Última revisión
Sentencia Penal Nº 18, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 2 de 19 de Junio de 2001
Texto
Relacionados:
Voces
Jurisprudencia
Prácticos
Formularios
Resoluciones
Temas
Legislación
Orden: Penal
Fecha: 19 de Junio de 2001
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 18
Resumen
PROCEDEMENTO SUMARIO POLO DELITO DE HOMICIDIO
O acusado atopábase facendo un valado no fundo da súa
propiedade, e nun momento determinado fixo acto de presencia o seu convecino co
que tiña malas relacións, despois de soster unha breve discusión entre ámbolos
dous, o acusado, portando na man unha foz procedeu a golpealo repedidamente,
causándolle lesións que curaron aos 415 días, precisando tratamento médico e
cirúrxico.
Os feitos que se declaran probados constitúen un DELICTO
DE LESIÓNS con utilización de instrumento perigoso. A Sala, non chega á
necesaria convicción de que o acusado golpeara ao prexudicado coa intención de
rematar coa súa vida, entendendo que actuou co só propósito de lesionalo, ainda
que o instrumento empregado era apto para causa-la morte. Mais existen outros
feitos e circunstancias que poñen en franca tea de xuízo ese animus letal;
dunha banda, non houbo nigunha actitude verbal ou de xestos ou ademáns da que
poida inferirse ese propósito mortal; e doutra banda, nin as partes corporais da
víctima afectadas polos golpes, nin as propias características das feridas,
amparan a tese homicida. Todo isto leva a rexeita-la condena polo delicto de
homicidio en grao de tentativa que lle é imputado polas Acusacións, Pública e
Particular.
A defensa do acusado no trámite dos informes no acto do
xuízo oral, invoca a lexítima defensa, e o arrebato e a obcecación, como causas
modificativas da responsabilidade criminal. Esta Sala considera totalmente orfa
de proba a lexítima defensa, tanto como eximente plena, como eximente
incompleta, como simple atenuante. Atopándose máis orfa -se cabe- a
circunstancia de arrebato e obcecación. Nin o propio acusado, nin así
testemuñas fan manifestación ningunha sobre ese estado, nin tan sequera foron
interrogadas sobre o mesmo.
Concorre a atenuante simple de confesarlle ás autoridades
a infracción solicitada polo Ministerio Fiscal, posto que houbo un
recoñecemento franco, cabal e substancial dos feitos, e da súa participación
nos mesmos, contribuíndo con esta actitude colaboradora a normal e pronta
acción da xustiza.
Voces
Homicidio
Atenuante
Tentativa
Inhabilitación especial
Obcecación
Arrebato
Responsabilidad
Eximentes completas
Eximentes incompletas
Principio de contradicción
Violencia
Delito de homicidio
Fundamentos
AUD. PROVINCIAL SECCION N. 1
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00018/2001
AUDIENCIA PROVINCIAL
SECCIÓN PRIMEIRA
PONTEVEDRA
CAUSA PENAL
Se ha alcanzado el límite semanal de acceso por IP a 5 sentencias
Para poder acceder al doble de documentos semanales regístrese de manera gratuita:
Registro Gratuito¿Necesita un acceso ilimitado?
Vea aquí nuestras tarifas de suscripciónSi es usted cliente o ya se ha registrado, introduzca sus datos de acceso.
Acceder