Sentencia Penal Nº 178/20...yo de 2012

Última revisión
29/05/2012

Sentencia Penal Nº 178/2012, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 479/2012 de 29 de Mayo de 2012

Tiempo de lectura: 8 min

Tiempo de lectura: 8 min

Relacionados:

Orden: Penal

Fecha: 29 de Mayo de 2012

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 178/2012

Núm. Cendoj: 36038370022012100172

Núm. Ecli: ES:APPO:2012:1518

Resumen:
APROPIACIÓN INDEBIDA Idioma: Gallego

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00178/2012

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

-

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19

Fax: 986.80.51.14

Modelo: 213100

N.I.G.: 36006 41 2 2009 0013292

ROLO: RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000479 /2012 I

XuLgado procedencia: XDO. DO PENAL N. 1 de PONTEVEDRA

Procedimiento de orixen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000252 /2011

RECURRENTE: Alvaro

Procurador/a: LOURDES MARTÍNEZ CABRERA

Letrado/a: RAUL CONSTANTE SALGADO VIDAL

RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a:

Letrado/a:

SENTENZA NÚM. 178

==========================================================

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

==========================================================

Pontevedra a, vinte e nove de maio de dous mil doce.

Visto, pola Sección Datos do órgano xudicial desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número datos do procedemento, o recurso de apelación interposto pola procuradora Sra. Lourdes Martínez Cabrera, en representación de Alvaro contra a sentenza ditada polo Xulgado do Penal núm. 1 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado .

Antecedentes

Primeiro.- No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do dous de febreiro de dous mil doce , cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

" Que debo condenar y condeno a D. Alvaro como autor criminalmente responsable de una FALTA DE APROPIACIÓN indebida, a la pena de MULTA DE DOS MESES, con una cuota diaria de seis euros, haciendo un total de TRESCIENTOS SETENTA EUROS, apercibiéndole de que en caso de impago quedará sujeto a una responsabilidad personal subsidiaria de un día de privación de libertad por cada dos cuotas diarias de multa no satisfechas, con imposición de las costas correspondiente a un juicio de faltas, absolviéndolo del delito continuado de apropiación indebida de que venía siendo acusado, con declaración de oficio de las costas correspondientes a dicha infracción.

En concepto de responsabilidad civil, Alvaro indemnizarán a la Entidad Talleres Arturo, a través de su representante legal, en la suma de 1.900 euros".

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

"ÚNICO.- Probado y así se declara que el día uno de diciembre del año 2009, el acusado Alvaro suscribió con la Entidad Talleres Arturo un contrato de alquiler de una máquina astilladora. Según el referido contrato, el alquiler lo era por un período de dos días, habiéndose pactado por ello un precio de 20 euros diarios.

El acusado, actuando con la finalidad de obtener un beneficio económico, no devolvió la máquina arrendada en el plazo pactado, siendo recuperada por su dueño el día 16 de abril de 2010, habiendo quedado por ello privada de su uso durante dicho período de tiempo.

No constan que el valor de la máquina astilladora supere los 400 euros".

Segundo.- Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro.- Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto.- O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, para súa resolución.

Fundamentos

Primeiro.- O acusado Alvaro foi condenado na instancia como autor responsable dunha falta de apropiación indebida do artigo 623.4 do Código penal . No recurso de apelación que agora formula perante esta alzada na procura da súa absolución e, de xeito subsidiario, dunha rebaixa da pena e da indemnización posta do seu cargo, alega, en primeiro lugar, que non se practicou o testemuño que solicitara no seu escrito de conclusións provisionais.

Resulta ser certo que no devandito escrito formulado ao abeiro dos artigos 650 e 784.1 da Lei de axuizamento criminal se propoñía a Rodrigo como testemuña. Mais non o é menos que este se encontraba, na data da celebración da vista oral na instancia, en paradoiro descoñecido e requisitoriado polos xulgados do penal números 1, 2 e 3 de Pontevedra, como así se reflicte na acta do xuízo oral segundo a correspondente información documental que consta nos autos. Xa que logo, a práctica da devandita testemuñal tamén se amosa inútil por imposible; non cadra con ningún dos supostos previstos legalmente - artigo 790.3 da Lei de axuizamento criminal -; e incluso non se comprende moi ben a insistencia na súa solicitude, cando o propio Rodrigo declarou na fase de instrución que o agora apelante alugara a fendedora de leña, que o fixera porque quixo e que lle dixera que non tiña intención de devolvela (f. 84 in fine).

Segundo.- O erro na apreciación das probas é o segundo dos motivos da apelación. E merece a mesma sorte negativa ca o anterior. O acusado non se dignou a comparecer no acto da vista oral celebrado na instancia. A testemuña Pedro Enrique , dono dos Talleres Arturo, S.L., si que o fixo para ratificar a súa imputación e a incontestable documental que consta nos autos -f. 5-. Do amentado testemuño e documental colíxese que o acusado se fixo co aluguer dunha máquina esteladora propiedade da devandita entidade durante dous días, que comezaban o 1 de decembro de 2009. Porén, a máquina non se recuperou ata o 16 de abril de 2010 (f. 42). Durante todo ese tempo -dezanove semanas-, o dono da maquinaria estivo sen ela por mor da evidente apropiación indebida que dela levou a cabo o acusado. De tan nidio que se amosa o feito e a súa cualificación xurídica, sobran maiores comentarios para rexeitar todo posible erro na apreciación dunhas probas atinadamente avaliadas en conciencia pola maxistrada xuíza a quo ( artigo 741 da Lei de axuizamento criminal ).

Terceiro.- O acusado foi condenado na instancia por unha falta e non por un delito de apropiación indebida ( artigos 623.4 e 252 do Código penal , respectivamente). Toda posible eficacia penolóxica do hipotético acollemento das circunstancias modificadoras da responsabilidade criminal alegadas pola defensa do acusado resultaría así irrelevante a teor do artigo 638 do Código penal . Quizais por iso xa na instancia non mereceron a máis mínima atención.

Pero, por maior abastanza, tampouco nunca poderían prosperar. A pretendida atenuante de dilacións indebidas do artigo 21.6ª do Código penal non se podería apreciar neste caso. Seguindo as mesmas datas que indica o recorrente, a denuncia formulouse o 10 de decembro de 2009; presta declaración xudicial logo das pescudas policiais que deron o seu froito o 27 de marzo de 2010; practícase a pericial o 20 de setembro de 2010; e, aínda que ata outubro de 2011 non se lle deu traslado para efectuar o correspondente escrito de defensa, foi debido a que -por un auto do 4 de novembro de 2010- se tivo que decretar a súa propia busca e presentación.

E a atenuante do artigo 21-5ª do Código penal tampouco se podería acoller xa que non foi o acusado o que voluntariamente devolveu a máquina da que se apoderou en contra da lóxica oposición do seu dono, senón que foron os axentes do Corpo Nacional de Policía os que, logo das pescudas, deron coa máquina esteladora de leña nunha nave anexa ao domicilio do acusado en Xagobe, Vilavedra, Romai, Portas.

En conclusión, non se incorreu na instancia na infracción de normas do ordenamento xurídico, como se alegaba.

Por último, e verbo da responsabilidade civil posta a cargo do acusado, debemos confirmar a cantidade de 1900 ?, xa que fronte á solicitada polo fiscal de 2600 ? e en consideración a que se fixou o aluguer en 20 ? diarios e a que a privación da posesión para o seu lexítimo dono durou unhas dezanove semanas, consideramos a devandita cantidade máis que ponderada e proporcionada.

Cuarto.- As custas da presente alzada impoñémosllas á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

En atención ao exposto,

Fallo

Que debemos desestimar o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Alvaro contra a sentenza ditada con data do 2 de febreiro de 2012 no Procedemento Abreviado núm. 252/2011 polo Xulgado do Penal núm. 1 de Pontevedra , confirmar esta sentenza. Impóndolle as custas desta alzada ao apelante.

A presente resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún.

Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial .

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

PUBLICACIÓN.- A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado don José Juan Barreiro Prado durante a audiencia pública. Dou fe.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Delitos societarios. Paso a paso
Novedad

Delitos societarios. Paso a paso

V.V.A.A

15.30€

14.54€

+ Información

Temas prácticos para el estudio del Derecho penal económico
Disponible

Temas prácticos para el estudio del Derecho penal económico

V.V.A.A

22.05€

20.95€

+ Información

Delitos relacionados con la corrupción
Disponible

Delitos relacionados con la corrupción

Alfredo Abadías Selma

13.60€

12.92€

+ Información

FLASH FORMATIVO | Delitos societarios
Disponible

FLASH FORMATIVO | Delitos societarios

12.00€

12.00€

+ Información

La represión del crimen organizado: análisis de derecho comparado
Disponible

La represión del crimen organizado: análisis de derecho comparado

Veiga Vacchiano, Javier

13.60€

12.92€

+ Información