o artigo 638 do Código penal , para a aplicación da pena moveuse entre o solicitado polo fiscal e o pedido polo denunciante. Así, fronte ao mes que solicitaba o primeiro e aos dous meses de multa que solicitaba o segundo, optou por esta última posibilidade. Porén, para a fixación da cota diaria, fronte ao solicitado polo denunciante -30 € diarios-, achegouse ao solicitado polo fiscal -12 €, en lugar dos 10 € que pedía-. E, tanto para a extensión como para a cuantificación da devandita pena de multa, a xuíza da instancia dabondo razoou as circunstancias específicas que a determinaron á concreta solución que adoptou. Nada de reprochable ou errado se albisca en tal proceder, alén da mera comenencia da parte de intentar rebaixar no posible as consecuencias legais do seu proceder ilícito.

Cuarto.-Declaro de oficio as custas que se puidesen xerar na presente alzada.

Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Que desestimo o recurso de apelacióninterposto por dona Salvadora e confirmoa sentenza con data do 30 de xuño de 2014, ditada pola maxistrada xuíza do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 3 de O Porriño, nos autos do xuízo de faltas núm. 39/2014. Decláranse de oficio as custas xeradas na presente alzada.

Contra a presente resolución non cabe recurso ordinario ningún.

Devólvanselle os autos orixinais ao xulgado de procedencia, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

Deste xeito o pronuncio, mando e asino, por medio desta sentenza, da que se achegará certificación ao rolo.

PUBLICACIÓN.-Dada y pronunciada fue la anterior Sentencia por el Ilmo. Sr. Magistrado Ponente que la firma y leída en el mismo día de su fecha, de lo que yo Secretaria certifico.


Sentencia Penal Nº 265/2014, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 996/2014 de 24 de Noviembre de 2014

Ver el documento "Sentencia Penal Nº 265/2014, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 996/2014 de 24 de Noviembre de 2014"

Acceda bajo demanda

Accede a más de 4.000.000 de documentos

Localiza la información que necesitas

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Comunicación e impugnación judicial del despido
Disponible

Comunicación e impugnación judicial del despido

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Procedimiento administrativo común. Paso a paso
Disponible

Procedimiento administrativo común. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

17.00€

16.15€

+ Información

La prueba ilegalmente obtenida. Paso a paso
Disponible

La prueba ilegalmente obtenida. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

17.00€

16.15€

+ Información