Sentencia Penal Nº 25/201...ro de 2012

Última revisión
24/01/2012

Sentencia Penal Nº 25/2012, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 30/2011 de 24 de Enero de 2012

Tiempo de lectura: 4 min

Tiempo de lectura: 4 min

Orden: Penal

Fecha: 24 de Enero de 2012

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 25/2012

Núm. Cendoj: 36038370022012100028

Resumen:
SOBRE SUSTANCIAS NOCIVAS PARA LA SALUD Idioma: Gallego

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00025/2012

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 002

Rollo : 0000030 /2011CR

Órgano Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de PONTEAREAS

Proc. Origen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0001370 /2009

SENTENZA Nº 25

==========================================================

Presidente:Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado

Maxistradas:Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

==========================================================

Pontevedra, 24 de xaneiro de 2012

Foi vista en xuízo oral e público, ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial, a causa instruída co número 30/2011, procedente do Xulgado de Instrución núm. 1 de Ponteareas e seguida polo trámite do procedemento abreviado, por un delito contra a saúde pública, contra Constantino , con DNI número NUM000 , nado o día 19 de abril de 1981 en Ponteareas, fillo de Francisco e de Concepción, con domicilio no PASEO000 núm. NUM001 , NUM002 NUM003 , de Ponteareas, sen antecedentes penais, solvente, e en situación de liberdade por esta causa. Foi representado polo procurador don Javier Almón Cerdeira e defendido polo letrado don Alfredo R. Rodríguez Varela.

É parte acusadora o Ministerio Fiscal en representación do cal intervén Carmen Díez García. É relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro.- Declárase probado -por conformidade das partes manifestada no acto do xuízo oral- que sobre as 22:45 horas do día 20 de novembro de 2009 o acusado, Constantino, maior de idade e sen antecedentes penais, lle facilitou a cambio de diñeiro catro bolsiñas de plástico de cor branca que contiñan 2,670 gramos de cocaína, cunha riqueza do 62,70%, a Onesimo, que acudiu ás inmediacións da vivenda dos pais do acusado , sita no BARRIO000 número NUM004 da localidade de Ponteareas.

Sobre as 23:00 horas do día 20 de novembro de 2009, axentes da Garda Civil detiveron o acusado, Constantino, mentres circulaba no seu vehículo pola avenida de Galicia da localidade de Ponteareas. O acusado no momento da súa detención tiña no seu poder, coa finalidade de traficar con elas, catro bolsiñas de cor branca e outra bolsiña de cor vermella, que contiñan en total 3 ,225 gramos de cocaína cunha riqueza de 63,72%.

A cocaína está incluída na listaxe primeira da Convención única das Nacións Unidas sobre substancias estupefacientes.

A venda por dose de cocaína reportaríalle un beneficio ao acusado de 444,88 euros.

Segundo.- O Ministerio Fiscal, no acto do xuízo oral, modificou as súas conclusións na forma seguinte:

Engádeselle á primeira conclusión: "en el momento de los hechos el acusado era consumidor habitual de cocaína".

Engádeselle á segunda: " art. 368.1, concorriendo la menor entidad del hecho".

Engádeselle á quinta: "procede imponer al acusado la pena de un año y seis meses de prisión , y la multa de 444,88 euros".

Terceiro.- Tras formularlle o presidente ao acusado a pregunta a que se refire o artigo 688 da Lei de axuizamento criminal, este contestou afirmativamente; e o seu letrado defensor manifestou que consideraba innecesaria a continuación do xuízo.

Cuarto.- O tribunal pronunciou unha sentenza in voce nos termos da conformidade, e as partes manifestaron a súa vontade de non recorrer contra a sentenza, polo que neste mesmo acto foi declarada firme.

Quinto.- Déuselle traslado ás partes para a suspensión da pena. A defensa solicitou a suspensión da execución da pena; o Ministerio Fiscal mostrouse conforme e propuxo un prazo de suspensión condicionada de tres anos , sometida á condición xeral de non delinquir.

Fundamentos

Primeiro.- Atendendo ao exposto, estase no caso de pronunciar sen máis trámites a sentenza axustada á cualificación mutuamente aceptada, en observancia do que dispón o artigo 688, en relación co 787.1 , da Lei de axuizamento criminal, dado que a pena pedida é de carácter correccional e procedente de acordo coa cualificada.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Que debemos condenar e condenamos, por conformidade, o acusado Constantino, como autor responsable dun delito contra a saúde pública na modalidade de substancias que causan graves danos á saúde, previsto e penado no artigo 368.1 do Código penal, á pena dun ano e seis meses de prisión , e inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena, e multa de 444,88 euros, amais da responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas.

Procede a imposición das custas ao acusado de acordo co artigo 123 do Código penal .

Esta sentenza é definitiva e firme e contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

Publicación.- A anterior sentenza foi dada e pronunciada polo maxistrado e as maxistradas que a asinan e lida polo maxistrado relator o mesmo día da súa data, o que eu como secretaria certifico.